Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Reforma Laboral no seu pleno esplendor: Despedimentos en Touro por “posíbeis perdas” da empresa.
17/05/2012

Despiden 41 obreir@s en Touro en base a posíbeis perdas futuras da empresa

Corenta e un traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa despois de se executar o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en previsión de perdas futuras.

Francisco Gómez e Cia é un grupo dedicado cen por cen á construción de obra pública que xestiona ademais os terreos da mina de Touro. Eduardo Sebio, da CIG-Construción explica que nos últimos anos obtivo, pola súa actividade, uns beneficios millonarios e denuncia que agora, aproveitando a reforma laboral e alegando supostas perdas futuras pola falta de carga de traballo, decidiu aplicar un ERE que deixa na rúa a 41 traballadores.

Sebio denuncia que a actitude desta empresa, non só é inadmisíbel cos traballadores -algúns deles levaban até 20 anos traballando para ela- senón tamén reprobábel do punto de vista ecolóxico e social.

Francisco Gómez e Cia ao facerse coa xestión dos terreos da mina de Touro asumiu a obriga de rexenerar a zona afectada pola actividade mineira. Porén, o representante da CIG-Construción asegura que no canto diso, o que fixo foi aproveitalos como vertedoiro para botar lodos de depuradora, restos de conserveiras ou cunchas. “A acumulación de restos provoca uns cheiros insoportábeis e mesmo contaminou o río Lañas e o regato de Brandelos”.

O representante da CIG-Construción considera que até o de agora, a empresa conseguiu acalar os veciños, malia estas prácticas, porque moitos deles, que agora son despedidos, dependían economicamente da súa actividade.

A explotación da mina de Touro podería reabrirse se os estudos iniciados son satisfactorios. De feito, unha multinacional, Lundin Minig Corporation, asinou recentemente un acordo de opción de compra. De facerse efectiva a adquisición, a operación reportaría até 60 millóns de euros á construtora. “Isto fai aínda máis inxustificábel que se aleguen perdas futuras e se despida  41 traballadores”.


0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com