ANNCOL
Cando se empeza a ser neutral face ao terrorismo de Estado e a Democracia xenocida, comeza o longo camiño da ambigüidade que conducirá, necesariamente, á complicidade con este.
Fronte a estas expresións crueis da loita de clases, ou somos contraditorios, resistimos e loitamos por superalas, ou renunciamos como servos e aceptamos con resignación o seu designio de oprimidos, condenado as novas xeracións a recibiren esta innobre herdanza.
En Colombia certos sectores sociais tragáronse enteiro o discurso posmoderno da diferenciación, que busca, entre outras cousas, a confusión ideolóxica, a fragmentación da loita, ou a creación de compartimentos sociais.
O réxime vixente nunha sociedade de acumulación capitalista e depredadora como a nosa, soña e promove a división entre o pobo, e por iso promove a diferenciación que é a fragmentación do pobo oprimido. De existir algunha diferenciación, é aquela da clases sociais. Nesa dimensión todos chegamos, independentemente da color da pel, da opción sexual, da etnia, das crenzas relixiosas ou orixe rexional. Un excluído do proxecto económico capitalista conservará esa exclusión, xa for negro, homosexual, indíxena ou branco, paisa, pastuso ou da costa. Para o capitalismo ese excluído non importa, xa que non consume, xa que non participa na dinámica de circulación, é un marxinado. Face a isto, que sentido ter dividirnos entre reivindicacións de indíxenas, de negros, de marxinados urbanos ou rurais, de homosexuais ou lesbianas ou heterosexuais, todos pertencen á categoría de explotado e excluído se están fóra do circuíto de propiedade do sistema capitalista.
A categoría que debe unirnos, nunha sociedade capitalista, alén das diferenzas circunstanciais, por exemplo de pel, etnia ou rexión, é a capacidade de nos indignarmos e desbotarmos radicalmente a inmoralidade, a crueldades e a brutalidade do terrorismo de Estado, a violencia desde o Poder, o despoxo e xenocidio do pobo e os traballadores, a corrupción e a inmoralidade oficiais, que son expresións da putrefacción dunha sociedade como a colombiana, que ten unha forma particular de explotar o traballo humano coa violencia oficial e que funciona sobre un modelo de exclusión social. Esa indignación borra as supostas diferenzas que poderíamos ter ou que nos “constrúen” os posmodernistas.
Mais non abonda con nos indignarmos. Precisamos transcender esa indignación con coherencia e con obxectividade fronte a quen é o verdadeiro inimigo. No caso colombiano o inimigo é a clase oligárquica proianqui que rexenta o poder desde hai séculos, e que nos obriga a loitar pola nosa segunda e verdadeira independencia. Fronte a este inimigo poderoso, ao servizo do capital nacional e internacional, todos e todas debemos unir a nosa indignación e sermos parte da resistencia.
Mais tampouco podemos resistir para sempre. É necesario pasarmos a ofensiva. Esta crise estrutural convídanos a loitar para que o capitalismo desapareza. O capitalismo é inmoral, só produciu lixo e desastres naturais para este planeta, coas súas guerras e o seu sistema de produción que entrou nun círculo vicioso de desgaste e destrución.
Nin os indíxenas e os negros e outras etnias son menos explotados que outros, traballadores e traballadoras do campo e das grandes cidades, propietarios da súa única fonte de riqueza, estudantes e todos os homes e mulleres de a pé, temos un lugar nesta indignación colectiva que será o detonante da nosa segunda e verdadeira independencia. Nos ás ambigüidades nin aos cantos de serea.
|