O Parlamento grego, con 199 votos a favor e 74 en contra, ven de aprobar as novas medidas impostas polo FMI e o BE: - Novas reducións nos salarios mínimos do 22% para todos os traballadores, e do 32% para os contratados no sector privado.
- Abolición dos convenios sectoriais.
- Novos recortes brutais nas pensións básicas e complementares.
- Despedimentos masivos de empregados públicos e novos recortes nos salarios no sector público.
- Novos recortes nos servizos sociais, na Sanidade e nos medicamentos.
- Novos impostos para os sectores populares.
Como se le na enorme faixa colocada polo KKE na Acrópole: Abaixo coa ditadura dos monopolios da Unión Europea.
Aquí, en Grecia e en toda Europa: Pola Folga Xeral Indefinida! |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.