Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nina Andreeva: Apoiamos a heroica loita dos obreiros de Casaquistán
17/01/2012
Declaración do Comité Central do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión

Apoiamos a heroica loita dos obreiros de Casaquistán

O 16 de decembro de 2011, o día da chamada “independencia” de Casaquistán, o réxime gobernante de Nursultan Nazarbayev disparou, na rexión de Zhanaozen Mangistau (antigamente Mangyshlak), contra os obreiros da petroleira KazMunayGas e veciños que os apoiaban cando realizaban un mitin pacífico. Tamén houbo disparos de castigo a noite do 17 ao 18 de decembro en Shetpe, onde os traballadores petroleiros en folga e os veciños bloquearan o camiño de ferro que une Aktau (ex Shevchenko) co resto de Casaquistán.

Segundo o Movemento Socialista de Casaquistán, liderado por Ainur Kurmanov, e o sindicato independente Zhanartu (“Renacemento”, do que Esenbek Ukteshbaev é o presidente do seu Comité Central), o resultado do masacre do réxime foi de cando menos 70 persoas mortas. Centos ficaron feridos e desaparecidos. A policía detivo manifestantes, que foron despois torturados nos calabozos de Nazarbayev, verténdolles auga sobre os corpos espidos no frío e queimándoos con ferros candentes, así como o uso doutros métodos de tortura herdanza das atrocidades dos verdugos nazis. Despois tentaron destruír os cadáveres dos asasinados e torturados para agocharen as pegadas dos seus crimes.

A folga dos obreiros de Karazhanbasmunai e a súa rama de produción Ozenmunaygaz (parte da estrutura do KMG) empezou en maio de 2011 e durou sete meses. Os obreiros demandaban mellores condicións de traballo, fin das arbitrariedades dos patróns, subida dos salarios e liberdades sindicais. Quere dicir, as súas demandas non ían alén do dereito burgués.

No entanto, as autoridades non quixeron satisfacer en absoluto as xustas demandas dos traballadores. Foi daquela cando principiou a persecución e o asasinato dos obreiros e sindicalistas. Condenada a 6 anos pola totalmente falsa acusación de “incitar ao desorde social”, denuncia presentada polo presidente interino de Karazhanbasmunai, o cidadán chinés Yuan Mu, a avogada Natalia Sokolova converteuse na líder dos traballadores petroleiros en folga. O activista sindical Zhaksylyk Turba foi asasinado, como tamén Zhansaule Karabalaeva, filla dun dirixente sindical dunha empresa de transportes, e tamén outros camaradas sindicalistas e activistas do movemento obreiro.

Novembro viu a creación dun comité obreiro para organizar os traballadores de Casaquistán e levar adiante as súas queixas e denuncias, ademais de facer un chamamento á unidade de acción e á posta en marcha dunha fronte unida. Os traballadores apoiaron a decisión do Movemento Socialista  de Casaquistán en Zhanaozen de boicotear as eleccións ao Majilis (cámara baixa do Parlamento de Casaquistán) que se celebra o 15 de xaneiro deste ano. A manifestación tivo lugar o 16 de decembro, e nela declarouse a necesidade dunha folga xeral, demandando a dimisión do goberno e do presidente Nazarbayev.

As autoridades coñecían perfectamente a convocatoria da manifestación e decidiron afogar en sangue a loita dos obreiros polos seus dereitos.

Con esta brutal represión sobre traballadores pacíficos, Nazarbayev iguala ao carniceiro Nicolas o Sanguento e ao asasino Boris Ieltsin, a se gañar o infame título de verdugo do seu propio pobo –Nursultan o Sanguinario. Eles e os capitalistas chineses propietarios de Karazhanbasmunai non serán capaces de limpar das súas mans o sangue dos obreiros de Casaquistán.

Os avanzos en Casaquistán, mais unha vez, confirman a validez da nosa análise de que no Politburo do PCUS maduraba a semente da contrarrevolución, o que levou a derrota temporal do socialismo na URSS e nas democracias populares, e que , baixo o disfrace do “socialismo con características chinesas”, China, baixo o liderado do PCCh, fixo a transición á vía capitalista, converténdose nos últimos anos de reformas de mercado nunha das principais potencias imperialistas.

Durante os últimos 20 anos de reformas neoliberais, Casaquistán converteuse nun típico país do capitalismo periférico, coa natureza mercantil da economía, o roubo e venda dos máis ricos recursos naturais e minerais e a explotación máis brutal da clase obreira e das masas traballadoras do país.

Casaquistán conta cun enorme capital oligárquico, dirixido polo millonario presidente Nazarbayev, polo seu xenro, tamén millonario, Timur Kulibayev (un dos propietarios, xunto coa corporación chinesa CITIC de KMG), a súa segunda filla, Dinara Kulibayev (esposa de Timur Kulibayev e única muller millonaria de Asia central), e outros. O país está completamente dominado polas corporacións multinacionais, incluíndo o crecente papel das empresas chinesas.

A gran desigualdade social, o desemprego masivo, a inxustiza e a pobreza son os principais factores a longo prazo, en constante aumento. A loita da clase obreira e dos traballadores de Casaquistán polos seus dereitos está a asumir un carácter político. Após o masacre dos obreiros petroleiros no oeste de Casaquistán, a loita está comezando a se mover polo carreiro revolucionario.

Os obreiros en loita xa non limitan as súas demandas á nacionalización das empresas e ao control obreiro. Xa a están chamando á formación de milicias obreiras para manteren a orde pública, a organización da clase obreira baixo o auspicio do sindicato Zhanartu, a creación dun partidos político dos traballadores para desenvolver un programa eficaz contra a dominación capitalistas e polo socialismo.

Este partido só pode ser un partido construído sobre a sólida base do Marxismo-Leninismo, un partido revolucionario bolxevique leninista-stalinista libre de ilusións pequenoburguesas, ou de influencias organizativas e ideolóxicas trotskistas (Resistencia Socialista é a sección en Casaquistán do Comité Internacional Trotskista por unha Internacional Obreira), un partido inserido na loita da clase obreira e de todos os traballadores contra o poder do capital, polo poder soviético e o socialismo, e que ocupe a vangarda desta loita.

Compartimos a mágoa de todos os traballadores de Casaquistán polas vítimas e estamos certos de que os sacrificios non serán en van. Apoiamos as demandas do Movemento Socialista de Casaquistán para a posta en liberdade de Natalia Sokolova, a fin da tortura e o maltrato aos detidos, castigo para os responsábeis do asasinato de inocentes traballadores e veciños e o reintegro dos folguistas despedidos.

Non temos dúbidas de que a valente loita dos traballadores de Casaquistán será un exemplo que impulsará a loita da clase obreira do resto de repúblicas pola liberación da explotación e opresión.

Desexamos aos nosos irmáns de Casaquistán éxitos na súa loita!

N.A. Andreeva. 
Secreatria Xeral do C.C. do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com