Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sobre a tregua na Siria, un artigo de Tamer Sarkis
27/04/2012

Tregua na Siria:
Os rebentadores incesantes do alto o fogo e o seu transfundo de racionalidade

Tamer Sarkis Fernández

A. As “noticias” do Canal 24h

Vergoña para Radio-Televisión Española nun novo acto de terxiversación, ao que estes asasinos audiovisuais saqueadores ousan cualificar de “noticia”.

Afirma o telexornal que «os observadores internacionais de Nacións Unidas exixen ao goberno a fin da violencia na Siria, e máis após o último masacre perpetrado».

Mais hai un “detalle” que a “noticia” omite. Os propios observadores “internacionais” non desmentiron até a data os tres seguintes datos estatais:

1. Desde a súa entrada en vigor, o “Alto o Fogo” foi violado con máis de 1.000 accións ofensivas de disparo por parte do Hampa de delincuentes que se fan chamar “rebeldes” e “Oposición militar”.

2. No último mes, esta Mafia proliferou nos seus secuestros á poboación civil, levada por motivos económicos de lucro e financiamento á súa infraestrutura. Seica agora hai sacarlle os cartos ás familias, nova “táctica” que en última instancia responde á parcial retirada de subministros “orzamentarios” por parte das Potencias imperialistas orquestradoras (máis unha vez constatamos que a partir de certo momento “Roma non paga Traidores”).

3. Non paran de penetrar na Siria –dispostos a acometer as súas incursións- suxeitos armados procedentes da Libia (17 foron neutralizados hai uns días cerca de Latakia). Así como tunesinos e exipcios, mentres os seus gobernos neo-islamitas pos “revolución primaveral” fan a vista grosa ás razzias. Eis os Gobernos terroristas a quen os Pobos, e non as súas pálidas falsificacións espectaculares, terán de axustizar nun futuro de xenuína consciencia.


Perante o Panorama real percibido hoxe polos observadores, Kofi Annan fai como quen non ve ao tempo que o Organigrama de filtrado de Nacións Unidas impermeabiliza a súa Axenda de Actuación a respecto de datos incómodos. Con todo, aí están, e “non hai máis cego que quen non quere ver”. Quen desde Televisión Española ou o seu Alto Cargo nas Nacións Unidas e dedican a cegar a “opinión pública, poden continuar coa súa sinistra comedia exixíndolle ao Goberno sirio a maxia e milagres de (textualmente) «garantir a fin da violencia». E como se supón que vai facelo? O Exército responde porque ten de protexer as vítimas desa cuadrilla de mafiosos asasinos con sponsor.

Mais ese é, na realidade, o Plan: como o Goberno sirio tería que seguir “reprimindo”, e así o “revelan” as “noticias” de TVE entre centos doutros cómplices xornalísticos, a «misión ONU de pacificación” non pode continuar levándose a cabo só con observadores civís», polo que habería que chegar a “outro grao”. Polo momento, e en consecuencia, as primeira decenas de Boinas Azuis da Nacións Unidas operan xa no chan sirio.

Pola súa parte (e reflexiónese verbo do seguinte dato), dos 300 observadores civís proxectados chegaron só 7 (5 máis 2 observadores chineses chegados onte 25 de abril), sen que por suposto comezara aínda a inspección nin menos a confección de informes. Condicións de neonata, pois, ten a Misión de Nacións Unidas, o que non é óbice para que o francés Alain Juppé exclame textualmente que... «A Misión Civil na Siria fracasou». Pódese ser xa máis cínico canto a facer valer o Plan que a priori se ten na Axenda? Pódeselle a alguén ver máis o rabo?

B. Que “Alto o Fogo” pode o propio Fogo?

Para as bandas e os seus titeriteiros, as armas non son un medio de forza cara ao diálogo político sirio entre presuntas “partes”, senón un chanzo no Proxecto foráneo de destrución nacional/domesticación política.

Na súa profundidade, a Categoría xurídico-militar de “Alto o Fogo” aplicada a este preciso contexto sirio, non deixa de ser mistificación semántica de seu. A súa propia substancia de significado non é outra cousa que podremia confusionista. Pois está fóra de todo lugar de realidade “chegar a un alto o fogo” con quen ingresan as cifras na súa franco-británica ou na súa franco-saudita Conta Corrente xunto á mensaxe financeira “lume a Siria e que arda”.

Así pois, a violación reiterada do chamado “marco de Alto o Fogo” pon encol do tapete –máis profundamente a motivacións volitivas e alén de fanatismos motrices- a cuestión de cal é a Entidade destes armados:

Pode crer alguén seriamente que unha organización que tivera realmente carácter militar, con ligazóns consolidadas entre certo fragmento da poboación siria e representando no plano militar os intereses de certas fraccións de clase –por exemplo á pequena burguesía mercantil, á burguesía comercial, á pequena burguesía teolóxica...-, ía dedicarse a sabotar incansabelmente unha tregua chegada no medio dos serios e regulares reveses que esa mesma organización leva sufrindo?

A resposta a esta escandalosa contradición é a seguinte:

Aquilo que os medios como TVE urdiron en chamar exército sirio rebelde, exército libre da Siria, pobo rebelde da Siria e fórmulas semellantes, non é na realidade nin exército, nin é libre, nin por suposto tampouco é sirio.

Os exércitos non son outra cousa que dispositivos materiais a traduciren ao plano da violencia as relación inter-clase cando estas chegaron ao grao de se desenvolveren conscientemente segundo a natureza política no fondo inherente aos antagonismo de clase, ás necesidades de clase e aos seus intereses. Mais a este curioso “exército”, quen violou máis de mil veces a tregua desde o seu inicio, non amosa ningunhas ganas de ter un marco de diálogo ou de negociacións que serviran para sentar as bases a “novos graos de apertura política”. Quere dicir, que servira para pór as bases a prol dunha remodificación do sistema xurídico-institucional con que posibilitar asumir poder político ás fraccións clasistas cuxos intereses representaría a suposta “organización militar”.

Por que este actuar desmarcada de tender cara a propia “formalización Política como forza” e consecuentemente desmarcada da tregua que sería a atmosfera permisiva a tal acceso?:

Pois porque o carácter de clase obxectivo que se agocha tras estes armados non se sitúa na Siria, senón fóra, e porque a tal clase determinante –a Burguesía Monopolista de Estado imperialista- lle importa unha landra facerse con máis ou menos cotas de poder político. O que necesita o imperialismo é O Poder Político como tal na Siria, e esa Súa Ditadura que o Capital financeiro ten por finalidade non pode edificala, obviamente, desde ningún marco de diálogo e desde ningún proceso de “abertura política”: o imperialismo sabe perfectamente da natureza antagónica entre si e calquera marco político nacional de concorrencia/loita/distribución/articulación entre as clases. Na súa racionalidade tanto económica como xeopolítica, Siria élle “todo ou nada”: non hai lugar para o consenso. 

Esta racionalidade exterior de natureza maniquea só pode realizarse no interior a través de tres conxuntos actoriais armados, a quen tanto lle dá como tanto lle ten os estragos civís e produtivos consecuentes ás súas accións.  

Ás avesas, a única encomenda feita a tales tres actores é a de tensar cada vez máis a corda destrutiva a dispor así a “Revelación solucionadora”, que debe correr a cargo da “Comunidade Internacional”, para chegar finalmente, da man desta, a baleirar nacionalmente Siria e a súa completa anexión ordenada ao Mundo-Circuíto as Burguesías Financeiras Imperialistas. Mundo-Circuíto onde países e Pobos operan como chips transmisores de enerxía cara ao altar mammónico da deposición/reinvestimento de capitais. Procede volver sinalar o botón de mostra: estamos a ver xa o despregue incipiente de Boinas Azuis na Siria.

Tales grupos actoriais armados executores son:

1) Os mercenarios estranxeiros (desde ianquis até afgáns, pasando por turcos e franceses) avituallados até os dentes;
2) O lumpen, criminais, exconvictos traficantes de máis ou menos sonada e delincuentes pagados, quen fan de avanzada como carne de pataqueira do Imperialismo, mais quen xogan un papel por coñecedores dos marcos físicos en que o primeiro grupo ten que se desenvolver;
3) Elementos desprendidos de entro os oficiais militares con aspiracións a burguesía militar-burocrática, quen non representan, obxectivamente e a última instancia, máis que si mesmos, ao Imperialismo que os patrocina e ás “oposicións” con aspiracións oligárquicas e sita en Europa (elementos na Franza, na GB, no Estado español reunidos hai poucos meses en Madrid coa daquela ministra Trinidad Jiménez, etc.).

C. Guerra Civil entre franxas de clases con exércitos respectivos? Ou Nación acosada por mandas ausentes de representaren no profundo ningún transfundo clasista ou policlasista nacional?

En resume:

Téndose chegado a un Alto o Fogo, rebentalo a diario por estes boicoteadores é un acto que ben sería Irracional desde calquera óptica de cálculo de beneficios sectoriais. E máis a ter en conta o curso dos acontecementos, que lles é marcadamente desfavorábel.

De sabermos “ler entre liña”, este acto manifesta que non estamos perante ningunha “Guerra Civil” definida como proceso onde dous ou máis grupos de poboación nacional confrontan no plano militar o antagonismo dos SEUS intereses materiais POLÍTICOS de clase e, por conseguinte,  de cosmovisións e ideoloxías. Xa que, contrariamente ás películas dos medios, a contradición principal que hoxe se traduce como proceso “sirio” non é contradición en última instancia enmarcada na Siria, e nin moito menos no conxunto de relacións interclase de ámbito sirio.

Por iso, calquera propósito honesto de pacificación (xa proposto polo Voceiro do Goberno sirio na propia ONU) orientado a desprazar a contradición política desde o Plano da violencia armada cara a un Plano político electivo “máis aberto” ou ben cara a un Plano político de conciliación e consenso, é un propósito que racha de raíz os plans da “Operación armada”. Pois esta, ao non representar ningunha base social ou clasista, senón á camarilla exterior de candidatos sirios a fundaren Oligarquía dependente do Imperialismo, é unha “Oposición” suspendida no ar, moi limitada para entroncar coa base social da Siria. É pura pantalla privada de substancia e que, por tanto, nacería político-electivamente morta no seu contexto de férrea consciencia nacional-popular como é a sociedade siria tomada na súa esmagadora maioría (véxase o cariz das manifestacións masivas no curso de máis dun ano de asedio fascista-entreguista exterior/interior).

E a toda esta descrición hai que matizar aquilo relativo a acuñar un sistema político “máis aberto”:

Referíame, claro, a “máis aberto” como para que puideran optar a concorreren nel este vehículos dos intereses imperiais antinacionais. Posto que, de seu, Siria goza xa dun sistema político aberto, mais ao Pobo: Siria prepárase para as Eleccións de maio, onde se presentan máis de sete mil candidatos para pouco máis de 120 escanos, dos que 80 están reservados a comités obreiros e campesiños. Con que catadura afirma a “nosa” prensa que “Siria é unha Ditadura”? E, emporiso, lembremos: non existe a “Democracia” abstracta ao seu propio carácter de clase: á “nosa” prensa ampáralle a democracia do Capital financeiro (Ditadura sobre os países oprimidos do Mundo), a pretender absorber tamén  Siria. E a democracia siria é indisociabelmente Ditadura popular contra esa Ditadura oligárquica.

O que hai verdadeiramente, lonxe de ser “fogo bélico” nos seo dunha “poboación civil bipolarizada”, é unha mal chamada “parte” cuxa composición Directiva non se vincula a Siria agás no uso que realiza de actores clasistas terceiros sirios que non lle son a ela máis que vehiculares. Unha “parte do conflito” cuxas metas non son realmente dar cabida política na Siria a esas fraccións interiores de clase de que se sirve, e que por tanto como “parte” non teñen nada que negociar.

Unha “parte” á que non lle importa nada o sangue vertido; e o que menos lle importa é o sangue dos seus mobilizados interiores, pois esa “parte” mesma non pertence a aquelas fraccións de adeptos ou de seducidos, nin ten ningún vínculo nacional con eles (nin sequera vínculo de clase no plano interior sirio).

Ás avesas: trátase dunha parte cuxa función especializada é causar sangue até que o sangue chegue ao río premeditado da apropiación anglo-sionista da Siria planificada polos seus espantallos da Nacións Unidas.

Segundo tales consideracións, podemos chegar a desentrañar finalmente a Entidade dos presuntos exércitos representados como “rebeldes” no chan sirio:

A. Non son ningún Exército: Os oficiais sirios que o representan avalados coa película xornalística da “deserción militar” da “incorporación civil rebelde á oficina militar de grao baixo ou medio”, son na realidade homes de palla sen marxes de directriz. Os únicos Exércitos que compoñen esa mal chamada “parte”, e que comandan de xeito latente, son moi outros: US Army, Exército francés, turco, británico, israelí... Aí deben buscarse os oficiais de facto.

B. Polo mesmo, non é “Libre”: Contra a película xornalística relativa ao recrutamento voluntario das súas tropas de base entre soldados rasos “desertores” e entre “civís que conseguiron autoarmarse” e formaron un exército, o groso de composición real corresponden a camadas a soldo e adestradas en campos turcos, libios, qatarís...  E quen si son soldados procedentes de estruturas militares non son precisamente sirios, senón turcos, franceses, e soldados USA incorporados pola empresa Black Water sobre todo desde chan iraquí.

C. Este non-exército non-libre tampouco é “da Siria”: embora ser certo que varias fraccións entre a pequena burguesía mercantil e relixiosa, entre a burguesía comercial siria e entre a burocracia siria cos ollos postos sobre a acumulación de terreos e chan, son fraccións moi interesadas –e afanadas- na vitoria desta pseudo-insurrección, o certo é que os maiores beneficiarios, financeiros e “recrutadores” do dispositivo “militar” son actores foráneos ao marco nacional (non falamos xa de marco patriótico ou de marco popular). Eses actores deben ser buscados noutras latitudes, a empezar por Tel Aviv.

Os profesionais que preparan, montan, editan, escriben e len sen disentiren e sen obxectaren noticias como a da noite de onte en TVE (contra a loábel dimisión de xa varios xornalistas de Al-Jazeera, por motivos de consciencia), son asasinos puros e duros. Eles poñen voz de mágoa dando a crónica da “falta de respecto gobernamental polo alto o fogo e a intensificación, por iso, das presións emitidas por Kofi Annan”. Cando certamente coñecen que esa súa lacrimóxena voz xornalística  está inserida naquel marco discursivo que é ferramenta imperialista para continuar máis un día co seu despregue de sangue sobre Siria e de bágoas de sangue. Un día os Pobos tratarémolos polo que son.



0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com