Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Réquiem por outro fillo do pobo sirio asasinado, na memoria do irmán dunha amiga
25/02/2012

Tamer Sarkis Fernández

PÉSAME

Hai un par de días asasinaron na cidade siria de Alepo ao irmán dunha amiga. Os Aparellos de Manipulación de Masas subminístrannos o reparto de roles na súa Película. As personaxes aparecen definidas a discreción, se escoitamos á prensa sabuxa do imperialismo, especialista en converter o branco en negro e viceversa aos ollos das “sociedades” sometidas ao poderío da súa “libre información”.

O asasinado era, na realidade, un mozo, de trinta e sete, quen tentaba en Alepo dar protección militar aos habitantes dos barrios, brutalmente asediados por esta nova “Contra nicaraguana” de laboratorio que cociñaron para Siria os nosos vellos inimigos de sempre, co patrocinio saudita wahhabi e co uso do fanatismo xurásico confesional. El e os seus compañeiros chegaban, en camións verde-olivo, a racharen ese rapto con que as hordas mercenarias e sirio-reaccionarias amordazan os habitantes dos distritos ocupados, para os usaren despois como escudos humanos. Chegaban os soldados a liberaren un cacho máis de territorio sirio deste cancro arroupado pola Hexemonía  anglosaxoa e polas Potencias do seu Cortello. O grupo, de trinta mozos, sucumbiu aos centos de hienas agochadas tras a cadea de bombas de importación dispostas polos camiños de tránsito común.


Moitos destes diplodocos foran reciclados na base ianqui de Guantánamo e, adestrados para a ocasión, os seus leading-managers pagáronlles billete de entrada ao país vía fronteiriza coa cooperación turca, xordana e libanesa. Ben equipados con armas de man israelís, lanza-foguetes RPG, detectores de sinal, blindaxes que só posúen os USA Marines, infravermellos, bombas caloríficas..., pasan os días disparando e a bombardearen indiscriminadamente contra toda poboación, non importa de que signo ou credo.

Os paramilitares seguen nesta táctica o modelo israelí, usado sen pausa pola Haganah contra o sur do Líbano desde inicios dos setenta. O obxectivo é común: Política do Medo, que, no caso sirio, debe traducirse nunha extraordinaria debilitación psicolóxica da poboación, a súa rendición emocional, ademais de ser minadas as súas bases humanas de resistencia (médicos, pilotos, técnicos, mocidade, enxeñeiros...) ante unha invasión imperialista directa, ulterior a este aperitivo de asedio fascista. O bombardeo opero, pois, “ao chou”: bo é un ou outro nativo rebentado ou mutilado, non importa quen, se calquera serve para “dar exemplo” da directriz de horror, parálise e illamento á que se pretende reducir o Pobo en si como entidade. Isto testemúñao persoal italiano residente (cooperación e consulados) ao ser obxecto de entrevista por correspondentes in situ. Material informativo que, porén, aquí é imposibilidade de chegar a noticia por quen deben coidarse de non manchar o guión que mañá, tarde e noite lles dan a recitar as grandes Axencias anglo-europeas, voz de comúns Amos.

Mais estes Escuadróns da Morte reaccionarios, medievalizantes, escurantistas, por adestrados que estean pola man do M16 británico e ben provistos de armamento sionista Last Generation, non ten nada que facer co Pobo. Nin sequera, e malia as súas arengas filo-xenocidio emitidas por televisión con finanza saudita e qatarí, puideron sementar unha base social con mínima significación entre a poboación sunnita (a quen esta operación Transnacional de enxeñería política tomara nun principio polo seu mercado ideolóxico potencia, susceptíbel de sedución e arrastre).

E isto porque o proletariado e capas populares posúen entre os sunnitas memoria histórica e familiar, polo que se lembran a si mesmos baixo os períodos turco e francés, potencias colonialistas que foran recrutando os seus lugartenentes autóctonos sobre todo entre a burguesía mercantil e comercial sunnita. É que por ser sunnitas fuxiron daquela  esas masas maioritarias de seren parias da terra, desherdadas, servís, míseras, baixo o feudalismo otomán e despois o semi-feudalismo burocrático colonial galo, que instalaran  unha minoría sunnita como Casta dominante agasallada con escravos domesticados e servos labradores alauítas? Esas masas sunnitas lembraron que coa Revolución Soberanista e Nacional chegou, cando menos, unha reforma agraria da que moitos parentescos poden hoxe continuar comento e cultivando, para distribuír colleitas a parentes estabelecidos nas cidades.

E como estes xenuínos involucionistas neocoloniais (a quen o brazo bélico xornalístico evoca coa imaxe de “rebeldes” e até “revolucionarios” na súa repulsiva propaganda asasina) non puideron conseguir nin unha mínima adhesión coa que pensaban nutrirse, lanzáronse ao Plan B de ataque. Mentres nas últimas semanas os líderes manifestos do CNS estiveron convocando por teléfono ao Estado israelí a facerse cargo persoal da invasión Siria mentres prometen idéntica fidelidade á entidade sionista que os Irmáns Musulmáns exipcios xa prometeran baixo man durante a súa “Primavera” (e está a cumpriren), nos últimos días multiplicáronse os coches-bombas e as detonacións en Homs, Alepo, Damasco... Pois lles foi absolutamente insuficiente mobilizar as xentes dos barrios humildes sacándoos das súas casas e das súas pequenas tendas a punta de fusil e usándoos como escudos humanos nas súas “manifestacións”. Con estas mañas, os catro e o tambor do “Glorioso Alzamento” “sirio” non dobregan un Pobo nin poderán facelo xamais; e menos se algunhas persoas logran armarse neses barrios-prisión e resisten a estes matóns (Pobo en autodefensa antifascista ao que a prensa imperialista chama sen pudor “francotiradores do Réxime”).

Unha destas detonacións asasinou a ese mozo, quen traballaba xunto coa nova flor do Pobo contra ese cinto de explosivos e metralla que arrodea eses barrios-campos de concentración onde toda a vida é coaccionada polos fanáticos (para empezar, coaccionada é calquera posibilidade de reivindicacións, reclamacións e protestas populares reais en potencia, pois para eles ou estás co seu involucionismo entreguista do país ou estás contra eles e ficas anulado).

Outra bomba e outro asasinado, mentres se desangra Siria a vea aberta, so un Terror instituído por estas Bandas que co seu roubo e a súa ameaza a pisar a rúa (agás cando eles o dispoñen para os seus desfiles diante das súas cámaras) están sumindo na fame a moitas familias e tamén, baixo unha sabotaxe armada, ao comercio, transporte de produtos e de traballadores..., con que os “Alzados buscan xogar a carta da carestía, da escaseza, da dificultade e, así, da desesperación social que poida conseguirlles de rebote adhesións aínda que só fora “por pasar xa páxina cara a outra situación de menor incerteza na supervivencia futura”. Pola súa parte, quen se enchen a boca exixindo “reformas” como mecanismo de coacción-ONU “xustificador” dunha escalada “intervencionista” xa directa do Bloque Militar, son precisamente quen están menos interesados en velas cumprir, así que continúan dando azos ás Bandas para que non deixen de debuxar un escenario-límite que continúa impedindo completar o programa gobernamental de medidas.

Porque, non nos enganemos, o paquete de reformas que pretenden para Siria estes paladíns reformistas son en exclusiva do seguinte tipo:

Que os créditos agrarios sexan transferidos desde os bancos-cooperativas sindicais ao Banco Franco-Saudita.

Que o estabelecemento de patentes e Sociedades Mercantís sexa totalmente liberalizado.

Que Siria deixe de ser por fin un entre os poucos Estados sen débeda externa, de facer falla “grazas” a obrigas posbélicas con créditos de reconstrución.

Que non sufra o actual estatus de dolarización ás exportacións algodoeiras e que vaia a máis.

Que o gas, a auga, a electricidade e o teléfono doméstico deixen de ter un prezo simbólico e o Estado converta eses servizos en empresas por Accións que poidan ser adquiridas polos Monopolios EUA-europeos para o seu festín de prezos e ganancias.

Que o solo agrario sufra unha diametral recualificación e deixe de facer sombra aos Monopolios farmacolóxicos euro-ianqui-canadenses na exportación rexional de medicamentos.

Inténtase, en fin, que Siria esfarele o seu tecido industrial supervivente e pase a se converter, como todo deus nos países oprimidos polo Imperialismo, nun exportador especializado en Factores de Produción (petróleo e algodón).

Mentres –a outra face da moeda- o país devén así en mercado perfecto (un máis). Isto paliar –xunto a tantos outros países dependentes- a crise “occidental”, derivada en última instancia dunha saturación de Capitais excedentarios (crediticios, monetarios, tecnolóxicos, agroindustriais...) que precisan ser postos a funcionar noutros territorios (como Siria) co gallo de aumentar a Masa de Plusvalía Total e así lograr a reactivación da Acumulación Ampliada de Capital, ao demostrarse novamente perspectivas dunha Taxa de Ganancia aceptábel con que persuadir o reinicio de investimentos.

Asemade, o Consello Nacional Sirio-M16-Foreign Office continúa recrutando ao que desde o inicio do asedio veu sendo o groso da súa carne de canón autóctona: o lumpen e, mais concretamente, narcotraficantes, camelos, contrabandistas, iluminados suburbiais da Xihad, novos Apóstolos da Xaría lavados de cerebro nos propios cárceres polas redes ideolóxico-adoutrinadoras que a Irmandade Musulmán ten alí operantes, proxenetas, delincuentes parasitos do proletariado sirio e mafiosos recadeiros e informantes das corrupcións administrativas locais. A ocasión que cadraba ao xeito a esta trata de elementos foilles brindada sen o pretender polo propio Estado sirio, cando este acabou cedendo ás presións “internacionais” en pro de administrar sen criterio. Todo isto sen agochar a ganancia de partidarios entre sectores populares empobrecidos até a desesperación por unha dura conxuntura material que a pinza exterior-“Exército Libre” se ocupou en fabricar manu militari.

Aínda así, o teatro dramático, o diñeiro e a ameaza pistoleira están usualmente tras as cámaras de vídeo cuxas filmacións dan a volta ao Globo amosando carteis en inglés que rezan lendas como “NATO Forces, save us from Bashar” ou “Why UE don’t protect us?”. Pode alguén pretender crer na espontaneidade de tales “peticións” (cuestións de filia política á marxe), atendendo ao currículo xenocida xa exhibido por tales órganos da “Comunidade Internacional” na Libia, Iugoslavia, Somalia, Iraq, Afganistán...; algo que calquera sirio sabe moi ben?

E, secasí, ao tempo que outras sociedades si o cren maioritariamente (ou así o aparentan de momento), a “represión contra os manifestantes pacíficos e indefensos” continúa a ser filmada en estudos cinematográficos de Novo México, e a prensa sionista segue, aquí e acolá, mostrando imaxes dos seus propios bombardeos en Gaza polo sionismo aéreo, como se fose Siria.

En rigor, a montaxe mediática da represión unilateral blindada contra masas “civicamente manifestantes” erre que erre un día tras outros a expoñerse á lotaría de ser liquidados, mais que resignadamente sairían e volverían saír “a morrer”, constitúe unha narrativa tan alucinante, tan inverosímil, tan solemnemente estúpida que só poden alcanzar acomodo nas “cabezas” dos “homes unidimensionais” cibernético-tele-videntes. Formigas en sociedades “occidentais” hiper-estupidizadas e ben domadas na idolatría  á Demofreedom (Trade Mark).

O conto desafía todas as leis da lóxica tanto como choca con quen se pare a pensar dous minutos aplicando nocións antropolóxicas sobre comportamento e reacción de masas, por mínimas e “espontáneas” que foran. Para calquera ser humano con todas as letras que existira na historia da nosa especia, tal imaxe da reincidencia incansábel expoñéndose ás bombas dos tanques mentres se calcula a probabilidade de se te vai tocar a ti cando onte lle tocou ao do lado, resulta unha historieta obscena, grotesca, ridículo. Mais, aos ollos do neno aristobreiro amantado e criado para por ser do máis humanamente lóxico e o sumo do normal: “Trátase da DemofreedomTM ! Ou podo que lle conveña crelo para apagar así os seus dilemas de “capa media” na sociedade “desenvolvida” (el, “salvador baixando desde aquí arriba contra o sanguinario Ditador e polo Progreso”, no cando de criatura cuxo peto, depósito e prestacións dependen de consumar unha “Operación de paz” adicional). Así que a tele nacional emite a imaxe illada de tanques disparando, e o demais é obra só da imaxinación tele-espectodora. A voz comenta simultaneamente que o obxectivo dos tanques son civís desarmados, e amén bea o rabaño. Joseph Paul Goebbels sería hoxe humilde aprendiz desta “liberdade de prensa”.

Aínda así, houbo pé para o contraste da veracidade (in)formativa, na medida en que algunha canle cometeu o erro de emitir manifestacións pacíficas (aínda que iso de “pacíficas” habería que llo preguntar aos veciños desacordes, forzados a saír a desfilaren e poñeren boa cara). Nelas pode observarse o balbordo, o baile ritual, as bandeiras da “nova Siria”, xunto as sempre numerosas bandeiras neocoloniais das ratas libias do CNT, os homes (as mulleres só poucas veces, e case sempre segregadas e tapadas co pano obrigatorio), os timbais, o bo inglés das faixas... E como un rei nunha cesta: sen oposición de exército ou policía! Só con eles. Vaia diferenza co que pasa no Estado español, onde saíron tres “indignados”, pacíficos e pacifistas, e o balanzo foi de cinco coa cabeza aberta polos antidisturbios: os tres manifestantes máis dous cidadáns que tomaban café nunha terraza. Como se foron poñendo en evidencia e agora o tema cheira, por exemplo a TV3 sacou da chistera a “versión” dos “civís armados”. Tan civís como as SS e como a GIA “alxerina” que Franza creou no seu momento. “Y luego, a otros, les llaman terroristas” (Eskorbuto dixit).

ESCENARIOS, MÉTODOS E AUTORES DE ASASINATO

Por mor desa índole macroeconómica -amortecer a crise capitalista de sobreprodución de Capitais, que afundo o Bloque sionista-anglosaxón, acometendo unha rendíbel reordenación política e produtiva de territorios e de Pobos- que está detrás da traxedia executada por carniceiros rexionais sectarios, está claro que o irmán desta miña amiga, ademais de sirio, era afgán, libio, palestino, nicaraguano, adivasi, iugoslavo, colombiano, angolano, congolés, chileno, salvadoreño, arxentino, uruguaio, somalí, sudanés, peruano, iraquí.

Asasinárono en Alepo. Mais tamén en Qattina, na veira do lago de Kadesh, onde están liquidando a sirios ortodoxos por se negaren a pecharen a súas tendas de víveres. E tamén o asasinaron nas aldeíñas da costa siria, onde os paramilitares colombianos levados pola CIA en apoio da súa “Primavera” tomaron parte na matanza de, entre outras persoas, dous dos meus parentes. E asasinárono tamén en Homs, onde os fascistas ocupaban os pisos para o seu uso terrorista e ían dando morte a familias enteiras, forzando éxodos veciñais dos que a prensa imperialista culpa falazmente aos soldados que acudiran á protección de masas fronte a este cerco, que vitoriosamente están logrando desfacer. E matárono en Damasco, onde os facciosos, impotentes xa e abocados tras a lóxica da forza in extremis, optaron por obraren explosións con vítimas masivas. Asasinárono na gabia dunha estrada siria, onde son disparados, e os seus corpos abandonados, os pasaxeiros de micro buses que estes Escuadróns da Morte deteñen, desaloxan e se apropian. Asasinárono nunha autovía, onde os vehículos son atacados e accidentan para así retraer os desprazamentos da poboación até inmobilizala e así, estática e recluída, controlala mellor. Asasinárono nun aeroporto sirio, onde os fascistas se facían fortes e atentaban contra a chegada de xornalistas e axentes de prensa; todo porque as máis de 140 Axencias que informaban desde Siria non pertencen ao seu querido Mossad televisivo saudita-qatarí, nin á CNN, nin á BBC, nin ás incontábeis sucursais audiovisuais que o Capital financeiro ten diseminadas aquí e acolá, listas a relataren o libreto cuxo guión se perfila no Pentágono, Bolsas de Nova York e de Chicago, Club de Roma, Foreign Office, petro-palacios Golfos, Bilderberg. Matárono no porto de Latakia, onde os fascistas estiveron intentando, mentres puideron, tomar posicións costeiras, para embargaren desde alí os produtos entrantes e así mellor afinar as cordas da desesperanza e anguria sociais. Matárono na refinaría petroleira de Banias, e nun gasoduto, e nunha central eléctrica, obxectos todos, a decenas, de sabotaxe practicando con vistas a escurecer o día a día, a sumilo na friaxe, a deixalo sen enerxías, tirado baixo a imperial bota do que virá.

Asasinárono cunha bomba. Mais tamén con uranio. E con bombas de acio. E con bombas caloríficas. E de fame en Somalia cos campos de sorgo arrasados pola UNICEF-US Marines para así matar en fame á resistencia popular antiimperialista e neutralizala. Asasinárono por medio do obsceno “Programa Petroleiro por Alimentos” con que a ONU-FAO-UNICEF chantaxeou o Pobo iraquí durante anos en canto os seus campos foron calcinados e esterilizados pola aviación “aliada”. E matárono con bombas sónica de frecuencia que fai estoupar o interior do cranio como as que tiraron na Libia. E con disentería e cólera que arroxan desde o ceo sobre Iraq. E con fósforo branco. E con gas mortífero que o Mossad esparexeu contra os campesiños comunistas na selva da Bengala Occidental. E asasinárono coa arma de man máis sofisticada existente, de fabricación israelí e que o sionismo repartiu entre os seus cachorros sirios “revolucionarios”. Asasinárono co bloqueo comercial, con embargo ao subministro de pezas de recambio para maquinaria civil e hospitalaria, con folga de importacións até esfarelar o país, todo iso formalizado en Resolucións recollidas pola criminal ONU xa anteriores ao recente veto que rusos e chineses, por fortuna, tiveron a firmeza, a coherencia e a Dignidade humana de esgrimiren contra quen programan o estrangulamento-domesticación-drenaxe dun país. E aínda queren máis asfixia, máis cerco, máis asasinato e de máis variadas formas, os “amigos de Siria” patrocinados por Hillary Clinton e o seu Secretario Persoal, Director nos EUA de Amnistía Internacional! Mais, “cóideme deus dos meus amigos, que dos meus inimigos xa me coido eu”.

Ao irmán da miña amiga asasinárono probabelmente non os mercenario libios, afgáns, colombianos, turcos..., senón os quintacolumnistas “do interior”, pois son eles quen con maior discreción poden operaren con material explosivo pesado dentro das grandes cidades, como Alepo. Mais, por suposto, ao irmán da miña amiga matárono as potencias que armaron a eses. E asasinouno o Emir de Qatar, mascando e amasando desde hai anos o seu Proxecto de crear un exército para derrubar o Pobo sirio e pasar a “recompoñer” tanto a súa realidade político-económica como a súa posición xeoestratéxica rexional e mundial. E matouno Israel, cuxos “expertos” de intelixencia manifestan agora publicamente ter listo o seu mapa de partición de Siria en varios Estados tan confesionais como o é o Estado Xudeu; plan revival de aquel outro plan francés colonial de hai aproximadamente un século e ao que nin o imperialismo galo nin os seus think-tanks da francmasonería xamais renunciaron. E matouno o xefe ianqui do chamado “Exército Libre de Siria”. E matouno Reuters, Europress e o terrorismo de todos os telexornais. E asasinárono os animais da CNT que estiveron entrando en Siria despois de faceren o seu papel na Libia. E matouno a Internacional Socialdemócrata no Vello Continente, cuxos partidos políticos e dirixentes, a se ateren ao guión imperialista e subscribindo “escandalizados e shockados” todas as súas consabidas calumnias, esperan levarse ao prato nacional respectivo cando menos unha porción do pastel sirio (e o de tantos outros Pobos do mundo). Porción con que continuar alimentando, ao prezo do sometemento, ao seu rabaño aristobreiro “civilizado” e así reflotar da crise a esa “cidadanía” con cuxa relativa satisfacción e confort seguir cimentando a “paz social”. E matárono os xornalistas fariseos que escriben e len a pantalla poñendo calamitosa cara de anguria perante os atentados en Siria; cando saben perfectamente que detrás está a maquinaria democrático-imperial que lles dá de comer a eles e cuxa autoría ben se coidan en non destaparen. Asasinárono os innumerábeis grupiños trotskistas, neo-“esquerdistas”, “libertarios” e a súa “intelectualidade” e farándula lindante, profesores todos fun indiferentismo anti-todista que omite deliberadamente resaltar o antagonismo principal: aquel que se ata entre as Potencias agresoras por medio dos seus peóns, e o país e Pobo agredidos que tentan defenderse. Falo do mesmo indiferentismo relativista e confuso que sementan na “cidadanía espectadora”, expectante da “Intervención de Paz resolutiva”, vestida de gris-aviación ou cuberta con Casco Azul.

As forzas de choque Panzer compostas por Amnistía Internacional poñen xa todo o engado na bica. Deixaron de limitarse a infestaren Internet con entradas resaltadas onde reza –se un busca con palabras clave relacionadas con Siria- “Entre e únete a nós para parar a represión en Siria: asina aquí para facer presión para actuar”. Ultimamente, as súas entradas dan un paso máis: “Syrian Nuclear Program: todo sobre o programa nuclear sirio”. Se saíran Obama, Sarkozy ou inclusive Ba Ki-Moon a acusaren, os espectadores sorrirían con escepticismo. Mais na División do Traballo imperialista xenocida, as ONGs gozan aínda de maior credibilidade “cidadá”. Este tipo de “anxelicais organismos” son, por iso, “máis papistas que o Papa”.

FAUNA NERVIOSA

E namentres, o bestiario está co poleiro armado. Os voitres e chacais sacaban xa lustre aos cubertos do banquete, e resulta que o doce sirio que daban por feito se lles escapa das gadoupas. Isto púxoos como nenos choromiqueiros. Henry Kissinger, quen fora nos setenta Pater supremo da Operación Cóndor (xa saben: Pinochet, Guerra Sucia na Arxentina e no Uruguai, Ditaduras Militares “liberalizadoras”-entreguistas da vida produtiva...), anóxase ante a prensa declarándose sorprendido do gran aprecio masivo que os sirios profesan por Bashar. Isto é todo un revés aos Plans imperiais, de valorarmos o comentario a termos en conta o máis que evidente paralelismo entre a Operación Cóndor e a cuestión siria: no primeiro caso, tratábase tamén de trocar o sistema político de varios países latinoamericanos, para poder así apropiarse dos grandes sectores económicos nacionais e recapitalizalos. Adquisicións con cuxa rendibilidade os Estados Unidos esperaban refacerse da voraz crise na Taxa de Ganancia aberta co inicio da década, e que despunta en 1973 traducíndose máis superficialmente en crise financeira, de investimentos, comercial con Europa e finalmente “do petróleo”.

Mais Kissinger non entende que, a respecto de Siria, a solidariedade e identificación populares non se remiten fundamentalmente ao goberno nin tampouco ao Estado. O posicionamento vai máis alá: os sirios mobilízanse a millóns nas rúas ao comprender perfectamente que “só o Pobo salva o Pobo”, pois, nin aceptan ser convertidos na presente Libia do racismo e dos sátrapas en colisión, nin aceptan que ninguén veña facer da súa patria –deles mesmo- unha nova Xordania,  concubina do Imperio e alcaiote na rexión do sionismo internacional.

49 Oficiais do Exército Turco que asesoraban os paramilitares foron felizmente capturados polas forzas sirias. As avións espías sen tripulantes que invaden o espazo aéreo sirio en voos de “recoñecemento” e de sabotaxe aos sinais comunicativos, non serviron nesta ocasión. A voceira do Consello Nacional Sirio, quen ve gris o seu panorama, exclama textualmente: “Necesitamos a Israel”, mentres os seus correlixionarios se aloxan en París en hoteis de cinco estrelas.

Estes datos revelan como o Bloque sionista-anglosaxón fai gala dun militarismo desaforado. As invasións militares directas EUA e turca por ar e terra a territorio sirio constitúen paradigmáticas declaracións de guerra, cebo que queren que Siria morda. E o obxectivo latente é Irán, pois o Bloque militarista, na ruína, necesita como auga de maio ir cara á guerra (tendencialmente mundial) contra países, como Irán, que, dotados de grande potencial de produción industrial e capacidade competitiva exportadora, eivan o necesario desafogo económico “occidental” por medio de “deslocalizacións” de Capitais.

Máis dun 40% da produción industrial mundial ten lugar hoxe en Irán, e para canto máis con abafante predominio iraniano na composición de Capitais. Mais a nación persa ten capacidade e proxecto non só de consolidar a súa soberanía produtiva e seguir afondando nela. Tamén anoa vínculos a prol de abastecer de Forzas Produtiva industriais (Medios de Produción, tecnoloxía, loxística...) a Siria, e quen sabe se a terceiros países da rexión nun futuro de posíbeis cambios nos seus aliñamentos políticos de Estado. Os imperialismos euro-“occidentais”, mergullados na súa fonda crise de sobreprodución e sobreacumulación de Capitais, decidiron que esta Soberanía produtiva persa, e a súa perigosa irradiación e contaxio, fan de Irán unha “ameaza intolerábel para o mundo”.

Pola súa parte, un político salafista ponse a rezar no medio dunha sesión parlamentar en Exipto, e o presidente da cámara, dos Irmáns Musulmáns, dille que está moi ben rezar, mais que para iso está a mesquita. Ai dos sirios de chegar impoñerse o CNS e transformar Siria enteira nunha inmensa “Zona Liberada”, onde a Policía Moral que proxectan o puro estilo saudita mallara coa vara aos viandantes para metelos, por norma, a todos na mesquita o venres (como mínimo). De momento, xa coñecemos como obrigan a taparse a toda muller, dun ou doutro credo, nesas “Zonas Liberadas” súas.

Mais para enfado o do Mandril Al-Saud, quen despois de ter que tragarse o veto ruso e chinés á estratexia de acoso contra as forzas sociais e as enerxías nacionais de Siria, aparece agora en rolda de prensa a sentenciar que presenciou, con iso, a proba de que “a ONU non está capacitada para cumprir o seu cometido no mundo”. E a verdade é que razón non lle falla ao mono con perilla: a ONU, en efecto, ao ser herdeira da Sociedade de Nacións e a fortiori un organismo para levar á práctica a outrora abafante hexemonía “occidental” postsoviética, podía “cumprir o seu cometido” mentres a correlación de forzas no mundo era a descrita. O seu cometido foi sempre, por exemplo, vetar aproximadamente as súas propias resolucións de condena a Israel. Agora se acabou. Baixo unha multipolaridade en crecente consolidación, o Bloque en decadencia e os seus monos de circo non teñen máis remedio que suspiraren por ver como a ONU erosiona o propio cometido que lle deseñaron.

E, aínda que a “cova dos bandidos”, como definira Lenin á súa antecesora Sociedade das Nacións, xa non lles funciona á perfección, o Bloque militarista EUA-GB-Sionismo ten marxe para xogar outras cartas, como é a Liga Árabe, supersticiosa tea de araña onde se xuntan, parafraseando ao poeta Nizar Kabbani, os máis viles e perigosos inimigos de nosoutros os árabes.
4 Comments:
  • At 2/26/2012 12:00:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    120 soldados mercenarios franceses detidos por Siria.

    ÁNIMO SIRIA A LUITA CONTRA O IMPERIALISMO !!!

    Saudos camaradas

     
  • At 2/26/2012 02:07:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Estimados camaradas gallegos:excelente artículo que ya había leido en el blog "Camino de hierro".Arrecian las campañas de intoxicación y el anticomunismo feroz y la punta de lanza en el corrupto mercado mediatico-editorial burgués es el libro de Timothy Sneider:"Tierras de sangre.europa entre hitler y stalin", galaxia guttemberg,2012, que sigue los pasos del "libro negro del anticomunismo".Lo he conocido a través del blog de un tal Daniel Gascón, poeta y ensayista liberal que en su reseña resume las principales estupideces y mentiras(aderezadas con la propia estulticia del reseñante ) que contiene esta "excelente obra".
    El tal Gascón escribe las siguientes mentiras:
    -Referencia al "holodomor", a las 2500 condenas de canibalismo y a la ejecución de los responsables del censo de 1933.
    -"asesinato etnicamente motivado de 250.000 polacos en 1937-38"(obviamente se refiere a la Yezotschina y su relación con los servicios secretos nazis , de la que ni snyder ni gascón tienen la más minima idea).
    -"Persecución antisemita de stalin después de la guerra".
    ."los dos imperios totalitarios se alimentaron entre si para cometer crimenes".
    ."en 1944 stalin permitió que Hitler aplastara la resistencia polaca que podría haberle causado problemas"(vieja patraña de la ultraderecha polaca, ya desmentida en su época por el periodista Alexander Werth, en"rusia en guerra" y actualmente por el historiador burgués Geoffrey Roberts).
    ."El hecho que el gobierno polaco fuera el único que actuó para defender a los judios"(otra patraña enorme e infamente para los judios polacos).
    Podría seguir amigos, pero esto os pueda dar una idea de la seriedad y la catadura del libro del que han parecido reseñas tan lamentable como ésta en "Publico","el Pais"(babelia) y Abc, supongo que también habrá salido alguna en los diarios burgueses de Galicia.
    salud, rafael Granados.Madrid.

     
  • At 2/26/2012 11:49:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Bon comentario Rafael. Non é só que defendan os seus intereses de clase no seu relato da historia, o peor é que, como ti dis, non teñen nin remota idea de nada.
    E toda a prensa burguesa a espallar os seus mentireiros contos. Polo menos desde hoxe hai un menos, o hooligang da agresión imperial contra Siria, Público, pecha as súas portas (en papel).
    Saúde!

     
  • At 2/27/2012 08:06:00 da tarde, Blogger untermensch99 said…

    Bon traballo, camaradas. La verdad es que yo también me alegro de que desaparezca el panfleto progre-fascista Público.

    Salut!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com