Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Colombia: o que fixeron coa Unión Patriótica empezan a repetilo coa Marcha Patriótica
29/04/2012

Comeza o terror sobre os integrantes da Marcha Patriótica

Mao Enrique Rodríguez, integrante do equipo da seguridade do Partido Comunista Colombiano (PCC), adscrito á Unidade Nacional de Protección a cargo do Ministerio do Interior, foi asasinado na noite do 27 de abril en Bogotá.

Carlos Lozano Guillén, director do Semanario VOZ e integrante do Comité Executivo Nacional do PCC, emitiu un comunicado sobre este crime a través da súa conta en Twitter reclamando as garantías para o Partido de esquerda:

«Cales son as garantías? Hai poucas horas cribaron o meu escolta desde hai anos, Mao Enrique Rodríguez. Estou triste mais non hai volta atrás.»

O ton anticomunista e as ameazas subiron e aumentaron respectivamente desde que naceu a Marcha Patriótica cunha inmensa manifestación esta segunda feira. As 1.700 organizacións pretenden converter o movemento nun partido de esquerda, Consello Nacional Patriótico (CNP) e provocou unha treboada de rabia entre a clase política e a cúpula militar que acusan a este enorme movemento de ser creado pola insurxencia colombiana. E as acusación en Colombia nese ton son equivalentes a unha morte anunciada. Hernán Henry Díaz, líder campesiño do departamento de Putumayo, no sur, estaba encargado da coordinación de 200 campesiños que acudían a Bogotá para participaren na marcha da pasada segunda feira. Mais desapareceu, e é considerado como o primeiro exemplo do inicio da guerra sucia que sufriu a Unión Patriótica e todo o movemento popular que xurdiu como resultado do acordo de cese de foto entre o Goberno conservador de Belisario Betancourt e a guerrilla das FARC-EP en maio de 1984. Máis de 5.000 militantes foron asasinados polos organismos de seguridade e dos paramilitares, monstro creado polo Estado terrorista para esmagar calquera alternativa popular ameazante ao bipartidismo liberal-conservador.

Carlos Lozano, director do Semanario VOZ, órgano do PCC, tamén é o exemplo ilustrativo de como o Estado e os seus axentes do DAS-G3 lle facía seguimento continuo, feitos revelados nas carpetas comisadas pola fiscalía en febreiro de 2009 cando o escándalo das “CHUZADAS” explotou. Foi obxecto de sinistras montaxes de fotografías en situacións íntimas para o desprestixiar o colega, amigo e compañeiro. O motivo? Loitar toda a súa vida por unha Nova Colombia e facilitar a liberación dos prisioneiros de guerra.

E agora, os mesmos sectores fascistas asasinan o seu escolta, comunista e persoa humilde que daba a vida pola causa popular en Colombia.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com