Esculca
Mais unha vez a administración do estado, neste caso a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, decidiu limitar o exercicio do dereito de reunión a un colectivo cidadán alegando como único motivo razóns de tipo formal. Foi á plataforma BDS-Galiza, que pretendía denunciar as políticas xenocidas e a limpeza étnica que Israel pratica contra o pobo palestino.
A plataforma BDS-Galiza comunicara o pasado día 18 a sua intención de realizar unha concentración o día 21 às 20:00 horas na entrada do Auditorio do Areal de Vigo, onde está previsto que pronuncie unha palestra o embaixador de Israel no Reino de España.
Ese mesmo día, às 11 da noite, membros da Policía Nacional entregaron à representante da plataforma escrito en que a Subdelegación do Goberno notificaba que "ten por non comunicada dita celebración por ter sido presentado o escrito fora de prazo".
A Subdelegación do Goberno parece ignorar que un óbice puramente formal como incumprir o prazo de comunicación non pode limitar o exercicio dun dereito fundamental, a non ser que ese incumprimento formal teña transcendencia material, como sería o caso, por exemplo, se esa circunstancia impedise a autoridade gobernativa tomar as medidas de seguridades necesarias para garantir o normal desenvolvemento da reunión, o que manifestamente non ia acontecer. |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.