|  
 Michel Collon
 
 
 Cada guerra é precedida dunha grande mentira. Hoxe, Bush, ameaza a Venezuela e o Ecuador. Mañá, Irán? E despois, a quen lle tocará?
 O papel de monicreque represéntao Uribe, narcotraficante e asasino de indíxenas (catro millóns de desprazados). Uribe pretende facernos pensar que atopou no indestrutíbel computador de Raul Reyes (FARC) as probas do apoio de Chávez ao “terrorismo” e a escusa para a militarización da rexión.
 
 Xornais como Le Monde difunden esta campaña de propaganda para a próxima guerra de Bush. Lembremos simplemente cantas veces os mesmos Estados Unidos e os mesmos medios de comunicación xa nos manipularon. Cada gran guerra quere “xustificarse” por unha información que se descubrirá máis tarde (demasiado tarde) que é unha mentira.
 
 Inventario rápido...
 
 Vietnam (1964-1975):
 
 -         Mentira mediática: O 2 e 3 de agosto, Vietnam do Norte tería atacado dous buques ianquis na baía de Tonkin.
 -         O que a xente soubo máis tarde: O ataque nunca tivo lugar. Foi unha invención da Casa Branca.
 -         Obxectivo verdadeiro: Impedir a independencia de Vietnam e manter o dominio ianqui sobre a rexión.
 -         Consecuencias: Millóns de vítimas, malformacións xenéticas (axente laranxa), enormes problemas sociais.
 
 Granada (1983):
 
 -         Mentira mediática: A pequena illa das Antillas é acusada de permitir a construción dunha base militar soviética e de poñer en perigo a vida de médicos norteamericanos.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Totalmente falso. O presidente norteamericano, Reagan, ideou todas as pezas desta mentira.
 -         Obxectivo verdadeiro: Impedir as reformas sociais e democráticas do primeiro ministro Bishop (que será asasinado).
 -         Consecuencias: Brutal represión e restabelecemento do embargo de Washington.
 
 Panamá (1989):
 
 -         Mentira mediática: O obxectivo da misión é deter ao presidente Noriega por tráfico de drogas.
 -         O que a xente soubo máis tarde: De ser unha creación da CIA, Noriega pasa a reclamar a soberanía da canle de Panamá. Algo intolerábel para os Estados Unidos.
 -         Obxectivo verdadeiro: Manter o control norteamericano sobre a estratéxica canle de comunicación.
 -         Consecuencias: Os bombardeos norteamericanos causaron entre 2000 e 4000 vítimas. Os medios de comunicación non dixeron nada.     
 Iraq (1991):
 
 -         Mentira mediática: Os iraquís sacaran das súas incubadoras  aos bebés do hospital Al Adnan na Cidade Kuwait.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Invento da axencia publicitaria Hill & Knowlton pagada polo emir de Kuwait.
 -         Obxectivo verdadeiro: Impedir que o Medio Oriente resista a Israel e sexa independente dos Estados Unidos.
 -         Consecuencias: Innumerábeis vítimas da guerra, após un longo embargo no que se incluíron os medicamentos.
 
 Somalia (1993):
 
 -         Mentira mediática: O señor Kouchner aparece en escena como heroe dunha intervención humanitaria.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Catro empresas norteamericanas mercaran unha cuarta parte do subsolo somalí rico en petróleo.
 -         Obxectivo verdadeiro: Controlar unha rexión militarmente estratéxica.
 -         Consecuencias: Sen conseguir controlala, os Estados Unidos manterán a rexión nun caos prolongado.
 
 Bosnia (1992-1995):
 
 -         Mentira mediática: A empresa norteamericana Ruder Finn e Bernard Kouchner sacan á luz aos supostos campos de exterminio serbios.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Ruder Finn e Kouchner mentían. Eran campos de prisioneiros á espera de intercambios. O presidente musulmán Izetbegovic así o recoñeceu.
 -         Obxectivo verdadeiro: Racharr unha Iugoslavia demasiado á esquerda, eliminar o seu sistema social, someter a zona ás multinacionais, controlar o Danubio e as estratéxicas estradas dos Balcáns.
 -         Consecuencias: Catro anos de guerra atroz entre todas as nacionalidades (musulmáns, serbios, croatas). Provocada por Berlín, prolongada por Washington.
 
 Iugoslavia (1999):
 
 -         Mentira mediática: Os serbios cometen un xenocidio sobre os albaneses de Kosovo.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Invención pura e simple da OTAN como o recoñeceu o seu voceiro oficial, Jamie Shea.
 -         Obxectivo verdadeiro: Impoñer o dominio da OTAN sobre os Balcáns. Instalar unha base militar norteamericana en Kosovo.
 -         Consecuencias: Dúas mil vítimas dos bombardeos da OTAN. Limpeza étnica de Kosovo pola UCK, protexida pola OTAN.
 
 Afganistán (2001):
 
 -         Mentira mediática: Bush pretende vingar o 11 de setembro e capturar a Ben Laden.
 -         O que a xente soubo máis tarde: Non exista ningunha proba da existencia desta rede. De todas formas, os talibáns propuxeran extraditar a Ben Laden.
 -         Obxectivo verdadeiro: Controlar militarmente o centro estratéxico de Asia, construír un oleoduto para controlar o abastecemento enerxético do sur de Asia.
 -         Consecuencias: Ocupación e forte alza da produción e do tráfico de opio.
 
 Iraq (2003):
 
 -         Mentira mediática: Saddam posuía perigosas armas de destrución masiva, afirmou Colin Powell á ONU, coas probas fotográficas na man.
 -         O que a xente soubo máis tarde: A Casa Branca ordenara aos seus servizos falsificar probas e informes (asunto Libby) ou inventalos.
 -         Obxectivo verdadeiro: controlar todo o petróleo e así condicionar aos seus rivais: Europa, Xapón, China...
 -         Consecuencias: Caos total en Iraq. As mulleres condenadas á submisión e ao escurantismo.
 
 Venezuela – Ecuador (2008-?):
 
 -         Mentira mediática: Chávez sostería o terrorismo, importaría armas, sería un ditador (o pretexto definitivo aínda non semella escollido).
 -         O que a xente debería saber: Varias mentiras mediáticas precedentes xa se desincharon: Chávez dispara ao seu pobo, Chávez antisemita, Chávez militarista... Mais a demonización continúa.
 -         Obxectivo verdadeiro: As multinacionais norteamericanas queren o control do petróleo e do resto da riqueza de América Latina, temen a liberación social e democrática de todo o continente.
 -         Consecuencias: Washington conduce unha guerra total contra o continente: golpes de Estado, sabotaxes económicas, chantaxes, estabelecemento de bases militares xunto ás riquezas naturais...
 En resume, cada guerra é precedida e “xustificada” por unha grande mentira. E o noso inventario está lonxe de estar acabado! Impedir as guerras é desenmascarar estas mentiras o antes e o máis amplamente posíbel.  Ler máisEtiquetas: Democracia burguesa, Media | 
El País ou La Voz estenden a alfombra ao xenocida goberno norteamericano. Eles, que ousan falar de moral e ética. Non reprocho a súa actitude, tan só defenden os seus intereses de clase. Isto é unha guerra, e semella que nós somos os únicos que aínda non nos enteiramos.