Fars New Agency 19/06/12 Tradución propia
Os exércitos iraniano, ruso, chinés e sirio estás listos para levaren a cabo exercicios conxuntos nas costas sirias nas próximas semanas, segundo fontes ben informadas revelaron esta segunda.
Estas fontes informan de que 90 mil soldados dos catro países tomarán parte nestes exercicios militares na Siria. Forzas terrestres, aéreas e mariñas, así como unidades de defensa aérea e mísiles tomarán parte.
As fontes tamén dixeron que Exipto accedeu a conceder permiso para que 12 buques de guerra chineses pasan pola Canle de Suez, engadindo que o convoi militar atracará en portos sirios dentro de dúas semanas.
Submarinos atómicos rusos e barcos de guerra, portaavións e dragaminas, así como navíos e submarinos iranianos tamén chegaran a Siria en próximas datas.
Nestes exercicios, Siria proponse avaliar os seus mísiles terra-mar e de defensa aérea.
Máis de 400 avións e 1000 tanques participarán destes exercicios.
|
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.