Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O crime de Gaddafi, un artigo de Stephen Gowans
09/05/2012

O crime de Gaddafi: pór a economía da Libia ao servizo dos libios 

Stephen Gowans
What's left 

«As compañías petroleiras están controladas por estranxeiros que gañan millóns con elas. 
Agora, os libios deben beneficiarse deste diñeiro» 
Muammar Gaddafi, 2006


A edición do 5 de maio de The Wall Street Journal achega probas, adicionais as que xa existen, de que a intervención militar da OTAN do pasado ano sobre Libia tivo a súa orixe nas obxeccións ás políticas económicas do Goberno de Gaddafi.

Consonte o xornal, as compañías privadas petroleiras mostraron a súa indignación coas medidas favorábeis a Libia que negociaba o Goberno de Gaddafi, e «un agardado cambio de réxime na Libia... significaría un alivio pensando nas difíciles condicións resultantes dos acordos de asociación» coa compañía petroleira nacional da Libia.(1)

«Durante décadas, moitas compañías europeas desfrutaron de acordos que lles garantían a metade do petroleiro producido na Libia. Algunhas grandes compañías petroleiras esperaban que o país se abrira máis aos investimentos despois de que Washington levantase as sancións en 2004 e que os xigantes estadounidenses volvesen entrar na nación norteafricana.

Mais nos anos seguintes, o réxime de Gaddafi renegociou a participación destas compañías en cada campo petroleiro, pasando do 50 ao 12%.

Xusto despois da queda do réxime, varias compañías petroleiras estranxeiras expresaron a súa esperanza en mellorar os acordos existentes e en máis atractivos para os contratos futuros. Entre as compañías que manifestaron a súa esperanza en poder ampliar a súa presenza na Liba estaban a francesa Total S.A. e a Royal Dutch Shell.

“Vemos Libia como unha grande oportunidade baixo os seus gobernantes”, dixo nunha entrevista en novembro Sara Akbar, xerente do compañía privada Kuwait Energy. “Con Gaddafi, estabamos fóra de xogo”, por mor dos “moi duras condicións”, engadiu Akbar.»(2)

O Journal sinalara ao principio as “duras” (léase favorábeis a Libia) condicións que o Goberno de Gaddafi impuxera ás compañías petroleiras estranxeiras.

«Baixo un nove e estrito sistema coñecido como EPSA-4, o réxime avaliaba as ofertas das compañías a ter en conta a porcentaxe da produción que deixarían na Libia. Os elixidos adoitaban comprometerse a entregar máis do 90% da súa produción á NOC (Compañía Petroleira Nacional, de propiedade estatal libia).

Libia mantiña as súas xoias da coroa lonxe do alcance das gadoupas estranxeiras. Os enormes campos de petróleo, que representaban a maior parte da produción, permanecían en mans das compañías públicas libias.

Inclusive as empresas que levaban moito tempo recibían un trato exixente. En 2007, as autoridades empezaron a obrigalos a renegociar os seus contratos, seguindo as condicións do sistema EPSA-4.

Unha vítima foi o xigante enerxético italiano Eni SpA. En 2007, tivo que pagar 1 millón de dólares en bonos para poder ampliar a súa estadía na Libia até 2042. Tamén viu como a súa cota de produción baixou de entre 35 e 50% -dependendo co campo petroleiro que se tratar- ao 12%.»(3)

As compañías petroleiras tamén viron como as autoridades libias «estipularon que as compañías estranxeiras tiñan que contratar a libios para os principais postos».(4)

En novembro de 2007, o Departamento de Estados dos EUA advertía que eses «que teñen o liderado político e económico na Liba están a levar a cabo políticas cada vez máis nacionalistas no sector estratéxico» e que «as mostras de nacionalistas sobre os recursos medraban na Libia».(6)

O Goberno de Gaddafi obrigara ás compañías petroleiras a dar ás súas filiais locais nomes libios. Aínda máis, «as leis laborais foron emendadas para “libianizar” a economía», é dicir, facela favorábel aos intereses dos libios. As empresas petroleiras «foron presionadas para contrataren administradores, axentes financeiros e directores de recursos humanos libios».(7)

The New York Times resumiu as obxeccións do Occidente. «O Coronel Gaddafi –dixo o importante xornal estadounidense- demostrou ser un socio problemático para as compañías petroleiras internacionais, subindo acotío taxas e impostos e demandando outras cousas.»(8)

Sen dúbida, isto non demostra que as obxeccións das compañías petroleiras privadas e do Goberno estadounidense ás políticas económicas pro-libias de Gaddafi foron a causa da intervención militar da OTAN para derrocar o Goberno de Gaddafi. Mais si constitúen un feixe de evidencias que apuntan nesta dirección.

Primeiro, podemos descartar a insistencia occidental nunha alianza militar por motivos humanitarios. Cando se intensificaron os conflitos civís na Libia, unha alianza das monarquías petroleiras liderada por Arabia Saudita enviou tanques e tropas para esmagaren o levantamento en Bahrein. Os Estados Unidos, Inglaterra e Franza –os líderes do ataque a Libia- non fixeron ren para pararen a violenta represión en Bahrein. Resulta significativo que Bahrein sexa o fogar da Quinta Flota estadounidense. Igualmente significativo é que as súas políticas económicas –a diferenza das de Libia so Gaddafi- son deseñadas para beneficiaren os inversores estranxeiros.

Segundo, sen ningunha excepción, los países que son albo dos esforzos occidentais para cambiar os seus réximes –Corea do Norte, Siria, Venezuela, Cuba, Cimbabue, Bielorrusia, Iran- situaron os intereses dunha parte da súa poboación, ou de toda ela, por riba dos intereses das compañías e inversores estranxeiros. É certo que as políticas da India, Rusia e China son até certo punto nacionalistas e, aínda así, eses países non soportan as mesmas medidas de presión para que cambien os seus réximes, mais son demasiado poderosos para ser conquistados polos EUA e os seus aliados sen un enorme gasto de sangue e diñeiro. O Occidente apunta aos febles.

Finalmente, os gobernos occidentais están controlados polos grandes inversores e corporacións. A dominación financeira e empresarial dos Estados ten lugar de diversas formas: presión, compra dos políticos a través do seu financiamento e de promesas de lucrativos traballos para cando deixen a carreira política; financiamento de “grupos de opinión” para que guíen as políticas gobernamentais; e a promoción de executivos e avogados empresariais para os postos clave no Estado. Esperar que a política exterior estea guiada polas preocupacións humanitarias e non polos intereses lucrativos das compañías petroleiras, fabricantes de armas, exportadores e empresas de enxeñería que buscan contratos de infraestruturas e reconstrución, é ignorar a enorme influencia que as grandes finanzas e os grandes negocios exercen sobre os gobernos occidentais.

Nalgunhas partes do mundo, as cousas funcionan doutro xeito. Alí, os gobernos deseñan as súas políticas económicas para servir os seus cidadáns, no canto de organizar o traballo, os mercados nacionais e os recursos naturais para serviren as corporacións e inversores estranxeiros.

Por se negaren a entregar a vida dos seus cidadáns para o enriquecemento dos titáns das finanzas estranxeiras e os xigantes da industria, estes países están obrigados a pagar un prezo. Os seus dirixentes son vilipendiados pola propaganda difamatoria e ameazados con accións xudiciais nos tribunais penais internacionais fundados e controlados polos gobernos occidentais; son albo de bloqueos e sancións económicas de cuxos catastróficos efectos teñen a culpa a “mala xestións” e as “erradas” políticas económicas, e cuxo obxectivo é que a propagación da miseria xeneralizada entre a poboación faga que este se levante contra os seus gobernos; créanse quinta columnas co financiamento e apoio occidental para deseñar un cambio de réxime desde dentro; e a omnipresente ameaza da intervención militar é constante como presión para que os gobernos destes países deixen de situar os intereses da poboación en primeiro termo.

Os pecados de Gaddafi non consistiron en crimes contra a humanidade, senón accións ao servizo da poboación. A súa reputación destruída, o seu Goberno derrocado, o país asediado desde o exterior e desestabilizado desde o interior, a súa vida terminou por ousar promulgar unha idea radical: pór a economía ao servizo da xente do seu país, no canto de pór a xente do seu país e os recursos naturais ao servizo dos intereses mercantís estranxeiros. 

Notas:

 1,2. Benoit Faucon, “For big oil, the Libya opening that wasn’t”, The Wall Street Journal, 4 de maio de 2012
3, 4. Guy Chazan, “For West’s oil firms, no love lost in Libya”, The Wall Street Journal, 15 de abril de 2011.
5,6,7. Steven Mufson, “Conflict in Libya: U.S. oil companies sit on sidelines as Gaddafi maintains hold”, The Washington Post, 10 de xuño de 2011
8. Clifford Kraus, “The scramble for access to Libya’s oil wealth begins”, The New York Times, 22 de agosto de 2011.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com