Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A respecto dun programa especial sobre Siria na Cadea SER
08/04/2012
Madialeva

En rematando a sintonía que abre o programa especial que a Cadea SER lle dedica ao primeiro aniversario da “revolución” siria, a voz da presentadora principia a recitar a lección ben aprendida de medias verdades e mentiras puras, adubado todo cunha boa dose de demagoxia e estudadas pausas dramáticas para acrecentar a maldade conxénita duns e o altruísmo anxelical dos outros. Como un Mago Antón do xornalismo mercenario, a botar man da arte de predistixitación, a locutora, a locutora CRIMINAL con todas as letras, e quen de converter en verdugo á vítima e en guerrilleiros do Movemento 26 de Xullo a espiritados asasinos sectarios e mercenarios de toda condición.

A presentadora dá paso durante as horas que dura o programa otanista (ou onanista, termo máis acaído para Santiago Alba Rico e demais tropa) a un nutrido grupo de “expertos” (desa clase de “expertos” que tan só un ano atrás terían dificultades para situaren Siria nun mapamundi); xornalistas teledirixidos que, após dúas horas nas fronteira turca ou xordana, se transforman en lexítimos voceiros das arelas de todo o pobo sirio; e, vaites!, presuntos exiliados sirios cuxo amor á Patria é tan elevado como para non perderen a oportunidade de imploraren á OTAN/ONU/UE unha treboada de bombas sobre vilas e cidades sirias.

Tanto pluralismo marea. Tanta deontoloxía xornalística provoca espasmos. Son os mesmos malnacidos que colaboraron, a tunearen a realidade para edificaren un imaxinario colectivo cimentado na falsificación, no masacre de milleiros de libios.

En calquera caso, litros de sangue dabondo como para inclinaren a balanza da romana que algún día a necesaria e agardada xustiza popular ha de usar.
3 Comments:
  • At 4/09/2012 10:24:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Entiendo que te cause indignación escuchar un programa de radio como el que dices,pero ¿qué se puede esperar de esa cadena de radio,prensa y TV? yo mismo contesto :manipulación;con todo lo que dicha palabra conlleva en el sentido más negativo del término.Un saludo.

     
  • At 4/09/2012 01:49:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    E o CARRILLO colaborando nesta radio FASCISTA-IMPERIALISTA.

    Cada un cos seus.

     
  • At 4/09/2012 06:31:00 da tarde, Anonymous Negradas said…

    Si, o Carrillo e o Martín Villa, os dous lados da mesma moeda, que participan neses "debates" que buscan que a xente non saia do rego, do rego de miseria que marcan os capitalistas.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com