Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A experiéncia da Internacional Comunista e o seu significado na loita actual
02/02/2007



Ameno traballo do marxista Harpal Brar onde se repasa as experiéncias das tres internacionais (mália que no título só se faga referéncia á Terceira, a comunista); os seus princípios teóricos, as suas realizacións e as suas feblezas. Destacar a análise que o autor fai da socialdemocrácia; a sua traición á clase obreira, a sua defensa da burguesia (tamén cando esta puxo a roupaxe fascista) e o seu ódio á URSS. Stalin nomeou á socialdemocrácia no seu xusto termo: socialfascismo. Que llo pergunten ao loitador polo socialismo e a liberación nacional de Irlanda, James Connolly, ou aos comunsitas alemáns Liebknecht e Rosa Luxemburgo, do asasinato de todos eles foron directamente responsáveis líderes socialdemócratas.

As loitas entre Marx e os anarquistas na Primeira Interncional, a defensa dos intereses imperialistas por parte da socialdemocrácia apartir da Segunda e, por fin, o Komintern, izando as bandeiras do antifascismo, do antirracismo, do anticapitalismo e da revolución socialista.



A EXPERIÉNCIA DA INTERNACIONAL COMUNISTA E O SEU SIGNIFICADO NA LOITA ACUTAL

Harpal Brar

Etudes marxistes, n° 71, outono 2006.


Encarregaron-me falar verbo da experiéncia da Internacional Comunista (Komintern) e do seu significado para a loita actual. Solicitou-se-me que destacara as diferenzas entre a Internacional Comunista e as Primeira e Segunda Internacional. É difícil, nunha exposición breve, facer xustiza nalgo tan vasto. É por isto polo que tentarei aquí bosquexar un breve perfil das principais caracterísiticas destas tres organizacións e do seu traballo. Estas tres Internacionais deven ser estudadas dentro do desenvolvimento teórico, organizativo e político do movimento obreiro.

En 1913, Lenin definia tres periodos principais na história mundial desde a publicación do Manifesto Comunista en 1848:

"A história universal (após a publicación do Manifesto) divide-se en tres periodos sobranceiros: 1. Da Revolución de 1848 á Comuna de París en 1871; 2. Da Comuna de París á Revolución Rusa (1905); 3. Da Revolución Rusa até hoxe." Finalizaba: "desde a aparición do marxismo, cada unha das tres grandes épocas da história universal anunciou-lle novas confirmacións e novos triunfos. Mais a época histórica que ven aportará ao marxismo, a doutrina do proletariado, un triunfo ainda máis brillante." (1)

Esta predición verificou-se catro anos máis tarde, coa Revolución de Outubro e a criazón do Komitern en 1919.

1. A PRIMEIRA INTERNACIONAL

Desde o xurdimento do marxismo, un dos princípios fundamentais da ideoloxia da clase obreira foi o do internacionalismo proletário, condición indispensável para a asociación revolucionária e a solidariedade fraternal do proletariado e dos povos oprimidos. As repetidas violacións deste princípio, especialmente durante a primeira guerra entre imperialistas (1914-1918), significaron duros golpes para o movimento obreiro. Tan só os partidos que se mantiveron fieis a este princípio, como foi o caso dos bolcheviques, foron quen de conducir ao éxito a loita proletária no seu país.

No Manifesto Comunista, Marx e Engels, os cofundadores do socialismo científico, declaraban: "os comunistas diferéncian-se dos outros partidos obreiros só en dous pontos: 1. Nas distintas loitas nacionais dos proletários, poñen por diante e defenden os intereses independentes da nacionalidade e comúns a todo o proletariado. 2. Nas diferentes fases que atravesa a loita entre proletários e burgueses, representan sempre os intereses do movimento na sua totalidade." (2)



O internacionalismo da clase obreira defende a unidade e a cooperación fraternal de todos os explotados contra todos os seus explotadores; dirixe-se a todos os que son explotados e oprimidos polo capital -aos escravos das colónias, ás masas campesiñas, ás nacións dependentes e neocoloniais, a todas as nacións oprimidas e dominadas polo imperialismo-.

Desde 1917, a revolución proletária mundial englobou a unidade e a acción común de tres frentes: En primeiro lugar, a consolidación dos Estados socialistas; en segundo lugar, a loita do proletariado contra o capitalismo; e en terceiro lugar, as loitas de liberación nacional dos povos oprimidos contra o colonialismo e o imperialismo.

Enormes progresos tiveron lugar nos 160 anos posteriores á publicación do Manifesto Comunista. O cume situa-se ao remate da Segunda Guerra Mundial, co nacimento dun poderoso campo de Estados socialistas, completado polas nacións recentemente independizadas. En 1948, xusto cen anos despois da publicación do Manifesto, a clase obreira reinaba sobre un tércio da superfície do planeta e sobre unha cuarta parte da povoación mundial. Isto representa un desenvolvimento histórico incomparável. Nada, nen os reveses que seguiron ao afundimento da Unión Soviética e do bloco dos países socialistas do leste, poden escurecer estas realizacións. A Revolución de Outubro, seguida do xurdimento do campo socialista após a Segunda Guerra Mundial, mudou o mundo para sempre, introducindo-o na era da derrota do imperialismo e da vitória da revolución proletária.

O movimento comunista internacional ten o seu xermolo na fracción da esquerda embrionária radical e comunista da Revolución francesa, na emigración militante xermana e no internacionalismo inglés obreiro e radical. Como dixo Karl Marx: "os xacobinos de 1793 converteron-se nos comunistas de hoxe." (3)

Os Demócratas Fraternais, constituidos en 1844 por refuxiados alemáns, polacos e italianos que vivian en Londres, foron reunidos o seguinte ano por eminentes dirixentes obreiros, como Ernest Jones, Cooper, George Julian Harney e outros. O perfil internacionalista dos Demócratas Fraternais expresaba-se na lenda: "todos os homes son irmáns", afirmando: "os prexuizos nacionais foron sempre aproveitados polos opresores para empurra-los a loitar entre eles no canto de loitar en común contra os opresores. Esta sociedade nega o termo "estranxeiro", calquera que sexa a persoa á que se lle aplique. O noso credo moral consiste en acoller aos nosos semellantes, sen distinción de país, como membros dunha soa família, a raza humana, e como cidadáns dunha soa comunidade, o povo."

É reconfortante ler estas liñas de hai 150 anos, comparando-as co chauvinismo mesquiño e co histerismo das masas, amparados polos centros imperialistas, fustigando aos estranxeiros, aos emigrantes económicos e aos solicitantes de asilo.

A primeira organización verdadeiramente internacional do movimento comunista internacional foi a Liga dos Comunistas que, constituida en 1847, durou até 1852, sendo os seus princípios fundamentais o internacionalismo proletário e o centralismo democrático, e para a que Marx e Engels elaboraron o Manifesto Comunista. Porén, o termo "internacional" acabou por vincular-se indisociávelmente á Asociación Internacional dos Traballadores (AIT) e, xa que logo, aceitamos considerar a esta como a primeira organización do proletariado internacional.

A fundación da Primeira Internacional

A Primeira Internacional criou-se durante unha grande manifestación popular comemorativa da insurrección polaca. Era o 28 de setembro de 1864, no vestíbulo do St. Martin, en Londres. Durou até 1872, oito anos de moito traballo.

A idea de criar a Primeira Intenacional naceu durante unha xuntanza do Consello dos Ofícios de Londres, que reunia a representantes dos traballadores franceses, polacos e alemáns, co gallo de organizaren un congreso internacional dos traballadores. Os franceses propuxeron a criazón dunha asociación permanente.

Na época, práticamente todas as organizacións reunidas tiñan ainda un feble desenvolvimento ideolóxico. As delegacións británicas eran na sua meirande parte reformistas, cos sindicatos ingleses xa baixo a influéncia dos elementos da aristocrácia obreira produto do nacimento do imperialismo británico. Os franceses eran en boa parte proudhonianos -o proudhonismo era unha ideoloxia da pequena burguesia que rexeitaba a acción política, as folgas e a loita de clases, pretendendo que, grazas á constitución de cooperativas de consumidores e bancos populares, se instalaria progresivamente o socialismo-. Unha minoria dos delegados franceses eran partidários de Blanqui, que predicaba sobretodo os métodos terroristas de loita, excluíndo todos os demais. Os alemáns eran maioritáriamente seguidores de Lasalle, partidários dunha forma de socialismo utópico que ignoraba sistemáticamente a realidade da loita de clases. Suizos, italianos e representantes do Estado español estaban influenciados polo anarquismo de Bakunin. Neste campo de batalla, Marx e Engels loitaban por aportar claridade política ao movimento obreiro.

A Asociación Interncional dos Traballadores tiña a sua sede en Londres. Cada ano, en setembro, celebraba un congreso, que constituia o seu órgao supremo. Porén, no periodo intercongresual, organizaban-se reunións nas que participaban representantes dos diversos países e nas que se tomaban decisións. A afiliación á Asociación Internacional dos Traballadores era individual.

Marx deu o seu famoso discurso inaugural durante o primeiro Congreso de Londres, en 1864. Foi adoptado polo Congreso de 1866 realizado en Xenebra. Este discurso apresentaba o programa base da Internacional:

1. A emancipación da clase obreira debe ser realizada pola própria clase obreira, "finalidade á que debe subordinar-se todo movimento político".

No seu discurso, Marx declaraba: "conquistar o poder político (...) converte-se nun importante deber da clase obreira (...) Un elemento do éxito para a clase obreira é o de ser a máis numerosa, mais o número influe só se vai unido á organización e dirixido polo saber." Esta frase contén unha grande verdade esquecida polo movimento obreiro durante, cando menos, as tres últimas décadas: o papel xogado polo saber, unha teoria revolucionária científicamente elaborada e unha organización militante da clase obreira, é dicer, un partido comunista.

2. A propriedade colectiva da indústria e da terra (Proudhon opuña-se a este último ponto).

3. O sostén dos sindicatos e das folgas. Dixo-se claramente que os sindicatos non tiñan que limitar-se a defender os salários e as condicións de traballo, senón que tamén tiñan que ser centros organizadores da clase obreira nas suas loitas políticas. Marx dixera: "mentres que os sindicatos son absolutamente indispensáveis na loita diária entre o traballo e o capital, ainda é máis importante o seu papel como instrumentos de transformación do sistema do traballo asalariado e de esnaquicamento da ditadura do capital." Naturalmente, a asociación tamén estaba en situación de coordenar accións defensivas dos traballadores sobre unha base internacional. Por exemplo: "cando empresários británicos importaban traballadores de Bélxica, Holanda e Franza para rachar as folgas dos traballadores británicos, a Consello Xeral interviria para empurrá-los a regresar ás suas casas mentres que os sindicatos británicos reembolsaban aos traballadores importados ás suas perdas de tempo despois de se negar a ser esquirois. Tamén, cando os traballadores parisinos do bronce se puxeron en folga en 1867, o Consello Xeral chamou á solidariedade do sindicalismo británico, que enviou unha cantidade de cartos de abondo como para que os obreiros parisinos gañaran esa batalla." (4)

4. A Internacional tamén se posicionou no tocante ás cooperativas. Tiñan-se postas grandes esperanzas no seo das organizacións obreiras no movimento cooperativo. Este movimento non só foi defendido polos proudhonianos, tamén polos partidários de Lassalle en Alemaña e de Owen en Inglaterra. Marx observa nun discurso: "mália que se destacaron nun princípio, e son úteis na prática, as cooperativas, confinadas no círculo estreito dos esforzos ocasionais dos traballadores privados, xamais poderán deter o crecimento en progresión xeométrica do monopólio, liberar ás masas ou, cando menos, diminuir dalgún xeito o peso das suas misérias(...)." Eis a razón pola que o Congreso no seu informe afirma: "O movimento cooperativo é incapaz, sen axuda exterior, de realizar unha transformación da orde capitalista da sociedade (...). É por isto polo que os traballadores deben apoderar-se do poder administrativo, arrincá-lo das mans dos capitalistas e dos grandes proprietários."

5. A Internacional declarou-se partidária dunha loita por unha lexislación protectora do traballo, mália as vacilacións dos que consideraban que estas reformas eran perigosas porque só facian un chisco máis confortável o capitalismo. O discurso inaugural declarou que: "o proxecto de lei a favor das dez horas non só foi un grande éxito prático; foi a vitória dun princípio, foi a primeira vez que, a plena luz do dia, a economia política da clase meia cedeu ante a economia da clase obreira."

6. A necesidade para a clase obreira de ter o seu próprio partido. O Congreso de 1871, que se realizou na Haya, resolveu: "no seu combate contra as forzas colectivas das clases posuidoras, o proletariado só pode actuar como unha clase se organiza as suas forzas nun partido político independente que traballe en oposición a todos os antigos partidos formados polas clases posuidoras. Tal organización do proletariado como partido político é indispensável para realizar o triunfo da revolución social e, por riba de todo, acadar o seu fin último, a abolición das clases."

7. A propósito da cuestión das nacionalidades, o Congreso insistiu na necesidade de soster a loita dos países oprimidos contra os seus opresores -por exemplo, a loita de liberación irlandesa-.

8. No tema da guerra e a paz, o Congreso opuxo-se a todas as guerras de submisión levadas polas clases dirixentes e reclamou a supresión dos exércitos profisionais que debian ser reemprazados por milícias populares. No seu discurso inaugural, Marx declarou: "se a emancipación das clases obreiras demanda a sua competéncia fraternal, como van cumprir esta importante misión cunha política exterior que persigue intencións criminais, xoga-se aos prexuizos chauvinistas e estraga en guerras de pirataria o sangue e a riqueza do povo?"

Abonda considerar, á luz desta cita, a resposta de diversas organizacións supostamente comunistas á guerra levada polo imperialismo anglo-americano contra Iraq.

Tamén na prática, a Primeira Internacional loitou contra a guerra e, especialmente, contra a guerra francoalemana de 1870-1871, na que Bebel e Wilhelm Liebknecht, dirixentes do Partido Socialdemócrata de Alemaña, fundado un ano antes en Eisenach, votaron contra os créditos de guerra sendo perseguidos por traición.


A guerra franco-prusiana acarreou o afundimento de Napoleón, acelerado pola insurrección posta en marcha pola guerra, e a instauración da república. O Consello Xeral considerou que os traballadores franceses tiñan que defender a nova república e non tentar derrubá-la, mais cando, baixo Thiers, o novo governo entregou aos alemáns un París asediado e quixo desarmar á Garda Nacional, o povo de París criou a Comuna de París, o 18 de marzo de 1871, e detentou o poder durante seis semanas. A Internacional fixo todo o posível por defendé-la.



Após a derrota da Comuna, afogada en sangue pola burguesia, Marx tirou unha lizón importante para a clase obreira: a tarefa "non consistia, como antes, en trasladar a máquina burocrática e militar dunha man a outra, senón en esnaquizá-la." (5)

Na mesma carta, Marx afirmaba: "grazas ao combate de París, a loita da clase obreira contra a clase capitalista e o Estado capitalista entrou nunha nova fase. Calquer que sexa a saída, obtivemos un novo ponto de partida dunha importáncia histórica universal." (6)

A derrota da Comuna, porén, remata coas condicións que facian posível a continuación da Primeira Internacional. Non só esta derrota debilita o movimento obreiro, senón que os anarquistas no seo da Internacional intensifican as suas actividades fraccionalistas. Os problemas acadan o paroxismo no momento do Congreso da Internacional, na Haia, en 1872. Duas cuestións ocuparon o centro da batalla, neste famoso congreso. En primeiro lugar, a cuestión do centralismo democrático ou os poderes da Consello Xeral. Debia ser este o estado maior xeral da asociación ou, simplesmente, unha oficina estatística e de correspondéncia? Sobre esta cuestión os anarquistas lanzaron os seus ataques contra Consello Xeral, cualificando-a de "autoritário" e "ditatorial". No seu discurso a prol dunha alianza, Marx, caracteriza o centralismo democrático como o representante da autoridade moral, repondendo aos anarquistas: “quen, agás os noso inimigos, sospeita dos poderes do Consello Xeral? Posue unha burocrácia? Ten unha policia armada grazas a que logra impor obediéncia? Non é a sua autoridade esencialmente moral?"

A segunda cuestión do Congreso da Haia trataba da acción política e da organización da clase obreira. Verbo desta cuestión, o Congreso adoptou unha resolución que insistia na necesidade dun partido político independente, exclusivo da clase obreira, como condición prévia e indispensável para a vitória da revolución proletária. A propósito das actividades fraccionalistas do anarquista Bakunin e dos seus seguidores, o Congreso criou unha comisión encarregada de elaborar un informe sobre a su conduta. Esta comision considerou fundadas as acusacions contra o bakunismo e recomendou a sua expulsión. A recomendación foi tida en conta e levada á prática. Por mor das perturbacións causadas polos anarquistas, Marx e Engels pularon por unha resolución que pretendia trasladar a Consello Xeral a América. Esta resolución, aprobada, tamén provocou a retirada dos blanquistas da Internacional. Isto marcou a fin da Internacional, oficialmente disolta en 1876 cando o Congreso reunido en Filadélfia congregou tan só a un delegado estranxeiro.

Esta disolución non foi motivo de mágoa para Marx e Engels. Marx escrebeu-lle a Sorge, o 27 de setembro de 1873: "ollando as condicións europeas, é beneficioso que a organización formal da Internacional regrese a un segundo plano por un tempo (...) Os acontecimento e o xiro das cousas asegurarán unha reaparición da Internacional baixo unha forma mellorada (...) É máis, isto trastocará os cálculos dos governos do continente ao non poder botar man do espéctro da Internacional durante a iminente cruzada reaccionária; ademais, por todas partes, a burguesia considerará que a Internacional deixou de ser un problema."

O significado histórico da Primeira Internacional

A Primeira Internacional, guiada polas ensinanzas do marxismo e dirixida directamente por Marx e Engels, permanecerá sempre como fonte de inspiración para o movimento obreiro. As feblezas que a acompañaron eran indisociáveis ao estádio elemental do movimento organizado da clase obreira. Porén, temos a obriga de resaltar a importáncia, o sentido da iniciativa e a sua influéncia en cada cuestión política mundial no curso dos oito anos da sua existéncia e a postura brillante nas principais cuestións da loita económica e política debatidas até entón sen grande precisión, como por exemplo: os obxectivos do programa da clase obreira, o poder político e a propriedade común, as cuestión de táctica e o papel dos sindicatos e das organizacións de partido ou o centralismo democrático. Estas análises converteron-se nun legado imperecedoiro, un verdadeiro tesouro para a posterior evolución do movimento obreiro. Como consecuéncia directa das suas actividades, da sua organización e da sua influéncia, numerosos partidos da clase obreira ian aparecer co obxectivo de realizar o socialismo baixo a guia do marxismo. Sen exaxerar, podemos dicer que o movimento obreiro internacional e o comunismo moderno son os descendentes da Primeira Internacional.

Engels escrebeu: "durante dez anos, a Internacional dominou unha etapa da história europea -na que se apoia o futuro- e podemos considerar o traballo cumprido. Mais na sua anterior forma non vale para nada. Coido que a vindeira Internacional -despois da influéncia exercida durante anos polos escritos de Marx- será directamente comunista e que proclamará os nosos princípios con precisión." (7)

A Segunda Internacional ia só cumprir parcialmente as prediccións de Engels xa que a teoria marxista, sendo aceitada en princípio nas suas partes fundamentais, foi cada vez máis corrompida polo reformismo e o revisionismo no seo dos principais partidos da clase obreira de Europa ocidental e central, afundindo-se totalmente en 1914. A predicción de Engels, porén, ia-se realizar plenamente coa fundación, en 1919, da Internacional Comunista. Antes de falar do Komintern centremos brevemente a nosa atención na Segunda Internacional.

2. A SEGUNDA INTERNACIONAL

"A Segunda Internacional (1889-1914) foi a organización internacional do movimento obreiro caracterizada polo progreso cuantitativo, o que provocou unha diminución do nível revolucionário e unha intensificación do oportunismo, o que levou á quebra vergonzosa desta Internacinoal." (8)

Nas loitas entre o marxismo, dunha banda, e teorias diversas e rivais, como o proudhonismo ou o anarquismo, pola outra banda, a Primeira Internacional estabeleceu a supremacia do marxismo. En 1869, o Partido Social-demócrata de Alemaña, fundado por Eisenach, afiliou-se á Primeira Internacional. En 1890 recebeu meio millón de votos, un 20% do total, na eleizóns alemanas. Partidos semellantes da clase obreira foron fundados en numerosos países. Xa que logo, as condicións eran óptimas para a fundación dunha nova Internacional da clase obreira. O 14 de xullo de 1889 (centenário da toma da Bastilla), os partidos marxistas convocaron en París un Congreso Internacional dos Traballadores co fin de fundar unha organización permanente.


467 delegados de 20 países asistiron ao acto. Así foi criada a Segunda Internacional. Na bandeira vermella que presidia o Congreso podia-se ler: "Proletários de todos os países, unide-vos!" Outras reclamacións estaban vivas no Congreso: "Expropriación política e económica da clase capitalista! Socialización dos meios de producción!"

O Congreso fixou o Primeiro de Maio como dia internacional do traballo. Durante o seu Terceiro Congreso, en Zurich (1893), a Segunda Internacional engadiu o obxectivo da xornada de oito horas e o da "revolución social" (corrixindo "transformación social" a petición dos alemáns). Este compromiso ilustra ben os métodos demasiado familiares da Segunda Internacional, nos que unha retórica en princípio revolucionária servia únicamente para agachar o oportunismo da sua prática.

O combate contra o anarquismo

Durante os sete primeiros anos da sua existéncia, os anarquistas participaron na Segunda Internacional, mália o feito de que os sucesivos congresos desta estabelecian os princípios da acción política e da conquista do poder político da clase obreira -fins aos que que os anarquistas se opuñan. Estes eran partidários da abolición imediata do Estado, eran inimigos da ditadura do proletariado, da reforma eleitoral e dos partidos políticos da clase obreira.

A batalla entre o marxismo e o anarquismo durante este periodo foi descrita así por Lenin: "Porque, nesa época, após a derrota da Comuna de París, a história demostrara a necesidade dun traballo lento de organización e educación. Non era posível outro traballo. Os anarquistas tiñan (e ainda teñen) moita culpa tanto do ponto de vista teórico como en matéria económica e política. Tiñan unha idea errada da época, por non ter comprendido a situación internacional: o obreiro inglés corrompido pola propaganda imperialista, a Comuna de París esmagada, o movimento nacional burgués recen triunfante (1871) en Alemaña e unha Rúsia semifeudal que durme un sono secular.

"Marx e Engels aportaron unha xusta apreciación desta época: comprenderon a situación internacional, comprenderon a necesidade dunha preparación lenta da revolución social.
" (9)

Lenin engade que o princípio de "lentitude", anque adaptado a esa época, non era un princípio eterno aplicável a cada época. A sua posición sempre estaba en garda: "non imitemos a estes pseudomarxistas sobre quen Marx dicia: sementei dragóns e colleitei pulgas." (10)

Despois de que no Congreso de Zurich, cando se aprobou a necesidade da "acción política" da clase obreira co fin de achegar os seus intereses e gañar o poder político, os anarquistas abandonaron o mesmo protestando. Engels, presente no Congreso, insistiu no discurso de peche na necesidade de separar-se organizativamente dos anarquistas, algo que sucedeu. O Congreso de Londres, en 1896, impuxo condicións á afiliación que excluían aos anarquistas.

A loita contra o revisionismo

O revisionismo apresentaba esa época, cunha guerra ás portas e revolucións, como unha era de harmonia crecente na que as contradiccións diminuian, sendo necesário a revisión do marxismo, considerando-o obsoleto á luz das condicións do século XX. A base do reformiso e do revisionismo situaba-se, con toda evidéncia, nas condicións materiais criadas polo imperialismo que, coa hiperexplotación dos povos e das nacións oprimidas, estaba en posición de utilizar unha parte dos benefícios para mercar a unha parte da clase obreira, a artistocrácia obreira do traballo, aliando-se esta coa burguesia.

Xa en 1877 Marx avisara de que "un espírito corrompoido fai-se notar no noso partido en Alemaña, non tanto entre os traballadores como entre os dirixentes" e anunciaba que "toda unha banda de estudantes semi-maduros e doutores diplomados e excepcionalmente sábios" ameazaban con reemprazar a base material do socialismo, que require de análises sérias, por "unha mitoloxia moderna, coas suas deusas da xustiza, da liberdade, da igualdade e da fraternidade". (11)

A obra Crítica do programa de Gotha, de 1875, na que Marx criticaba con fúria os compromisos selados entre seguidores do Partido Socialdemócrata de Alemaña e os lassalleanistas -"no nome dos intereses da unidada", naturalmente-, foi proscrito durante 16 anos polo partido alemán. En 1891, nas críticas cortantes de Engels verbo das debilidades do proxecto de programa de Erfurt, avisaba da ameaza do oportunismo e de como este "comeza a propagar-se nunha grande parte da imprensa socialdemócrata", "que sucederá se no momento decisivo reina a confusión e a auséncia de unidade sobre os pontos fundamentais, xa que estas cuestións endexamais se discutiron?"

"Este esquecimento das pontos esencias para centrar-se nos intereses pasaxeiros diários, esta carreira por éxitos efímeros sen preocupar-se polas consecuéncias posteriores, este abandono do futuro do movimento sacrificando-o por trunfos pontuais, todo isto posívelmente veña dado por motivos honrados. Mais isto é oportunismo. O oportunismo "honrado" probávlemente sexa o máis perigoso dos oportunismos." (12)

Esta crítica, enviada por Engels a Kautsky, non foi publicada até dez anos despois e, cando saiu á luz, a ofensiva revisionista dirixida por Bernstein xa dominaba no movimento obreiro. En 1914 este oportunismo vai dar lugar a unha traición aberta con respeito á clase obreira.

Pouco antes de finar, Engels escrebeu o seu famoso prefácio de As Loitas de Clases na Franza, de Karl Marx. Neste traballo, datado o 6 de marzo de 1895 (Engels morria o 5 de agosto), analisaba-se dous métodos da loita revoluciónaria -o pacífico e o non pacífico- nas condicións que prevalecian a finais do século XIX e comezos do XX. A dirección do Partido Socialdemócrata de Alemaña, hostil a este prólogo, borrou os parágrafos chave, resultando que a idea de Engels de combinar os métodos pacíficos cos non pacíficos foi reemprazada por unha doutrina unilateral de rexeitamento da vella táctica revolucionária das barricadas -supostamente "pasada de moda"- e na que se recomendaba a legalidade en calquer condición. Esta total deformación modificou o sentido do prefácio, dando-lle exactamente o sentido contrário ao que buscaba Engels. Esta versión manipulada foi posta en circulación durante trinta anos pola socialdemocrácia de direitas, que a fixo pasar polo testamento político de Engels e, na nacente época imperialista, axudou a abrir as portas ao oportunismo e ao cretinismo parlamentar e legal. Houbo que agardar a 1924 a que o texto orixinal fose descuberto e publicado polo Instituto Marx-Engels de Moscova. Engels protestou enérxicamente contra esta falsificación. Xa durante a sua enfermidade, escrebeu a Kautsky, o 1 de abril de 1895:

"Ante o meu asombro, atopo hoxe publicado, no Vorwärts, un anaco do meu prefácio -sen que ninguén me comunicara nada- mutilado de tal xeito que me converten nun adorador pacifista da legalidade custe o que custe. Desexo ferventemente que o prefácio sexa publicado íntegro co fin de que esta escandalosa versión sexa liquidada."

Baixo a dirección de Kautsky, a Internacional combateu a Bernstein. Durante o Congreso de Amsterdam, en 1904, houbo un longo debate teórico, e no Congreso do Partido Socialdemócrata de Alemaña, en Dresde, en 1905, a resolución seguinte foi aprobada por unha maioria esmagadora: "O Congreso condena radicalmente as tentativas revisionistas para modificar as tácticas aplicadas até agora con constáncia e éxito e que se basean na loita de clases. Os revisionistas procuran reemprazar a conquista do poder político por meio da derrota dos nosos adversários por unha política que respeite máis ou menos o estado das cousas. A consecuéncia desta táctica revisionista seria facer do noso partido, que traballa pola transformación da orde burguesa pola orde socialista, é dicer, un partido revolucionário no mellor sentido, nun partido que únicamente se satisfaga con reformar a sociedade burguesa."

Mália esta linguaxe explícita, os revisionistas foron autorizadas a ficar no seo da Segunda Internacional e do Partido Socialdemócrata de Alemaña, pésie ao abandono das doutrinas fundamentiais do marxismo. Kautsky lanza-se á procura de fórmulas que limen as diferenzas entre os revisionistas e os revolucionários. Como hipercentrista, Kautsky tenta combinar as análises teóricas marxistas coas escapatórias pontoais, deixando así aberta a porta á podredume revisionista. Isto contrasta coa posición de Lenin que recoñecia, con razón, que era absolutamente inútil conservar a unidade cos que, de facto, estaban no campo oposto. No mesmo ano do Congreso de Dresde, o Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia celebrou o seu Terceiro Congreso, que desembocou na aparición do bolchevismo como tendéncia política separada organizativamente do menchevismo, constituindo-se en partido aos poucos anos.

Unha mostra clara do oportunismo instalado na Segunda Internacional foi a autorización concedida para somar-se ao proxecto ao Partido Laborista inglés en 1908, mália o feito de que esta organización non aceitaba exprésamente a loita de clases. A Internacional considerou que o Partido Laborista, na prática, dirixia a loita de clases, polo que foi aceitado sobre esta base.

A Segunda Internacional e a política colonial

A natureza propensa á colaboración de clase de numerosos membros da Segunda Internacional manifestou-se ainda máis claramente no tema do colonialismo. Teóricamente, a Segunda Internacional era totalmente hostil ao colonialismo. Porén, no Congreso de Stuttgart de 1907, Van Kol, defendido por Bernstein, denunciou o que chamaba o anticolonialismo negativo dos congresos precedentes. Os revolucionários, mália esta intervención, emitiron unha resolución que confirmaba a política anticolonialista e que foi aprobada por 127 votos contra 108. É significativo que unha minoria importante fose quen de facer valer a sua posición minoritária. Así descrebe o feito Palme Dutt en L'Internacionale: "era significativo que o ponto de vista da minoria (maioritário no seo da Comisión), que proclama que "o Congreso non rexeita, en princípio, toda política colonial que baixo un rexime socialista poderia cumprir un papel civilizador", tivera tantos apoios. Ainda máis significativa foi a liña divisória. O voto a prol dunha "política colonial socialista" reunia aos representantes de todas as poténcias coloniais europeas, agás Rúsia: é dicer, a maioria dos representantes ingleses e franceses e todos os de Alemaña, Aústria, Bélxica, Holanda, Suécia, Dinamarca e África do Sul (un partido composto únicamente por brancos). A maioria que rexeitaba o colonialismo reunia a Rúsia, Xapón e os Estados Unidos." (13)

A Segunda Internacional e a Guerra

A Segunda Internacional adoptou várias resolucións hostís á guerra, ainda que un bon número de membros, en vista da relativa comodidade na que vivian nos países imperialistas, coidaban que o capitalismo se "estabilizara", e non pensaban probável a guerra. Algúns até interpretaron as alianzas militares entre certos países capitalistas como alianzas que garantizarian a paz! A resolución aprobada en Stuttgart, en 1907, sobre esta cuestión dicia: "Se hai ameaza de guerra, é o deber da clase obreira e dos seus representantes parlamentares nos países implicados concentrar todos os seus esforzos en impedir esta guerra, utilizando os meios apropriados, os cais, evidentemente, variarán dependendo do grau de intensidade da loita de clase e da axitación política xeral.

"Se empeza a guerra, é un deber intervir para pará-la, e utilizar a crise económica e política provocada pola guerra para radicalizar ás masas e adiantar a queda do poder da clase capitalista
." Esta resolución foi adoptada por unanimidade, e reafirmada nos congresos de Copenague (1910) e Basilea (1912).

Mália estas votacións, cando comezou a Primeira Guerra Mundial, un elevado número de paritdos defendeu aos "seus" governos burgueses, virando-lle as costas aos acordos da Internacional.

Como mostra o caso inglés. O 2 de agosto de 1914, efectuou-se un acto en Trafalgar Square onde vários dirixentes laboristas lanzaron consignas contra a guerra, chegando a publicar un manifesto chamando á clase obreira a "organizar grandes manifestacións contra a guerra en cada centro industrial e forzar á clase dirixente e á sua imprensa a respeitar a decisión da maioria do povo que non participará desta infámia e que non obterá nengún benefício." Tan só un dia despois a guerra foi declarada. Os oradores que falaran contra a guerra, así como os asinantes do Manifesto, defenderon ao governo inglés. A grande maioira dos partidos dos países imperialistas tamén defenderon aos "seus" governos durante esta guerra -o Partido Socialista Francés, o Partido Socialdemócrata de Alemaña, o Partido Socialdemócrata de Aústria, o Partido Obreiro Belga, o australiano e o de África do Sul. Os que seguiron defendendo as resolucións da Internacional contra a guerra foron os bolcheviques, o Partido Socialdemócrata de Hungria, o Partido Obreiro Socialdemócrata de Bulgária, o Partido Socialista Italiano e o Partido Socialista dos Estados Unidos. O efecto contaminante do imperialismo sobre o movimento obrerio foi manifestamente eficaz.

Os crimes dos colaboradores de clase durante a guerra, e tamén máis tarde, non se limitaron a colocar-se no bando da burguesia . Arthur Henderson, do Partido Laborista inglés, foi un dos responsáveis da execución do líder revolucionário irlandés, James Connolly, como consecuéncia da represión da insurección irlandesa de Páscua en 1916. Os socialdemócratas alemáns Sheidemann e Noske asasinaron aos revolucionários Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo. Na Rúsia, os mencheviques e os socialrevolucionários aliaron-se con Koltchak e Denikine para derrubar o rexime socialista. Estas tendéncias reflectian a natureza de clase da aristocrácia obreira e da pequena burguesia dos partidos en cuestión.



Desde entón, a socialdemocrácia foi un axente contrarrevolucionário do imperialismo para difamar e deformar o marxismo nunha groseira representación deliberadamente falseada e, tamén, foi un meio para esmagar as revolucións da clase obreira e axudar ao fascismo na sua subida ao poder.

O derrube da Segunda Internacional

Esta crise foi definitiva e acabou coa Segunda Internacional, da que marcharon todos os revolucionários. Os partidos contrários á guerra decidiron organizar unha conferéncia en Zimmewald, na que Lenin procurou que os debates servisen para unha correcta comprensión da guerra.

"A análise de Lenin eliminou toda confusión. Para comezar, amosou o carácter imperialista da guerra, lembrando a resolución de Basilea. En segundo lugar, clarificou a atitude marxista con respeito ás guerras; a distinción entre guerras xustas e inxustas; a necesária avaliación de cada guerra con respeito a que clase está detrás. Denuncioiu a mentira do alegato da "defensa da nación", utilizado polo imperialismo para os seus fins. Mentres as masas populares foron chamadas a combater e dar as suas vidas no nome da Defensa Nacional, os seus dirixentes combatian en realidade por outros obxectivos menos confesáveis: colmar as suas ambicións coloniais e redividir o mundo (...)" (14)

En Zimmerwald, baixo a dirección de Lenin, as tarefas dos socialistas foron definidas así: "1. Negativa incondicional a votar os créditos de guerra e retirada imediata de todos os socialistas dos governos burgueses. 2. Rexeitamento de todo acordo coa burguesia. 3. Criazón de organizacións ilegais nos países onde non existen e onde o traballo no seo das organizacións legais sexa difícil. 4. Defensa da fraternidade entre os soldados da frente. 5. Defensa de todas as accións revolucionárias das masas proletárias." (15)

Porén, pronto foi evidente que na nova organización xurdida en Zimmerwald tamén estaba invadida por xente que casaba co socialismo de palavra, mais que o abandonaba cando habia que levá-lo á prática. "Xustificaban" a sua deserción no nome da unidade cos socialchauvinistas e polo interese en manter a influéncia sobre a "xente ben" que se asociaba cos partidos colaboradores de clase despois de ser enganados pola sua fraseoloxia pseudorrevolucionária. Como dixo Lenin, a maioria da organización de Zimmerwald estaba constituída por un grupo de centristas kautskistas: "Sabemos do abismo que separa aos socialistas que permanecen fies ao manifesto de Basilea e que repostan á guerra coa propaganda e coa preparación da revolución socialista, cos socialchauvinistas que na guerra defenden á "sua" burguesia nacional. Consideramos inxénuas e hipócritas as tentativas feitas para "reconciliar" estas duas correntes." "Vemos os lamentáveis intentos neste sentido por parte da terceira corrente do socialismo mundial, a corrente chamada "centrista" ou kautskista (polo nome do representante máis famoso do "centro", Karl Kautsky). Nestes tres anos de guerra, esta corrente manifestou en todos os países a sua total falta de ideas e a sua impoténcia. Así foi como os acontecimentos deron lugar en Alemaña á separación entre os seguidores de Plejanov e os de Kautsky, que formou o seu próprio partido, baptizado como "socialdemócrata independente". Pero este partido non se atreve a tirar as lóxicas conclusións, recomenda a "unidade" cos socialchauvinistas no plano internacional, continua engando ás masas obreiras mantendo á esperanza no restabelecimento dunha unidade deste xénero en Alemaña, frea a xusta táctica proletária, a da loita revolucionária contra o "seu" governo, tamén na guerra, unha loita que pode e debe modificar as suas formas pero que non pode ser rexeitada a un segundo plano." En Zimmerwald, os revolucionários constituen-se en facción, cunha organización própria destinada á loita revolucionária. Lenin, pola sua banda, insistia na constitución dunha terceira Internacional limpa de todo tipo de colaboradores de clase. As vitórias das revolucións de fevreiro e outubro en Rúsia, animaron os desexos dun grande número de partidos por constituir a nova Internacional. Lenin, disposto a rexeitar a calquer que trouxese algunha influéncia oportunista, estabeleceu 21 condicións de admisión.

A guerra e a revolución de Outubro evidenciaron a total nulidade da Segunda Internacional. Antes de pasar a falar da terceira, a Internacional Comunista, é útil resumir brevemente as realizacións e as debilidades da Segunda Internacional.

As realizacións da Segunda Internacional

Durante os seus 25 anos de existéncia, asistimos ao desenvolvimento dun movimento socialista de masas baseado no marxismo en todos os países capitalistas europeus, nos Estados Unidos, Canada, Xapón, Arxentina, Austrália e África do Sul (aquí conformado únicamente por brancos). A afiliación meia detes partidos marxistas acadou a cifra de 4 millóns de membros, conseguindo 12 millóns de votos parlamentares. O oportunista Partido Laborista inglés era o máis importante, con millón e meio de membros, e o partido alemán, con más dun millón de afiliados, era o segundo en importáncia. Doce millóns de sindicalistas afiliaron-se á Federanción Internacional dos Sindicatos. Tamén estaban ligados á Segunda Internacional o Consello Internacional das Mulleres, con Clara Zetkin como secretária, e unha organización da mocidade. O marxismo foi recoñecido por todos os partidos, agás o Partido laborista inglés, como a expresión teórica do movimento obreiro. Un enorme traballo de propaganda, de educación e de axitación socialista extendeu a influéncia do marxismo, axudando á formación de toda unha xeración que, moitos deles, formarian máis tarde os partidos comunistas.




As feblezas da Segunda Internacional

A Segunda Internacional significou o principal desenvolvimento legal e pacífico do movimento obreiro nos principais países europeus desde a queda da Comuna de París ate 1914. Após o fracaso da Revolución de 1848, cando o capitalismo comezou un periodo de desenvolvimento con forzas anovadas e cando a idea da toma directa do poder pola clase obreira se fixo irrealizável, Marx e Engels, enfrontando-se á realidade, indicaron a via para preparar as futuras batallas revolucionárias para tomar o poder; o traballo preparatório necesário que consistia en erguer e consolidar organizacións obreiras e en desenvolver a conciéncia de clase e a conciéncia política através das loitas de partido e o combate polo democrácia e polas reformas económicas. Porén, durante este longo periodo de desenvolvimento, e baixo a influéncia do oportunismo favorecido pola corrupción imperialista, o obxectivo final do proletariado foi perdendo-se de vista.

Mentres que Marx e Engels chamaban á clase obreira a que non esquecezan nunca que a sua loita pola democrácia e polas reformas non era máis que un traballo cuxo obxectivo era reforzar a sua organización e a sua conciéncia de clase para preparar as futuras batallas decisivas contra o capitalismo, os oportunistas da Segunda Internacional transformaron esta loita pola democrácia e polas reformas nun fin en si mesmo.

Para expresá-lo coas verbas de Lenin: "durante o longo proceso de desenvolvimento pacífico do capitalismo, o obxectivo desta loita preliminar, deste periodo de organización da loita, foi esquecido, o meio para acadar o fin foi convertido no próprio fin."

Isto posibilitou a emerxéncia das principais feblezas da Segunda Internacional, feblezas que a conduciron ao seu afundimento en 1914. Eran estas:

1. Unha febleza teórica que permitia a coexisténcia pacífica entre o marxismo e o oportunismo, através de distorsións teóricas do marxismo e de resolucións sobre asuntos de pouca importáncia. Á marxe dos bolcheviques, a maioria dos partidos da Segunda Internacional foron incapaces de rachar co oportunismo -todo isto no nome da unidade do partido. Os centristas, dirixidos por Kautsky, desenvolveron un papel fundamental reconciliando o sector revolucionário co oportunista.

2. A febleza organizativa. Mentres que a Primeira Internacional funcionaba como unha dirección internacional centralizada do proletariado, cunha autoridade democráticamente elexida por todas as seccións nacionais, a Segunda Internacional non contaba con nengún órgao central. En 1900 estabeleceu-se a Oficina Socialista Internacional en Bruxelas, mais non cumpria nengún papel de dirección internacional e non tiña nengunha autoridade sobre as seccións nacionais. Este "centro" limitou-se ao papel de "intercámbio de correo", de centro técnico para a preparación de congresos, de arquivo e de publicación dos debates -unha asociación de discusión livre que reunia partidos distintos, onde cada un perseguia a sua própria via. Isto favorecia a proliferación virulenta das tendéncias oportunistas e chauvinistas, criando a base inevitável do seu afundimento en 1914.

3. A reducida base da sua organización e a sua procedéncia, esencialmente clase obreira dos principais países imperialistas que reflectia, ao igual que a dirección, o perfil da aristocrácia obreira destes países, constituia unha debilidade que aseguraba unha morte certa. Existia un abismo entre os seus discursos, as suas resolucións e os seus actos, a sua prática. Por exemplo, as resolucións contra o colonialismo convivian coa total negación do significado revolucionário das loitas de liberación nacional dos povos de Ásia, África e América Latina que padecian, baixo a bota do imperialismo, a submisión e a explotación colonial. Incongruéncia esta coa que Lenin e a Terceira Internacional rematarian.

Así descrebe Stalin, coa sua carácterística claridade, a "duplicidade e as meias medidas" da Segunda Internacional sobre a cuestión da emancipación colonial: "Noutros tempos, a cuestión nacional foi limitada a un estreito círculo de problemas que principalmente concernian ás nacións "civilizadas". Irlandés, húngaro, polaco, finlandés, sérbio e outras nacións de Europa, tal era a categoria dos povos que non gozaban de plenos direitos polos que se interesaban os grandes homes da Segunda Internacional. As decenas e centenas de millóns de persoas dos povos de Ásia e de África que padecian a opresión nacional baixo a sua forma máis brutal e máis feroz, ficaban normalmente fora do campo de visión. Non se podia poñer no mesmo plano aos brancos que aos negros e aos "non civilizados". Duas ou tres resolucións valeiras de sentido, que eludian a cuestión da liberación das colónias, foi todo do que podian presumir os homes da Segunda Internacional. Hoxe, esta dualidade e esta indecisión na cuestión nacional deben ser consideradas como liquidadas. O leninismo esnaquizou a parede que separaba a brancos e negros, europeus e asiáticos, escravos "civilizados" e "non civilizados" polo imperialismo, e relacionou así a cuestión nacional coa cuestión das colónias." (17)

A TERCEIRA INTERNACIOAL: COMUNISTA

"A Primeira Internacional estabeleceu os fundamentos da loita proletária e internacional polo socialismo.

"A Segunda Internacional foi unha fase de preparación do terreno para propagar amplamente o movimento entre as masas de moitos países.

"A Terceira Internacional recolleu os frutos do traballo da Segunda Internacional, desfixo-se da chusma burguesa e da pequena burguesia, oportunista e socialchauvinista e comezou a realizar a ditadura do proletariado
." (18)

Anque fundada en marzo en 1919, a instauración da Terceira Internacional foi explícitamente proclamada por Lenin en novembro de 1914, cando escrebeu: "a Segunda Internacional morreu, derrotada polo oportunismo. Abaixo o oportunismo, viva a Terceira Internacional liberada do oportunismo!" (19)



O primeiro Congreso do Komintern estabelece con claridade os princípios do comunismio revolucionário, enfatizando a teoria marxista na época da crise xeral do capitalismo e da revolución proletária mundial, a necesidade de rachar co socialchauvinismo e o centrismo, e clarificando o límite entre a democrácia burguesa e a ditadura do proletariado.

O segundo Congreso do Komintern (xullo-agosto de 1920) adoptou as 21 condicións famosas de admisión na Internacional Comunista. Estas incluian o desligamento co reformismo, co socialpacifismo e co centrismo, o controlo estrito dos grupos parlamentares e a necesidade dunha imprensa de partido subordinada ao partido, unha actividade ampla no seo das organizacións de masas, a defensa dos movimentos de liberación nacional, a defensa incondicional de toda república soviética contra as forzas contrarrevolucionárias, o centralismo democrático e unha disciplina organizativa de ferro, a combinación do traballo legal co ilegal, a propaganda e a axitación entre as forzas armadas, o traballo nas zonas rurais, as purgas periodicas entre os membros e a aceitación da natureza apremiante das decisións do Komintern.

Ao contrário que a Segunda Internacional, o Komintern buscaba unir a todos os traballadores do mundo enteiro, sen distinción de cor ou raza: "A Internacional Comunista racha dunha vez para sempre coas tradicións da Segunda Internacional, para quen só existian os povos de pel branca. A tarefa da Interncional Comunista é liberar aos traballadores do mundo enteiro. Nas suas filas, os povos de pel branca, amarela e negra están fraternalmente unidos." A importáncia do segundo Congreso radica en que estabeleceu a constitución e as reglas da organización, así como en formular teses sobre unha morea de cuestións importantes, como o parlamentarismo, o sindicalismo, a cuestión agrária, a cuestión nacional e colonial e o papel do partido comunista.

Así como as condicións de admisión que promulgou Lenin eran moi estritas, a Internacional, como calquer partido comunista, debia depurar o oportunismo, e cada un dos partidos que a formaban debia loitar sen trégua para gañar á clase obreira para a política revolucionária proletária.

Até 1914 existiron diversas tendéncias opostas no seo dunha única Internacional, desde os ingleses da Fabian Society até os bolcheviques. Sempre era posível tratar as tendéncias erróneas e oportunistas como tendéncias no seo do movimento obreiro. A guerra de 1914 e ainda máis a revolución de outubro ian colocar estas tendéncias noutro lado das barricadas.

Cando Henderson aplaude a execución do lexendário James Connolly, cando Sheidemann e Noske asasinan a Liebknecht e Rosa Luxemburgo, cando os mencheviques e os socialrevolucionários se asocian coa Garda Branda de Koltchak e Kenikine para loitar contra a revolución de outubro..., seria ridículo tratar a socialdemocrácia como unha simples tendéncia errónea do movimento obreiro e tentar buscar a unidade con ela. Convertera-se nun axente declarado da burguesia e nun inimigo recoñecido do proletariado revolucionário, e así era como habia que tratá-la: como un inimigo mortal da clase obreira.

Porén, isto non significaba de nengún xeito retirar-se das organizacións de masas que tiñan unha dirección reaccionária nen a negativa absoluta a asinar compromisos concretos coa clase inimiga. O mesmo Lenin, que demandaba a pureza revolucionária no seo do partido revolucionário e da Internacional, non tiña problemas en chegar a algún acordo cun reaccionário se isto contribuia a facer progresar a causa da clase obreira. Así escrebe Lenin verbo da alianza pontoal cos monárquicos franceses en 1918:

"Cando, en fevreiro de 1918, as hienas do imperialismo alemán lanzaron as suas tropas contra a desarmada Rúsia que, confiada na solidariedade internacional do proletariado, desmobilizara as suas forzas agardando a que madurasen as condicións para a revolución internacional, non vacilei nen un só instante en "entender-me" cos monárquicos franceses. O capitán francés Sadoul, que simpatizaba de palavra cos bolcheviques, pero que de feito servia ao imperialismo francés, apresentou-me a oficial francés Lubersac: "Son monárquico, o meu único fin é a derrota de Alemaña", declarou-me Lubersac.

"Non fai falla que o diga", respostei. Isto non foi óbice para chegar a un acordo con Lubersac respeito aos servizos que nos podian prestar.

"Intercambiamos unha aperta, o monárquico francés e eu, sabendo que calquera dos dous colgaria ao seu "compañeiro" de boa gana. Pero, neses momentos, os nosos intereses coincidian. Cotra os tiburóns alemáns que nos atacaban, conseguimos aliados, tamén imperialistas, na defensa da revolución socialista rusa e internacional. Defendimos así os intereses da clase obreira de Rúsia e doutros países, reforzamos o proletariado e debilitamos a burguesia do mundo enteiro; manobramos, o que é perfeitamente lexítimo e obrigatório en toda guerra, agardando a que madurara a revolución proletária que avanzaba en numerosos países.

"E os tiburóns do imperialismo anglo-francés e americano xa poden botar sapos de cólera, caluniar-nos, gastar millóns para sobornar aos xornais socialchauvinistas, que non vacilaré un instante en chegar a acordos deste xénero cos imperialistas alemáns se nos vemos obrigados ante un ataque das tropas franco-inglesas contra Rúsia
." (20)

Os membros da Internacional, organización composta únicamente polos elementos máis avanzados da clase obreira, saben que un partido comunista constitue un foro para elaborar as mellores estratéxias e tácticas que permitan progresar. Mais é inútil ter un coñecimento perfeito das mellores estratéxias e tácticas se estas non se levan á prática. Facé-lo implica dirixir-se ás masas en todos os lugares e loitar todos os dias pola realización dos obxectivos progresistas en alianza con todos os que, esencialmente, aportarán un certo peso á loita proletária.

De nengún xeito, os comunistas poden agardar a que as ideas erróneas das organizacións de masas cámbien. Se así fora non se precisaria dun partido comunista. Despois dos ataques de Lenin contra a aristocrácia obreira e a dirección traidora dos sindicatos, houbo quen agardaba que Lenin dixera que non se debia militar nos sindicatos reaccionários en nengunha circunstáncia. Mais en A Doenza infantil do comunismo, "o esquerdismo”, Lenin ia atacar estes pontos de vista equivocados: "Nos países máis avanzados que Rúsia, manifestou-se nos sindicatos un certo espírito reaccionário moito máis forte que na nosa casa. En Rúsia, os mencheviques tiñan (e ainda teñen, ainda que nun pequeno número de sindicatos) forza nos sindicatos, precisamente grazas ao corporativismo, ao egoismo profisional e ao oportunismo. Os mencheviques de Ocidente integraron-se moito máis sólidamente nos sindicatos e na aristocrácia obreira corporativa, egoista, codiciosa, imperialista e corrompida polo imepialismo. É indiscutível (...) Esta loita debe ser despiadada e sen pausa (...) Até acabar en todos os sindicatos cos líderes do oportunismo e do socialchauvinismo. É imposível conquistar o poder político sen avanzar nesta loita (...).

Pero loitamos contra a "aristocrácia obreira" no nome das masas obreiras e para gañá-las á nosa causa; para isto combatemos aos líderes oportunistas e socialchauvinistas. Seria absurdo descoñecer esta verdade elemental. Este é o erro que cometen os alemáns de "esquerda", que abandonan os sindicatos por mor do espírito reaccionário e contrarrevolucionário destes. Que se negan a traballar neles! E queren criar novas organizacións obreiras inventadas! Irresponsabilidade que equivale a un imenso servizo dos comunistas á burguesia
." (21)

A táctica da frente unida

Contráriamente aos mitos difundidos pola socialdemocrácia e por outros axentes da burguesia, o Komintern e os partidos comunistas considerados individualmente, defendendo firmemente os princípios do comunismo e combatendo o oportunismo, pularon sempre pola criazón dunha frente unida na loita pola derrota do capitalismo.

No terceiro congreso do Komintern (1921) fixo-se a proposta de organizar unha frente unida con todas as organizacións da clase obreira, o que foi rexeitado con desprezo só polos socialdemócratas da Segunda Internacional. Esforzos dese tipo deron-se durante o periodo que directamente precedia ao ascenso ao poder do fascismo en Alemaña, en 1933. Após desertar para se unir ao campo da burguesia en 1914, a socialdemocrácia é unha tendéncia contrarrevolucionária que, cada vez que ten que optar entre a clase obreira ou a burguesia, invariávelmente fica no campo desta última.

Hai quen condena ao Komintern, máis particulamente a Stalin, por actuar sectáriamente na cuestión da socialdemocrácia, demonizando a esta e facilitando, así , o triunfo do fascismo en Alemaña. Para dar peso a esta tese, cita-se habitualmente a declaración feita por Stalin en setembro de 1924 na que di: "(...) A socialdemocrácia obxectivamente representa a facción moderna do fascismo", como tamén se bota man da análise da décima sesión plenária do Comité Executivo da Internacional Comunista, en xullo de 1929, segundo a cal, en certos países, a socialdemocrácia adquirira o carácter de "social fascismo que, cada vez máis, servia á burguesia como instrumento para paralisar a actividade das masas na sua loita contra o rexime ditatorial fascistas." O Komitern chegara a esta conclusión correcta despois de que o governo socialdemócrata prusiano de Braun e Severing proibiran a histórica manifestación da clase obreira o Primeiro de Maio, en Berlín, ordenando disparar contra os traballadores que se atreveron a manifestar-se en desafio á proibición.

Palme Dutt declara que o uso do termo socialfascismo " (...) pretendia servir de paralelo ao termo socialchauvinismo empregado por Lenin para descreber a dexenerazón da dirección socialdemócrata durante a Primeira Guerra Mundial". Continua explicando que "(...) en certos países, certas seccións da dirección socialdemócrata tiñan lazos moi estreitos co fascismo". (22) E cita os exemplos das direccións socialdemócratas de Hungria, Bélxica e Finlándia que mantiñan relacións estreitas cos nazis. Afirma Dutt que "ollando para as seccións máis poderosas da direita socialdemócrata, era xustificado afirmar que esta era un instrumento da burguesia, ao mesmo tempo que do fascismo, co fin de golpear á clase obreira militante e paralisar a loita obreira contra o fascismo." Máis adiante di: "A liña de actuación da socialdemocrácia era a coalición co capitalismo, a toleráncia governamental coas organizacións fascistas paramilitares e extralegais e a dirección da principal ofensiva, incluída a ofensiva policiaca, contra a esquerda". (24) Cando a gravidade crecente da ameaza fascista foi manifesta, os comunistas foron os primeiros en "(...) preconizar sen condicións a frente unida da clase obreira para deter á ofensiva fascista. Foi a dirección socialdemócrata quen imposibilitou a frente unida." (25)

En abril de 1932, Severing declarou: "o partido socialdemócrata non veria mal que os nazis do señor Hilter compartiran a responsabilidade governamental." E o Worwärts, órgao do partido, no mesmo periodo, afirmaba: "é unha demostración de perspicácia política permitir aos nazis aceder ao poder antes de que se fagan coa maioria." Só os comunista loitaron contra esta liña, escrebendo no seu xornal, Rote Fahne, o 26 de abril de 1932: "faremos todo o posível por cortar o paso ao poder a Hilter." Porén, os comunistas, minoritários na clase obreira, non foron eles sós capaces de impedir a subida ao poder dos nazis.

É induvidável que a socialdemocrácia colaborou co imperialismo facilitando a chegada ao poder do fascismo. Clara Zetkin tiña razón cando, no seu informe sobre o fascismo, apresentado en xullo de 1923 no Comité Executivo da Internacional Comunista, declaraba: "históricamente, o fascismo é o castigo ao proletariado de Europa ocidental e central por non continuar a revolución encetada en Rúsia." A socialdemocrácia alemana esmagara coas armas a revolución proletária alemana en novembro de 1918, asasinando a Liebknecht e Rosa Luxemburgo. Continuaria, como vemos, facendo todo o posível para minar a loita revolucionária e impedir toda tentativa de construcción dunha frente unida que imposibilitase que o nazismo tomase o poder. Baixo a influéncia e a presión do revisionismo khrushchevista, Rajani Palme Dutt acusa ao Komintern e a Stalin de sectarismo, mais está obrigado a declarar o seguinte: "o 22 de decembro de 1921, o Partido Socialdemócrata húngaro asinou un tratado secreto coa ditadura da Garda Branca, prometendo a sua cooperación e a sua defensa a cámbio da sua legalidade. Máis tarde funcionou de axéncia de transimisión á policia dos informes relacionados coas actividades do partido comunista ilegal. Soubemos máis tarde, despois da invasión de Bélxica, que o presidente do Partido Obreiro Belga, De Man (que en 1928, no seu discurso Máis alá do marxismo, defendeu a "substitución dos intereses de clase polo sentido da xustiza como nova base do socialismo" e proclamara "o marxismo morreu! Longa vida ao socialismo!") era un axente nazi, e a sua derradeira acción, en 1940, fora disolver o partido obreiro. Varjonen, en Finlándia, membro da fascista "Irmandade en armas", no curso da Segunda Guerra Mundial, predicou a prol dunha marcha de conquista "até os Urais", visitou repetidas veces a Hitler en Alemaña e, despois do armistício, acadou o liderazgo no Partido Socialdemócrata Finlandés. O governo socialdemócrata prusiano de Braun-Severing alardeou, nun informe oficial de 1932, "ter causado máis mortes á esquerda que a direita." (26)

Xa que logo, á luz do anterior, non é incorrecto caracterizar a socialdemocrácia como socialfascismo; non pode ser incorrecto denunciar os elementos oportunistas no seo do movimento da clase obreira. Se, con razón, Lenin, na sua época, cualificaba aos socialdemócratas de socialchauvinistas e socialimperialistas (socialistas nas verbas e imperialistas e chauvinistas nos feitos), por que é incorrecto caracterizar aos socialdemócratas dos anos 20 e 30 como socialfascistas (socialistas nas verbas pero fascistas nos feitos)? É o que son na prática, porque fixeron o posível por facilitar a chegada do fascismo ao poder.

Porén, Palme Dutt considera que o Comité Executivo da Internacional Comunista estaba equivocado nesta cuestión, non porque os socialdemócratas non fosen socialfascistas, senón porque "daba armas doadas para os inimigos do comunismo para difundir malentendidos voluntários (...) E polo dano que se facia aos militantes de base dos partidos socialdemócratas, nun momento no que era importante disipar os seus prexuizos e a sua hostilidade e gañar a sua cooperación." (27)

Sobre isto podemo dicer o seguinte:

1. O Comité executivo da Internacional Comunista non elaborou nengunha directiva onde pedira a todos os comunistas que cando viran a un militante de base socialdemócrata lle berraran: "socialfascista".

2. Non podemos abster-nos de afirmar a verdade simplesmente porque a unha sección das masas non lle goste demasiado. De facto, as masas necesitan coñecer a verdade para, deste xeito, combater máis eficaz e decididamente polos seus intereses de clase.

3. Foi precisamente no congreso de 1928, o mesmo que aprobou o eslógan acusado de "esquerdista" de "clase contra clase", no que se insistiu nos perigos do fascismo e da guerra e na necesidade de organizar ás masas traballadores de todas as organizacións posíveis contra estes perigos.

No mesmo discurso no que Stalin, en 1924, define a socialdemocrácia como "a facción moderada do fascismo", tamén dicia: "(...) Non hai que esquecer que a Federación de Amsterdam dos sindicatos reaccionários agrupa a máis de 14 millóns de traballadores organizados. Imaxinar que será posível realizar a ditadura do proletariado en Europa contra a vontade destes millóns de traballadores seria un grande erro; isto conlevaria afastar-se da via leninista e encamiñar-se a unha derrota inevitável. Xa que logo, a tarefa consiste en gañar a estes millóns de traballadores para as filas da revolución e do comunismo, en liberá-los da influéncia da burocrácia sindical reaccionária ou, cando menos, en facer que adopten unha atitude condescendente con respeito ao comunismo. " (28)

Por tanto, podemos ver que a liña do Komintern, e a de Stalin en persoa, eran, por unha banda, denunciar a socialdemocrácia como axente contrarrevolucionário do imperialismo e, por outra banda, gañar para o campo do comunismo aos millóns de traballadores baixo a influéncia socialdemócrata. Que esta sexa a liña correcta non ten dúvida. Que esta liña correcta non chegara para deter o ascenso ao poder do nazismo non proba en nengún caso que fose incorrecta. A vitória non depende só da corrección da liña, depende do equilíbrio de forzas. O poder da burguesia alemana e a asisténcia que a socialdemocrácia lle emprestou, constituian uns inimigos demasiado fortes para que o proletariado revolucionário, baixo a condución do Partido Comunista de Alemaña, fose quen de vencé-los. O que proba a rectitude da liña do Partido Comunista de Alemaña é que o seu prestíxio entre as masas medrou ano tras ano. E foi precisamente esta unha das razóns polas que a burguesia se apresurou a poñer-se do lado do fascismo. A burguesia tivo que enfrontar unha situación revolucionária que se desenvolvia con moita rapidez e o governo alemán botou man do fascismo, liquidando sumáriamente toda pretensión democrática. Repetindo as palavras de Palme Dutt, o fascismo: "apareceu en países desgarrados por contradiccións intensas de clase, onde existia unha situación revolucionária potencial, mais onde ainda non habia unha clase obreira revolucionária o sufiente desenvolvida para poder levar a cabo unha revolución socialista vitoriosa. Onde a maioria da dirección socialdemócrata era capaz de manter a sua influéncia sobre a maioria da clase obreira para axudar así ao capitalismo e cortar o paso á revolución. E onde o rexime capitalista desacreditado era capaz de utilizar unha mestura de demagogos que berraban consignas aparentemete radicais pero chauvinistas e racistas, demagogos financiados polo grande capital co fin de mobilizar un "movimento de masas" reaccionário composto dos elementos máis diversos, desilusionados e frustrados, procedentes maioritáriamente da clase meia pero tamén por sectores atrasados dos traballadores, co obxectivo de dar guerra ao movimento obreiro organizado e preparar así o camiño para a instauración dunha ditadura terrorista dos sectores máis agresivos e reaccionários do grande capital." (29)

En xullo de 1923, o Comité executivo da Internacional Comunista elaborou unha análise preliminar do carácter do fascismo, un fenómeno que se deu por vez primeira en Itália na estela da Primeira Guerra Mundial, onde a burguesia organizou unha onda de gansterismo contra as organizacións da clase obreira en resposta ás ocupacións de fábricas polos traballadores que xa foran suprimidas polos socialdemócratas reformistas. O Comité declaraba: "o fascismo é un reflexo da disolución progresiva da economia capitalista e da desintegración do Estado burgués.

"A sua principal raiz nutre-se do feito de que a guerra imperialista e o trastorno da economia capitalista, intensificado e acelerado pola guerra, significa para a pequena e mediana burguesia, para unha parte dos campesiños e para a "inteligentsia" o esnaquizamento da sua antígua condición de existéncia e, particularmente, da sua antiga seguridade. As esperanzas que estas persoas tiñan nunha mellora da sua condición social através das políticas socialistas reformistas non se cumpriron. A febleza de vontade, o medo á loita revelada polo xeito no que a maioria do proletariado, agás en Rúsia, tolerou esta traición, conformando-se con seguir baixo os látegos capitalistas, o seu próprio asovallamento, despoxou a estes pequenos e medianos burgueses, o mesmo que aos intelectuais, da sua fé na clase obreira como poderoso axente dunha transformación social radical. Numerosos elementos proletários que, buscando e reclamando acción, se sinten defraudados por todos os partidos políticos. O fascismo tamén atrai aos decepcionados, aos desarraigados sociais, e particularmente aos antigos oficiais que perderon a sua ocupación desde a fin da guerra (...)

"O antigo aparello supostamente non político do Estado burgués garante unha seguridade acaida á burguesia. Comezou a criar tropas especialmente deseñadas para a loita contra o proletariado. O fascismo abastece estas tropas
."

O Sétimo Congreso do Komintern, en 1935, definiu brevemente o fascismo: "(...) A ditadura terrorista aberta dos elementos máis reaccionários, os máis chovinistas e os máis imperialistas do capital financeiro".



Nen o Komintern nen o Partido Comuista de Alemaña, polas suas ánalises teóricas e polos seus feitos, facilitaron a chegada ao poder dos nazis. Esta responsabilidade é imputável á burguesia alemana e á burguesia das democrácias imperialistas, entre outras a de Gran Bretaña, a de Franza e a dos Estados Unidos, e á colaboración con ela da socialdemocrácia alemana.

Nas eleizóns de novembro de 1932 en Alemaña, nunha data tan achegada ao triunfo nazi, os votos combinados da clase obreira ascendian a 13.241.000, os nazis conseguian, pola sua banda, 11.729.000, perdendo máis de dous millóns con respeito ás anteriores votacións. Os socialdemócratas baixaban meio millón, votos que pasaban á candidatura comunista. Os sinais da decadéncia eleitoral nazi, somada ao crecimento comunista, alarmaron á burguesia alemana que non duvidou, através do presidente Hindenburg, en colocar a Hitler no poder, mália non contar con marioria parlamentar. A dirección socialdemócrata rexeitou os repetidos chamamentos dos comunistas para a criazón dunha frente unida contra o nazismo -en xullo de 1932, en xaneiro de 1933, despois da toma de posesión de Hitler, e en marzo de 1933, tras o incédio do Reichstag.

Wels, o xefe do Partido Socialdemócrata alemán, dimitiu do Comité executivo da Segunda Internacional, por mor das "histórias de atrocidades" que esta difundira contra Hitler! A dirección do sindicato socialdemócrata anunciou a sua intención de cooperar co nazismo, proclamando que a "revolución" nazi era o prolongamento triunfal da revolución de 1918 e que o inimigo común era o comunismo! Chegou a convidar aos traballadores a participaren nos actos nazis do Primeiro de Maio. O 17 de maio de 1933, a totalidade do Partido Socialdemócrata no Reichstag (os deputados comunistas xa foran encarcerados) votou a favor da resolución do governo nazi e participou na aclamación unánime na honra de Hitler. Mais non foron recompensados pola sua cooperción co nazismo, os socialdemócratas foron enviados aos cárceres e aos campos de concentración nazis. "Leipart e Grassmamm", declarou Ley, cabeza da Frente Laborista nazi, "poden profesar-lle devoción a Hitler, pero están mellor encarcerados."

Con motivo do vixésimo aniversário da Revolución de Outubro, Georgi Dimitrov declarou: "A liña de división histórica entre as forzas do fascismo, da guerra e do capitalismo, dunha banda, e as forzas da paz, da democrácia e do socialismo, pola outra, radica na atitude cara á Unión Soviética e non na atitude formal cara ao poder soviético e o socialismo."



A socialdemocrácia alemana continuou a ser a criada fiel do imperialismo ao mesmo tempo que unha inimiga mortal do comunismo e da Unión Soviética. Incluso durante a guerra, despois de que os nazis invadiran a Unión Soviética, o partido socialdemócrata alemán non renunciou ao seu anticomunismo. O seu comité executivo declarou en xullo de 1941: "Desde o Ártico ao Mar Negro, os exércitos máis fortes do mundo están librando unha batalla. Se un dos dous conseguira unha vitória rápida, o seu avanzo sobre Europa e Ásia seria imparável. Só destruindo-se mutuamente poderán ser liberadas as nacións da opresión e, ao mesmo tempo, o poder da democrácia anglo-americana poderá converter-se no factor que dominará no modelado dun novo mundo."

O papel da socialdemocrácia no desarme da clase obreira, no fracaso da revolución obreira, cuxas condicións obxectivas após a Primeira Guerra Muncial eran o suficientemente maduras, na defensa da reacción no nome da "democrácia" , na sua negativa á constituir unha frente unida cos comunistas abrindo así as portas ao fascismo e na ofensiva contra o proletariado non se limita só á Alemaña. Outro tanto aconteceu en Itália e na Franza, por citar só dous exemplos. Na Franza, 110 de 188 deputados socialistas votaron a favor dos poderes especiais a Pétain con vistas a instalar o rexime fascista de Vichy. Como escrebeu Palme Dutt: "(...) O fascismo foi a consecuéncia do retraso da revolución socialista en Europa ocidental e central despois da Primeira Guerra Mundial, cando as condicións obxectivas chamaban á revolución socialista. Pero o movimento obreiro ia ser desorganizado e paralisado polo reformismo e, xa que logo, ia deixar que a iniciativa a levara o capitalismo. O fascismo pode ser descrito como o aborto consecutivo da revolución proletária." (30)

Á luz do que precede, podemos afirmar que a caracterización da socialdemocrácia como "socialfascismo" é correcta. Mália esta caracterización, a Internacional Comunista e o Partido comunista de Alemaña, endexamais deixaron de pular por unha frente unida para impedir a chegada do fascismo ao poder. Pésie a longa traxectória de traición da socialdemocrácia co movimento obreiro, despois de que os nazis chegaran ao poder e recompensaran aos socialdemócratas pola sua colaboración metendo-os no cárcere, o Sétimo Congreso da Internacional Comunista, no verán de 1935, atenuou un pouco as suas críticas contra a dirección socialdemócrata, procurando a unidade e favorecer así o combate da clase obreira contra o fascismo. Non vale para nada. É curioso que os detractores da Internacional Comunista que, se antes a acusaran de sectária en resposta ás decisións do Sexto Congreso, fixeran un troco de opinión para acusá-la de desviacionismo direitista por buscar a unidade da clase obreira na loita contra o fascismo e a guerra -unidade que procurara ao longo de toda a sua existéncia.

Buscando a unidade, a Internacional Comunista non esquecera os seus princípios. No seu informe ao Sétimo Congreso do Komintern, en agosto de 1935, Dimitrov declaraba: "A Interncional Comunista non impón condicións á unidade de acción, agás unha, que é unha condición elemental e aceitável por todos os traballadores ,que a unidade de acción sexa dirixida contra o fascismo, contra a ofensiva do capital, contra a ameaza de guerra, contra o inimigo de clase. Esa é a nosa condición."

Esa é a clave. A socialdemocrácia nunca estivo preparada para loitar contra o capital e contra o inimigo de clase. Preferiu estar conforme coa subida do fascismo antes que colocar-se do lado do proletariado na queda revolucionária do capitalismo.

O papel dos países imperialistas "democráticos"

As poténcias imperialistas "democráticas" puxeran en execución todo para rearmar Alemaña, liberá-la das obrigas do Tratado de Versalles e axudar aos nazis a que tomasen o poder como bastión contra o bolchevismo. Polo acordo naval anglo-alemán de 1935, Inglaterra retirou as estipulacións do Tratado de Versalles sobre o desarme. En 1936, Alemaña foi autorizada a reocupar Renánia. Enormes cantidades de diñeiro chegaran da man do imperialismo americano co fin de reactivar a economia alemana. Negando-se a discutir sériamente coa Unión Soviética sobre a cuestión da seguridade colectiva contra a guerra preparada pola Alemaña nazi, Gran Bretaña e Franza concluiron os Acordos de Munich con Hilter, en setembro de 1938, nunha tentativa de dirixir a agresión hitleriana contra o leste, contra a Unión Soviética. No seu informe ao 18º Congreso do Partido, en marzo de 1939, Stalin comentou correctamente os acordos de Munich nos termos seguintes: "poderiamos pensar que os distritos de Checoslováquia foron cedidos a Alemaña como retribución a unha empresa que pretende lanzar a guerra contra a Unión Soviética pero que, agora, os alemans se negan a pagar os seus contratos mandando-os ao inferno." (31)

O periodo de entre guerras

Os anos qeu separan a Primeira da Segunda Guerra Mundial poden dividir-se en tres etapas distintas. Primeiro, o empurre revolucionário que continuou á guerra e que durou até 1922. Despois, a estabilización relativa do capitalismo, que durou desde 1923 a 1929. E, por fin, unha etapa de cataclismos xigantescos que durou de 1929 até o comezo da Segunda Guerra Mundial.

No canto de considerar a segunda etapa, de estabilización relativa do capitalismo, como unha fase temporal e pasaxeira, a socialdemocrácia descrebeu-na como unha caracterísitca definitiva do capitalismo. Os eminentes teóricos da socialdemocrácia pintaron o capitalismo e a estabilización económica con suaves cores. Hilferding, un dos principais teóricos da socialdemocrácia alemana, declarou ao congreso do seu partido, en Kiel, en 1927, que "estamos nun periodo do capitailsmo que, no seu conxunto, sobrepasou a época da livre competéncia e da dominación cega das leis do mercado, chegando a unha organización capitalista da economia (...) A unha economia organizada", e que "o certo é que o capitalismo organizado significa a supresión do princípio de livre competéncia polo princípio socialista da producción planificada".

Hilferding, como vemos, non duvida en igular o "capitalismo organizado" coa "producción socialista planificada". Tamén Tarnov, o principal teórico do sindicalismo alemán, declarou durante un congreso da Federación dos sindicatos alemáns: "como ideoloxia principal do movimento obreiro, o marxismo xa fixo o seu traballo", e continuaba: "Marx e Engels son válidos para a primeira época" do capitalismo, pero que, para o capitalismo moderno, "é Ford quen é válido".

Naphthali, outro teórico do sindicalismo alemán, declaraba: "O desenvolvimento cíclico, segundo o cal existe unha sucesión regular de periodos de prosperidade e de crise, do que falaran Marx e Engels, só se pode aplicar ao capitalismo da primeira etapa."

Outro representante sindical afirmou: "Non debemos perder de vista o feito de que a clase obreira forma parte do sistema capitalista, que o derrubo deste sistema significaria o seu próprio derrubo e que, por conseguinte, o grande deber histórico da clase obreira e conseguir a mellora de toda a estrutura social, o que, máis unha vez, equivale á mellora da sua própria situación."

Estas ideas, esta fé na pernenidade do capitalismo, non foron exclusivas da socialdemocrácia alemana, son comúns en todos os partidos da Segunda Internacional durante o periodo de estabilización que precedeu á quebra. Vandervelde, o dirixente socialdemócrata belga, acollendo favorávelmente o Manifesto dos Banqueiros de 1926, afirmaba que as ideas do capital financeiro e da socialdemocrácia converxian: "a linguaxe da Internacional dos financeiros non é moi distinta á da Internaciona socialista." (33)

En Gran Bretaña, o Partido Laborista e a dirección dos sindicatos fixeron o posível para propagar a superioridade de Ford sobre Marx.

En contraste coas ilusións da Segunda Internacional, o Komintern, que xa analisara e evidenciara o carácter pasaxeiro do periodo de estabilización relativa, foi capaz, no seu Sexto Congreso en 1928, de predecir a fin do periodo de estabilización e a chegada dun novo periodo, o dos grandes cataclismo. O Komintern declarou: "este terceiro periodo, no que se acentua a contradicción entre o desenvolvimento das forzas produtivas e a contracción dos mercados, vai dar orixe a unha nova série de guerras imperialistas (...) Guerras que conducirán inevitávelmente a unha estabilización capitalista que se volverá cada vez máis precária, intensificando as crises xerais do capitalismo."

Coa quebra de Wall Street, en 1929, que se transformou en 1931 na crise mundial máis devastadora que a humanidade coñecera até entón, con 50 millóns de parados no mundo capitalista, e o comezo da ofensiva do imperialismo xaponés, a predicción do Komintern foi tan correcta que o Senado norteamericano se perguntou sériamente se a crise económica mundial non era, por casualidade, un compló comunista.

A análise do Komintern, maís unha vez, probou a superioridade da ciéncia do marxismo-leninismo sobre a pseudociéncia do capitalismo e a socialdemocrácia.

A expansión dramática do fascismo

A expansión dramática do fascismo alemán, apartir de 1930-1932, explica-se polo feito de que a crise económica mundial minou non só toda a base da estabilización e da República de Weimar, senón que tamén socavou a posición dunha socialdemocrácia tan asociada a esta. A crise económica e o rexime de fame de Brüning revelaron a absoluta falsidade de todas as promesas da socialdemocrácia verbo do progreso democrático e da prosperidade baixo o capitalismo.

Coa propagación da desilusión na socialdemocrácia, os traballadores conscientes da sua clase pasaron ao comunismo e os elementos políticamente atrasados ao campo do fascismo. Entre 1930 e 1932, mentres que a socialdemocrácia perdia 1.338.000 votos, o Partido Comunista gañaba 1.384.000. Coa erosión da socialdemocrácia, desta socialdemocrácia debilitada e desacreditada, que non era quen de deter o avanzo comunista, e coa polarización consecuente da sociedade en dous campos hostís claramente definidos, o capitalismo alemán necesitaba novos métodos e novos instrumentos. Nunha crise económica sen precedentes, a burguesia necesitaba urxentemente varrer as experiéncias sociais da revolución de 1918, no tocante a salários, horas de traballo e lexislación social, compromisos que adquirira a socialdemocrácia como base principal de influéncia no seo do proletariado.Se nos primeiros anos da revolución o capitalismo fixo algunha concesión, no sucesivo arrinconaria aos traballadores no cume do sofrimento económico. Para acadar este obxectivo, tendo en conta a existéncia dun partido poderoso e comunita, cunha forte influéncia na clase obreira, e cunha socialdemocrácia en decadéncia, o capitalismo alemán necesitaba novas formas, non disimuladas, de ditadura. Sen cumpridos, a socialdemocrácia foi eliminada do governo federal e reemprazada no curso do verán de 1930 pola ditadura de Brüning, que governou sen Parlamento, por decretos e medidas de excepción, mais co sostén da socialdemocrácia. Foi apartir deste periodo cando a maioria dos capitalistas e dos proprietários de ben imóveis apostaron polo nacionalsocialismo -apoiado só en parte até entón-, como instrumento da sua ditadura terrorista. Se a socialdemocrácia se tivera preparado para aliar-se co comunismo con vistas a unha resisténcia común á ofensiva da fame da ditadura de Brüning, é perfeitamente razoável pensar que esta ofensiva capitalista non triunfaria. Mais, no nome do "menos mao", a socialdemocrácia apoiou os decretos da fame da ditadura de Brüning e os seus ataques contra os traballadores. Actuando deste modo reforzaba o capitalismo, debilitaba a frente dos traballadores, desorganizaba as filas proletárias e facia o xogo directamente ao fascismo. Esta desorganización das forzas proletárias durante o crítico periodo de 1930-1932 significou que a iniciativa e o descontente xerado pola fame e as necesidades elementais insatisfeitas, que normalmente reforzarian o campo proletário, reforzaron, pola contra, o campo fascista.

A obstinada negativa da socialdemocrácia a cooperar cos comunistas preparou o camiño da vitória do fascismo, xa que tal negativa fixo imposível a criazón dunha frente unida da clase obreira, única forma de vencer aos nazis. A atitude da socialdemocrácia emanaba da sua liña de colaboración de clase coa burguesia, atitude que perdurou ainda nas condicións das ditaduras de Hinderburg, Brüning e Von Papen, declarando que eran "un mal menor" comparado coa vitória directa do fascismo. Ao contrário, estas formas de ditadura tan só preparaban o terreno para a vitória completa do fascismo e a destrucción, paso a paso, da resisténcia obreira. Rematado o seu traballo, entregaron o poder de Estado aos nazis. Hindenburg foi nomeado presidente co apoio da socialdemocrácia. Menos dun ano máis tarde, designara a Hitler como canciller e, até despois da vitória dos nazis, a socialdemocrácia no se opuxo ao rexime nazi pola razón seguinte: que os nazis estiveran no poder por unha via "legal" era un mal menor a que o estivesen pola via "ilegal".

Por todo isto, podemos ver que o traballo de minar a vontade da clase obreira resistente foi realizado, non polo fascismo, senón pola socialdemocrácia, cuxa dirección tratou favorávelmente a perspectiva dun governo nazi.

A carreira á guerra

Coa quebra de 1929 e a depresión posterior, nunca fora tan evidente que os países imperialistas camiñaban direitos a un enfrontamento brutal. A relativa estabilidade do capitalismo deixara paso a unha época de cataclismos xigantescos. A Primeira Guerra Mundial non resolvera nengunha das contradiccións entre os países imperialistas. Alemaña, co seu fracaso na guerra e cunha importante cárrega en reparacións de guerra, procuraba ávidamente unha ocasión para saciar a sua sede de vinganza sobre as poténcias imperialistas rivais. Ademais, todos os países imperialistas estaban unidos no seu ódio contra a Unión Soviética socialista. Despois da chegada do fascismo ao poder en Alemaña, o mundo enteiro estaba nunha situación extremadamente complicada. Mentres que a Unión Soviética tentaba asegurar que as poténcias imperialistas non se uniran nunha guerra contra ela, os países imperialistas supostamente democráticos facian o posível para dirixir a agresión alemana contra a Unión Soviética. Na aplicacion desta politica, Franza e Gran Bretaña, e en certa medida tamén os Estados Unidos, negaron-se a somar-se aos esforzos soviéticos para conseguir unha seguridade colectiva contra a iminente agresión nazi. Os acordos de Munich de 1938 evidenciaron aos soviéticos que as "democrácias" imperialistas farian calquer cousa para empurrar á Alemaña nazi contra a Unión Soviética. Esta nova situación obrigou aos soviéticos a mudar toda a sua política, asinando o pacto xermano-soviético de non agresión, que deixou aos alemáns a liberdade de atacar Polónia, un país na esfera de influéncia británica, co que forzaba a Gran Bretaña a declarar a guerra a Alemaña.

A Unión Soviética asina o pacto de non agresión con Alemaña co fin de gañar tempo para reforzar as suas defensas. Os nazis, pola sua parte, asinaron o pacto porque sabian que a Unión Soviética seria un pastel difícil de tragar. Xa que logo, querian primeiro submeter a outros países e, cos recursos roubados ás suas vítimas, atacar á Unión Soviética. Comezando por Aústria, Checoslováquia e Polónia, os nazis perseguian o seu camiño de conquistar case a totalidade da Europa ocidental. Coa derrota de Franza en cinco semanas, durante a primavera de 1940, e a expulsión do Corpo Expedicionário británico en Dunkerque, Alemaña era a dona de Europa e estaba disposta a atacar á Unión Soviética. O ataque comezou o 22 de xuño de 1941. Farrucos polas suas vitórias en Europa ocidental, os nazis coidaron que a resisténcia soviética ás hordas fascistas ia derrubar-se en seis semanas... Estaban moi confundidos.

Xa en 1934, cos nazis no poder e os círculos reaccionários imperialistas de Ocidente especulando públicamente cunha agresión xermano-nipona contra a Unión Soviética, Stalin intervén no XVIIº Congreso do PCUS(b), cunha linguaxe explícita, advertindo á burguesia das consecuéncias desa guerra: "A burguesia non debe duvidar que os numerosos amigos da clase obreira soviética, en Europa e Ásia, faran o posível para asestar un golpe na retaguárdia dos seus opresores, que lanzan unha guerra criminal contra a pátria da clase obreira de todos os países. E que non nos censuren estes señores da burguesia se algúns dos governos nos que agora manexan o timón felizmente "pola graza de Deus", escapan do seu controlo (...) Que non duviden que unha segunda guerra contra a URSS conducirá á derrota completa dos agresores, á revolución en numerosos países de Europa e Ásia e á destruición dos governos de burgueses e proprietários destes países." (34)

Esta profecia foi plenamente realizada pola aparición de democrácias populares na Europa do Leste e Central e polos éxitos das revolucións chinesa, coreana e vietnamita no Oriente -que conlevou á aparición dun poderoso bloco socialista que ocupaba unha terceira parte do mundo e que reunia á cuarta parte da sua povoación.

A vitória da Unión Soviética na Grande Guerra Patriótica contra os nazis non foi fortuita. Foi preparada durante moito tempo. No seu discurso na Primeira Conferéncia Xeral dos dirixentes da indústria soviética, en fevreiro de 1931, Stalin adiantou as razóns para non diminuir o ritmo da industrialización na Unión Soviética:

"Reducir o ritmo é retroceder. E os que fican atrás sempre son vencidos.

"(...) A história da vella Rúsia é unha história de derrotas debidas ao seu atraso. Foi golpeada polos kanes de Mongólia, polos beys turcos, polos tagarotes polacos e lituanos, polos capitalistas anglo-franceses, polos baróns xaponeses. Todos foron quen de golpear, por mor do atraso de Rúsia; atraso militar, atraso cultural, atraso industrial, atráso agrícola. Foi golpeada por que podian obter benefícios da sua derrota e porque podian facé-lo impunemente (...).

Así é a lei do capitalismo, golpear aos atrasados e aos febles. A lei da selva do capitalismo. Se estás atrasado eres feble, e ti tes a culpa; e por iso podes ser golpeado e escravizado. Se es poderoso, tes a razón (...).

"Levamos entre cincuenta e cen anos de atraso con respeito aos países avanzados. Debemos andar esta distáncia en dez anos. Ou o facemos ou nos esmagarán
." (35)

Baixo a gloriosa bandeira do marxismo-leninismo e baixo a dirección do partido bolchevique dirixido por Stalin, a Unión Soviética continuou, durante dez anos, reducindo as distáncias cos países capitalistas avanzados - heroicidade que permitiu a vitória do povo soviético, case sen axuda, contra a Alemaña nazi-.

Rachando as esperanzas nazis e imperialistas no seu derrube, a Unión Soviética superou os inciais reveses do ataque nazi, trastocou os papeis e, no curso dos catro anos de guerra, expulsou aos nazis do território soviético, rexeitando-os até Berlín. O Führer suididou-se no momento no que o exército soviético izaba a bandeira vermella sobre o tellado do Reichstag. As batallas de Moscova, Stalingrado, Kursk e Leningrado ficarán para sempre como memória elocuente da heroicidade, tanto dos soldados como dos civís soviéticos. Combatendo case sós contra os nazis, o Exército Vermello e o povo soviético liberaron á humanidade da plaga do nazismo. A enormidade do esforzo soviético pode ser avaliada no feito de que en novembro de 1942, de 256 divisións alemanas, 179 combatian na frente soviética. Mália as repetidas promesas, Gran Bretaña e os Estados Unidos non abriron unha segunda frente contra Alemaña até xullo de 1944, cando xa era evidente que a Unión Soviética venceria por si soa aos nazis. Os desembarcos do Dia D eran máis un esforzo por impedir que o Exército Vermello liberara o oeste europeu que unha contribución á derrota do nazismo. Se facemos caso aos mitos imperialistas, temos a impresión de que foi o imperialismo anglo-americano quen venceu á Alemaña nazi. A verdade é que o Exército Vermello e o povo soviético foron os que máis contribuiron á derrota do nazismo. O prezo desta vitória foi terrível para a Unión Soviética. 27 millóns de cidadáns soviéticos, incluídos 7,5 millóns de soldados, perderon a vida. Pola contra, os Estados Unidos tan só perderon 300.000 soldados, mentres que o Império Británico 353.652, dos que 224.723 eran ingleses. Iso si, hai que engardir a esta última cifra as 60.000 vítimas civís inglesas.

Ademais, unha terceira parte do território soviético e dos recursos económicos foron devastados; 1.710 cidades e 70.000 vilas e aldeas completamente destruidas; 6 millóns de casas e edifícios demolidos; 31.800 zonas industriais destruídas e 98.000 granxas colectivas arrasadas, cos seus 64.000 millóns de animais.

Eis o prezo que a Unión Soviética socialista tivo que pagar pola traición da socialdemocrácia ao socialismo, e moi particularmente a socialdemocrácia alemana, que esmagou a revolución alemana de 1918, restaurou o poder da burguesia, facilitou o ascenso do nazismo, criando así un monstro que tivo que ser esnaquizado pola Unión Soviética.

Ao pouco de vencer aos nazis, a Unión Soviética xa estaba noutra guerra -a guerra fria, lanzada polo imperialismo americano, co apoio total da socialdemocrácia que se somou ao combate do imperialismo contra a URSS e contra os outros países do campo socialista.

As lizóns que podemos tirar

A história das tres Internacionais, brevemente analisadas aquí, demostra claramente que o noso movimento avanzou a paso axigantado mentres se mantivo fiel aos princípios do marxismo-leninismo e do internacionalismo proletário. Demostra tamén que o movimento obreiro padeceu perdas colosais cando se afastou deste princípio. No seu informe ao XVIIº Congreso do Partido, en xaneiro de 1934, Stalin, despois de lanzar a pergunta: "a que debe o noso Partido a sua superioridade?", respostaba-se a si mesmo: "ao feito de que é un partido marxista, un partido leninista. De que o noso traballo guia-se polas ensinanzas de Marx, Engels e Lenin. Non hai dúvida de que o tempo que permanezamos fieis a estas ensinanzas, seguiremos a colleitar éxitos no noso traballo."

"Si, compañeiros, os nosos éxitos son debidos ao feito de que traballamos e combatemos baixo a bandeira de Marx, Engels e Lenin. E debemos ser fieis a esta bandeira
." (36)

Os éxitos da Primeira e da Terceira Internacional e o afundimento da Segunda explican-se só polo feito de que, mentres que a Primeira e a Terceira acreditaban no marxismo, a Segunda fuxira del, vendendo-se á colaboración de clase co descrédito que iso supuxo. A ensinanza disto é clara, debemos esforzar-nos por ser fieis á bandeira do marxismo, á bandeira do leninismo e ás ensinanzas de Marx, Engels, Lenin e Stalin.

O Komintern foi disolto en xuño de 1943, xa cando cumprira unha misión histórica á vista da madurez adquirida polos partidos comunistas en diversos países. Sen dúvida, as consideracións en canto á conservación da frente antifascista a escala mundial pesaron moito na decisión de disolver o Komintern. Non hai nada de deshonra nisto, porque a continuidade da Unión Soviética, na época, era de vital importáncia, non só para o povo soviético, senón tamén do ponto de vista de toda a humanidade progresista. Neste ponto, e máis particularmente á luz do afundimento da URSS, en 1991, grazas ás tres décadas de traición revisionista khrushchevista, non podemos esquecer as declaracións de Stalin na Sétima Sesión Plenária do Comité executivo do Komintern, na sua controvérsia coa oposición contrarrevolucionária ao PCUS(b) da "esquerda" trotskista: "que pasaria se o capitalismo chegase a esmagar á república dos Soviets? Comezaria unha era de reacción extrema en todos os países capitalistas e coloniais. A clase obreira e os povos oprimidos serian agarrados polo pescozo, as posicións do comunismo internacional estarian perdidas." (37)

Agora que a Unión Soviética desapareceu, que estamos nun periodo dominado pola reacción, está claro que a clase obreira e os povos oprimidos foron, efectivamente, agarrados polo pescozo e que o imperialismo está recolonizando as nacións oprimidas. Os povos da antiga Unión Soviética e as democrácias populares da Europa do Leste foron reducidas á escasez e á pobreza. A clase obreira dos países imperialistas ocidentais é presa de constantes ataques. O imperialismo anglo-americano conduce unha guerra depredadora de dimensións hitlerianas contra os povos de Iraq e Afganistán. Se, en resposta á colaboración entre os países imperialistas "democráticos" e os fascitas, a URSS fose esmagada a comezo dos anos 40, este periodo reaccionário teria encetado hai 60 anos, con consecuéncias penosas incalculáveis para a povoación mundial. Non podemos condenar á Unión Soviética por aprobar a disolución do Kominter sen ter en conta todo isto.

Porén, é mester lembrar que no tempo que a dirección do PCUS(b), o partido máis prestixioso do movimento comunista internacional, continuou sendo revolucionário, como o foi sen dúvida durante a existéncia de Stalin, as relacións entre os partidos comunistas basearon-se nos correctos princípios do internacionalismo proletário, cunha expresión unánime do movimento comunista, razón da sua forza á hora de contrarrestar o imperialismo. Só a chegada do revisionismo khruschevista á dirección do PCUS(b) e do Estado soviético provocou desviacións con relación aos princípios da solidariedade fraternal e do internacionalismo proletário, desviacións que aportaron tantas males á causa proletária e aos povos do mundo.

Finalmente, a cuestión para reflexionar entre todas as persoas deste Seminário seria: é posível, actualmente, ou nun futuro moi próximo, fundar unha nova Internacional comunista segundo as liñas da Terceira Internacional e que resposte ao centralismo democrático? A opinión do noso partido é que non se dan ainda as condicións para criar esa organización. Tamén, o noso partido, considera que existen unha boas perspectivas para que os revolucionários se encontren regularmente co fin de cambiar experiéncias e de cooperar estreitamente en todas as cuestións relacionadas coa vitória revolucionária sobre o imperialismo. Estaremos en condicións de facé-lo con tal de profesar a solidariedade fraternal, con tal de que "consolidemos con firmeza este princípio criativo de vida entre os traballadores de todos os países." (38)

2 de maio de 2005

Harpal Brar é o presidente do Partido comunista (marxista-leninista) de Gran Bretaña. Esta tese foi apresentada no XIVº Seminário Comunista Internacional celebrado en Bruxelas en maio de 2005.

Notas

1. V.I. Lénine, « Les destinées historiques de la doctrine de Karl Marx », Œuvres, t. 18, pp. 606, 609.
2. K. Marx et F. Engels, « Manifeste du Parti communiste », Etudes Marxistes no 41, fevrero-marzo 1998, p. 109.
3. K. Marx, Discurso á Asociación democrática de Bruxelas, 1848.
4. R. Palme Dutt, Fascisme et révolution, Éditions sociales internationales, Paris, 1936.
5. K. Marx, Lettre à Kugelmann, 17 abril 1871.
6. Ibidem.
7. F. Engels, Lettre à Sorge, 12-17 setembro 1874.
8. V. I. Lénine, « La Troisième Internationale et sa place dans l’histoire », Œuvres, t. 29, p. 309.
9. V. I. Lénine, « Les tâches du prolétariat dans notre révolution », avril 1917, Œuvres, t. 24, p. 79.
10. Ibidem, p. 79.
11. K. Marx, Lettre à Sorge, 19 outubro 1877.
12. F. Engels, Critique du projet de programme social-démocrate de 1891.
13. R. Palme Dutt, L’Internationale, pp. 108-109 (version inglesa).
14. R. Palme Dutt, op. cit., pp. 136-137 (version inglesa).
15. Ibidem, p. 138 (version anglaise).
16. V. I. Lénine, « Sur la Conférence de Stockholm, septembre 1917 », Œuvres, t. 25, pp. 292-293.
17. J. V. Staline, Princípios do Leninismo, 1924.
18. V. I. Lénine, « La Troisième Internationale et sa place dans l’histoire », Œuvres, t. 29, p. 310.
19. V. I. Lénine, « La situation et les tâches de l’Internationale socialiste », novembro de 1914, Œuvres, t. 21, p. 35.
20. V. I. Lénine, « Lettre aux ouvriers américains », Œuvres, t. 28, pp. 62-63.
21. V. I. Lénine, « La maladie infantile du communisme (le « gauchisme) », Œuvres, t. 31, pp. 46-47.
22. R. Palme Dutt, op. cit.
23. Ibidem.
24. Ibidem, p. 212 (version inglesa).
25. Ibidem.
26. R. Palme Dutt, L’Internationale, p. 210 (versión inglesa).
27. Ibidem, p. 211 (version inglesa).
28. J. V. Staline, Collected Works, vol. 6, pp. 307-308.
29 R. Palme Dutt.
30. R. Palme Dutt, Fascisme et révolution, pp. 205-206 (versión inglesa).
31. J.V. Staline, Informe ao 18º Congreso do PCUS, marzo de 1939.
32. Auj. Wroclaw, NdT.
33. Émile Vandervelde, Discurso do 29 de outubro de 1926.
34. J. V. Staline, Discurso pronunciado no 17º Congreso do PCUS(b), 1934.
35. J. V. Staline, Discurso pronunciado na Primeira Conferéncia xeral dos dirixentes da indústria soviética, fevreiro de 1931.
36. J. V. Staline, Collected Works, vol. 13, pp. 385-387.
37. J. V. Staline, Declaración na 7ª Sesión Plenária ampliada do Comité Executivo da Internacional Comunista.
38. K. Marx, Discuros en Amsterdam o 8 de setembro de 1872.


Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com