«Os comunistas deben consagrar todos os seus esforzos en dirixiren o movemento obreiro e o desenvolvemento social en xeral polo camiño máis recto e rápido cara a vitoria mundial do Poder soviético e da ditadura do proletariado. É unha verdade indiscutíbel. Mais abonda un pequeno paso máis alén –malia semellar na mesma dirección- para que esta verdade deveña en erro. Abonda con dicirmos, como fan os comunistas de esquerda alemáns e ingleses, que non aceptamos máis que un camiño, o camiño recto, que non admitimos as manobras, os acordos, os compromisos, para que sexa un erro que pode causar, e que xa causou en parte e segue causando, os máis serios prexuízos ao comunismo. Os doutrinarios de dereita obstináronse en non admitiren máis que as formas antigas, e fracasaron totalmente por non se decataren do novo contido. Os doutrinarios de esquerda obstináronse en rexeitaren incondicionalmente determinadas formas antigas, sen veren que o contido novo se abre paso a través de todo tipo de formas e que o noso deber de comunistas consiste en facernos donos de todas elas, en aprendermos a completar coa máxima rapidez unha con outras, en substituírmolas unhas polas outras, en adaptarmos a nosa táctica a todo cambio deste xénero, suscitado por unha clase que non sexa a nosa ou por uns esforzos que non sexan os nosos.»
- Lenin, A Enfermidade Infantil do "Esquerdismo" no Comunismo
«O medio máis seguro de desacreditar unha nova idea política e prexudicala, consiste en levala até o absurdo so pretexto de defendela. Pois toda verdade, de obrigala a “sobrepasar os límites”, de exaxerala, de estendela alén dos límites onde é realmente aplicábel, pode ser levada ao absurdo.»
- Íbid.
|
magníficas as citas coma non podía ser menos e magnífica a foto.