Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Siria: xornalista/mercenario inglés fica en evidencia manipulando información
07/03/2012
Presentámoslles ao gran “Danny”, un mozo de orixe siria que vive en Inglaterra, e que se converteu nunha estrela nos noticiarios da CNN sobre Siria. Este “activista humanitario”, coñecido polos seus constantes chamamentos para que Israel e Estados Unidas invadan directamente Siria, foi sorprendido mentres preparaba os efectos especiais da súa conexión coa CNN.
No vídeo podemos escoitar como Danny, mentres agarda pola transmisión, di: «Ben, daquela deixa que soe o tiroteo». Pregúntalle despois a unha persoa: «Dixécheslle que teña listo o tiroteo?» Mentres coordinan os efectos sonoros, o cámara lémbralle que ten que falar de como a xente está recuperando os cadáveres.
Nunha situación presuntamente de máxima tensión, e sendo un opositor mundialmente coñecido que pide que a OTAN bombardee Siria, non semella estar moi nervioso (antes de entrar en directo, claro) e inclusive chega a pedir un colchón...)
 Estes “xornalistas” ao servizo dos poderes imperialistas, moitos deles directamente a soldo dos servizos secretos occidentais, son un elemento fundamental para, coas súas mentiras, ir moldeando a percepción da xente e preparala para a invasión armada. O discurso, que por moito que se repita seica funciona sempre, é moi sinxelo: un “réxime” (nunca goberno, réxime evoca máis ás películas sobre a RDA coas súas rúas chuviosas e grises) despótico, criminal e sen escrúpulos, está a masacrar á poboación en xeral. Poboación que protesta maioritariamente e pacificamente buscando liberdade. Os rebeldes ou revolucionarios, non lles queda outra, ármanse para se defenderen. Mais, coitados, non teñen moitas armas e non poden co arsenal demoledor da maquinaria sanguinaria estatal. Os bos brancos e cristiáns occidentais debemos axudalos. Darlles armas e, de non chegar, bombardear o país para traer a paz, a liberdade e a democracia... E pouco importa que os que combaten o Goberno sirio sexan mercenarios qatarís e libaneses e fundamentalistas sunnitas e wahabistas na procura da súa Sharia. 



1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com