Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIG anuncia a convocatoria dunha folga xeral nacional para a última semana do mes de marzo
07/02/2012


A conferencia sindical que se celebra en Santiago de Compostela dende esta mañá aprobou por aclamación a mobilización

O secretario xeral da CIG compareceu esta mediodía en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha folga xeral para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada por aclamación -só houbo sete abstencións- polo conferencia sindical que se celebra en Santiago de Compostela dende esta mañá e na que participan máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.

Suso Seixo comezou a súa intervención apelando á necesidade da mobilización social como único xeito de amosar rexeitamento ás políticas que está a aplicar a Unión Europea e o Estado español. Neste senso, cualificounas de inxustas e equivocadas: inxustas porque cargan as consecuencias da crise económica sobre a maioría social, a clase traballadora; e equivocadas porque non están a servir para recuperar a economía e os niveis de emprego. Ben ao contrario, as medidas adoptadas están a provocar máis paro e un incremento da precariedade, da desigualdade social e da pobreza.

Fronte a isto, a CIG aposta por convocar unha folga xeral nacional para a última semana de marzo. A data definitiva será consensuada coas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización, aínda que a central nacionalista baralla a posibilidade de que sexa o luns 26 ou o martes 27.  O máximo responsábel da central nacionalista indicou que trasladarán a proposta a todos os sindicatos que operan no noso país e ás distintas organizacións sociais e políticas galegas. Ao mesmo tempo, adiantou que tamén se contactará coas centrais nacionalistas vascas, catalás e canarias para que se sumen á protesta.

Dar resposta ás próximas reformas

Así mesmo, Seixo explicou que a folga persegue tamén dar unha resposta contundente ás próximas reformas laborais anunciadas polo Goberno español do PP. “Tampouco debemos de esquecer que teñen previsto aprobar no mes de marzo os orzamentos xerais para 2012, que contemplará importantes recortes do gasto público xa que pretenden reducir o déficit en 40.000 millóns de euros”, comentou.

Finalmente, amosouse moi crítico cos pactos alcanzados entre o sindicalismo español e a patronal xa que, na súa opinión, supoñen unha perda de dereitos e a desmobilización da clase traballadora. “Tamén supoñen unha derrota no eido ideolóxico porque secuestran o debate sobre un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e ao servizo da maioría social”. 

Para rematar lembrou o papel activo que a CIG xogou dende o inicio da crise, tanto presentando alternativas como afondando no debate ideolóxico sobre un novo modelo, “conscientes de que o actual sistema capitalista neoliberal fracasou”. Diante disto, fixo un chamamento a secundar a folga xeral e participar nas mobilizacións previas que se desenvolverán nas vindeiras semanas.

1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com