Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
A saída á crise capitalista só pode vir dada polo triunfo da Clase Obreira e da súa Revolución
08/03/2012

Comunicado de Forxa! Colectivo Marxista-Leninista e PCPE-Comunistas da Galiza

10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
A SAÍDA Á CRISE CAPITALISTA SÓ PODE VIR DADA
POLO TRIUNFO DA CLASE OBREIRA E DA SÚA REVOLUCIÓN

O 10 de Marzo de 1972, a clase obreira librou unha batalla histórica contra as forzas do capital e da oligarquía, unha batalla que formaba parte da loita contra o réxime fascista, froito da cal foron arrincadas importantísimas conquistas obreiras e democráticas que hoxe a oligarquía pretende arrebatarnos. Este 10 de Marzo debe ser visto como un símbolo da nosa resistencia e da nosa determinación. As conquistas adquiridas mediante a loita e polo sangue dos nosos mártires non poden perderse, deben ser mantidas e tamén ampliadas.



A xustificación constante do goberno do Partido Popular con respecto á reforma laboral foi afirmar, de xeito hipócrita e vomitivo, que esta se fixera pensando nos cinco millóns de parados e paradas, tal é a catadura moral destes fieis e obedientes lacaios da oligarquía que como única arma política dispoñen da mentira e a manipulación, e para os cales os 6 millóns de parados, os estudantes e os obreiros organizados "son o inimigo" contra o cal só queda recorrer á represión para impedir a "helenización de España".

O pobo non pode ser enganado e debe entender que a natureza destas reformas e ataques antiobreiros responden a uns plans previamente trazados polos monopolios capitalistas, que gobernan as institucións da Unión Europea, así como pola propia natureza do capitalismo que se ve empuxado a destruír as súas propias forzas produtivas para remontar a súa crise.

As forzas reformistas pretenden capear o temporal e abrir un camiño de conciliación co sistema, sempre e cando este “suavice” as súas reformas. Os comunistas afirmamos que ese camiño é un suicidio político para a clase obreira que só conducirá a unha intensificación da ofensiva antiobreira e á continuidade dos plans capitalistas que levan ao pobo á miseria.

As políticas regresivas continuarán e se intensificarán de acordo aos plans trazados pola oligarquía, se estes non son contestados e freados. Tombar ao goberno da oligarquía mediante a mobilización continuada e a folga política deben situarse entre os obxectivos do pobo.

A realidade só poderá ser transformada mediante a loita continuada e prolongada da clase obreira, con máis unidade e con máis organización, coa loita nas fábricas, con folgas económicas e políticas como instrumentos de contrapoder fronte á patronal e á oligarquía.

Os defensores do sistema, os reformistas e os oportunistas, defenden a vía da humanización do sistema, a vía da democratización do capital financeiro e das súas institucións internacionais, non como alternativa para a clase obreira e os pobos, senón como melloramento da xestión da rendibilidade capitalista e continuación do réxime de explotación.

Os comunistas, hoxe, afirmamos que a saída da crise capitalista só pode vir dada polo triunfo da clase obreira e da súa revolución. A burguesía é xa incapaz de seguir gobernando a sociedade en función das súas condicións de existencia, non é capaz de dominar, porque “non é capaz de asegurar ao seu escravo a existencia, nin sequera dentro do marco da escravitude”.

Non existe outro camiño para a clase obreira máis que o avance na dirección da substitución do poder burgués polo poder obreiro e popular, polo derrocamento do sistema capitalista, pola expropiación dos monopolios capitalistas e polo socialismo como único garante de futuro de paz e prosperidade para o conxunto da humanidade.

A construción do poder obreiro e popular camiña inseparabelmente ligado á construción do partido comunista único garante da organización da loita política revolucionaria do proletariado.

No horizonte da folga xeral do 29 de marzo as forzas comunistas facemos un chamamento á clase obreira e ao pobo para que se sumen á loita, para que reforcen as estruturas obreiras de oposición ás políticas capitalistas, para que reforcen e engrosen as filas das organizacións comunistas, únicas forzas capaces de conducir ao pobo cara á vitoria.

Fronte á explotación e á miseria do capitalismo
O SOCIALISMO É FUTURO!
1 Comments:
  • At 3/09/2012 05:31:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    A ver cando vai espertando o pobo traballador e se da conta de que, por moitas receitas máxicas e tentativas de facer un capitalismo con rostro máis humano, non hai saída posíbel á crise dentro do sitema capitalista que sexa beneficiosa para as clases traballadoras.

    A Folga Xeral do 29 ten que ser un éxito, e para isto ten que ser unha Folga Xeral de Combate! Todos e todas temos que estar aí para parar os plans da oligarquía e os monopolios! Nin un paso atrás polo Socialismo!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com