Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIG reúnese con organizacións sociais e políticas para sumar apoios á folga xeral
28/02/2012
CIG

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, reuníase este luns, na sede da central sindical en Compostela, con representantes de organizacións sociais e políticas para expor as razóns que levaron á CIG a convocar a folga xeral para o 29 de marzo. Na xuntanza presentouse un manifesto, aberto ás aportacións destas organizacións, que se fará público, unha vez sexa definitivo.

A CIG segue traballando de cara á convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de marzo. Desta volta, sumando os apoios de organizacións políticas e sociais que participaron nun encontro no que o secretario xeral explicou as consecuencias que terá unha reforma laboral que, afirmou “deixará aos traballadores e traballadoras na indefensión”.



Seixo explicou algunhas das medidas máis lesivas, desde os contratos indefinidos con período de proba dun ano, que permiten o despedimento sen indemnización algunha durante todo ese período, até a reforma da negociación colectiva, que queda baleirada de contido, ao prevalecer os convenios de empresa sobre os convenios sectoriais, favorecendo así, o dumping social.

O secretario xeral da CIG lembrou que a UE leva anos demandando unha baixada nun 25% nos salarios no estado español, o que terá como consecuencia, advertiu a precarización das condicións laborais.

Explicou ademais que a CIG, ante a dureza da reforma laboral, acordou a convocatoria de folga xeral porque “require dunha contestación social coa mesma dureza”. Do mesmo xeito, explicou que a central decidiu inicialmente non lle pór data porque se pretendía consensuar coas demais organizacións sindicais. Porén, dixo “con CCOO e UGT foi imposíbel chegar a un acordo”, porque estas consideran que é prematuro e que hai que agardar a coñecer as modificacións que se lle poidan introducir no trámite parlamentar. 

Fronte a isto, a CIG considera que non se pode agardar ningunha modificación na súa tramitación e que, en todo caso, non tería sentido convocar a folga unha vez aprobada definitivamente no Congreso. Por iso, sinalou “decidimos pórlle data para o 29 de marzo, coincidindo coa convocatoria da maioría sindical vasca”.
Tamén anunciou que se faría entrega oficial da convocatoria no rexistro da consellaría de Traballo no decurso desta semana, xunto coa CGT, a CUT e a CNT, que xa acordaron convocar xunto coa CIG a folga xeral.

En todo caso, sinalou que logo de falar con CCOO e UGT xa se lles trasladou a dispoñibilidade da central sindical para mudar a data para facela coincidir, sempre que sexa antes de que se aproben definitivamente os orzamentos xerais do estado e coincidindo coa tramitación da reforma laboral no Congreso “porque non ten sentido facer dúas convocatorias en días distintos e porque estamos nun momento no que o máis importante é que haxa a maior resposta social posíbel”. 

Alternativas

Para o secretario xeral da CIG non se trata dunha convocatoria unicamente á defensiva senón tamén para exixir que se poñan en marcha políticas alternativas favorábeis á maioría social. “É posíbel facer outro tipo de políticas e se non se fan é porque se defenden os intereses do capital financeiro”, dixo.

Ao remate da xuntanza presentou un borrador de manifesto conxunto, para que sexa asinado polas distintas organizacións, que será presentado unha vez introducidas as súas aportacións.
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com