Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

28 de xuño: Xornada de Loita na comarca de Ferrol
07/06/2012

Avantar
 CIG de Ferrol convoca unha xornada de loita comarcal o vindeiro 28 de xuño

A central convoca unha folga de seis horas (de 09:00 a 14:00 horas), marchas dende os polígonos e unha manifestación ás 12:30 horas
 
Os voceiros da CIG de Ferrol compareceron este martes en rolda de prensa para anunciar que a central nacionalista vai realizar unha xornada de loita contra a "dramática situación" económica e laboral que padece a comarca o vindeiro xoves 28 de xuño. A xornada de loita incluirá a convocatoria dunha folga parcial, entre as 09:00 e ás 14:00 horas, marchas de traballadores/as dende os polígonos de Río do Pozo e Vilar do Colo e unha manifestación central que percorrerá as rúas de Ferrol a partir das 12:30 horas.
Manel Grandal e Xesús A. López Pintos fixeron un chamamento a toda a clase traballadora da comarca para que se sume ao paro parcial e ás mobilizacións que se realicen o día 28, en resposta á dramática situación sociolaboral que vive a bisbarra, cunha taxa de desemprego das máis altas do estado, un tecido industrial cada vez máis feble, unha ría sen sanear e unha sector naval –principal motor económico da zona- en situación agónica.
Circunstancias agravadas ademais polo progresivo desmantelamento dos servizos públicos e as consecuencias que as políticas de suposta austeridade e recorte de dereitos impostas polos gobernos galego e español están a ter. Neste punto, os voceiros comarcais da CIG subliñaron que na comarca de Ferrolterra estanse a sentir con especial crueza as negativas consecuencias da reforma laboral imposta polo PP, que ten facilitado a destrución de emprego, a precarización das condicións laborais e a imposición de brutais baixadas salariais.  

Fronte a isto, a CIG de Ferrol acordou convocar esta xornada de loita á que anima a participar a toda a clase traballadora da comarca e á cidadanía en xeral, para esixir un cambio radical nas políticas neoliberais aplicadas até o momento polos distintos gobernos e avanzar cara a consecución dun novo modelo económico e social. 

Así, a central nacionalista chama aos traballadores e traballadoras a paralizar a actividade dos principais polígonos industriais, e a que participen nas marchas que sairán dos polígonos de Río do Pozo e de Vilar do Color até Ferrol, onde, ás 12:30 horas se iniciará unha manifestación.
 
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com