|
Soldados franceses na base aérea de Istres, no sur da Franca, xunto o avión A310 que os transportou esta quinta á fronteira sirio-xordana
|
O goberno francés enviou tropas á fronteira que separa Siria de Xordania xusto cando se está a dar un aumento de apoio estranxeiro aos mercenarios que combaten o goberno de Bashar al-Assad.
As autoridades francesas afirmaron que os soldados foron despregados para “axudaren os refuxiados na zona fronteiriza”.
Esta segunda, o voceiro do chamado Consello Nacional Sirio, Bassma Kodmani, destacou Arabia Saudita e Qatar entre os países que subministran armas aos terroristas. Os informes tamén indican que a coñecida empresa de seguridade estadounidense Blackwater está adestrando militantes de al-Qaeda nas zonas fronteirizas de Arabia Saudita e Turquía para loitaren en Siria.
|