Os miles de euros que recibe anualmente o xornal La Voz de Galicia para “fomentar” a lingua galega seica non chegan para contratar a un redactor en lingua galega. Este panfleto burgués, na súa mofa e desprezo da lingua propia da Galiza, viva hoxe grazas ás clases traballadoras, bota man dun tradutor automático para “galeguizar” a súa edición na internet. Os resultados son realmente vergoñentos, especialmente nos poucos casos en que a nova orixinal está en galego. Velaquí un exemplo da edición de hoxe, 8 de xullo de 2012.
|
Estánse rindo de nós en todas as frontes. Viven do noso traballo e lúcranse por matar a nosa lingua.