Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Un 62% máis de desemprego desde aquel “contrato cos cidadáns” de Feijóo
28/07/2012
O Goberno de Feijóo é unha fábrica de crear desemprego. Só en tres anos a cifra de persoas desempregadas na Galiza medrou un 62%

No segundo trimestre de 2009 había na Galiza 170.400 persoas desempregadas. Tres anos despois, a cifra ascende a 275.900, é dicir, 105.500 máis.

Só no último ano, desde o segundo trimestre de 2011, houbo un aumento de 56.300 persoas desempregadas máis. Un 25,64% máis en só 12 meses. 

Pouco antes de chegar Feijóo á presidencia da Xunta de Galiza en 2009, durante a campaña electoral, asina un “Contrato cos Cidadáns”. Subliñou daquela que «Chegou o momento de comprometerse e de devolver a credibilidade á clase política; iso é o que quero certificar aquí». Tamén animou a que «a oposición, os medios de comunicación e, sobre todo, os cidadáns, me esixan día a día o cumprimento, punto por punto, deste contrato; que os 14 puntos que o conforman sexan as 14 preguntas  de gradación que eu teña como presidente».  

Lembremos este “contrato” e pensemos o que merece este monicreque da oligarquía. Mais sobre todo teñamos en conta que non se trata de combatermos persoas, senón de combatermos o sistema. Os representantes burgueses só son monicreques que veñen e van. Baixo o capitalismo non hai saída para as clases traballadoras. É hora de loitarmos polo socialismo.



CONTRATO DE FEIJÓO COS CIDADÁNS:

1. EMPREGO. Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
2. ESTRATEXIA ECONÓMICA. Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan estratéxico a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades.
3. AUSTERIDADE. Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.
4. MENOS IMPOSTOS. Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais.
5. SANIDADE CON GARANTÍAS. Mellorar as condicións e a calidade na asistencia sanitaria e reducir as listas de espera, con garantías legais para os pacientes
6. DEPENDENCIA EFECTIVA. Dotar aos dependentes e asistentes de garantías para que reciban o servizo que por Lei lles corresponde nun prazo seguro
7. OPCIÓNS DE CONCILIACIÓN. Responder por completo á demanda de pais e nais por unha praza de gardería e flexibilizar opcións para acadar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
8. XUVENTUDE EN PRIMEIRO PLANO. Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral.
9. EQUILIBRIO TERRITORIAL. Garantir que todos os galegos teñan as mesmas oportunidades e servizos, vivan onde vivan, sexa no interior ou na costa, en cidades ou no rural
10. PRINCIPIOS MEDIOAMBIENTAIS. Ligar a política territorial ó medio ambiente e facer do respecto medioambiental un principio irrenunciable en todas as áreas de goberno.
11. INNOVACIÓN. Asumir a innovación como unha actitude de Goberno para permitir que Galicia se adiante a cada crise e poida gañar o seu propio futuro.
12. REFORMA DA ADMINISTRACIÓN. Reformar a Administración para gañar en capacidade de resposta e efectividade e facilitar o seu contacto cos cidadáns, eliminando burocracia evitable.
13. IDENTIDADE E LIBERDADE. Recuperar os consensos en torno aos nosos símbolos identitarios, moi especialmente no idioma: o galego ten que ser un instrumento de unión, nunca de imposición e debe garantirse a liberdade para escoller lingua en todos os ámbitos
14. REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA. Gobernar para todos, independentemente das súas preferencias políticas, eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de reacción a asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan


1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com