Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Estado español pide o rescate bancario
10/06/2012

Os homes de negro xa están aquí. Só días despois de que o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, realizase, rufo, a afirmación tallante para desbotar un rescate de que “os homes de negro non van vir a España”, Bruxelas acodou que o goberno español pida o rescate bancario. Unha medida que desde Madrid intentouse retrasar ao máximo mais sen éxito. Rajoy era partidario de que concluísen as auditorías mandadas por Bruxelas sobre a banca española antes de dar calquera paso. Mais a tormenta nos mercados internacionais que estaba a provocar a crise bancaria española e a proximidade das eleccións gregas (cun máis que posíbel triunfo da esquerda) levaron á Unión Europea a presionar a España para que nesta fin de semana aceptase pedir o rescate.

Os ministros de Economía e Finanzas da Zona Euro acordaron nunha xuntanza por videoconferencia que o goberno español solicite o rescate, e barallan unha cantidade a destinar para sanear o sistema bancario español de ata 100.000 millóns de euros. Son 60.000 máis que máis que os que cifraba o propio Fondo Monetario Internacional nun informe dado a coñecer nas últimas horas.

E neste rescate tamén estará presente o FMI, algo que Madrid quería evitar a toda costa pois é o organismo que impón as condicións máis duras. Sen embargo, está aínda por clarificar o papel do Fondo, que podería limitarse a supervisor. Algo que algúns países europeos (Finlandia ou Holanda) non queren aceptar, pois exixen que debe de haber un duro control sobre España tras o rescate e o FMI tería que xogar aí un papel contundente.

O Eurorupo, aliás, xa anunciou que vixiará "de preto e de fora regular" que o Esado español cumpra co déficit.

Rajoy dixit (hai só 12 días):“Non haberá ningún rescate da banca española”

Pese ao calado da decisión dun rescate, o presidente do Goberno español, que hai doce días afirmaba igual de tallante que Cristóbal Montoro que “non haberá ningún escate da banca española”, non vai comparecer públicamente nestas horas para explicar a situación. Mandou o encargo de dar a cara a De Guindos, ministro xa queimado tras o sucedido en Bankia. O presidente do Goberno español, non obstante, mantén a súa previsión de estar presente o domingo no partido da selección española na Eurocopa.

De Guindos na súa intervención elude a palabra rescate e dí simplemente que España pedirá financiación europea para o sistema bancario. En principio, aliás, o goberno español afirma que as medidas do plan de austeridade que conleve este rescate non vaian alén do propio sistema financeiro, ao contrario do que aconteu en Grecia, Portugal ou Italia. De Guindos incluso afirma, leal á neolingua, que "isto non ten nada que ver cun rescate, en absoluto".

BNG: “Estrema gravidade”

O rescate solicitado polo Goberno Rajoy á Unión Europea vai significar a perda total de soberanía do Estado español sobre a política económica, fiscal e bancaria e agravará a crise como xa aconteceu en Grecia, Portugal e Irlanda, afirma nunha avaliación de urxencia o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera.

O rescate é un fracaso político en toda regra do Goberno español, estima Jorquera. “Todas as estratexias de Rajoy foron erradas e fallidas. Non serviron para nada. O Estado español perde o control sobre o sistema financeiro”, valora o líder nacionalista, para quen o normal sería que se depurasen as correspondentes responsabilidades políticas. Para Jorquera, estase nunha situación de “estremísima gravidade”

O documento do Eurogrupo (en inglés) sobre o rescate a España. No último parágrafo pon "o Eurogrupo está convencido de que España vai facer honor aos seus compromisos sobre o excesivo déficit e coas reformas estructurais (...) O progreso nestas áreas será vixiado moi de preto e regularmente revisado en paralelo coa asistencia financeira"

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com