Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

SIRIA: MÁIS DE UN ANO DE BARBARIE TERRORISTA PARAMILITAR
15/03/2012

SIRIA: MÁIS DE UN ANO DE BARBARIE TERRORISTA PARAMILITAR ESPEDAZANDO O POBO E PERSEGUINDO ESPEDAZAR O PAÍS
(PERANTE AS CELEBRACIÓNS EN BARCELONA DO “ANIVERSARIO DAS REVOLTAS”)

Tamer Sarkis Fernández

1. Israel e os centros mundiais do Capital financeiro “moi preocupados polo sufrimento na Siria”, ou as bágoas de crocodilo dos verdadeiros causantes.

A Fronte Exterior de Asedio Propagandístico monta en Barcelona un documental e anuncia proxectalo, seguido de “debate”, para a tarde do 15 de marzo, todo iso baixo aloxamento xeneroso do sionista Instituto Europeo do Mediterráneo (faltaría máis: gran valor xeo-estratéxico do arco Mediterráneo Oriental, a todos os niveis, para a preada e decadente Europa).

A este interese europeo deberase a entrada na Siria, chovendo a centos cal praga cos seus paracaídas, de militares franceses pagados para seren sicarios da “revolta”. Pagados por quen?: a ex metrópole e a ONU coinciden, nese terreo, en exixiren ao Goberno sirio dar trato de “prisioneiros de guerra” aos militares galos xa capturados. O askenazi Sarkozy estás así nada menos que declarando a guerra a Siria, ou ben subscribindo un estado de guerra xa preexistente (e niso ten toda a razón).

Os organizadores chamaron o evento en Barcelona “Siria, un any de revoltes”. Eu, pensando nesa conmemoración que tanto lles comprace, propúxenlles un título máis acaído á realidade:


Siria: un ano de brutal e INDISCRIMINADO terrorismo reaccionario contra o Pobo e o país, en coordinación ao cerco turco-israelí e na vangarda a fronte agresora xornalística por medio da difamación ininterrompida.

Non é, de facto, sospeitoso que os paladíns das “revoltas” garden cómplice e, non nos enganemos, compracente mutismo perante as novas do Terror, que eles si coñecen aínda que Europa as agoche? Por que non denuncian, estes bos sabedores, o plan das mil bombas a colocar en Damasco?, ou a presenza de Unidades Blackwater dinamizando o campo da “oposición armada” mal chamada “civil”?, ou a sabotaxe enerxética?, ou a interceptación de comunicacións?, ou os múltiples atentados en Alepo?, ou os bombardeos “aleatorios” en Homs por parte dos mercenarios e os seus RPGs?, ou os centos de espedazamentos?, ou os desaloxos de casas levándose do brazos aos seus habitantes “a dar un paseo ou tomar café”?, ou a sementeira polos mal chamados “rebeldes” de minas anti-persoa circunscribindo os barrios que ocupan e a consecuente morte de civís?, ou os milleiros de refuxiados e de expatriados que a súa Ditadura sectaria está ocasionando entre quen poden fuxir da mesma (caso de moitas mulleres alauítas de Homs que se poden foxen do país?), etc., etc., etc. Todo iso mentres os seguidores sirios dos Xeques vociferantes repetían (aínda que agora xa non o ven tan claro) “cristiáns da Siria preparade as vosas cabezas para o minshaar” (decapitación).

A “Homs rebelde” foi fabricándose durante non menos de dez anos desde o Líbano e Turquía, coa axuda de túneles de centos de Km de lonxitude, de búnkers, de zulos onde atoparon acocho paramilitares chegados clandestinamente en paracaídas, sen esquecer o labor das empresas de infraestruturas qatarís, a quen o Goberno sirio cometeu o erro de entregar patentes de operación en Homs, e que, como se demostrou, actuaron durante este tempo como auténtico Cabalo de Troia, abrindo camiño aos arsenais e ás tomas de posicións territoriais. Foron preparando Homs como os Servizos de Intelixencia británicos e os seus infiltrados armados foron fabricando durante anos a “Bengasi rebelde” na Libia. Mago de todos eles, mais terán que probar outra vía porque a liberación de Homs vai vento en popa.

De existir na Siria unha verdadeira revolta popular disposta a tomar nas súas mans a Liña do Goberno con vistas a radicalizala en política exterior e a asentar a Soberanía na política interior..., vaia que daquela os institutos e entidades baixo un ou outro financiamento institucional ían promocionar a revolta, a gabala e a darlle tan sequera un chisco de axuda!, nin en Barcelona, nin en Bruxelas, nin na Haia, nin en Ankara, nin en Estrasburgo, nin en París, nin en Londres, nin en Washington, nin en NY, nin en Tel Aviv...!

Aos máis acérrimos inimigos A MORTE dos sirios, preocúpalles agora con gran pesar “o destino dos sirios, protexelos e axudalos”: con financiamento, con armamento, con asilo aos energúmenos que están sendo derrotados e aterrorizados pola inminente Xustiza Popular que lles vai caer enriba e así foxen agora da Siria cara aos países limítrofes (moitos regresan aos seus niños-avespeiros). Preocúpalles tamén e esméranse en os axudaren con loxística, con proposicións xurídicas “internacionais” a prol de “sancionar”/estrangular, con decenas de búnkeres e túneles inter-fronteirizos que se penetran Km na Siria desde os seus Estados... Israel sinte moita magoa polo Veto chinés a cargar as tintas contra Siria e apuntándoa cos seus mísiles, afirmando os líderes sionistas que iso significa “estar burlándose do sufrimento de Pobo sirio” (declaración en que coinciden case textualmente coa Organización Para-Gobernamental Human Rights Watch).

Israel: onde non constitúe DELITO que un xudeu mate a un non-xudeu se alega que se SENTIU subxectivamente ameazado pola súa vítima, e se resulta que mata a un árabe, até lle rezan un homenaxe os rabís do sionismo, en cuxos libriños se conta desde hai case dous mil anos que os árabes pouco máis ou menos temos rabo e cornos. Os árabes formaríamos parte da Proba, con aparencia humana, posta por Xeová ao seu Pobo Elixido para que este lle demostre a súa “rectitude, cohesión e gallardía” no seu camiño meta-histórico cara a rexentar o Paraíso Terreal despois do Armagedon (teoloxía que máis mundanamente está traducíndose como afán de Hexemonía total nunha Orde Mundial post 3ª Guerra Mundial, nas últimas visitas de Netanyahu a EUA e, polo xeral, nas declaracións do xudeu-mesianismo por consumar contra Irán).

Ou o Estado turco, tamén moi afectado por Siria (porque non foi dobregada tal e como a súa “Intelixencia” agardaba), o mesmo que chorou moito por Siria tamén cando no pasado exterminou a decenas de miles de sirios e, en particular, forzou a diáspora de decenas de miles de sirios cristiáns. Ou o mesmo que lle preocupa Siria (certamente) cando coordina as súas operacións conxuntas de adestramento militar e de manobras aéreas con Israel. O mesmo que lle preocupa o destino dos sirios cando xa desde decenios manteñen as retencións de desviacións de caudal sobre o Éufrates e o Tigre mentres abastece a Israel de reservas de auga (nunhas operacións de enxeñería hidráulica que, por certo, vulneran o Dereito Internacional sobre augas recollido pola ONU, segundo o cal, un Estado non pode facerse dono dun río transterritorial e determinar o seu leito).

Mais, vaites!, é que a ONU –performance á marxe- non foi creada nin polos países oprimidos nin para os países oprimidos, senón polo Bloque Imperialista vitorioso en 1945 relevando á SDN, co gallo de regular e inclusive tratar de “harmonizar” as relacións interestatais BAIXO A SÚA XERARQUÍA MUNDIAL DE FACTO.

Como tampouco a Liga Árabe é un produto árabe, senón unha creación directa do Imperio británico co propósito de blindar as súas decenas de sátrapas semifeudais, tónica dominante aínda hoxe no mundo árabe, onde, agás Siria e pouco máis, non se produciron aínda revolucións burguesas nacionais independentistas (e nin moitísimo menos chegaron esas revolucións soberanistas coas chamadas “Primaveras Árabes”). As “Primaveras Árabes” traducen nun plano sociolóxico a intersección entre dous polos: (1º) o polo da Enxeñaría Social (CIA, Reuters, pseudo “filtracións” Wiki Leaks, diplomacia e embaixadas, fabricación de movementos políticos, deseño de “personalidades” reputadas e Premios Nobel postos para alentaren certas formas de oposición e para chegaren a encabezalas, Facebook, Twiter, medidas globais fomentadoras da degradación das condicións de existencia e así animadoras da insatisfacción estendida...); e (2º) o polo da necesidade masivas de rebelarse contra a  miseria sementada polo Sistema e, máis concretamente, sementada polo lugar dependente e subxugado que eses países ocupan na Estrutura do Sistema. Trátase de rebelións determinadas pola miseria do Sistema, mais non en contra do Sistema, senón para del ao ser desencadeadas por suxeitos operantes xa a priori desde os Ideais normativos do Sistema e que son Ideais actualizadores do mesmo (esperanzas depositadas no formalismo electivo, liberalismo, Demofreedom TM, espontaneísmo, masismo de concentración pacífica elevado a condicións de “espazo de loita” e non simplemente de marco de encontro, fincapé na cuestión do recoñecemento de dereitos e, á vez, renuncia a facerse donos coas propias mans da Cuestión do Poder, etc.).

Na súa substancia, pois, estas “Primaveras” cristalízanse partindo xa das representacións do Sistema no imaxinario social central (ben lonxe do esquema metafísico interpretativo que contrapón unha pureza primixenia de enerxías espontáneas a unha manipulación e terxiversación procesuais), e responden exactamente a un Plan de Intelixencia con que reamordazar o espazo xeo-económico árabe reislamizándoo da man deses comerciantes-propietarios-entreguistas das patrias que son os Irmáns Musulmáns e os seus equivalentes tunesinos e alxerinos (todos pro-Gran Bretaña e en notábel detrimento comparativo de Franza). Tal re-entrée rexional está sendo cuestión de vida ou morte para as perspectivas de continuidade do Bloque anglosaxón na fenda competitiva despois de estar perdendo América Latina a moita velocidade e despois de estar perdendo todas as cotas nos mercados de capitais fronte a China, non só no referido a Indostán-Centro Asia, senón tamén na África (Libia antes do xenocidio, Angola ou Nixeria, onde a SHELL impera, mais xa non soa e onde “casualmente” se desenvolve tamén hoxe unha “revolta popular”), no Xapón (quen segue comprando tecnoloxía a China e segredo industrial! malia os estragos ocasionados polos tsunamis, os escapes nucleares e o terremoto, do que hoxe 10 de marzo, por certo, cúmprese xusto un ano), na UE (cuxo primeiro socio comercial é xa China e cuxa débeda cada vez en maior grao é mercada pola China en detrimento das Axencias de Leasing-FMI afincadas na Gran Mazá Podre), e até nos EUA!, con gran dependencia financeira da China, quen así pode exportar o seu Capital crediticio e, asemade, continuar impoñendo condicións de reembolsamento ganancial ás saídas de capitais ianquis excedentarios cara ao seu espazo territorial.

2. Acusacións de sangue, por parte daqueles mesmos frustrados nos seus intereses de veren ampliadas na siria as medidas político-económicas antipopulares, e quen sorrirían asistindo á súa sanguenta imposición (mais o Goberno sirio disentiu e cambiou o guión).

Todo o que afirman do Exército a respecto das matanzas de “civís” (“civís” con mísiles MILAN até os dentes...), as torturas, as “entradas” a hospitais que vocifera a criptoCIA-Human Rights Watch...; todo iso é o que, precisamente quen finxen e escenifican agora, no seu día lle exixiron facer ao Goberno sirio contra as protestas e manifestacións (limitadas, xamais masivas) que si estouparan en varias cidades como xusta e honorábel resposta ás políticas económicas antipopulares adoptadas so ditame ianqui e baixo impulso e beneplácito da fracción civil inactivista, improdutiva, liquidacionista e “liberal” enquistada dentro da burocracia estatal e até na administración e xerencia de varias ramas industriais.

Mais o Goberno sirio dixo NON a aplicar o Terror, e SI escoitou o Pobo e rectificou ese involucionismo, a parar esas medidas e pasando a adoptar reformas de signo inverso. É por iso polo que lle meteron a Siria toda a montaxe posterior de presuntas “revoltas populares”; porque se negou a continuar despregando as receitas económicas “pro-occidentais” e a actuar sanguinariamente contra o Pobo en xusta mobilización. O anterior Ministro de Economía sirio foi deposto e, por certo, fuxiu a Europa.

Mentres, o Pobo, alén de adscricións políticas e sen renunciar á crítica e ao exercicio de oposición política, asolaga por millóns as rúas, avenidas e prazas para se afirmar como Pobo que rexeita con lucidez e consciencia os plans que dun xeito noxento están despregando quen queren escravizalo a o fagocitaren no pozo da súa orde mundial en actual reestruturación. Nesas rúas e prazas estiveron presentes repetidas veces aquelas mesmas persoas que protestaran desacordes coa anterior liña económica aberta e que eran albo das súas consecuencias empobrecedoras. Queren así deixar claro que:

1º Non permiten aos inimigos do Pobo sirio utilizalos como coartada co gallo de xustificaren a súa ofensiva a prol de domesticar as enerxías do país, e

2º Teñen dignidade e consciencia dabondo para non se deixar manipular nas súas reaccións polas certamente difíciles circunstancias que os bloqueadores do exterior e os sabotadores do interior van encargándose de teceren co fin de elevaren as cotas de insatisfacción e necesidade. Tentando así fabricar, a base de dificultades, unha bomba social de reloxería que poder guindar despois –nun “sálvese quen puider” oportunista- contra as institucións que pretender usurpar e entregar en bandexa aos seus sponsors “occidentais” a cambio de patrocinio á súa hexemonía sectaria.    

Así de cínica é a historia: se o Estado sirio efectuara contra as verdadeiras reclamacións aquela represión que compracería eses Centros políticos de Bloque mundiais; 1º, tales centros estarían contentos; 2º, aquí as poboacións non saberían nada (ou só como anécdota igual que as novas pasaxeiras e até fugaces en relacións a tantos sirios do mundo); e 3º, eses mundiais aforrarían montar unha falsificación fascista agresora, para forzaren o Exército a actuar defensivamente contra ela e así poder denuncialo por afogaren as “revoltas”. Iso é o que lles eivou o Proxecto: que o Estado sirio non foi aquilo que o acusan ser (na realidade, que lle exixían ser, e sen lograr a apetecida submisión, como si, en troca, logran con tantos outros Estados dependentes, sexa ás duras ou ás maduras”).

Vai para máis dun mes o xaque sicario e quinta-columnista autóctono á sociedade siria. No contexto de calquera país oprimido polas Potencias, a famosa Liberdade-Freedom-Horriia é pura propaganda serial televisiva-holywoodiense se antes non se cortaron precisamente as ataduras coas “terras da Liberdade” demo-imperiais. Só así pode construírse (na siria, Venezuela, Grecia ou no Estado español...) a Soberanía popular tanto económica como política, xenuíno cimento material e condición permisiva dunha sociedade libre. Desde o presente Marco Constitucional sirio é posíbel seguir intensificando este camiño cando menos até certo punto. Pola súa banda, a mal chamada “rebelión siria” sitúa o “seu” proxecto nas antípodas desta secuencia.



0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com