Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os Indiferentes, Antonio Gramsci
15/04/2012

Os Indiferentes
Antonio Gramsci

1ª Edición: La Città Futura, 11 de Febreiro de 1917


Odio os indiferentes. Como Friederich Hebbel, penso que “vivir significa tomar partido”. Non poden existir os apenas homes, estraños á cidade. Quen verdadeiramente vive non pode deixar de ser cidadán e partidario. Indiferenza é abulia, parasitismo, covardía, non é vida. Por iso odio os indiferentes.

A indiferenza é o peso morto da historia. É a bala de chumbo para o innovador, é a materia inerte en que se afogan decote os entusiasmos máis esplendorosos, é o foso que arrodea a vella cidade e a defende mellor do que as máis sólidas murallas, mellor do que o peito dos seus guerreiros, porque engole nos seus remuíños de lama os asaltantes, extermínaos, desaléntaos e, por veces, lévaos a desistir da xesta heroica.


A indiferenza actúa poderosamente na historia. Actúa pasivamente, máis actúa. É a fatalidade; é aquilo con que non se pode contar; é aquilo que confunde os programas, que destrúe os plans mesmo os mellor construídos; é a materia bruta que se rebela contra a intelixencia sufocándoa. O que acontece, o que se abate sobre todos, o posíbel ben que un acto heroico (de valor universal) pode xerar, non se debe tanto á iniciativa dos poucos que actúan como á indiferenza, ao absentismo dos outros que son moitos. O que acontece, non acontece tanto porque algún queren que aconteza como porque a masa dos homes abdica da súa vontade, deixa facer, deixa atar os nós que, despois, só a espada pode desfacer, deixa promulgar leis que despois só a revolta anulará, deixa subir ao poder homes que, despois, só unha sublevación poderá derrubar. A fatalidade, que semella dominar a historia, non é máis do que a aparencia ilusoria desta indiferenza, deste absentismo. Hai feitos que madurecen na sombra, porque poucas mans, sen ninguén a vixialas, tecen e atea da vida colectiva, e a masa non sabe, porque non se preocupa con iso. Os destinos dunha época son manipulados de acordo con visións limitadas e con fins inmediatos, de acordo con ambicións e paixóns persoais de pequenos grupos activos, e a masas dos homes non se preocupa con iso. Mais os feitos que madurecen chegan á superficie; o tecido feito na sombra chega á súa fin, e daquela semella que é a fatalidade que arrastra todo e todos, semella que a historia non é máis do que un xigantesco fenómeno natural, unha erupción, un terremoto, de que todos son vítimas, o que quixo e o que non quixo, quen sabía e quen non sabía, quen foi ativo e quen foi indiferente. Estes entón anóxanse, queren librarse das consecuencias, queren que se vexa que non deron o seu aval, que non son responsábeis. Algún choromican piadosamente, outros blasfeman obscenamente, mais ningún ou poucos fan esta pregunta: se eu tivese cumprido o meu deber, se tivese procurado facer valer a miña vontade, o meu parecer, tería sucedido o que sucedeu? Mais ningún ou poucos atribúen á súa indiferenza, ao seu escepticismo, ao feito de non ter dado o seu brazo e a súa actividade a aqueles grupos de cidadáns que, precisamente para evitaren ese mal, combatían co propósito de procurar o ben que pretendían.

A maior parte deles, porén, perante feitos consumados prefire falar de derrotas ideais, de programas definitivamente esboroados e doutras brincadeiras semellantes. Recomezan así a falta de calquera responsabilidade. E non por non veren claramente as cousas e, por veces, por non seren quen de ver excelentes solucións para os problemas máis urxentes, ou para aqueles que, embora requirindo unha ampla preparación e tempo, son aínda igualmente urxentes. Mais esas solucións son preciosamente infecundas; mais esa contribución á vida colecta non é animada por calquera luz moral; é produto da curiosidade intelectual, non do punxente sentido dunha responsabilidade histórica que quere que todos sexan activos na vida, que non admite agnosticismos e indiferenzas de ningún xéreno.

Odio os indiferentes tamén, porque me provocan tedio os seus laios de eternos inocentes. Pido contas a todos eles pola maneira en que cumpriron a tarefa que a vida lles impuxo e impón decotío, do que fixeron e, sobre todo, do que farán. E sinto que pode ser inexorábel, que non debo desperdiciar a miña compaixón, que non podo repartir con eles as miñas bagoas. Son militante, estou vivo, sinto nas consciencias virís dos que están comigo pulsar a actividade da cidade futura que estamos a construír. Nesa cidade, a cadea social non pesará sobre un número reducido, calquera cousa que aconteza nela non será debida ao azar, á fatalidade, senón a intelixencia dos cidadáns. Ninguén estará na xanela a ollar como un pequeno grupo se sacrifica, a se inmolaren no sacrificio. E non haberá quen estea na xanela agochado, e que pretenda gozar do pouco ben que a actividade dun pequeno grupo tenta realizar e afogue a súa desilusión vituperando o sacrificado, porque non conseguiu o seu intento.

Vivo, son militante. Por iso odio quen non toma partido, odio os indiferentes.  


1 Comments:
  • At 4/15/2012 01:37:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Este texto explica como pode ser que un tipo que vai cazar elefantes cos cartos de todos pode ser xefe dun Estado.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com