Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Estrea do novo portal de GzVideos
25/04/2012
GzVideos 2.0 – Videoactivismo galego e audiovisual popular 

Este 24 de abril voltou á rede a plataforma independente de video-activismo e audiovisual popular GzVideos.info (Galiza Videos), que parte dunha compilación de máis de 1000 videos baixo o común denominador da súa relación coa comunidade nacional galega, en particular co activismo militante en prol dos dereitos sociais e revindicacións da clase traballadora. Todo isto nunha nova web completamente anovada, que clasifica os videos por categorías, permite a posibilidade de envío de materiais e incorpora unha sección wiki, ademais do proxecto “GalizaTV”. Poderáse acceder na url: gzvideos.info ou galizavideos.info

A continuar , un extracto dos nosos principios e obxectivos:

Defendemos un concepto de comunicación popular ligada a programas amplos de organización e acción política, social, sindical e cultural, procurando combater a distorsión e silenciamento a respeito das loitas e iniciativas que colisionan cos intereses do capital. Pretendemos afortalar a acción colectiva fronte os monopolios empresariais, que lexitiman as desigualdades e implantan a cultura do consumo, do egoísmo, da farándula, da banalización e da mentira, e que practican o imperialismo cultural.

GzVídeos conta con produción propia, mais non pretende converterse en emisora uni-direccional, se non que o seu obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa.

GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares. Os nosos obxectivos son:

• Democratizar o acceso á información
• Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular
• Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais
• Incrementar a capacidade real de participación política
• Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte aos medios que conformen e reproduzan a ideoloxía dominante
• Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza do sistema
• Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres
• Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo
• Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular.

A nivel ideolóxico:

• Posicionamento de clase en favor dos traballadores e traballadoras
• Defensa de Galiza como nación, así como da súa cultura e língua propias.
• Defesa do dereito de libre determinación e da construción do poder popular
• Difusión dos valores solidarios do internacionalismo e do antiimperialismo
• Afirmación das identidades oprimidas e subalternas no capitalismo (clase, xénero, nacionalidade) e protagonismo dos sectores e grupos sociais interesados en por en causa o statu quo

Que podes atopar en GzVideos?

• 1.000 videos agrupados nas categorías: “Clase traballadora«, «movementos sociais«, «soberanismo galego«, «divulgación e língua«, «internacionalismo«, «arquivo histórico«. (en constante actualización)
• GalizaTV. Reprodución contínua a pantalla completa dos mellores materiais audiovisuais
• WIKI. Sección en proceso constante de anovamento que conterá materiais formativos na teoría e práctica do video-activismo popular, historia do cinema e uso da plataforma
• Sección ENVÍA, onde podes achegar materiais para a súa publicación en GzVideos, sempre que se axusten aos criterios editoriais que acabamos de expor
• Blog. Artigos e destaques que realizará a equipa editora.

Ademais, todos os contidos textuais terán unha dupla versión, tanto na normativa ILG-RAG do galego, como en portugués (acordo ortográfico).

Pero isto non é todo. GzVídeos pretende ser unha iniciativa dinámica, que conte desde o primeiro día coas aportacións de todos e todas vós para lograr os seus obxectivos, establecendo un diálogo permanente non só coas organizacións e movementos, se non tamén cos seus militantes, para que adquiran conciencia da necesidade e potencialidades do video-activismo e da comunicación audiovisual popular, como parte dun proceso máis amplo de tranformación social dirixido a conquistarmos o poder popular.

GzVideos. Trasmitindo poder popular.
Apaga a TV, prende a túa mente!
contacto: info@gzvideos.info
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com