Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sobre Stalin e o "culto á persoalidade": 4
01/06/2012
Stalin critica o dramaturgo Afinogenov por usar o termo “Vozhd” (líder) para se dirixir a el:
Despois de ler, en 1933, o manuscrito da obra A Mentira de A. N. Afinogenov, Stalin dirixiulle unha extensa carta ao dramaturgo. Na posdata escribiu: «P.D. O que vostede di sobre ‘o líder’ (vozhd) non é útil. É algo mao e, se mo permitir, indecente. Non é unha cuestión dun ‘líder’, senón dunha dirección colectiva –o C.C. do Partido. I. St[alin]». De que falaba Stalin? Un dos protagonistas da obra, o asistente Comisario Riadovoy, mentres discutía co antigo opositor Nakatov, afirmou con sentimento: «Falo do noso Comité Central... Falo do líder que nos guía, quen arrincou a máscara a moitos líderes que, malia á súa preparación e ilimitadas posibilidades, se mostran agora impotentes. Falo da persoa cuxa forza radica na confianza de granito de centos de millóns de persoas. O seu nome na lingua dos homes do mundo soa como o símbolo da fortaleza da causa Bolxevique. E este líder é invencíbel». Stalin editou e corrixiu esta diatriba coa súa propia man, facendo esta modificación esencial: «Falo do noso Comité Central que nos guía, quen arrincou a máscara a moitos líderes que, malia á súa preparación e ilimitadas posibilidades, se mostran agora impotentes. Falo do Comité Central do partido dos comunistas da terra dos Soviets, cuxa forza radica na confianza de granito de centos de millóns de persoas. A súa bandeira na lingua dos homes do mundo soa como o símbolo da fortaleza da causa Bolxevique. E este liderado colectivo é invencíbel».
O 27 de xaneiro de 1937, despois de ver a película “O Gran Cidadán” [Velikiy Grazhdanin] (o argumento desta película do director F. M. Ermeler aseméllase á historia do asasinato de S. M. Kirov), Stalin escribe unha carta a B. Z. Shumiatskii, responsábel administrativo da cinematografía soviética, en que el dá a seguinte directiva, concreta e ben coñecida: «Vostede debe excluír calquera mención a Stalin. Deberá substituíla polo C.C. do Partido.» (Surovaia drama naroda. Uchenye i publitsisty o prirode stalinizma. Sost. IU. P. Senokosov. Moscova: Politizdat, 1989).
En 1936 publicouse un esbozo biográfico da vida de Sergo Ordzhonikidze compilado por M. D. Orakhelashvili. Stalin leu o libro e realizou moitas anotacións nas súas páxinas. No esbozo, por exemplo, a crise de xullo de 1917 relátase así: «Nesta difícil etapa para o proletariado, cando moitos vacilaron diante do perigo que se achegaba, o camarada Stalin mantívose firme no posto de líder do C.C. e do Partido en Petrogrado. [Lenin estaba na clandestinidade –L. M.]. O camarada Ordzhonikidze estaba constantemente con el, dirixindo unha enérxica e incondicional loita polos lemas leninistas do Partido.» (íbid.; páx. 33). Stalin subliñou esas palabras, e na marxe da folla escribiu en lapis vermello: «E que pasa co C.C.? E co Partido?» Noutra pasaxe, o VI Congreso do POSDR (verán de 1917) discutía sobre como Lenin, na clandestinidade en Razliv, «daba directrices sobre as cuestións a tratar na axenda do Congreso. Para recibir as directrices de Lenin, o camarada Ordzhonikidze, por orde de Stalin, foi dúas veces á cabana de Lenin». Stalin formula outra vez esta pregunta: «E o C.C., onde está?».
- L. Maksimenkov, en Al’manakh ‘Vostok’, 12 de decembro de 2004. Tamén en Iulia Ivanova, The Dreaming Doors. Citado en Grover Furr, As Mentiras de Khrushchev (de próxima publicación).
4 Comments:
  • At 6/03/2012 08:42:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    ¡Estimados camaradas gallegos!, Veo que estáis traduciendo la obra de Grover furr;¿sabéis que es lo que pasa con su página web ?, hace una semana que no es accesible y ha desaparecido de google.
    Un saludo.
    Rafa granados.Madrid.

     
  • At 6/04/2012 12:35:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Si, é certo, a min tamén me extranou... alguén sabe algo?

     
  • At 6/04/2012 12:38:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    E non é só que desaparecera o seu blog, senón que sae a páxina da Universidade, e se bloquea o ordenador, polo menos a min.

     
  • At 6/04/2012 08:02:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Boas camaradas.

    A páxina de Grover Furr non estará dispoñíbel até dentro dun par de semanas. A web da universidade onde a ten aloxada está sendo reorganizada, cambiando o servidor ou algo así. Ademais, Grover Furr non está nos EUA agora mesmo, polo que o traballo de reorganización se adiará un pouco.
    Seica as ligazóns vellas rediccionarán aos novos enderezos electrónicos.
    Grover Furr dá a seguinte ligazón que é a versíon arquivada da súa web con data de outubro de 2010, a máis recente que puido conseguir.
    http://web.archive.org/web/20101016020817/http://www.chss.montclair.edu/engli
    sh/furr/homepage.html

    Un saúdo!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com