Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIG reitera a proposta de folga xeral para o 26 ou 27 de setembro e CCOO e UGT consideran que hai que esperar
26/07/2012

Avantar

Este xoves reuníanse en Compostela, os secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT, xunto cos secretarios de Organización estatais destas últimas, a secretaria de Organización da CIG, Elvira Patiño e a secretaria de Muller e Mocidade, Margarida Corral Sánchez. Na xuntanza, que durou máis de unha hora, analizaron a situación económica e o retroceso de dereitos laborais e sociais e debateron sobre a necesidade de convocar unha folga xeral de inmediato. A CIG defendeu a proposta de convocala en setembro e CCOO e UGT manifestaron que aínda se debe agardar. As tres organizacións sindicais acordaron reunirse novamente a principios de setembro para revisar a situación.

Segundo explicou ao remate da xuntanza o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, houbo coincidencia na valoración da situación económica e social derivada das políticas que está a adoptar o PP. “Concordamos son medidas dun enorme calado e supoñen un grande retroceso nos dereitos sociais, económicos e mesmo políticos e que isto require unha resposta importante de todo o movemento sindical, intentando implicar tamén ao maior número de organizacións sociais posíbel para que sexa unha resposta moi global de toda a sociedade”.

Porén non se chegou a un acordo a respecto da convocatoria de folga xeral. A CIG mantivo a necesidade de convocala o 26 ou 27 de setembro, ante as medidas que xa anunciou o goberno e as que se van ir aprobando durante o mes de agosto, nos sucesivos Consellos de Ministros e ante a perspectiva de que se aproben uns orzamentos restritivos para o ano 2013. “Parecíanos que era o momento de anunciar esa convocatoria de folga xeral e traballar nesa perspectiva. Eles son partidarios de agardar”, sinalou Seixo.
O secretario xeral da CIG explicou que CCOO e UGT están máis centrados na campaña de exixir un referendo e que apoiarían a convocatoria de folga xeral se efectivamente o goberno non o convoca. A CIG celebrará mañá unha executiva extraordinaria para valorar a situación, tendo en conta que o que si se acordou foi celebrar unha nova xuntanza a principios de setembro para valorar o escenario e intentar fixar, en función diso, unha data para a convocatoria de folga xeral. “Nós temos o firme convencemento e eles coido que tamén, de que o goberno non vai convocar ese referendum”. 

Seixo indicou que a central sindical valoraría a proposta de CCOO e UGT, entendendo que “non tería ningún sentido convocar dúas folgas xerais en Galiza con pouca diferenza de días”. Porén, afirmou que “non tería sentido agardar dous ou tres meses para facela porque as circunstancias sociais e económicas son tan duras que a resposta de folga xeral ten que estar aí”. 

Matizou que a folga xeral non é un obxectivo en si mesmo, senón un medio que ten a clase traballadora para responder aos ataques do poder económico e para manifestar o seu rexeitamento a estas políticas. “As medidas son tan duras que teriamos que estar lanzando a mensaxe, non só cara o goberno español, senón tamén cara as institucións europeas, BCE e Comisión Europea de que temos a firme disposición a responder coa máxima dureza posible a estas políticas tan antisociais, independentemente da exixencia da reivindicación do referendum, ao que nós non nos opomos. Non se pode contrapor unha cousa a outra nin estar dilatando o da folga xeral por iso.

Lembrou que tamén existe coincidencia en que o PP ten o obxectivo de desmantelar o estado do benestar, o modelo de relacións laborais e sociais e o sistema de protección social, alén de considerar que estas políticas económicas “non son as que nos van axudar a saír da crise, senón a todo o contrario, levarannos a un auténtico desastre”. 

Do mesmo xeito valoraron que o PP ten a pretensión de debilitar aos movementos sociais, nomeadamente ao movemento sindical, “pois o goberno é plenamente coñecedor de que somos os principias canalizadores da contestación social a estas políticas”. 

Para o secretario xeral da CIG, os posicionamentos de CCOO e UGT abren unha perspectiva de traballo que até o de agora non había, por mor das políticas de concertación social ás que a CIG se opoñía, ao entenderen que ían en contra da clase traballadora. “Esas mesas de concertación e diálogo social hoxe non existen, non están funcionado, o que permite pornos de acordo e irmos traballar de cara a primeiros de setembro para acordar unha data de folga xeral e non só dunha. Nós tamén propuxemos que de aquí a final de ano, se o goberno non muda estas políticas e as institucións europeas seguen defendéndoas, deberiamos anunciar outra folga xeral como referencia de aquí a final de ano”.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com