Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O negocio das reixas nos Estados Unidos
22/02/2012
Oliver Zamora Oria

Un negocio en plena expansión e xa factura nos Estados Unidos máis de CINCO MIL millóns de dólares, como se di en Cuba, por lo bajito.
Cal é? Os cárceres privados. Tan ben lles vai, que a maior empresa do su tipo, Corrections Corporation of America, propuxo a 48 Estados norteamericanos mercarlles os seus centros de detención.

A CCA conta con 37 grupos de presión ao servizo dos seus intereses, sobre todo no Congreso, unha mostra do poder crecente deste sector e de como funcionan as empresas privadas nese país.

En que consiste o negocio? Por que é tan lucrativo? Os Estados deben pagarlle aos cárceres privados unha cantidade millonaria todos os anos por prestaren este servizo ao país. Calcúlase que as prisións lle custan ao pobo estadounidense máis de 1.700 millóns de dólares todos os anos, mais esta non é a vía de maior entrada de diñeiro; por lei, nos Estados Unidos as empresas privadas poden contratar a súa man de obra nos centros penitenciarios, e iso si é un negocio redondo.


Fíxense... nas prisións non hai folgas, os reos están dispoñíbeis o tempo necesario, non se pagan horas extras nin vacacións, non hai chegadas tarde nin problemas familiares, e o salario, o máis estimulante para os xerentes, consiste en centavos a hora. Segundo algúns analistas, esta man de obra barata estimula os investimentos e o regreso de moitas empresas que deixaron o país para investiren en Asia.

O peso produtivo? Consonte estudos, na pasada década as prisións produciron o 100% dos cascos militares, porta municións, chalecos blindados e outros aditamentos militares. O todopoderoso Complexo Militar Industrial seica é un cliente importante, mais non o único. As prisións tamén teñen entre os seus clientes ás compañías dedicadas á industria lixeira, utensilios domésticos e material de oficina. Escravitude legalizada en pleno século XXI na maior democracia do mundo. Se iso foi na década pasada, e o auxe rexístrase nos últimos anos, é de supoñer que a demanda de man do obra barata, no medio da crise, sexa maior á altura de 2012.

Nos últimos anos, os donos dos cárceres privados viron nos indocumentados a galiña dos ovos de ouro. Segundo algunhas ONGs proinmigrantes, estes señores gastaron entre 1999 e 2009 máis de 20 millóns de dólares en intrigar para lograren máis leis contra os indocumentados, inclusive, foron un dos grandes patrocinadores da famosa lei en Arizona, que posteriormente chegou a outras rexións do país.

Ao ano arréstanse 400 mil inmigrantes, quen van parar a prisións federais ou estatais, privadas ou públicas. Este bon negocio explica, en parte, por que os Estados Unidos teñen o 25% da poboación carceraria do planeta. A ecuación é moi simple: máis presos... máis cartos.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com