Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Siria baixo o espectáculo da axuda humanitaria
04/03/2012

SIRIA BAIXO O ESPECTÁCULO DA AXUDA HUMANITARIA

Tamer Sarkis

O estupor, a anguria, a tristeza, atenázannos as entrañas a moitos sirios en Catalunya ao sabernos ofendidos, manchados até os osos, como manchadas están sendo tantas e tantas vítimas que nos son achegadas, por quen colaboran na farándula “da necesidade” proxectada ultimamente verbo de Siria, a coincidir, non casualmente, coa Campaña imperial-mediática “pro-Humanitaria” usando a súa ONU.

O obxectivo presidindo estas estrataxemas é invariante: o de sempre concorde ao Plan de operacións que empezou a se tramar xa hai anos, quizais aínda con Bush á cabeza e o seu listado “Eixe do Mal” onde estaba incluída Siria. A sabermos: o obxectivo consiste en apuntalar a “Versión” huxleyana da “rebelión das masas afogada en represión”, co gallo de ir abrandando os sentimentos de masas até os sintonizar co Happy End correspondente coa “inescusábel Operación por Siria como mal menor”. Neste sentido, podemos afirmar que –aínda que falando só metaforicamente- as bombas dos Estados expansionistas agresores van xa agochadas entre tanta filantrópica caixa inzada de recolectas.


Estes señores cómplices coñecen perfectamente a dobre natureza da táctica emprendida pola Conxunción de Potencias “denunciantes da Ditadura siria”: golpear cunha pedra envolta en seda fina mentres mostran coa outra man o perfumado e branco pano. Por citar unha entre centos de manobras, decenas de militares turcos que “operaban” na Siria e quen se viron detidos, declaran que actuaron so directriz e adestramento israelí.

Sirvan estas palabras da Compañeira Miryam para situar o lector na medula do texto, mentres os reaccionarios árabes instalados fóra da Siria invocan “a Necesidade que afoga Siria” ao tempo que continúan empatizando, cando non secundando abertamente, cos verdadeiros artífices de produciren, cos seus Bloqueos e Terror, tan “Necesidade”. Lobos con pel de cordeiro que, co seu espectáculo das “caixas de axuda”, ao que incitan conscientemente é a abrir a Caixa de Pandora.


Prefacio: Perante a humillación de ver xactarse aos “socorristas”, esa profunda ofensa que nos fire.

Por Miryam Al-Sham

Anunciaron un evento: unha cea “en solidariedade” –segundo os convocadores- co Pobo Sirio. Con que Pobo? A que Pobo sirio están deixando respirar os seus aplaudidos Axentes “rebeldes”? Será, se callar, solidariedade cos mortos feitos cinascos  por ese lixo pagado polos “arabescos” do Golfo e por esa Cova de ladróns de vidas que se reuniu en Tunisia? (Felizmente rexeitados polo Pobo tunesino, solidario e consciente, en masivas manifestacións.)

Que queren dar aos sirios? Pan e bombas? O Pobo sirio nin pide pan nin pide auga de mans corruptas. E as mantas, para que? O frío do medo non se quita co abrigo. Medo a que ao saír á rúa os collan como escudos para protexeren as súas cabezas os mercenarios dos salafistas máis sanguinarios e dos seus Padriños “occidentais”, como lles pasou á miña familia e a moitos amigos.

Din os convocadores que queren levar mantas. Non será para taparen os mortos. Disto xa se encargan os executores do Terror, xa que espedazan as súas vítimas e as deixan na porta das súas familias en bolsas de plástico (negras, iso si). Todo isto, por que? Segundo a interpretación falaz, odiosa, sectaria e criminal, que esta escoura fai do sagrado Corán, as persoas escartizadas no poden entrar no Paraíso. Até aquí chega o seu sadismo.

Mais ese sadismo non é peor que o do Imperialismo, que mata por matar, botando man da “política de terra queimada” vertida contra “realidades sobrantes” ás que, esa decadente maquinaria inoperante en termos capitalistas, non pode xa nin sequer “integrar” na engrenaxe da explotación e o uso. 

Por iso, quen sentan nesa mesa, quizais co mantel da bandeira das tres estrelas negras do Califato abbasí, ou quizais co mantel da bandeira das estrelas vermellas da vella sociedade de Castas, deberían facer autocrítica e repensaren a súa propia función e postura.

Por certo: agora que estes entrega-pobo se pelexaron entre si, desde a reunión de Turquía, por ver quen levaba a barbarie a cotas máis altas, non sei como se dividiría a parroquia.

Pode ser que algúns vos preguntedes: “que fago aquí?” É solidario participar en algo cun transfundo tan turbio, xunto con estes lobos con pel demócrata enmascarados de boas intencións, cando os seus fines son outros moi seus? É para o pensar.

Miryam


A axuda humanitaria que Siria precisa dos reaccionarios involucionistas: deixen de a acosaren, deixen de dinamitala, deixen de a asolaren! Retiren delas as súas mans, os seus filamentos e as súas extensións operativas no interior!

Nun mundo cuxa Lóxica Nuclear é ter que vender a alma por un prato de lentellas (vixiadas en exóticos territorios para a súa circulación con abundancia relativa), non pode sorprender –aínda que si arrubiar-,  ver os incendiarios faceren de bombeiros. No Imperio do Espectáculo, a realidade imita a imaxe, e xa non ás avesas. Modélase e proxéctase primeiro o Film do desastre “e dos seus criminais responsábeis” mentres, asemade, a Fronte armada a soldo (ou a promesas, ou a Doutrina cafre) sementa o desastre. Por último, o Brazo “cívico”, “asociativo”, “solidario”, inserto á “esquerda” na Fronte Militarista Total, aterra salvador desde os Prístinos Ceos. A coidaren do trigo chegan coa gadaña... quen sementaron e introduciron a tarela e a maleza. 

O modus operandi á vista está para aquel que gozar de memoria inmediata: vai repetíndose calcado desde décadas país por país, aínda que a Doutrina Obama –proxectar a presenza física de tropas USA en polo menos 120 países para inicios de 2012- supuxo un aceleramento deste xiro de bucle:

«Actores terceiros debuxados como diaños portando o Caos» Þ «Algo haberá que facer, algo hai que facer» Þ «Continúa a campaña mediática espectacular de formatado» Þ «Hai que intervir, hai que intervir...» Þ E así até conquistar o cume dese leit motiv, latente desde o principio, onde a provisión de axuda acaba chegando na saca mimetizada e os convois humanitarios confúndense con aqueles outros convois que, no fondo e en perspectiva estratéxica, de verdade interesan. E todo é «polo seu ben, para a liberdade, en solidariedade, pola súa protección, para os defenderen».

O Pobo sirio está manifestándoo unha e outra vez, tanto nas rúas como nas urnas: a primeira axuda humanitaria que “require” destas forzas “multinacionais”, é que o deixen autodeterminarse sen agresións. Quere dicir, que retiren esa Ditatorial Lei do Funil que tiveron sobre o país mediante acoso e derrubo mercenario-explosivo-embargadormercantil. Funil impositor a prol de tragar a beberaxe do recoñecemento ao «dereito de Israel a existir», tal e como todas as demais pezas rexionais xa ao seu recado (honrosa excepción iraniana). Até Hamas se aliñou con Turquía, Estado, o último, íntimo de Israel e cuxo exército –roces oportunistas de flotas aparte- é pouco menos que Un co Tsahal (operacións conxuntas, manobras de aviación e Plan Estratéxico común). Mais o Estado sirio é o único en aloxar e protexer á Resistencia palestina (FPLP, maoístas palestinos do FDLP) que aínda continúa exixindo a Palestina sen paliativos, e non un “arranxo” co usurpador. Éche aquí a cuestión. Éche aquí a famosa “Ditadura” e o presumido “clamor mundial” precociñado por expertos en técnicas da “comunicación” audiovisual.

Aqueles mesmos que animan desde a bancada por “o sangue e o fígado” do endurecemento ONUístico do Boicot á vida económica nacional e de subsistencias, son os mesmos que simultaneamente animan o “Plan de Axuda Humanitaria” con Kofi Annan á cabeza – outra “face amábel” do Réxime Nacionalsocialista mundial ao que lamben os favores. Plan que é “a 4ª Fase”, despois de que están perdendo consecutivamente as outras tres: 1ª. Polarización da poboación cara á Guerra Civil; 2ª.Desestabilización por importación fronteiriza do Terror; 3ª. Aprobación dunha “Intervención de Paz”.

Expoñen as súas bandeiras nas “súas” áreas, os seus Días da Ira e os seus chamamentos, que non son aqueles símbolos que o Pobo sirio se deu no fragor das súas Revolucións Nacionais antidependentistas. Senón bandeiras neo-corporativas e gregarias-confesionais: as bandeiras dos nostálxicos por aquela pretérita hexemonía política (iso si, de mordomos e subsidiaria) que lles foi delegado á sombra de consecutivos colonialismos. Hexemonía política que necesitan recobraren xustamente agora que foron amoreando notábel poder económico ao impulso da moi errada liña gobernamental penúltima en materia de Forzas Produtivas e de División Internacional do Traballo.

Neste sentido, a bandeira verdibranquinegra con tres estrelas vermellas non deixa lugar á dúbida (aínda que o vermello da estrela pode despistar alguén): trátase da bandeira preexistente á Revolución burguesa patriótica. É dicir, que estes abandeirados están evocando unha semifeudalidade pasada, exactamente igual que fan as ratas libias do CNT co seu estandarte, bendito por Italia (no seu día e agora de novo), e símbolo evocador da Monarquía-monicreque anterior á Revolución dos Coroneis e ao Coronel Al-Gaddafi. Pola súa parte, quen no canto de estrelas vermellas sitúan tres estrelas negras en guerra integral declarada ao movemento Baas (aos seus Principios, ao seu proxecto, aos seus avanzos e ao seu legado), anuncian con esa simboloxía inspiración e homenaxe nada menos que ao Califato teocrático Abbasí medieval. Vese claro: estes “opositores” decidiron, na poxa en que participan ante os ollos imperialistas, superaren na súa oferta ás medias tintas filo-neoproteccionistas (luva de seda esta lanzada aos franceses), de xeito que expoñen na súa bandeira a súa retrotracción histórica até tempos anteriores á configuración e afirmación de Siria como nación política con autoconsciencia unificada alén de teoloxías. E é que, inmerso o mundo en plena descomposición capitalista mais sen Horizonte superador reconstituído, van refacéndose os proxectos, as filias e os deseños políticos preburgueses de tipo étnico e exclusivista-privativo.

Quizais fose axudar humanitariamente, ter apoiado o Voceiro sirio na súa dignísima comparecencia oficial perante quen confabulan por deixaren Siria como unha balsa arrodeada de auga por todas partes. O que, obviamente, non significaría ter que apoiar o Programa de Goberno punto por punto, nin nunhas ou outras dimensións do seu corpus central. Os comunistas sirios denunciaron directamente a involución liberal e a erosión da Soberanía que comportou en todos os planos, ao tempo que aplauden a presente marcha atrás estatal nese nivel. Tales novas medidas derrogativas da anterior “apertura” a entreguismos da Independencia e a liquidacionismos dos sistemas centrais redistributivos, son medidas que xa están sendo aplicadas e que sen dúbida levantaron bochas entre os charlatáns imperiais avogados das teóricas “reformas democratizadoras”.

E por iso está Siria como está: pois eses mesmos “democratizadores” (dos mercados de Capitais e de investimentos financeiros), non perdoaron previamente ao Goberno ese correcto “xiro de curso”, cando semellaba que as cousas tendían a irlles como a seda e “o país estaba acelerando a súa apertura”. De seguir por aquel escenario anterior, si sería certa a falsa “rebelión masiva”, mais diso, nin da universal “democracia do pau”, nin o saberíamos pola prensa: garantido sería o silencio da agonía, como en tantos e tantos lugares desapercibidos onde lugartenentes imperiais si reprimen as xenuínas masas populares (en Bahrein, sen ir máis lonxe, ten posto Arabia Saudita, choradeira da ONU, a metade dos seus efectivos totais de infantaría).

Mentres, van caendo sen remisión, a mans do Pobo armado e do exército, os auténticos opresores: 120 militares franceses, mercenarios do seu Estado imperialista, foron capturados e desarmados nos últimos días. E que fai a prensa?: diso non informa, senón que volve falsificar, máis unha vez, as imaxes do Pobo a se manifestar por millóns contra o Plan do imperialismo, narrándoas como se de imaxes de manifestacións “anti-Bashar” se trataren.

É máis: a crítica radical efectuada polos comunistas sirios á política do Goberno, foi publicada en numerosos medios de prensa sirios. Publican aquí en prensa os inimigos da fascista Constitución española de 1978?; ou os pechan en prisión e hai moitos que xacen enterrados so a terra da policial “Zona Especial Norte”, mentres outros só para falar en política teñen de pasar pola pedra de xuraren a Constitución e Lealdade á Coroa? Ditadura? Na verdade, quen pode guindar aquí a primeira pedra? A Reforma Agraria feita na Siria durante a Revolución Nacional e intensificada polo Baas, aquí mesmiño seguen soñándoa os xornaleiros andaluces baixo a vara do señorito e os campesiños cataláns baixo a chiruca dos empresarios aceiteiros; mentres a quen no Estado español ousaron formular tal Reforma, as mesmas Potencias imperialdemócratas que agora manexan os fíos da “Primavera siria” preparáronlles unha Guerra Civil e puxeron os seus lacaios fascistas como hoxe queren pór na Siria a rendeiros neocalifais.

Volvendo ao recorrente espectáculo da “axuda”, a estas alturas da “película”, evidentemente ao Pobo sirio non poden enganalo quen lle arrebatan o sol para lle regaren sombra coa que buscaren nel adhesións. Para decepción deses manipuladores, tampouco poden mercalo tendéndolle cálida man de supervivencia; a mesma que lles xerou dramática necesidade. O Pobo sirio coñece ben os seus verdugos e, digno, maldíceos. Non vende a súa alma por un prato de lentellas. Dá magoa que a outros Pobos caeran na trampa da “cooperación”. Que o intenten xa dá noxo.

Aos artífices de tales espectáculos do “socorro” poderíamos dicirlles que quizais se os seus gabados reaccionarios-“revolucionarios” operantes no interior deixaran de bombardear as escolas infantís estatais porque son laicas, pode que daquela Siria non fose “dependente da actuación exterior”. Ou quizais, de deixaren de sabotar as centrais eléctricas, os gasodutos e oleodutos, as infraestruturas urbanas para o paso de enerxías..., daquela quizais moitos sirios poderían liberarse de ten que saír a talar árbores froiteiras para se quentaren coa leña. Si: é certo que a miña familia e millóns máis pasan días a escuras e ao cru  inverno, mais se saen a mercar unha garrafa de gasolina ou de diésel co gallo de quentarse ou alumearse, recibirán un tiro deses aniquiladores da vida do país.

Están a vender a moto de que Siria é un país dependente “de axuda” (así cultivan as reaccións espectadoras en clave de “dependencia a intervención”). E, a verdade, do único que depende é de que “os seus amigos” deixen de maltratala. Que a falsa “oposición externa” coa gadoupas afiadas chame a desmobilizar a súas puntas de lanza do interior: esa é a única “axuda humanitaria” que o meu Pobo lles exixe masivamente nas rúas e prazas. Siria produce hoxe, malia o bloqueo en subministro de pezas de recambio, o 70% dos medicamentos que consume, e aínda exporta a terceiros. Non é certo que Siria estea exigua de recursos: deixen traballar a médicos e persoal sanitario no canto de os asasinaren a pelacorpo. Deixen de detonar centros de ensino e de enviar nenos e máis nenos aos hospitais e aos seus depósitos de cadáveres. Deixen de atentar contra os subministros  enerxéticos. Aforraranse mantas. Aforrarase en recadacións e no financiamento de carniceiros. E a ONU terá que meter onde lle collan as partidas de medicamentos caducados; sobre-stocks industriais do Complexo farmacolóxico transnacional, que leva medio século situado no “terceiro mundo”.

O Plan é reincidente unha e outra vez: a Iraq, por exemplo, xostreóuselle con aviación anglo-norteamericana a diario durante máis de doce anos, arruinárono, esterilizaron o cha e, reo entón de dependencia alimentar cando antes fora soberano, procedeuse á chantaxe xenocida-expoliadora co Programa ONU de “intercambio” “Petróleo por alimentos”. Na Siria, a moitos dos asasinados non se lles pode tapar con mantas: porque os terroristas sectarios teñen por costume escartizaren as súas vítimas e deixar nunha bolsa os seus corpos a cachos xunto aos portais da poboación, a quen así ameazan, humillan e destrúen emocionalmente nas súas zonas urbanas raptadas. Segundo a súa crenza, así estarían privados de entraren enteiros no Paraíso, co que inflixen un aberrante dano extraordinario aos familiares aínda vivos.

E por riba, unha amiga miña ten que ouvir, a tanto cego aquí “de boa vontade”, preguntarlle se o seu irmán, defensor do seu Pobo e asasinado polas Bandas paramilitares, estaba “cos manifestantes”. De nada vale explicarlles que os soldados non están presentes contra manifestantes; a quen mostran expresándose tranquilamente nun ambiente distendido e festeiro as propias imaxes mediáticas “occidentais”. O que hai é secuestros de barrios, onde os soldados tratan de entrar. Pois o cego que ve desde dentro de Matrix e cara a dentro de Matrix, ve unha cabra. dinlle que voa, e vai vela voando. Como ve un blindado disparando, dinlle que contra “civís concentrados” e así o ve el.

Engaiolados polo Imperialismo, a quen fan a cama agardando del calor que os catapulte cara á hexemonía particularista sobre un curral cuxos trazos serán esbozados ao final polo Capital financeiro: prescindan por unha vez das súas arelas neotribal-confesionalistas, póñanse sen ambigüidades do lado do país vergoñentamente agredido, rompan o seu silencio das atrocidades dos únicos verdugos reais da patria e do Pobo, poñan as mans fóra da Siria libre e resistente ao sionismo e a todas as súas entidades; esa é a acción humanitaria que lles corresponde poñer en práctica O Pobo sirio vomita calquera outra. Mais falarlles, ás quenllas, de axuda HUMANITARIA, sexa quizais pedirlle landras ao castiñeiro.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com