Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do KKE sobre o asalto organizado contra a manifestación da PAME e a morte de Dimitris Korzaridis, sindicalista da PAME
21/10/2011
Desta vez, grupos organización con ordes concretas e grupos anarcofascistas desencadearon un ataque con cócteles molotov, gases lacrimóxenos, granadas de atordamento e pedras no seu intento de dispersaren a grande manifestación de obreiros e do pobo na Praza Sintagma e, en especial, na área onde se concentrou a PAME. O resultado deste ataque foi a morte do sindicalista da PAME, Kotzaridis Dimitris, de 53 anos, secretario da sección sindical de traballadores da construción, no barrio de Vironas. Ademais, decenas de manifestantes da PAME resultaron feridos.

O odio dos encarrapuchados contra o movemento obreiro popular e a PAME expresa a furia das forzas que serven o sistema e o poder burgués. O goberno ten moita responsabilidade nisto. A operación de intimidación, de calumnia e represión do movemento obreiro-popular ten as súas raíces nas estruturas, servizos e centros estatais. Isto demostrouse na historia e tamén no último brutal ataque asasino. Os encarrapuchados, os anarco-autonomistas, fascistas, ou como se chamaren, encargáronse de facer o que non conseguiron facer as forzas de represión, a chantaxe e ameazas para intimidar o pobo e que este baixe a cabeza. Son os mesmos que levaron a cabo o incendio provocador e asasino de MARFIN o día da votación do memorando, o 5 de maio de 2010.

O seu obxectivo de dispersar a manifestación da PAME fracasou. Do mesmo xeito deben fracasar os planes do goberno, dos mecanismo do sistema, dos partidos da plutocracia que queren intimidar e reprimir o torrente de contraataque dos obreiros e do pobo que saíron ás rúas na folga de 48 horas.

O KKE expresa o seu pesar e condolencias á familia de Dimitris Kotzaridis, que caeu loitando pola causa xusta da clase obreira e do pobo. Expresa a súa solidariedade cos manifestantes feridos, con todos os que defenderon a manifestación obreira e popular dos grupos provocadores. Chama o pobo a se pór en pé de maneira decidida, a loitar a carón do KKE, a se unir aos sindicatos, á PAME e demais organización radicais que loitan contra a política antipopular, contra o poder dos monopolios. Esta é a forza da oposición aos partidos da plutocracia, a Unión Europea e o FMI. Esta é a forza do pobo para rexeitar as medidas bárbaras, a violencia e a intimidación de todo tipo de mecanismo de represión. O pobo pode derrocar a política e o poder antipopular.

Atenas, 20 de outubro de 2011
Oficina de Prensa do C.C. do KKE
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com