Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O que eles non din sobre Libia
13/09/2011
Timothy Bancroft-Hinchey
Pravda
13/09/11

Tomos vimos Khamis al-Gaddafi morto e resucitado cinco ou seis veces polos medios oficiais; todos vimos William Hague, responsábel de Exteriores de Inglaterra, mentindo ao afirmar que o coronel Gaddafi fuxira a Venezuela, para, a continuación, nin tan sequera pedir desculpas despois dun exemplo tan flagrante de desinformación e calumnias. Seica son rápidos para dicir calquera cousa, agás a verdade.

E cal é a verdade? Todos sabemos o que nos din, vexamos agora o que eles non nos din. Para comezarmos, imos ver a resposta do Ministro de Defensa británico a unha pregunta moi sinxela e directa:

Pregunta:
«Teñen franceses e ingleses forzas especiais a operaren dentro da Libia agora ou en calquera momento desde o comezo do conflito?»

Resposta:
«Normalmente non comentamos asuntos das Forzas Especiais e non vemos motivo para trocarmos esta política nesta ocasión.»
Por tanto, non hai unha negación categórica. Ningunha afirmación vehemente ou indignada de que iso sería unha violación das Resolucións (1970 e 1973) do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Por que?

Imos ver as novas sobre Libia das fontes de dentro do país ou de fóra con información críbel. Obviamente, non se pode estar en todas as partes e ter o donda omnisciencia, a mais os medios oficiais tan só difunden información tendenciosa e mentiras. Lembran os “ataques aéreos” das Forzas Aéreas Libias contra civís? Non existiron.
Eles non din nada sobre a natureza democrática do sistema de goberno Jamahiriya (unha busca en Google ofrecerá unha interesante lectura, tamén o Libro Verde de Muammar al-Gaddafi), eles non din ren da natureza terrorista e estranxeira desta autochamada “rebelión”, non din ren da orixe desas bandeiras “rebeldes” que de súpeto apareceron, non explican por que a “rebelión” comezou nas fronteiras occidental e oriental, e non entre a mocidade de Trípoli.

Eles tentan empequenecer unha das maiores manifestacións no mundo en apoio do seu líder, 1,7 millóns de cidadáns de Trípoli saíndo á rúa para apaiaren Gaddadi, o que en termos comparativos representaría 20 millóns de ingleses ou 100 millóns de estadounidenses. Eses milleiros de persoas para apoiaren Cameron ou Obama? Pode que para lles guindaren ovos e tomates. Mais para os apoiaren, non.

Logo, que outra información sae de Libia?

Hai informacións de que nos últimos días, forzas terroristas apoiadas pola OTAN foron repelidas en Bani Walid e Sirte, e que máis de mil terroristas foron liquidados (pendente de confirmación). Hai novas de que dous helicópteros da OTAN foron derrubados en Sabah e que todos os ocupantes foron eliminados. Tamén, que un grupo de terroristas que se dirixía a Bani Walid para amedrentaren os seus cidadáns foi interceptado por integrantes da tribo Alassabaa e 35 terroristas atoparon a morte.

Hoxe tivo lugar unha batalla entre grupos terroristas en Trípoli. Houbo 30 mortos.

Hai relatos de que 35 soldados das SAS (forzas especiais inglesas) foron liquidados polas Forzas Armadas de Libia na defensa desta agresión ilegal, e que na provincia de Abu Saleem, esta fin de semana, acabaron con 7 soldados máis das forzas especiais inglesas. A terza feira, un gran número de terroristas foron liquidados por membros da tribo Al Magarra ao sur de Trípoli. En Ghadamis, informan da captura de dous soldados das forzas especiais francesas.

Na fronte oriental, 50 terroristas que tentaban entrar en Brega foron eliminados. A prensa manipulada e tendenciosa non di ren dos crimes de guerra da OTAN, das violacións das resolucións do Consello de Seguridade da ONU ou de que os terroristas e a OTAN controlan como máximo o 30% do territorio libio.

Do punto de vista legal, David Cameron e William Hague colaboran co Grupo Islámico Combatente Libio, que aparece nas súas listas de organizacións terroristas. Xa que logo, e baixo a propia lexislación antiterrorista inglesa, cometeron un crime o Primeiro Ministro e o Ministro de Asuntos Exteriores?

Os medios de comunicación tendenciosos nada din dos crimes de guerra da OTAN, das continuas violacións da Convención de Xenebra, dos disparos a civís desde helicópteros, tomando partido nun conflito interno, violando as resolucións do Consello de Seguridade da ONU e destruíndo edificios públicos e subministros coa súa tecnoloxía militar.

O resultado é que a OTAN é os seus líderes políticos e militaren perderon toda credibilidade, e enfrontaranse ás exixencias de millóns de persoas en todo o mundo para que sexan xulgados polos seus crimes de guerra.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com