Varshavianka subtitulada ao galego: Alimento anímico para a loita do 29M
27/03/2012
Vídeo subtitulado en galego co tema Varshavianka, versión rusa dunha peza orixinal polaca de finais do século XIX escrita por Waclaw Swiecicki mentres cumpría pena pola súa militancia socialista. Na Rusia fíxose moi popular, a se converter nun himno dos comunistas.
Unha marcha con forza dabondo como para encher de folgos a todas aquelas persoas que van combateren os piquetes da patronal.
O 29: forza, unión e decisión! Viva a Folga Xeral!
http://www.youtube.com/watch?v=BGrno6iOelw