Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Liberdade dos Pobos e o Socialismo
06/05/2012
A LIBERDADE DOS POBOS E O SOCIALISMO
04/05/12

A nación é un fenómeno histórico que nace co capitalismo e que está supedita ás regras xerais do desenvolvemento das sociedades humanas. Non é un ente inmutábel e eterno, senón que posúe unha base material comprensíbel. Para nos entendermos, non é posíbel definirmos conceptualmente a nación vasca, sen antes analizarmos polo miúdo as relacións económicas, políticas e sociais que rexen o desenvolvemento desa comunidade, a súa cultura, a súa historia e cal é a significación histórica que como nación oprimida ten o pertencer a dous Estados diferentes. En definitiva, a nación debe a súa existencia a leis obxectivas e materiais.

A respecto das leis que rexen a existencia nacional, podemos dicir que a nación é un ámbito en que se producen e reproducen tanto o capital como a forza de traballo, en que se producen e reproducen as forzas produtivas e as relacións de produción. Por tanto, a nación é un ámbito en que se producen e reproducen as clases a e loita de clases. Así entendida, a nación é un conxunto de condicións de produción. Xa que logo, a nosa nación, a vasca, é unha realidade obxectiva e para poder falar da súa emancipación, debemos falar do contexto económica e social en que as persoas que forman parte desa nación desenvolven a súa propia existencia, de como emanciparmos a clase social á que pertencemos, e de como se vai desenvolver o programa político que culminará coa superación da opresión de clase e coa independencia real de Eukal Herria. Resulta ridículo inclusive formular a emancipación de Euskal Herria sen termos en conta os intereses da maioría, a clase obreira vasca. Porque non se pode falar de soberanía de maneira abstracta sen definir a quen nos referimos cando falamos desa soberanía e de como será ese escenario soberano como aposta estratéxica.


Adoptar vías intermedias, como a dun Estado moderno independente para avanzar cara ao socialismo en Euskal Herria, é adoptar posición claudicantes perante os intereses da burguesía vasca, calquera que sexa o seu tamaño e rango social, e non deixa de ser un proxecto acientífico e carente de rigor. O problema nacional é parte do problema da revolución, é dicir, indisolúbel á loita de clases. O aspecto nacional está supeditada ao aspecto social. Non posúen ritmos diferenciados e a cuestión nacional non se desenvolve máis rápido que a social.

A emancipación como estratexia de clase e a soberanía como estratexia nacional son a maneira correcta de entendermos a dialéctica que de dá entre a contradición nacional e a loita de clases, mais todo isto está supeditado a que a clase obreira, a clase que quere de debe emanciparse como suxeito motriz do proceso de liberación nacional, dispoña das ferramentas que lle posibiliten cumprir as tarefas que a historia lle designa como clase social oprimida.

Por que dicimos que a clase obreira necesita a súa organización independente para acometer estes labores? Porque non se pode obviar a composición das clases sociais para organizarse e despois aparecer como defensor da clase obreira desde posicións interclasistas.

Para alén, é necesario analizarmos de maneira profunda cal é a composición económica e política de Euskal Herria dentro dos Estados español e francés, e que posicións ocupan eses Estados a nivel económico e a nivel político internacional na estrutura do imperialismo. Será o desenvolvemento desa composición económica e a evolución desa posición política o que influirá de xeito determinante na táctica a tomar a respecto da loita pola liberación nacional e pola emancipación como clase social oprimida.

Nós defendemos que non se pode falar da unidade sen falarmos das regras xerais do desenvolvemento da sociedade e a necesidade de articularmos sobre a base da existencia de clases sociais as respostas para a transformación e superación do capitalismo. Quere dicir, falar de unidade, máis unha vez, sen formular como organizar a clase social maioritaria de Euskal Herria, é falar de unidade no abstracto.

Equiparar a clase obreira vasca con Euskal Herria e os intereses como nación oprimida á existencia dun Estado vasco é ver o bosque e non as árbores, e ademais é ocultar a cuestión principal: a nosa condición de pobo oprimido, entre dous Estados opresores, mais nun momento concreto de desenvolvemento económico e social, chamado capitalismo. Outrosí, para emanciparmos á clase obreira vasca, é necesario recoñecermos que o suxeito revolucionario é esa mesma clase obreira, e o contrario é aceptarmos que serán outras clases sociais as que asuman o liderado do proceso de liberación nacional.

Por tanto, entendemos que non se pode falar de emancipación sen falar de socialismo e sen falar claramente do imperialismo, da significación histórica do Estado como elemento de dominación, da superación e desaparición das clases socias e de cal é a clase social chamada a liderar o proceso de liberación nacional deste pobo.

A rematarmos, coidamos que é unha irresponsabilidade deixarse enredar en vías intermedias, porque o que encerran é un elemento político sumamente perigoso, como é a chamada a que a clase obreira e os pobos abandonen a loita pola conquista do poder e fagan súas as exixencias de retornar ao chamado Estado de Benestar, impulsado seis décadas atrás pola burguesía como mecanismo de acumulación e desenvolvemento capitalista para enfrontar a crise que daquela minaba o sistema e como medida política para enfrontar un florecente socialismo que atraía a atención das masas.
2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com