Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Barack Obama: Unha visión desde a esquerda
12/02/2008


Larry Pinkney*
The Black Commentator

Os que ignoran a realidade e as leccións da historia sementan o seu propio perigo. Facer caso omiso da realidade, ben sexa nun estado de euforia ou non, é unha receita segura para o desastre.

É triste e, ao tempo, horribelmente fascinante comprobar como se deposita euforicamente tantas esperanzas e soños en Barack Obama, un camaleón liberal que fala do "cambio", pero que está baixo a tutela dos mesmos vampiros (incluíndo a Lockheed e outros) que están a asolar aos pobos de América e de todo o planeta. Eufemisticamente, semella que pasamos de Drácula a un novo deseño, Blackula, na persoa de Barack Obama. No nome do "cambio", Obama está facendo que América camiñe cara atrás.

Todos os americanos, pero moi especialmente os negros, os latinos e os nativos, debemos prestar atención á evolución do coñecido como "fenómeno Obama". Este chamado "fenómeno" é impulsado pola euforia cega mentres emprega unha dobre linguaxe e a desinformación. O perigo disto é evidente.

Non importa que Barack Obama sexa un decidido defensor do apartheid e do sionismo, apoiado polo grupo de presión sionista dos Estados Unidos, mentres embobe aos pobos de América coa música de miles de millóns de dólares das arcas desta nación. Debemos sinalar que Barach Obama deixou moi claro no diario The Jerusalem Post (Israel), o 29 de xaneiro do 2008, que os palestinos cuxas terras son, desde hai moito tempo, ocupadas ilegal e militarmente por Israel, "non teñen dereito ao retorno". Análogo ao cruel xenocidio que os Estados Unidos leva a cabo contra os indíxenas dos pobos deste continente, os chamados "indios", co pretexto do Manifest Destiny, é o que os sionistas fan co pobo palestino, apartheid e xenocidio. Negro, latino ou nativo, os pobos deben prestar moita atención a esta terríbel realidade, que conta co apoio de Barack Obama, e ningunha dobre linguaxe de Obama pode agochar esta atrocidade. Os negros americanos deben decatarse de que un xudeu ou un israelí non ten porque ser necesariamente un sionista, como os alemáns non tiñan porque ser nazis -de feito, Adolf Hitler tamén asasinou a miles de alemáns non xudeus que se opuñan a el. Porén, non se equivoquen nunha cousa: o nazismo, o sionismo e o apartheid están intrinsecamente ligados. Por outra parte, hai que entender que a acepción "pobos semitas" inclúe tanto aos pobos xudeu como árabe, en particular os palestinos. Así, a manida táctica de cualificar aos que critican as accións sionistas como "antisemitas" é ridícula. Barack Obama está baixo a tutela do apartheid e do sionismo, fronte ao pobo palestino e a paz e a xustiza en todo o chamado Medio Oriente.

Pouco importa que Barack Obama, contrariamente ao mito que se propaga, endexamais fora un "activista da comunidade", un "militante do pobo". De feito, sempre tivo un respaldo financeiro, sempre levou unha vida cómoda e oportunista, e nin unha soa vez na súa vida estivo do lado dos privados de dereitos. Ademais, o seu presunto traballo "voluntario" en Chicago, foi calquera cousas menos un "servizo ao pobo" que nos vende a lenda creada polas grandes corporacións que o apoian. En realidade, Barack Obama foi un beneficiado do duro traballo de mulleres e homes da base, políticos da rúa, activistas da comunidade que, moi a miúdo, pagaron os seus esforzos coa prisión ou a morte. O activismo na comunidade non é unha brincadeira, e xamais será saudado ou apoiado polas empresas e os medios corporativos.

Pouco importa que Barack Obama manifestara tanto verbalmente como por escrito que está a favor da accións militares "unilaterais" dos Estados Unidos contra outras nacións. Algo perigoso que viola de xeito flagrante o dereito internacional. Malia a constante dobre linguaxe de Barack Obama, a súa admiración por Ronald Reagan (quen, de maneira "unilateral" invadiu a pequena e negra nación de Granada), e a súa estreita relación con William Daley, responsábel da infame e racista política en Chicago, coido que debe facer pensar a xente de boa vontade (de todas as cores).

Porén, e malia todo o anterior, hai quen insiste: "Polo menos é negro!" É negro? Que é negritude e que significa realmente en América? Seica é mellor deixarse enganar, chulear e verse privado dos teus dereitos por unha persoa negra que ser liberados por unha persoa de outra cor? Penso nisto como se a túa vida dependese disto porque, en última instancia, é posíbel.

(...)

Moitos negros americanos e os nosos irmáns latinos e nativos van levar, temo, unha enorme desilusión con Barack Obama, unha vez que demostre quen é realmente. Non haberá paz nin xustiza baixo a presidencia de Obama. Coido que sucederá o que digo. Incluso a maioría dos americanos brancos, coa excepción dos grupos liberais e conservadores, aínda poden decatarse de que os intereses de Obama son os intereses das corporacións; non son os intereses diarios do pobo, os intereses da esmagadora maioría da nación e do mundo.

Hai que reiterar que os partidos demócrata e republicano venderon reiteradamente aos pobos negro, nativo, latino, branco e amarelo. Non hai dúbida de que a euforia cega que experimentan os que actualmente non están pensando criticamente, é a mesma euforia que experimentan a elite dos Estados Unidos, os comerciantes de armas e os grandes medios de comunicación, coa diferenza de que a euforia destes últimos non é cega. A euforia destes é fría, cruel, calculada.

(...)

Agora máis ca nunca, é o momento de pensar criticamente e non ser seguidores cegos.

* Antigo militante do Partido Pantera Negra e ex preso político

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com