Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O ditador que vostede non coñece
11/09/2012


O DITADOR QUE VOSTEDE NON COÑECE
Stephen Gowans
What’s left

É un virtual ditador que preside un virtual estado unipartidista controlado pola súa propia minoría étnica. É certo que foi elixido en múltiplas ocasións, mais apóiase na violencia e intimidación para gañar “unhas eleccións incribelmente controladas”.(1) Nas pasadas eleccións, o seu partido gañou todos menos dous dos 546 escanos.(2)

Cando opositores puxeron en dúbida unha destas imposíbeis vitorias, ordenou abrir fogo ás forzas do réxime, «matando a 193 e ferindo a centos. Milleiros de opositores foron arrestados e detidos».(3) Os opositores que non foron encarcerados viron como se lles negaba a axuda alimentar, o emprego e outros beneficios sociais.(4)

Unha rebelión contra o seu réxime foi sufocada a través de «brutais campañas» que incluían violacións e o asasinato do seu propio pobo.(5) O ano pasado, condenou dous xornalistas occidentais a 11 anos de prisión por informaren sobre grupos rebeldes que loitan para derrocaren o seu tiránico réxime.(6) E en 2006, enviou as súas tropas a un país veciño para ocupalo militarmente,

Seica falamos de Bashar al-Asad na Siria? Ou, talvez, de Robert Mugabe en Cimbabue?


A descrición axústase ao retrato destes líderes elaborado polo Departamento de Estado dos EUA e a súa caixa de resonancia, os medios de comunicación occidentais. Mais non falamos de ningún deles. É doado pensarmos que se está a falar dun destes dous inxuriados por Washington –e, por tanto, automaticamente pola prensa occidental- por razóns que presuntamente teñen a ver coas súas más prácticas en materia de democracia e dereitos humanos.

No entanto, a verdadeira razón dos Departamento de Estado dos EUA –e dos seus servís medios de comunicación occidentais- para trataren como atroces criminais a estes homes é a súa posición face ao libre mercado e a dominación estranxeira. Ningún dos dous permitiu abrir o seu país á explotación sen  límites por parte de estranxeiros (ou no caso de Cimbabue, dos descendentes dos colonos). Nin votan nas Nacións Unidas seguindo as directrices de Washington, nin están dispostos a actuar como apoderados militares do Pentágono.

Mais Meles Zenawi, o dirixente do que realmente falamos –o ditador do que vostede non escoitou falar- estaba disposto a facer todas esas cousas.

Meles, o presidente de Etiopía, morreu o pasado luns. [20/08/12] Anticomunista, abandonou a escola de medicina nos 70 para combater o daquela goberno socialista etíope. Como primeiro ministro, guiou Etiopía a través do libre mercado e a venda das empresas públicas aos inversores estranxeiros.(7) En 2006, cando os EUA lle pediron que invadise a veciña Somalia, Meles –un intransixente axente dos intereses estadounidenses- estivo máis que disposto a cumprir a petición.

Polos seus servizos, o home forte de Etiopía recibiu unha choiva de millóns: mil millóns de Washington en 2010, e case a mesma cantidade o ano pasado.(8) E os seus «servizos militares e de seguridade» son celebrados en Washington como «un dos socios preferidos da CIA... en África».(9)

Non era Meles esa clase de líderes que Washington inxuria? O Departamento de Estado dos EUA non levou a cabo ningunha campaña para a súa destitución, e esta liña foi asimilada polos obedientes medios de comunicación, e despois polos liberais, esquerda moderada, activistas prodemocracia non-violentos e os trotskistas da “exclusión aérea nas zonas rebeldes”. Todas estas forzas estaban demasiado ocupadas tentando superarse uns aos outros na denuncia dos deshonestos socialistas e nacionalistas que Washington sinalou, porque presuntamente odian a democracia e os dereitos humanos, mais o certo é porque odian a dominación estranxeira. Meles nunca estivo na lista negra de Washington. Nin na dos medios de comunicación occidentais. Nin na dos mencionados esquerdistas.

No obituario de Meles aparecido no New York Times, Jeffrey Gettleman viuse na obriga de explicar a fenda existente entre a retórica pro dereitos humanos de Washington, e a súa práctica de apoio aos verdadeiros inimigos dos dereitos humanos.

«Etiopía», escribe Gettleman, «non é o único caso que xera preguntas complicadas relacionadas co equilibrio entre intereses e principios dos Estados Unidos.»  O problema aquí é que non hai equilibrio entre os intereses e os principios. Os intereses dos EUA –é dicir, os intereses do un por cento- superan amplamente os principios, polo que Washington continúa apoiar líderes como Meles e tiranos no Golfo. Os principios son só retórica para cubrir a violación doutros países na procura de beneficios.

«Arabia Saudita», continúa Gettleman, «é un exemplo claro (de intereses por riba dos principios), un país onde as mulleres carecen de moitos dereitos e non existe liberdade relixiosa. Malia todo, continúa a ser un dos máis estreitos aliados dos Estados Unidos no Medio Oriente por unha razón simple: o petróleo.»


Mais a industria e o consumo dos EUA non dependen  deste petróleo. De facto, Estados Unidos é un dos principais produtores mundiais de petróleo, e máis da metade do petróleo que emprega EUA é de orixe nacional. O veciño Canada subministra aos EUA tanto petróleo como os países produtores do norte de África e do Medio Oriente xuntos.(10) A perda de Arabia Saudita como un aliado, non significaría ningún problema de subministro de petróleo para os EUA. Ás avesas, o petróleo de Arabia Saudita representa unha pequena parte do petróleo que consume Estados Unidos. Mais é unha enorme fonte de beneficios relacionados co petróleo para as empresas estadounidenses, non só directamente, senón a través do lavado dos petrodólares por medio dos bancos estadounidenses. Arabia Saudita continúa a ser un dos principais aliados dos EUA no Medio Oriente por unha razón simple: non polo petróleo en si, senón polos inmensos beneficios relacionados con el.

Gettleman tamén sinala que «en África, Estados Unidos coopera con varios gobernos de partido único, dominados por un só home, malia o seu compromiso coa promoción da democracia».(11) Mais non di o por que. Se é polos beneficios petroleiros en Arabia Saudita, de que se tratar en África? The Wall Street Journal é máis claro. Meles transformou unha economía planificada-socialista nunha «libre de control» que atraeu «inversores na agricultura e manufactura». (12) Noutras palabras, axudou os ricos inversores estadounidenses; o un por cento.

Namentres, os dirixentes que combateron a explotación dos seus países polo un por cento de Occidente, son desestabilizados, sancionados, bombardeados –coa axuda dunha morea de esquerdistas- e denigrados polas máis virulentas campañas de desprestixio.


NOTAS

1. Jeffrey Gettleman, “Ethiopian leader’s death highlights gap between U.S. interests and ideals”, The New York Times, 21 de agosto de 2012.
2. Peter Wonacott, “Ethiopia in flux after leader dies”, The Wall Street Journal, 21 de agosto de 2012.
3. Wonacott
4. Gettleman
5. Jeffrey Gettleman, “Ethiopian leader’s death highlights gap between U.S. interests and ideals”, The New York Times, 21 de agosto de 2012.
6. Gettleman
7. Wonacott
8. Wonacott
9. Gettleman
10. Danile Yergin, “America’s new energy security”, The Wall Street Journal, 12 de decembro de 2011; Juliet Eilperin, “Canadian government overhauling environmental rules to aid oil extraction”, The Washington Post, 3 de xuño de 2012; Sheila McNulty e Ed Crooks, “US groups unlock secret recipe for oil”, The Financial Times, 3 de marzo de 2011.
11. Gettleman
12. Wonacott
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com