Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O xefe dos observadores da ONU dá un desgusto a Obama: «O Exército sirio non violou o alto o fogo»
04/05/2012
04/05/12

O xefe dos observadores da ONU saíulles “cuba de ameneiro” a Hillary Clinton, Obama e Sarkozy, ao declarar que o exército sirio non violou o alto o fogo reclamado polo organismo internacional.

Este responsábel non é outro que un xeneral noruegués, Robert Mood, quen estimou onte quinta feira que «Cando dous individuos empregan armamento, o primeiro en deixar de disparar ten de ser o máis poderoso. Quen deu ese paso? Para min é evidente que foi o exército sirio o primeiro en facer calar as armas».

Un terríbel desgusto para a prensa internacional ao servizo da mentira, que pode custarlle caro a tan nobre uniformado.

Lembro que os observadores que chegaron a Iraq para “comprobaren” a existencia de armas de destrución masiva, regresaron a Nova York afirmando que non había a menor pegada delas. Foron cesados de inmediato.

O xeneral Mood, nunha conferencia de prensa que tivo lugar na castigada vila de Homs, indicou que as autoridades sirias non puxeran a menor obxección a que o numeroso grupo de observadores se desprazase por onde quixer.

Os filósofos que aplaudiron os masacres da OTAN na Libia e claman por unha mesma acción contra Siria, non están para festas.

O responsábel dos observadores dixo máis: «O punto de partida da nosa misión foi o compromiso explícito e claro de que as dúas partes enfrontadas debían mostrar a súa vontade inequívoca de atenuaren e deteren toda violencia. E debo dicir que nos lugares onde investigamos, constatamos os esforzos do Goberno sirio neste aspecto. Un dato máis que positivo», declarou o militar noruegués perante o abraio da prensa internacional.

1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com