O até hai uns días embaixador dos Estados
Unidos na Libia, Christopher Stevens, foi asasinado polos mesmos
fundamentalistas aos que o seu goberno financiou e armou para acabar coa Iamahiriya,
provocando un masacre de milleiros de persoas.
É a mesma historia que sucedeu e sucede no
Afganistán. Tamén alí os imperialistas estadounidenses financiaron aos
medievalistas fronte ao goberno popular. Os mesmos medievalistas que matan a
diario aos ocupantes ianquis.
Nesta ocasión o refraneiro é sabio: Cría
corvos e tiraranche os ollos.
|