Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

'Psicoterrorismo' de Autobuses Calo contra unha condutora por exercer o dereito a ser nai e traballadora
05/07/2012

Avantar
A Inspección de Traballo advirte mobbing, psicoterrorismo e acoso laboral no trato de Autobuses de Calo á condutora Nélida Pisco

A Inspección de Traballo vén de emitir unha acta de infracción contra a empresa Hedegasa -Autobuses de Calo- valorando a súa actitude contra a condutora, Nélida Pisco, “como constitutiva de mobbing, psicoterrorismo e acoso laboral”. Esta traballadora vén padecendo desde hai tres anos todo tipo de discriminacións e acoso, chegándose mesmo ás agresións físicas, por pretender exercer o seu dereito a ser nai e condutora desta empresa de transportes. Ante isto, a CIG anunciaba esta mañá en rolda de prensa, que reiniciará as mobilizacións, exixindo da Xunta de Galiza a súa intervención neste asunto que considera de extrema gravidade.





O caso de Nélida Pisco non é un máis. Trátase dun caso paradigmático de discriminación laboral por cuestión de xénero. Así, Margarida Corral, secretaria confederal de Muller da CIG lembra que esta acta da Inspección chégalle á traballadora tras padecer “todo tipo de discriminacións, de situacións de violencia psicolóxica extrema, de comportamentos hostís, de acoso e mesmo de agresións físicas, sen que nin por parte da dirección da empresa, nin da Dirección Xeral de Transportes e Mobilidade da Xunta de Galiza, responsábeis da concesión de licenzas públicas das que desfruta a empresa, teñan avanzado paso algún para pór fin a esta situación”.

Tal é así que a acta emitida pola Inspección de Traballo, tras tres meses de actuacións, “é demoledora”. Dá por comprobados todos os feitos e, alén de cualificar a súa actuación como constitutiva de mobbing, fai unha proposta de sanción.

Ante isto, Inácio Pavón, representante da FEGAMT-CIG, exixe da Xunta de Galiza a súa inmediata intervención. Lembra que “é a Consellaría de Traballo e Benestar a quen lle corresponde cuantificar economicamente a sanción” -que pode ir desde os 6.000 até os 187.000 €, en función da súa gravidade- e que “non é a primeira ocasión na que quedan no caixón, pasándose os prazos legais e quedando se efecto para as empresas infractoras”.

Subliña que a CIG ante a gravidade dos feitos, non pasará tampouco porque se lle aplique unha sanción pequena e lembra que Hedegasa é unha empresa “potente”, que mesmo ten a concesión de parte do transporte metropolitano de Madrid. Lembra ademais que foi a Xunta é responsábel da concesión a Hedegasa, que a prorrogou en abril de 2010, por outros 10 anos, e que xustamente unha das cláusulas era a contratación de mulleres, cando a única condutora segue a ser Nélida Pisco.

Neste sentido, acusa á empresa de dar cobertura moral a unha situación de acoso laboral “máis que demostrado” á que se engade unha agresión física -pendente de xuízo-. Considera que isto convértea en “responsábel moral”, máis cando esa agresión é froito “da situación que a empresa creou, denigrando á traballadora e deixándoa á marxe dunha situación laboral normal”.

Anuncia que a CIG reiniciará as mobilizacións, en suspenso a petición da propia Inspección e por mor dos intentos de negociación entre Hedegasa e a traballadora. Negociacións que non chegaron a ningún acordo, segundo a propia Inspección “pola posición inflexíbel da empresa”.

Adianta, ademais, que a CIG non vai rematar aquí coas actuacións legais, denunciando o acoso laboral no xulgado do Social e que unha vez se teña a sentenza se iniciará o procedemento pola vía penal “solicitando as máximas penas para os responsábeis directos desta situación, que son os máximos responsábeis da empresa”.

Tres anos de acoso constante

A secretaria confederal de Muller lembra que a situación de acoso comezou no ano 2009, tras Nélida solicitar as vacacións e unha redución de xornada para coidar á súa filla, logo de incorporarse da súa baixa de maternidade. A empresa negoulle ambos os dereitos o que provocou a presentación dunha demanda no Xulgado do Social na que se lle dá a razón.

“Desde a súa incorporación en decembro non se lle dota de carga de traballo, encoméndanselle tarefas claramente sexistas que nada teñen que ver co seu posto de condutora, sofre todo tipo de insultos, é expulsada da sala de condutores, péchanlle o despacho, non pode ter contacto cos compañeiros, situación de acoso que remata co seu despedimento en marzo de 2010”. E todo, lembra Margarida Corral, “por tentar compatibilizar o seu posto de traballo co coidado da súa filla”.

En agosto de 2010, o xulgado do Social nº1 de Santiago declara nulo o seu despedimento e a empresa é condenada por vulneración de dereitos fundamentais. “Porén, para evitar a súa reincorporación obrígana a coller vacacións, comunicándollo dun día para outro”.

Malia as reiteradas denuncias da CIG, a Xunta de Galiza obviou o problema. “Só cando achegamos por rexistro a solicitude de entrevista na consellaría de traballo, en novembro de 2010, é cando mantemos unha entrevista co Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais e, posteriormente, co Director Xeral de Relacións Laborais”, explica Corral, quen denuncia que tampouco interveu a Secretaría Xeral de Igualdade, malia ser un caso de flagrante vulneración de dereitos por cuestión de xénero.

En maio de 2011 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ante o recurso presentado tanto pola empresa como pola traballadora, confirma a nulidade do despedimento e recoñécelle ademais unha indemnización por dano moral.

A empresa recorre esta sentenza perante o Supremo en xuño de 2011, que declara a inadmisión do recurso e a firmeza da sentenza. 

Durante todo este tempo, a traballadora segue a vivir un clima de illamento e padecendo unha situación de acoso “sen que a empresa lle poña remedio”. Tal é así, denuncia Margarida Corral, que “o 28 de decembro do ano 2011, sofre unha agresión machista por parte do encargado na nave da empresa, xuízo que tivo lugar pola vía penal o 3 de xaneiro de 2012 e que foi aprazado a petición da CIG, para poder presentar os informes médicos pertinentes”. 

O xulgado do Social, en marzo de 2012, estima a demanda presentada por Nélida solicitando o recoñecemento da incapacidade temporal, “declarando a baixa como etioloxía laboral, como consecuencia do maltrato recibido na súa empresa”, subliña a secretaria confederal de Muller.

Inácio Pavón sinala que desde que se reincorporou, tras da baixa, tivo unha ruta especial, feita expresamente para ela, “para que non tivera contacto cos compañeiros” e non ten ocupación efectiva durante toda a xornada, tan só durante parte dela. “Ten tres horas no medio nas que está parada na estación de Autobuses. Non pode facer nada durante ese tempo, cando quen antes facía esta ruta todos os días, ía até a nave, a Luou a lavar o autobús, ou simplemente a estar na nave co resto de compañeiros que nese intre non estiveran en ruta”, indica.

O que lle mandan facer durante esas tres horas é a limpeza interior do autobús, “para o que non lle facilitaron ningún tipo de  produto. Unicamente ten unha vasoira e non se lle colle sequera o teléfono” denuncia o representante da FGAMT-CIG, quen considera este feito de especial gravidade, porque “é obrigatorio por se ocorre algunha incidencia”, explica.

Nin sequera se lle entregou, nestes tres anos, roupa de traballo e a única que lle fixeron chegar é de inverno e da talla XL de home.

“O que se pretendeu provocar foi que a traballadora marchara. Mesmo recibiu ofertas económicas, pero ela o único que quere, e así o afirma, é seguir sendo condutora de autobuses mileurista, manter o seu posto de traballo e poder coidar á súa filla”.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com