Ficamos profundamente conmocionados pola prematura morte do gran Kim Jong Il, que dedicou plenamente a súa vida a servir á humanidade, á loita por un mundo xusto e seguro. Kim Jong Il foi parte dun grupo de ferventes revolucionarios, grandes estadistas e políticos do noso tempo e, de facto, demostrou as vantaxes do sistema socialista e, co seu traballo, impediu o perigoso avanzo da continua volatilidade na península coreana.
Baixamos as nosas cabezas na nosa profunda dor por unha perda irreparábel para todo o movemento comunista, de liberación nacional e anti-imperialista. Coidamos firmemente que a RPDC continuará con éxito a súa política so liderado do PTC, a política deseñada polo gran líder Kim Jong Il.
N.A. Andreeva, Secretaria Xeral do Comité Central do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.