|
| Rica familia, rico hotel, pobres escravos
|
| 13/07/2008 |
Juiien Versteegh Solidaire
O rico Hotel Conrad, na Avenida Louise de Bruxelas, é coñecido por acoller a xente como George Bush e as máis ricas familias do mundo. Como a familia principesca dos Emiratos Árabes Unidos, que trouxo entre a súa equipaxe... aos seus escravos. O 1 de xullo, funcionarios da Inspección de Traballo irromperon no hotel. Alertados polo feito de que a familia alugara todo o cuarto piso do hotel durante un ano, os inspectores descubriron escravos modernos cun salario de entre 150 e 200 euros por traballar 16 horas diarias. Nin tan sequera tiñan camas para descansar. A finais do ano 2008 imos celebrar o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, que prohibe no seu artigo 4 a escravitude, e fala do dereito a un salario xusto e á seguridade social (artigos 22 e 23). Artigos esmagados pola familia principesca e os xerentes do hotel. É evidente que non todos somos iguais. Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Lei de Retorno... aos guetos
|
| 29/06/2008 |
En Marcha Organo do Comité Central do Partido Comunista Marxista Leninista do Ecuador
A Unión Europea deu unha nova mostra de canto incide a xenofobia e o racismo nos seus gobernantes, ao aprobar a denominada Lei do Retorno que criminaliza e penaliza aos migrantes indocumentados.
Indistintamente, durante los último anos, os países da UE aprobaron por separado leis que endureceron o control migratorio, poñendo aos estranxeiros indocumentados na condicións de reos da xustiza. Agora o Parlamento Europeo unificou un estatuto que amosa como a dereita gaña e afirma posicións entre os 27 estados dese bloque.
Hai unhas semanas, na Cimeira Comunidade Andina de Nacións – Unión Europea, os voceiros da Unión Europea manifestaban o interese por acordar políticas migratorias que protexan os dereitos humanos dos nosos compatriotas no vello continente: os feitos amosan o verdadeiro pensamento que alí domina, pois a lexislación en mención foi acordada con anterioridade polos ministros de Interior deses países.
Segundo esta lei, da que nin as criaturas se libran, crearanse centros especiais nos que se reterán aos indocumentados até un período de 18 meses, o que lembra aos campos de concentración cos que os nazis envileceron Europa.
Non ter visado para entrar nun país non é un delito, é simplemente unha ‘falta administrativa’, pero iso é criminalizado cando se prohibe por cinco anos o ingreso á UE aos inmigrantes que foran repatriados.
A presenza de millóns de migrantes nos Estados Unidos, Canadá e os países europeos contribuíu ao desenvolvemento e crecemento desas economías. Precisamente como expresión do segregacionismo, os traballadores migrantes foron e son sometidos a xornadas de traballo máis longas, a salarios máis baixos e ao cumprimento de actividades consideradas como non digas en moitos casos. Todo isto significou para a burguesía o aproveitamento e a obtención de niveis máis altos de explotación e enriquecemento.
Mentres eses países promovan a libre circulación de mercancías e capitais, opóñense agora á libre circulación da mercancía forza de traballo. A Unión Europea está interesada hoxe en subscribir o que denomina un Acordo de Asociación coa Comunidade Andina, que no fondo busca que os seus capitais e produtos circulen con liberdade no noso territorio. Mentres non se derrogue esa lexislación xenófoba e racista as autoridades ecuatorianas non deben asistir a esa mesa de negociacións. Aínda máis, non pode aprobarse nada que se pareza a un Tratado de Libre Comercio, semellante ao que os Estados Unidos quixeron implantar. Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Após o NON irlandés ao Tratado de Lisboa: Cinco verdades sobre o NON
|
| 28/06/2008 |

Herwig Lerouge SolidairePara a Unión Europea o NON irlandés non é unha boa resposta. De súpeto, todo vale para obrigar ás persoas a aceptar o Tratado. Incluída a desinformación. O rexeitamento do Tratado de Lisboa por un 54% dos electores irlandeses é o terceiro despois do francés e do holandés no 2005. Xa que o texto presentado aos irlandeses recolle o fundamental da constitución rexeitada hai tres anos. O Tratado non pode entrar en vigor, xa que debe ratificarse polos 27 países sen excepción. Mais os dirixentes europeos non o ven así. No Consello Europeo reunido os días 19 e 20 de xullo en Bruxelas, os 26 representantes dos estados restantes da Unión Europea confirmaron a súa vontade de manter o Tratado. Todos eles agardan que se os 26 estados ratifican o Tratado, Irlanda non terá outra elección que repetir a votación. E isto non é todo. Antes da votación puxeron en marcha unha grande campaña de desinformación co obxecto de facer cambiar de opinión aos partidarios do non. Esta campaña continúa na actualidade co fin de roubarlle toda lexitimidade ao NON irlandés. A continuación, cinco das afirmacións máis escoitadas nestes días, e as nosas réplicas. Primeira Afirmación: Os irlandeses, que representan o 0,5% da poboación europea, non poden manter de reféns ao 95% que votaron a favor. Non sería democrático.
O que non é democrático é que o 99% dos europeos non puideran votar. Os dirixentes europeos actúan como aqueles dos que se burlaba o grande poeta comunista Brecht: «Se os dirixentes ven claro e o pobo erra, o que fai falla é cambiar de pobo». Despois do rexeitamento á primeira versión da Constitución, cambiaron ao pobo ante o risco de que volveran votaran mal. Como os gobernos coñecen ben as maiorías, o resultado é coñecido por adiantado. Se en Irlanda votase o Parlamento e non o pobo, o SI tería gañado con máis dun 80% dos votos.
O que non é democrático é que, malia o rexeitamento dos irlandeses, queiran continuar como se nada pasara.
Segunda Afirmación: Os irlandeses son uns ingratos.
Ivo Belet, deputado democratacristián flamenco no Parlamento Europeo, afirma amargamente: «Nos último anos, Europa investiu 40 mil millóns de euros na economía irlandesa. É frustrante velos agora votar NON».
Se votan NON, pode ser porque deses investimentos millonarios só se aproveitaron unha moi pequena parte da poboación. Como na Francia e nos Países Baixos no 2005, o rexeitamento irlandés é, en primeiro lugar, un rexeitamento popular. A maioría dos irlandeses ricos votaron SI, a maioría dos obreiros NON. As desigualdades son tan escandalosas en Irlanda como nos Estados Unidos: o 1% da poboación posúe un terzo da riqueza. Desde hai anos, os salarios non seguen o alza dos prezos. O imposto sobre os beneficios das empresas e os bancos non supera o 17%. Isto significa que non hai diñeiro para a atención sanitaria, a educación, e o resto dos servizos públicos, entre os peores de Europa.
Terceira Afirmación: Non saben o que están votando.
Porén, segundo o correspondente do xornal irlandés De Standaard, os irlandeses coñecen ben o que votaron. «É certo que algúns argumentos no debate non teñen nada a ver co Tratado. Mais, por cada argumento falaz, houbo cando menos dúas personalidades totalmente respectábeis aportando argumentos serios. Un xornalista moi respectado dedicou 19 páxinas da revista na que traballa para expoñer os pros e os contras do Tratado. Cada día, durante semanas, dedicou un debate sobre o referendo. Finalmente avogou polo NON. Opositores ao Tratado saíron á rúa cun exemplar do texto para ensinar ao resto da poboación os artigos que eles rexeitaban.»
Os irlandeses estaban mellor informados que os nosos políticos, os cales votaron maquinalmente un texto que nin leron nin sobre o que debateron.
Na votación do 2005, a maioría dos deputados belgas admitiron que non leran o Tratado. En Irlanda, o Primeiro Ministro Cowen, gran partidario do si, tamén admite que «non lin o Tratado do A ao Z». O comisario europeo irlandés, McCreevy afirmou que «non tiven tempo para follealo».
Cuarta Afirmación: Os partidarios do NON empregaron argumentos sen ningunha relación co Tratado.
É o que di a socialista flamenca Anne Van Lancker. «Por exemplo, afirmar que os irlandeses perderían a súa neutralidade militar... Que tolemia!»
Os irlandeses aprecian a neutralidade militar de Irlanda, que non é membro da OTAN. Saben que o Tratado de Lisboa esixe que todos os estados membros melloren a súa capacidade militar e interveñan no estranxeiro no nome da loita contra o terrorismo. No 2000, Irlanda xa votara contra o Tratado de Niza por esta mesma razón. A Unión Europea agora fixo votar comprometéndose ao total respecto pola neutralidade irlandesa. Promesa non cumprida: a OTAN posúe un aeroporto en Shannon e militares irlandeses participan na forza de intervención europea no Chad. Xa que logo, de tolemia nada.
Quinta Afirmación. Sabotan un tratado que ía dar máis competencias ao Parlamento europeo e legalizar a Carta dos Dereitos Sociais.
Que representan estes progresos no conxunto dun Tratado que conducirá a unha catástrofe social? O principio do dereito á libre competencia segue a ser o dereito organizador da Unión. Reduce os outros textos europeos a meras declaracións de intencións.
O artigo 86 mata os servizos públicos ao sometelos ás regras da competencia. O Tribunal de Xustiza europeo basease neste mesmo principio cando di que os sindicatos suecos non poden obrigar a un empresario letón estabelecido en Suecia a pagar aos seus traballadores os salarios recollidos nos convenios colectivos suecos. Abóndalle con pagar o salario mínimo legar en vigor.
Os dereitos recoñecidos na Carta dos Dereitos Fundamentais teñen un escaso alcanza. O dereito ao traballo non existe e só aparece o «dereito a traballar». O dereito á protección social trócase polo simple «dereito de acceso ás prestacións da seguridade social e aos servizos sociais» existentes. Se estes son insuficientes, a Carta non obriga a ningún Estado a melloralos. O dereito ao aborto e a contracepción tampouco se recoñecen na carta. Ler máis Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Xornada laboral: Retorno ao século XIX?
|
| 19/06/2008 |
SolidaireO Consello Europeo de Ministros de Traballo aprobou recentemente, por maioría cualificada, un novo proxecto de directiva sobre a xornada laboral. Na nova proposta, o límite xeral de 48 horas semanais reafírmase. Porén, a proposta permite os acordos individuais entre o empresario e o traballador para aumentar a duración da xornada laboral a 60 horas. Este límite pódese incluso superara a través dun convenio colectivo. Outro aspecto da proposta é que o tempo libre no traballo xa non se considerará tempo de traballo, a non ser que un convenio colectivo dispoña outra cousa. A nova directiva sobre a xornada laboral demostra con claridade o carácter antisocial da estratexia de Lisboa. Por último, demostra a verdadeira natureza da “flexiguidade” propugnada pola Unión Europea, directiva “social” que non fai outra cousa que reforzar a flexibilidade e a inseguridade dos traballadores. Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Bush condecorará a Gorbachev polos servizos prestados
|
| 15/06/2008 |

Mikhail Gorbachev recibirá a Medalla da Liberdade que concede cada ano o norteamericano National Constitution Center. Segundo esta institución, o señor Gorbachev «vai ser recoñecido polo seu papel na fin da Guerra Fría e por levar á liberdade a millóns de persoas que vivían baixo a Cortiña de Aceiro.»
Recibirá a Medalla da Liberdade das mans de George Bush en setembro. Outros grandes loitadores pola liberdade premiados con anterioridade foron Bill Clinton, Viktor Yushchenko e o cantante Bono. Etiquetas: Anticomunismo, Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| As verdades da trotska
|
| 07/06/2008 |
MadialeVa
Para eles era unha loita xeracional, Edipo como ideólogo. Agora receben flores de agradecemento da prensa imperialista. Entrevistas en cafeterías de prezos obscenos. A 20 euros a auga. Tolemias de xuventude que deron paso á moqueta dos despachos onde se enterran os problemas con cal vivo. No edificio no que morreron catro sudamericanos da subcontrata, os demócratas idean os lazos azuis.
Di Rosa Pereda no xornal progolpista El País:
“Eu nunca fun particularmente leninista. Os trotskos daquel entón eramos máis internacionais e menos bolxes; xa se sabe que houbo unha transación histórica: ti cómeste o internacionalismo proletario e eu esquezo a democracia menxevique. E como todos os comunistas saben, quedou certa querencia nos trotskistas que facilitou a nosa conversión en socialdemócratas. Que era, finalmente, o que eramos.”
Agradecemos a súa sinceridade, mais díganos algo que non nos dixera xa Lenin hai moitas décadas. Etiquetas: Anticomunismo, Democracia burguesa, Media |
  |
|
|
|
| Conferencia Internacional de Solidariedade cos Prisioneiros Políticos
|
| 03/06/2008 |
 Colonia, Alemaña, 24 e 25 de maio de 2008.
Principais acordos:
- A cuestión dos cárceres non é unha cuestión local, rexional ou nacional, senón unha cuestión internacional. As prisións en illas, agachadas, situadas en avións, etc., é algo que se está consolidando. - Os cárceres forman parte da loita de clases internacional. - Aínda que os países, as cidades ou os nomes dos cárceres sexan distintos, a política de illamento levada a cabo en diferentes cárceres é unha política internacional do imperialismo. - A política de illamento forma parte da autorreconstrución dos conceptos dos imperialistas. - Os novos cárceres de illamento defínense en todo o mundo como “cárceres de máxima seguridade” polo poder. Exemplos destes cárceres son os de Stammheim, Meza, Evin, Guantánamo, Libertet, Nafa, Imrali. - A cuestión dos cárceres e os problemas dos prisioneiros non só é un problema dos que están dentro das prisións, tamén dos que están fora. Este problema recae sobre os que están dentro, mais a loita contra a política de illamento, represión e opresión nos cárceres non debe ser exclusiva dos prisioneiros. - A cuestión dos cárceres e os problemas dos prisioneiros non debe limitarse aos familiares destes. - Os prisioneiros de todo o mundo teñen problemas semellantes. Están converténdose en similares cada día máis. - Estes problemas pertencen a toda a sociedade, aos traballadores. - Ademais do aspecto político, os cárceres e os problemas dos prisioneiros afectan tamén á familia, á saúde e ao ámbito xurídico. - A solidariedade cos prisioneiros políticos é importante. Polo tanto, a solidariedade debe consistir en accións políticas e non ficar nun tema para o debate. - O interese e a solidariedade para cos problemas dos cárceres e os prisioneiros debe ser tratado a nivel internacional. - Os problemas dos prisioneiros políticos e as súas familias son un aspecto importante e especial na loita polo socialismo e a liberdade. - É importante a creación dunha organización dedicada a este traballo. - As relacións entre as organizacións que traballan neste campo nos distintos países debe fortalecerse. - Debemos darlle toda a importancia a estabelecer relacións internacional entre estas organizacións, a colaborar e organizar campañas conxuntas. Hai que estabelecer as bases que permitan unha coordinación internacional. - Nesta perspectiva, e como primeiro paso, debe crearse unha “Rede de Información”. - A creación dunha rede de intervención de emerxencia para os casos onde se producen ataques contra prisioneiros fará que esta loita sexa máis potente. - As organizacións que estean de acordo con este punto de vista poden publicar un Boletín Internacional. - A celebración de eventos como este congreso debe ser considerado como algo importante. Serven para crear perspectivas para o debate da colaboración e a loita pola unidade. - A solidariedade cos presos políticos deberá concretar e responder á chamada de solidariedade. Debe consistir en accións. Estas poden incrementar a capacidade de colaboración.
Etiquetas: Democracia burguesa, Solidariedade |
  |
|
|
|
| Pequeno inventario da desinformación: 10 guerras, 10 mentiras mediáticas
|
| 18/05/2008 |

Michel Collon
Cada guerra é precedida dunha grande mentira. Hoxe, Bush, ameaza a Venezuela e o Ecuador. Mañá, Irán? E despois, a quen lle tocará?
O papel de monicreque represéntao Uribe, narcotraficante e asasino de indíxenas (catro millóns de desprazados). Uribe pretende facernos pensar que atopou no indestrutíbel computador de Raul Reyes (FARC) as probas do apoio de Chávez ao “terrorismo” e a escusa para a militarización da rexión.
Xornais como Le Monde difunden esta campaña de propaganda para a próxima guerra de Bush. Lembremos simplemente cantas veces os mesmos Estados Unidos e os mesmos medios de comunicación xa nos manipularon. Cada gran guerra quere “xustificarse” por unha información que se descubrirá máis tarde (demasiado tarde) que é unha mentira.
Inventario rápido...
Vietnam (1964-1975):
- Mentira mediática: O 2 e 3 de agosto, Vietnam do Norte tería atacado dous buques ianquis na baía de Tonkin. - O que a xente soubo máis tarde: O ataque nunca tivo lugar. Foi unha invención da Casa Branca. - Obxectivo verdadeiro: Impedir a independencia de Vietnam e manter o dominio ianqui sobre a rexión. - Consecuencias: Millóns de vítimas, malformacións xenéticas (axente laranxa), enormes problemas sociais.
Granada (1983):
- Mentira mediática: A pequena illa das Antillas é acusada de permitir a construción dunha base militar soviética e de poñer en perigo a vida de médicos norteamericanos. - O que a xente soubo máis tarde: Totalmente falso. O presidente norteamericano, Reagan, ideou todas as pezas desta mentira. - Obxectivo verdadeiro: Impedir as reformas sociais e democráticas do primeiro ministro Bishop (que será asasinado). - Consecuencias: Brutal represión e restabelecemento do embargo de Washington.
Panamá (1989):
- Mentira mediática: O obxectivo da misión é deter ao presidente Noriega por tráfico de drogas. - O que a xente soubo máis tarde: De ser unha creación da CIA, Noriega pasa a reclamar a soberanía da canle de Panamá. Algo intolerábel para os Estados Unidos. - Obxectivo verdadeiro: Manter o control norteamericano sobre a estratéxica canle de comunicación. - Consecuencias: Os bombardeos norteamericanos causaron entre 2000 e 4000 vítimas. Os medios de comunicación non dixeron nada.
Iraq (1991):
- Mentira mediática: Os iraquís sacaran das súas incubadoras aos bebés do hospital Al Adnan na Cidade Kuwait. - O que a xente soubo máis tarde: Invento da axencia publicitaria Hill & Knowlton pagada polo emir de Kuwait. - Obxectivo verdadeiro: Impedir que o Medio Oriente resista a Israel e sexa independente dos Estados Unidos. - Consecuencias: Innumerábeis vítimas da guerra, após un longo embargo no que se incluíron os medicamentos.
Somalia (1993):
- Mentira mediática: O señor Kouchner aparece en escena como heroe dunha intervención humanitaria. - O que a xente soubo máis tarde: Catro empresas norteamericanas mercaran unha cuarta parte do subsolo somalí rico en petróleo. - Obxectivo verdadeiro: Controlar unha rexión militarmente estratéxica. - Consecuencias: Sen conseguir controlala, os Estados Unidos manterán a rexión nun caos prolongado.
Bosnia (1992-1995):
- Mentira mediática: A empresa norteamericana Ruder Finn e Bernard Kouchner sacan á luz aos supostos campos de exterminio serbios. - O que a xente soubo máis tarde: Ruder Finn e Kouchner mentían. Eran campos de prisioneiros á espera de intercambios. O presidente musulmán Izetbegovic así o recoñeceu. - Obxectivo verdadeiro: Racharr unha Iugoslavia demasiado á esquerda, eliminar o seu sistema social, someter a zona ás multinacionais, controlar o Danubio e as estratéxicas estradas dos Balcáns. - Consecuencias: Catro anos de guerra atroz entre todas as nacionalidades (musulmáns, serbios, croatas). Provocada por Berlín, prolongada por Washington.
Iugoslavia (1999):
- Mentira mediática: Os serbios cometen un xenocidio sobre os albaneses de Kosovo. - O que a xente soubo máis tarde: Invención pura e simple da OTAN como o recoñeceu o seu voceiro oficial, Jamie Shea. - Obxectivo verdadeiro: Impoñer o dominio da OTAN sobre os Balcáns. Instalar unha base militar norteamericana en Kosovo. - Consecuencias: Dúas mil vítimas dos bombardeos da OTAN. Limpeza étnica de Kosovo pola UCK, protexida pola OTAN.
Afganistán (2001):
- Mentira mediática: Bush pretende vingar o 11 de setembro e capturar a Ben Laden. - O que a xente soubo máis tarde: Non exista ningunha proba da existencia desta rede. De todas formas, os talibáns propuxeran extraditar a Ben Laden. - Obxectivo verdadeiro: Controlar militarmente o centro estratéxico de Asia, construír un oleoduto para controlar o abastecemento enerxético do sur de Asia. - Consecuencias: Ocupación e forte alza da produción e do tráfico de opio.
Iraq (2003):
- Mentira mediática: Saddam posuía perigosas armas de destrución masiva, afirmou Colin Powell á ONU, coas probas fotográficas na man. - O que a xente soubo máis tarde: A Casa Branca ordenara aos seus servizos falsificar probas e informes (asunto Libby) ou inventalos. - Obxectivo verdadeiro: controlar todo o petróleo e así condicionar aos seus rivais: Europa, Xapón, China... - Consecuencias: Caos total en Iraq. As mulleres condenadas á submisión e ao escurantismo.
Venezuela – Ecuador (2008-?):
- Mentira mediática: Chávez sostería o terrorismo, importaría armas, sería un ditador (o pretexto definitivo aínda non semella escollido). - O que a xente debería saber: Varias mentiras mediáticas precedentes xa se desincharon: Chávez dispara ao seu pobo, Chávez antisemita, Chávez militarista... Mais a demonización continúa. - Obxectivo verdadeiro: As multinacionais norteamericanas queren o control do petróleo e do resto da riqueza de América Latina, temen a liberación social e democrática de todo o continente. - Consecuencias: Washington conduce unha guerra total contra o continente: golpes de Estado, sabotaxes económicas, chantaxes, estabelecemento de bases militares xunto ás riquezas naturais... En resume, cada guerra é precedida e “xustificada” por unha grande mentira. E o noso inventario está lonxe de estar acabado! Impedir as guerras é desenmascarar estas mentiras o antes e o máis amplamente posíbel. Ler máisEtiquetas: Democracia burguesa, Media |
  |
|
|
|
| Uns 2500 menores de idade encarcerados polos Estados Unidos desde 2002
|
| 17/05/2008 |
O goberno dos Estados Unidos revelou que encarcerou a uns 2.500 menores de idade acusados de "combatentes ilegais" en Iraq, Afganistán e na Baía de Guantánamo desde o ano 2002. Nunha reunión coa Comisión das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, a administración Bush afirmou que a meirande parte dos rapaces foron encarcerados en Iraq, onde 500 permanecen nos cárceres ianquis neste país. Dez menores seguen presos en Afganistán. Oito menores foron enviados á Baía de Guantánamo. Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| As leis da física contra a versión oficial do 11/9
|
| 15/05/2008 |

Traducimos ao galego unha pequena mostra dun artigo do investigador norteamericano James Fetzer que cuestiona, a través do método científico, a versión oficial dos acontecementos do 11 de setembro nos Estados Unidos. Tan só é un breve resumo, no que prescindimos das partes máis técnicas do seu artigo. Se este tema é do seu interese, recomendamos a lectura completa na páxina da Rede Voltaire.
James Fetzer*
Como resultado das investigacións de Nafeez Ahme (2002), Thierry Meyssan (2002), Paul Thompson (2004), Michael Ruppert (2004) e David Ray Griffin (2004, 2005), entre outros, xa sabemos que a versión oficial do 11/9 non pode ser correcta. Esa versión afirma que dezanove árabes, con escasas habilidades para pilotar aeronaves, secuestraron catro avións e despois realizaron complicadas manobras para chocalos contra o World Trade Center e o Pentágono; que o dano causado polos impactos combinado coa calor do combustíbel do Jet que se queimou derrubou o WTC1 e o WTC2; que o WTC7 foi o primeiro edificio na historia en derrubarse só por mor do lume; e que contra o Pentágono chocou o voo 77 de United, que era un Boeing 757. O problema básico con esta “teoría conspirativa” é que de ser certa violaría leis da física e a enxeñaría que non poden ser transgredidas.
O extremadamente alto punto de fusión do aceiro estrutural (aproximadamente uns 2.800 º F) está moi por riba do máximo (menos de 1.800º F) que podería provocar o combustíbel do jet baixo condicións óptimas. O Laboratorio Underwriters certificara o aceiro usado no World Trade Center por 2.000º F durante polo menos 3-4 horas. Incluso as temperaturas máximas resultan aínda menores se se teñen en conta factores como o illamento, os asbestos e a dispoñibilidade de osíxeno. Dado que o aceiro é un bo condutor, calquera calor aplicada a unha parte da estrutura se disiparía cara a outras partes. O WTC1, a Torre Norte, recibiu o impacto ás 8:46 AM , derrubándose ás 10:29 AM, mentres que a Torre Sur recibiuno en segundo lugar ás 9:03, derrubándose ás 9.59 AM. Estiveron expostas ao incendio aproximadamente unha hora e media e unha hora respectivamente. Na medida que a maior parte do combustíbel ardeu nas xigantescas bolas de lume que acompañaron os impactos iniciais, o feito de que estas torres se derrubaran pola acción de incendios a base de combustíbel que derreteron o aceiro non só é improbábel senón fisicamente imposíbel.
A maioría dos norteamericanos non se decatan de que ningún edificio de estrutura de aceiro de grande altura colapsou por mor do lume na historia da enxeñaría civil, nin antes nin despois do 11/9. Se asumimos que estes incendios ocorreron nunha ampla variedade de edificios baixo un amplo rango de condicións, esa evidencia suxire que estes edificios non teñen unha propensión a derrubarse por efecto do lume. Iso fai que unha explicación alternativa, especialmente o uso de explosivos potentes nunha demolición controlada, sexa unha hipótese que debe ser tomada seriamente. En efecto, semellan existir cando menos dez trazos do derrube das Torres Xemelgas que constitúen efectos esperábeis das demolicións controladas mais non dos incendios que seguen aos impactos de aeronaves.
Estes inclúen o feito de que os edificios caeron aproximadamente a velocidade de caída libre; que ambos os dous se derrubaron practicamente dereitos cara abaixo (e sobre as súas propias “pegadas”); que case todo o formigón se converteu en po moi fino; que os derrubes foron completos, sen deixar practicamente columnas de soporte de aceiro en pé; que os rexistros fotográficos dos derrubes amosan “ondas de demolición” ocorrendo xusto encol dos pisos que colapsaban; que a maioría das vigas e columnas caeron en seccións de 30 a 40 pes de lonxitude; que os bombeiros afirmaron escoitar secuencias de explosións mentres se derrubaban; que se rexistraron eventos sísmicos coincidentes con impactos de aeronave e despois cando os edificios caeron; e que os charcos de aceiro fundido se observaron no subsolo durante semanas.
(...)
O Pentágono
O caso do Pentágono debería ser o máis accesíbel para estudar, xa que só depende de observacións e medidas, que son os elementos dispoñíbeis máis básicos para calquera investigación científica. En efecto, as fotografías tomadas antes do colapso dos pisos superiores do Pentágono proporcionan evidencia de que, o que sexa que chocara contra o Pentágono, non puido ser un Boeing 757. O avión tiña 155 pes de longo, cunha distancia entre á e á de 125 pes e unha altura de 36 pes cos rodas retraídas.
O punto inicial de impacto (previo ao colapso dos pisos superiores) foi a tan só 10 pes de altura e dun ancho de 16-17 pes, o tamaño aproximado das portas dobres dunha mansión. Realizouse un estudo meticuloso de enxeñaría con coidadosas medicións que ofrece poderosas evidencias de que a historia oficial non pode ser correcta. O dano semella inflixido por una aeronave máis pequena, como un F-16, ou polo impacto dun mísil, como posibilidade alternativa. A cantidade de dano simplemente non coincide co que ocorrería se contra o edificio chocara un avión da masa e dimensións dun Boeing 757.
As variacións non oficiais da versión oficial inclúen que o Boeing 757 chocou primeiro contra o chan e despois rebotou cara ao edificio, que os motores do avión araron o céspede antes de entrar no edificio, ou que o extremo da á dereita chocou co chan facéndoo “rodar” contra o Pentágono. Ningunha destas versións é remotamente congruente co suave, verde e intacto céspede. Por iso, é aínda máis notábel que o Secretario de Defensa mandara preparar o céspede como se fora danado no ataque. As fotografías tomadas inmediatamente despois do ataque demostran que non foi danado en absoluto.
Calquera que só vira o céspede despois da súa reconstrución, porén, aceptaría preferentemente a versión oficial. E é máis que interesante o feito de que se causaría moito máis dano con manobras moito menos esixentes se o avión se estrelara a través do teito do edificio no canto de contra unha área recentemente reconstruída na que só había rexistros e moi pouco persoal –como se os “terroristas” quixeran inflixir o mínimo dano.
Se un Boeing 757 se estrelara contra o Pentágono deixaría escombros masivos de ás, a fuselaxe, os motores, os asentos, a equipaxe, os corpos, e a cola. Porén, se se observan as fotografías tomas pouco despois do impacto antes de que os pisos superiores caeran, non se ve nada do mencionado: nin ás, nin motores, nin asentos, nin equipaxes nin cola.
Non fai falla botar man da ciencia astronómica –nin do cálculo de probabilidades- para recoñecer que algo de semellante tamaña non podería coller a través dunha abertura tan pequena ou non deixar restos en forma de ás destruídas, cascallos esparexidos, etc. Unha peza da fuselaxe que se alegou que proviña do avión parece ser evidencia plantada, que foi movida e fotografada en máis dun lugar. Mais se na escena non había escombros masivos da fuselaxe, ás, motores, asentos, equipaxe, corpos e cola, non puido ser a escena do choque dun 757. O argumento non pode ser máis simple.
O principio lóxico involucrado coñécese como modus tollens, que estabelece que, se p entón q, mais se non q, entón non p. Se q debe ser verdadeiro cando p é verdadeiro, mais q non é verdadeiro, entón p tampouco é verdadeiro. Esta é unha regra elemental do razoamento dedutivo, cuxo exemplo é fundamental para as investigacións científicas. Se un quer testar unha hipótese, ten que deducir o que debe ser verdadeiro se esa hipótese é verdadeira e tratar de determinar se esas consecuencias son verdadeiras.
Se non o son, entón a hipótese é falsa. Q.E.D. (quod erat demonstrandum). Se un Boeing 757 chocara contra o Pentágono, como alega o goberno, deixaría escombros de tipos e cantidades específicas. As fotografías e medicións amosan que non hai escombros dese tipo e cantidades. Na medida na que esas fotografías sexan auténticas e as medicións correctas –o que fai á calidade da evidencia para non q e semella bastante difícil de disputar- entón ningún Boeing 757 se estrelou contra o Pentágono. Q.E.D.
Que aconteceu realmente?
Os restos do único motor atopado dentro ofrecen pistas verbo do que realmente chocou contra o Pentágono. Os Boeing 757 teñen dous motores turboventiladores Pratt e Whitney, con rotores frontais de aproximadamente 42’ de diámetro e treitos traseiros de alta presión de menos de 21’ de diámetro. A parte que se atopou tiña menos de 24’ de diámetro e resulta que non coincide co motor turboventilador, senón coa montaxe do eixe frontal do compresor frontal do motor turbojet JT8D empregado nos Jet Fighter A-3 Sky Warrior.
Como os mísiles cruceiro teñen un diámetro de 20’, semellan ser demasiado pequenos para acomodar a este compoñente. Despréndese disto quen o Pentágono non chocou un Boeing 757 ou un mísil cruceiro, senón que en base a esta evidencia, probabelmente fora un Sky Warrior A-3. A evidencia relevante dispoñíbel non coincide coa versión oficial do goberno, que merece ser descartada. A súa probabilidade en base a evidencia é nula, mentres que a hipótese alternativa do A-3 fai que a evidencia relevante sexa altamente probábel e teña alta probabilidade como unha explicación claramente preferíbel.
Esta conxectura, suxerida pola evidencia, recebe apoio adicional doutras fontes. Por exemplo, dous empregados de defensa civil informaron que uns Sky Warriors A-3 foron encubertamente novamente deseñados con sistemas de control remoto e disparo de mísiles no Aeroporto Municipal Ft. Collins-Loveland, un pequeno aeroporto civil en Colorado, durante os meses previos ao 11/9. Segundo a información que proporcionaron “distintos contratistas militares –traballando independentemente a distintas horas- deseñaron de novo uns Douglas A-3 Sky Warriors con mísiles actualizados, sistemas de control remoto para vehículos aéreos non tripulados Raytheon’s Global Hawk, novos motores e sistemas de control de disparo, traspondedores, e sistemas de navegación radio-radar –unha reforma total- aparentemente para unha operación máis importante que o seu uso como simple plataforma de probas de mísiles para o contratista de defensa Hughes-Raytheon”. Estas informacións fortalecen a alternativa.
Se un pequeno Jet Fighter se estrelara contra o Pentágono no canto dun Boeing 757, isto explicaría o pequeno punto de impacto, a falta de escombros externos masivos, e un buraco no centro do edificio que a fráxil trompa dun Boeing 757 non podería provocar. Tamén suxeriría por que as partes do avión foron retiradas por persoal de servizo, xa que permitirían a identificación da aeronave e demostrarían a falsidade da versión oficial. Un pequeno fighter tamén se acomoda á información de Danielle O’Brien, unha controladora de tráfico aéreo que dixo sobre a aeronave que se estrelou que “a súa velocidade, a súa capacidade de manobrar, o xeito no que se dobrou, todos pensamos no cuarto de radar –todos sendo experimentados controladores de tráfico aéreo- que era un avión militar”.
Nada se move ou manobra tanto como un avión militar, como un jet fighter, o que tamén explicaría como foi capaz de penetrar nun dos espazos aéreos máis fortemente defendidos do mundo –emitindo un sinal amigo no transpondedor.
Outra liña argumental suxire que a evidencia se “asentou”. Ao confirmar que o motor atopado no Pentágono era efectivamente un JT8D, Jon Carlson expuxo que o avión usado no ataque tería que ser un Boeing 737, que tamén o usa. Iso contradí o uso dun 757, por suposto, mais tamén sería vulnerábel ao argumento paralelo da falta de escombros do tipo e cantidades acaídos. Ambos os dous son incompatíbeis coa paisaxe limpa e sen manchas, que debería ser enormemente alterado pola estela de turbulencia que xeraría calquera avión desas dimensións a esa baixa altura, un fenómeno que incluso é capaz de arrincar as tellas dos tellados a altitudes ordinarias.
Esta e outras liñas argumentais estabelecen que, o que sexa que se estrelou contra o Pentágono, non pode ser un Boeing 757 (nin un 737). Pode que a controversia sobre este punto específico fose tan ardua por ofrecer unha indicación tan clara e obvia da complicidade do goberno.
Preferíbel vs. Aceptábel
Os sucesos de Nova York requiren dunha análise lixeiramente máis sofisticada. Sabemos que a versión do goberno apunta a unha secuencia fisicamente imposíbel de eventos de probabilidade nula. Entón unha probabilidade de cero é tan só unha aproximación achegada a nula. Se os edificios foron derrubados cunha demolición controlada, pola contra, entón o aceiro non tería que terse derretido ou debilitado especialmente pola calor, senón que sería voado pola colocación precisa de explosivos. E a propensión de que o edificio colapsara a velocidade de caída libre e que houbese suficiente enerxía para pulverizar o formigón tería sido máis alta.
Dado que os edificios efectivamente caeron a velocidade aproximada de caída libre e había enerxía dabondo para converter o formigón en po fino, o soporte de evidencia para esta alternativa é moi alto. Sería moi facilmente confirmada por un estudo metalúrxico dos restos da estrutura de aceiro, mais foron rapidamente retirados e enviados a China por unha compañía extremadamente eficiente chamada “Controlled Demolition Inc.”
(...)
Un novo documental, “Loose Change”, inclúe un rexistro fotográfico que ofrece unha moi poderosa defensa da alternativa da demolición controlada do WTC1 e WTC2 ao proporcionar evidencia adicional de que se usaron explosivos para demolelos. O vídeo inclúe comentarios de testemuñas oculares de bombeiros e outros dos primeiros en responder, que escoitaron o que identifican como sons de secuencias de explosións en rápida secuencia (“Boom! Boom! Boom!”).
Mostra os efectos de explosións masivas que ocorreron a nivel do subsolo xusto antes dos impactos das aeronaves, rexistradas a 0.9 e 0.7 na escala de Richter, e eventos de magnitudes de 2.1 e 2.3 de 10 e 8 segundos de duración respectivamente, concorrentes co seu colapso. E tamén explora unha estraña e notábel serie de interrupcións “relacionadas coa seguridade” das cámaras de seguridade, que posibilitaron deixar sen cubrir varios grandes sectores do WTC1 e WTC2 por intervalos que permitirían a colocación de explosivos. Este notábel documental contradí dramaticamente a versión do goberno.
(...)
Debería darse por obvio que ningunha “teoría conspirativa” debería ser aceptada ou rexeitada sen investigación. Cada caso dunha posíbel conspiración debe ser avaliado independentemente en base aos principios da lóxica e a evidencia relevante dispoñíbel. As conspiracións florecen e o tempo é escaso. Carecemos dos recursos para confrontar todas. Mais necesitamos a intelixencia e o valor para promover a verdade en asuntos da máis alta importancia para o noso país e o mundo enteiro. Debemos facer todo o posíbel para descubrir e publicar a verdade e expoñer as técnicas tan habilmente despregadas para enganarnos. A historia non pode ser entendida –sequera remotamente!- sen comprender a prevaleza das conspiracións. E a historia norteamericana non é a excepción.
Pd. Segundo a versión oficial, o Voo Nº 77 pasou rozando o chan a máis de 500 millas por hora antes de chocar contra o Pentágono a nivel da planta baixa. Isto é aerodinamicamente imposíbel, porque a esa velocidade un contedor de gas comprimido debaixo da fuselaxe impediría que o avión baixara a menos de 60 pes do chan.
*James Fetzer é un investigador estadounidense con máis de 20 libros publicados de filosofía das ciencias e da fundamentación teórica da ciencia computacional, intelixencia artificial e ciencias cognitivas.
Ler máis Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Polémica en California: comunistas na escola
|
| 08/04/2008 |

Jon Wiener
O goberno de California está a un paso de derrogar a lei, aprobada no apoxeo do McCarthismo, que permite o despedimentos do profesorado das escolas e colexios públicos membros do Partido Comunista. Malia pasar desapercibida polos principais medios de comunicación, non foi así para o conservador Fox News e o ultradereitista New York Sun, que avisan de que a derrogación "promoverá o comunismo nas escolas públicas".
O proxecto de lei, proposto polo senador demócrata de Long Beach, Alan Lowenthal, eliminaría tamén no estado o xuramento de fidelidade. A día de hoxe, os empregados públicos están obrigados a facer xuramento de non pertencer a ningunha organización "que avogue polo uso da forza ou violencia para derrocar ao goberno dos EEUU" ou do estado de California.
Co apoio dos dous grandes sindicatos de docentes de California, a Federación de Profesores de California e a Asociación de Profesores de California, o proxecto de lei foi aprobado nunha primeira comisión este 2 de abril. O control dos demócratas en ambas as dúas cámaras nesta lexislatura fai máis que probábel a súa aprobación final.
Iso si, segundo unha fonte do senado citada por AP, o proxecto de lei seguiría permitindo despedir aos empregados públicos que defendan o derrocamento violento do goberno, como tamén aos profesores que favorezan entre os estudantes "unha preferencia polo comunismo".
Porén, a cadea Fox Nexs citou a un "crítico" co proxecto, que declarou que, "nun momento no que os estudantes de California están loitando por superar os exames, o senador Lowenthal fala de comunismo, o sistema de goberno responsábel da morte dun cento de millóns de persoas". O “crítico" díxolle a Fox News que, “o comunismo continúa a ser unha ameaza para nós". Tamén o New York Sun, nun editorial titulado “A California comunista", citou a outro "experto" que falou do proxecto como “Unha lei de rehabilitación e revisión do comunismo".
David Cole, profesor de dereito en Georgetown, declarou a AP que o Tribunal Supremo "xa hai moito tempo que se pronunciou contra a actual lei que viola a Primeira Emenda, o dereito á asociación e ao emprego dos membros do Partido Comunista. A culpabilidade por asociación nunca está xustificada".
A última persoa en California que foi despedida do seu posto de profesora por pertencer ao Partido Comunista foi Angela Davis, expulsada do Departamento de Filosofía da Universidade de California en 1969. Hoxe dirixe a cátedra de Estudos Afroamericanos e Feministas en Santa Cruz.
 Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Octoxenario arrestado nos EEUU por camisola antiguerra
|
| 01/04/2008 |

Fonte: Newsday O home da fotografía, Don Zirkel, un ancián de 80 anos de Bethpage, na area metropolitana de Nova York, foi arrestado nunha protesta contra a guerra do Iraq. Zirkel afirma que foi detido na alameda de Smithtown por vestir unha camisola na que expresaba "as fatalidades da guerra de Iraq". A lenda da camisola, que na imaxe non se ve completa, di: "4000 soldados, 1 millón de iraquís mortos. Abonda", con esta última verba manchada con pintas vermellas imitando o sangue. Durante o acto de protesta, Zikkel entrou nun centro comercial próximo, onde foi cominado pola seguridade privada a tapar a camisola ou abandonar o local. Ante a súa negativa, a policía decidiu transportalo nunha cadeira de rodas ao exterior. Acusado de resistencia á autoridade, Zirkel está en liberdade baixo fianza á espera de xuízo, que será o 22 de maio.
Este licenciado en filosofía e teoloxía teno claro: "Estanme castigando por seis verbas. É unha tolemia. A guerra é unha tolemia".
Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Barack Obama: Unha visión desde a esquerda
|
| 12/02/2008 |

Larry Pinkney* The Black Commentator
Os que ignoran a realidade e as leccións da historia sementan o seu propio perigo. Facer caso omiso da realidade, ben sexa nun estado de euforia ou non, é unha receita segura para o desastre. É triste e, ao tempo, horribelmente fascinante comprobar como se deposita euforicamente tantas esperanzas e soños en Barack Obama, un camaleón liberal que fala do "cambio", pero que está baixo a tutela dos mesmos vampiros (incluíndo a Lockheed e outros) que están a asolar aos pobos de América e de todo o planeta. Eufemisticamente, semella que pasamos de Drácula a un novo deseño, Blackula, na persoa de Barack Obama. No nome do "cambio", Obama está facendo que América camiñe cara atrás. Todos os americanos, pero moi especialmente os negros, os latinos e os nativos, debemos prestar atención á evolución do coñecido como "fenómeno Obama". Este chamado "fenómeno" é impulsado pola euforia cega mentres emprega unha dobre linguaxe e a desinformación. O perigo disto é evidente. Non importa que Barack Obama sexa un decidido defensor do apartheid e do sionismo, apoiado polo grupo de presión sionista dos Estados Unidos, mentres embobe aos pobos de América coa música de miles de millóns de dólares das arcas desta nación. Debemos sinalar que Barach Obama deixou moi claro no diario The Jerusalem Post (Israel), o 29 de xaneiro do 2008, que os palestinos cuxas terras son, desde hai moito tempo, ocupadas ilegal e militarmente por Israel, "non teñen dereito ao retorno". Análogo ao cruel xenocidio que os Estados Unidos leva a cabo contra os indíxenas dos pobos deste continente, os chamados "indios", co pretexto do Manifest Destiny, é o que os sionistas fan co pobo palestino, apartheid e xenocidio. Negro, latino ou nativo, os pobos deben prestar moita atención a esta terríbel realidade, que conta co apoio de Barack Obama, e ningunha dobre linguaxe de Obama pode agochar esta atrocidade. Os negros americanos deben decatarse de que un xudeu ou un israelí non ten porque ser necesariamente un sionista, como os alemáns non tiñan porque ser nazis -de feito, Adolf Hitler tamén asasinou a miles de alemáns non xudeus que se opuñan a el. Porén, non se equivoquen nunha cousa: o nazismo, o sionismo e o apartheid están intrinsecamente ligados. Por outra parte, hai que entender que a acepción "pobos semitas" inclúe tanto aos pobos xudeu como árabe, en particular os palestinos. Así, a manida táctica de cualificar aos que critican as accións sionistas como "antisemitas" é ridícula. Barack Obama está baixo a tutela do apartheid e do sionismo, fronte ao pobo palestino e a paz e a xustiza en todo o chamado Medio Oriente. Pouco importa que Barack Obama, contrariamente ao mito que se propaga, endexamais fora un "activista da comunidade", un "militante do pobo". De feito, sempre tivo un respaldo financeiro, sempre levou unha vida cómoda e oportunista, e nin unha soa vez na súa vida estivo do lado dos privados de dereitos. Ademais, o seu presunto traballo "voluntario" en Chicago, foi calquera cousas menos un "servizo ao pobo" que nos vende a lenda creada polas grandes corporacións que o apoian. En realidade, Barack Obama foi un beneficiado do duro traballo de mulleres e homes da base, políticos da rúa, activistas da comunidade que, moi a miúdo, pagaron os seus esforzos coa prisión ou a morte. O activismo na comunidade non é unha brincadeira, e xamais será saudado ou apoiado polas empresas e os medios corporativos. Pouco importa que Barack Obama manifestara tanto verbalmente como por escrito que está a favor da accións militares "unilaterais" dos Estados Unidos contra outras nacións. Algo perigoso que viola de xeito flagrante o dereito internacional. Malia a constante dobre linguaxe de Barack Obama, a súa admiración por Ronald Reagan (quen, de maneira "unilateral" invadiu a pequena e negra nación de Granada), e a súa estreita relación con William Daley, responsábel da infame e racista política en Chicago, coido que debe facer pensar a xente de boa vontade (de todas as cores). Porén, e malia todo o anterior, hai quen insiste: "Polo menos é negro!" É negro? Que é negritude e que significa realmente en América? Seica é mellor deixarse enganar, chulear e verse privado dos teus dereitos por unha persoa negra que ser liberados por unha persoa de outra cor? Penso nisto como se a túa vida dependese disto porque, en última instancia, é posíbel. (...) Moitos negros americanos e os nosos irmáns latinos e nativos van levar, temo, unha enorme desilusión con Barack Obama, unha vez que demostre quen é realmente. Non haberá paz nin xustiza baixo a presidencia de Obama. Coido que sucederá o que digo. Incluso a maioría dos americanos brancos, coa excepción dos grupos liberais e conservadores, aínda poden decatarse de que os intereses de Obama son os intereses das corporacións; non son os intereses diarios do pobo, os intereses da esmagadora maioría da nación e do mundo. Hai que reiterar que os partidos demócrata e republicano venderon reiteradamente aos pobos negro, nativo, latino, branco e amarelo. Non hai dúbida de que a euforia cega que experimentan os que actualmente non están pensando criticamente, é a mesma euforia que experimentan a elite dos Estados Unidos, os comerciantes de armas e os grandes medios de comunicación, coa diferenza de que a euforia destes últimos non é cega. A euforia destes é fría, cruel, calculada. (...) Agora máis ca nunca, é o momento de pensar criticamente e non ser seguidores cegos. * Antigo militante do Partido Pantera Negra e ex preso político
Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
| Solidariedade cos compañeiros do S.R.I.
|
| 23/01/2008 |

MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O XOVES 24, ÁS 20:30, DESDE O OBELISCOCONCENTRACIÓN EN VIGO O XOVES 24, ÁS 20:00, NO MARCOComunidado extraído do portal PRES.O.S.
Esta madrugada foron detidos pola Garda Civil nunha operación dirixida desde a sala 6 da Audiencia Nacional de Madrid a cinco compañeiros do Socorro Roxo Internacional. Dous na Galiza: Luís Fernandez e Carlos Cela; dous máis en Euskadi: Fernando Rodriguez e Erlantz Cantabrana e en Madrid Juan Maria Olarieta, todos membros do SRI e o último, ademais, coñecido avogado desde hai anos de varios presos comunistas e antifascistas.
Segundo a prensa burguesa do sistema, como El País e El Mundo, relacionan estas detencións de hoxe coas detencións de membros do PCE(r) e da organización GRAPO do mes de xuño pasado en Barcelona. Pero a realidade é que o feito que todos os detidos formen parte do SRI fainos pensar, sen dúbida, que queren calar a tarefa de solidariedade e antirrepresiva cara aos presos e presas políticos que levamos adiante en Socorro Roxo. Tal como ilegalizan partidos, pechan medios de comunicación disonantes co sistema; criminalizan as loitas populares, tamén agora perseguen a solidariedade, a denuncia á tortura e o terrorismo de estado que desde SRI vimos facendo duns anos acá. Dunha tarefa de denuncia pública e perfectamente coñecida que vimos desenvolvendo na rúa, xunto aos movementos e sectores populares como a que están desenvolvendo os compañeiros agora detidos. Criminalízannos, acúsannos de "terroristas", quérennos cortar as ás... Non deixa de ser curioso que todos os detidos agora, recibiron nos últimos meses dunha ou outro xeito ameazas directas ou indirectas (cartas anónimas, pintadas na rúa, criminalización desde os medios de desinformación).
Agora, até cando a represión é contra a nosa propia organización antirrepresiva, temos que alzar unha voz clara e forte en contra do acoso á nosa tarefa, denunciamos sen andrómenas todas estas operacións turbias que non pretenden senón calar as voces solidarias coa resistencia, agochar a realidade das prisións españolas e da fraxilidade con que se aguanta este pretendido e autodenominado "Estado de dereito". Non nos escondemos de sinalar e denunciar o que consideramos terrorismo de estado do fascismo español.
Esiximos a inmediata liberdade a todos os nosos compañeiros detidos. Non sabemos onde se atopan e de que llos acusa. Segundo os voceiros do sistema acúsaselles de “captación de membros” e “recadación de diñeiro” para os GRAPO. Nada máis afastado da realidade!, pois o SRI destina diñeiro, si, dirixido a cubrir as necesidades dos presos e presas políticos nos cárceres. E facémolo a través da venda de material, organizando rifas, paradas de material en encontros, actos e distintos eventos sociais, recollendo a solidariedade económica da xente solidaria cos presos, organizando charlas e diversas actividades antirrepresivas. Toda outra conxectura é pura terxiversación, mentira e simple criminalización. Denunciamos enerxicamente e sen paliativos á Garda Civil, á Audiencia Nacional e o Ministerio de Interior de emprender unha campaña criminalizadora contra a nosa organización.
Pedimos a solidariedade de todos e todas os solidarios/as, compañeiros e compañeiras de movementos sociais e populares, de organizacións políticas, etc. en apoio aos nosos compañeiros do Socorro Roxo Internacional. Rachemos pola base a intoxicación informativa. Polas liberdades democráticas e sociais. Pola liberdade de asociación e en defensa da nosa tarefa militante antirrepresiva.
Liberdade membros SRI detidos !!! Fóra a lexislación antiterrorista !!! Audiencia Nacional disolución !!! Etiquetas: Democracia burguesa |
  |
|
|
|
|
|