Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Diego Viña, morto en 2004 no cuartel da Garda Civil de Arteixo
06/03/2012

AOS MEDIOS DE COMUNICACION:

OS RESPONSABEIS DA MORTE DE DIEGO VIÑA
NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO
¡¡¡QUEDARAN IMPUNES!!!

Mañá día 6 de Marzo de 2012, no Xulgado do Penal de A Coruña, xulgarase ao pai do falecido Diego Viña, como responsable dun delito de denuncia falsa. O proxenitor,  será así chibo expiatorio, dun proceso que se fecha en falso, con moitas incógnitas  por aclarar, e sen que aínda se aclarase a sociedade ¿Cómo e porque morreu Diego Viña?. 

 Lembremos que este rapaz da Coruña, faleceu aos 22 anos o día 22 de setembro de 2004, no cuartel da Garda Civil de Arteixo, logo de ser detido inxustificadamente por   falsas imputacións  realizadas polo seu proxenitor.


 Tras unha longa espera nos calabozos da Benemérita, e tras serlle negadas as mínimas garantías de atención ao detido (asistencia sanitaria, psicolóxica, etc), Diego apareceu aforcado no calabozo pendurado da perneira do seu pantalón.

 Ante esta traxedia, tanto a familia de Diego Viña, como a Comisión de Denuncia de Galiza, iniciaron acción xudiciais co obxecto exixir xustiza e que se  aclararan as circunstancias da morte dun indefenso rapaz.

Estas reclamacións non caeron inicialmente en saco roto, así o Xulgado de  Instrución nº 5 de A Coruña, no Auto de data 11 de maio de 2006, concluíu  tras a fase inicial de investigación, que as instalacións da Cuartel da Garda Civil de Arteixo “non parecen as mais idóneas para a custodia de detidos, nin pola súa ubicación, nin polas súas características, nin pola estrutura das reixas que conforman a porta da cela en cuxa parte superior contaban cun traveseiro que posibilitou atar o pantalón a mesma para consumar o aforcamento”, asemade no mesmo Auto, concluíase que existían indicios da comisión dun delito de detención ilegal e denuncia falsa. 

Pese a iso, e tras 8 anos dun tortuoso procesos xudiciais, a xustiza foi arquivando ou desestimando un a un os procesos que dimanaban de estes feitos lutuosos. Primeiro foi rexeitado o Homicidio como causa da morte, logo a detención ilegal, e por último a responsabilidade patrimonial por anormal funcionamento da administración na aplicación das medidas de detención. 

Os Xuíces e Tribunais, non quixeron entrar ao fondo do asunto, non quixeron esclarecer  todas  e cada unha das escuras  circunstancias que rodearon a morte de Diego Viña, non explicaron convincentemente porqué a perneira do pantalón coa que se aforcou foi arroxada ao lixo polo mando da Garda Civil responsable do Posto de Arteixo, non ordenaron unha reconstrución dos feitos, non iniciaron unha investigación interna que aclarara as confusas causas da detención e o seu fatal desenlace, non reclamaron a realización dunha segunda autopsia, e o que é mais grave, non foron quen de explicar porque Diego Viña pasou a noite no calabozo da Garda Civil, cando non existía ningún indicio delictivo.

A familia de Diego Viña e a Comisión de Denuncia de Galiza, veñen de interpoñer recurso de Casación para a Unificación de Doutrina ante o Tribunal Supremo, contra a derradeira sentencia emitida pola Audiencia Nacional respecto a desestimación da reclamación de responsabilidade patrimonial , esperando que o alto Tribunal entre dunha vez por todas  a examinar as probas e determinar a responsabilidade obxectiva do Estado.

Ademais toda a xente solidaria coa familia, continuará pedindo xustiza publicamente, ate  que esta morte o igual que tantas outras non quede impune.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com