Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

As leis da física contra a versión oficial do 11/9
15/05/2008


Traducimos ao galego unha pequena mostra dun artigo do investigador norteamericano James Fetzer que cuestiona, a través do método científico, a versión oficial dos acontecementos do 11 de setembro nos Estados Unidos. Tan só é un breve resumo, no que prescindimos das partes máis técnicas do seu artigo. Se este tema é do seu interese, recomendamos a lectura completa na páxina da Rede Voltaire.

James Fetzer*

Como resultado das investigacións de Nafeez Ahme (2002), Thierry Meyssan (2002), Paul Thompson (2004), Michael Ruppert (2004) e David Ray Griffin (2004, 2005), entre outros, xa sabemos que a versión oficial do 11/9 non pode ser correcta. Esa versión afirma que dezanove árabes, con escasas habilidades para pilotar aeronaves, secuestraron catro avións e despois realizaron complicadas manobras para chocalos contra o World Trade Center e o Pentágono; que o dano causado polos impactos combinado coa calor do combustíbel do Jet que se queimou derrubou o WTC1 e o WTC2; que o WTC7 foi o primeiro edificio na historia en derrubarse só por mor do lume; e que contra o Pentágono chocou o voo 77 de United, que era un Boeing 757. O problema básico con esta “teoría conspirativa” é que de ser certa violaría leis da física e a enxeñaría que non poden ser transgredidas.

O extremadamente alto punto de fusión do aceiro estrutural (aproximadamente uns 2.800 º F) está moi por riba do máximo (menos de 1.800º F) que podería provocar o combustíbel do jet baixo condicións óptimas. O Laboratorio Underwriters certificara o aceiro usado no World Trade Center por 2.000º F durante polo menos 3-4 horas. Incluso as temperaturas máximas resultan aínda menores se se teñen en conta factores como o illamento, os asbestos e a dispoñibilidade de osíxeno. Dado que o aceiro é un bo condutor, calquera calor aplicada a unha parte da estrutura se disiparía cara a outras partes. O WTC1, a Torre Norte, recibiu o impacto ás 8:46 AM , derrubándose ás 10:29 AM, mentres que a Torre Sur recibiuno en segundo lugar ás 9:03, derrubándose ás 9.59 AM. Estiveron expostas ao incendio aproximadamente unha hora e media e unha hora respectivamente. Na medida que a maior parte do combustíbel ardeu nas xigantescas bolas de lume que acompañaron os impactos iniciais, o feito de que estas torres se derrubaran pola acción de incendios a base de combustíbel que derreteron o aceiro non só é improbábel senón fisicamente imposíbel.

A maioría dos norteamericanos non se decatan de que ningún edificio de estrutura de aceiro de grande altura colapsou por mor do lume na historia da enxeñaría civil, nin antes nin despois do 11/9. Se asumimos que estes incendios ocorreron nunha ampla variedade de edificios baixo un amplo rango de condicións, esa evidencia suxire que estes edificios non teñen unha propensión a derrubarse por efecto do lume. Iso fai que unha explicación alternativa, especialmente o uso de explosivos potentes nunha demolición controlada, sexa unha hipótese que debe ser tomada seriamente. En efecto, semellan existir cando menos dez trazos do derrube das Torres Xemelgas que constitúen efectos esperábeis das demolicións controladas mais non dos incendios que seguen aos impactos de aeronaves.

Estes inclúen o feito de que os edificios caeron aproximadamente a velocidade de caída libre; que ambos os dous se derrubaron practicamente dereitos cara abaixo (e sobre as súas propias “pegadas”); que case todo o formigón se converteu en po moi fino; que os derrubes foron completos, sen deixar practicamente columnas de soporte de aceiro en pé; que os rexistros fotográficos dos derrubes amosan “ondas de demolición” ocorrendo xusto encol dos pisos que colapsaban; que a maioría das vigas e columnas caeron en seccións de 30 a 40 pes de lonxitude; que os bombeiros afirmaron escoitar secuencias de explosións mentres se derrubaban; que se rexistraron eventos sísmicos coincidentes con impactos de aeronave e despois cando os edificios caeron; e que os charcos de aceiro fundido se observaron no subsolo durante semanas.

(...)

O Pentágono

O caso do Pentágono debería ser o máis accesíbel para estudar, xa que só depende de observacións e medidas, que son os elementos dispoñíbeis máis básicos para calquera investigación científica. En efecto, as fotografías tomadas antes do colapso dos pisos superiores do Pentágono proporcionan evidencia de que, o que sexa que chocara contra o Pentágono, non puido ser un Boeing 757. O avión tiña 155 pes de longo, cunha distancia entre á e á de 125 pes e unha altura de 36 pes cos rodas retraídas.

O punto inicial de impacto (previo ao colapso dos pisos superiores) foi a tan só 10 pes de altura e dun ancho de 16-17 pes, o tamaño aproximado das portas dobres dunha mansión. Realizouse un estudo meticuloso de enxeñaría con coidadosas medicións que ofrece poderosas evidencias de que a historia oficial non pode ser correcta. O dano semella inflixido por una aeronave máis pequena, como un F-16, ou polo impacto dun mísil, como posibilidade alternativa. A cantidade de dano simplemente non coincide co que ocorrería se contra o edificio chocara un avión da masa e dimensións dun Boeing 757.

As variacións non oficiais da versión oficial inclúen que o Boeing 757 chocou primeiro contra o chan e despois rebotou cara ao edificio, que os motores do avión araron o céspede antes de entrar no edificio, ou que o extremo da á dereita chocou co chan facéndoo “rodar” contra o Pentágono. Ningunha destas versións é remotamente congruente co suave, verde e intacto céspede. Por iso, é aínda máis notábel que o Secretario de Defensa mandara preparar o céspede como se fora danado no ataque. As fotografías tomadas inmediatamente despois do ataque demostran que non foi danado en absoluto.

Calquera que só vira o céspede despois da súa reconstrución, porén, aceptaría preferentemente a versión oficial. E é máis que interesante o feito de que se causaría moito máis dano con manobras moito menos esixentes se o avión se estrelara a través do teito do edificio no canto de contra unha área recentemente reconstruída na que só había rexistros e moi pouco persoal –como se os “terroristas” quixeran inflixir o mínimo dano.

Se un Boeing 757 se estrelara contra o Pentágono deixaría escombros masivos de ás, a fuselaxe, os motores, os asentos, a equipaxe, os corpos, e a cola. Porén, se se observan as fotografías tomas pouco despois do impacto antes de que os pisos superiores caeran, non se ve nada do mencionado: nin ás, nin motores, nin asentos, nin equipaxes nin cola.

Non fai falla botar man da ciencia astronómica –nin do cálculo de probabilidades- para recoñecer que algo de semellante tamaña non podería coller a través dunha abertura tan pequena ou non deixar restos en forma de ás destruídas, cascallos esparexidos, etc. Unha peza da fuselaxe que se alegou que proviña do avión parece ser evidencia plantada, que foi movida e fotografada en máis dun lugar. Mais se na escena non había escombros masivos da fuselaxe, ás, motores, asentos, equipaxe, corpos e cola, non puido ser a escena do choque dun 757. O argumento non pode ser máis simple.

O principio lóxico involucrado coñécese como modus tollens, que estabelece que, se p entón q, mais se non q, entón non p. Se q debe ser verdadeiro cando p é verdadeiro, mais q non é verdadeiro, entón p tampouco é verdadeiro. Esta é unha regra elemental do razoamento dedutivo, cuxo exemplo é fundamental para as investigacións científicas. Se un quer testar unha hipótese, ten que deducir o que debe ser verdadeiro se esa hipótese é verdadeira e tratar de determinar se esas consecuencias son verdadeiras.

Se non o son, entón a hipótese é falsa. Q.E.D. (quod erat demonstrandum). Se un Boeing 757 chocara contra o Pentágono, como alega o goberno, deixaría escombros de tipos e cantidades específicas. As fotografías e medicións amosan que non hai escombros dese tipo e cantidades. Na medida na que esas fotografías sexan auténticas e as medicións correctas –o que fai á calidade da evidencia para non q e semella bastante difícil de disputar- entón ningún Boeing 757 se estrelou contra o Pentágono. Q.E.D.

Que aconteceu realmente?

Os restos do único motor atopado dentro ofrecen pistas verbo do que realmente chocou contra o Pentágono. Os Boeing 757 teñen dous motores turboventiladores Pratt e Whitney, con rotores frontais de aproximadamente 42’ de diámetro e treitos traseiros de alta presión de menos de 21’ de diámetro. A parte que se atopou tiña menos de 24’ de diámetro e resulta que non coincide co motor turboventilador, senón coa montaxe do eixe frontal do compresor frontal do motor turbojet JT8D empregado nos Jet Fighter A-3 Sky Warrior.

Como os mísiles cruceiro teñen un diámetro de 20’, semellan ser demasiado pequenos para acomodar a este compoñente. Despréndese disto quen o Pentágono non chocou un Boeing 757 ou un mísil cruceiro, senón que en base a esta evidencia, probabelmente fora un Sky Warrior A-3. A evidencia relevante dispoñíbel non coincide coa versión oficial do goberno, que merece ser descartada. A súa probabilidade en base a evidencia é nula, mentres que a hipótese alternativa do A-3 fai que a evidencia relevante sexa altamente probábel e teña alta probabilidade como unha explicación claramente preferíbel.

Esta conxectura, suxerida pola evidencia, recebe apoio adicional doutras fontes. Por exemplo, dous empregados de defensa civil informaron que uns Sky Warriors A-3 foron encubertamente novamente deseñados con sistemas de control remoto e disparo de mísiles no Aeroporto Municipal Ft. Collins-Loveland, un pequeno aeroporto civil en Colorado, durante os meses previos ao 11/9. Segundo a información que proporcionaron “distintos contratistas militares –traballando independentemente a distintas horas- deseñaron de novo uns Douglas A-3 Sky Warriors con mísiles actualizados, sistemas de control remoto para vehículos aéreos non tripulados Raytheon’s Global Hawk, novos motores e sistemas de control de disparo, traspondedores, e sistemas de navegación radio-radar –unha reforma total- aparentemente para unha operación máis importante que o seu uso como simple plataforma de probas de mísiles para o contratista de defensa Hughes-Raytheon”. Estas informacións fortalecen a alternativa.

Se un pequeno Jet Fighter se estrelara contra o Pentágono no canto dun Boeing 757, isto explicaría o pequeno punto de impacto, a falta de escombros externos masivos, e un buraco no centro do edificio que a fráxil trompa dun Boeing 757 non podería provocar. Tamén suxeriría por que as partes do avión foron retiradas por persoal de servizo, xa que permitirían a identificación da aeronave e demostrarían a falsidade da versión oficial. Un pequeno fighter tamén se acomoda á información de Danielle O’Brien, unha controladora de tráfico aéreo que dixo sobre a aeronave que se estrelou que “a súa velocidade, a súa capacidade de manobrar, o xeito no que se dobrou, todos pensamos no cuarto de radar –todos sendo experimentados controladores de tráfico aéreo- que era un avión militar”.

Nada se move ou manobra tanto como un avión militar, como un jet fighter, o que tamén explicaría como foi capaz de penetrar nun dos espazos aéreos máis fortemente defendidos do mundo –emitindo un sinal amigo no transpondedor.

Outra liña argumental suxire que a evidencia se “asentou”. Ao confirmar que o motor atopado no Pentágono era efectivamente un JT8D, Jon Carlson expuxo que o avión usado no ataque tería que ser un Boeing 737, que tamén o usa. Iso contradí o uso dun 757, por suposto, mais tamén sería vulnerábel ao argumento paralelo da falta de escombros do tipo e cantidades acaídos. Ambos os dous son incompatíbeis coa paisaxe limpa e sen manchas, que debería ser enormemente alterado pola estela de turbulencia que xeraría calquera avión desas dimensións a esa baixa altura, un fenómeno que incluso é capaz de arrincar as tellas dos tellados a altitudes ordinarias.

Esta e outras liñas argumentais estabelecen que, o que sexa que se estrelou contra o Pentágono, non pode ser un Boeing 757 (nin un 737). Pode que a controversia sobre este punto específico fose tan ardua por ofrecer unha indicación tan clara e obvia da complicidade do goberno.

Preferíbel vs. Aceptábel

Os sucesos de Nova York requiren dunha análise lixeiramente máis sofisticada. Sabemos que a versión do goberno apunta a unha secuencia fisicamente imposíbel de eventos de probabilidade nula. Entón unha probabilidade de cero é tan só unha aproximación achegada a nula. Se os edificios foron derrubados cunha demolición controlada, pola contra, entón o aceiro non tería que terse derretido ou debilitado especialmente pola calor, senón que sería voado pola colocación precisa de explosivos. E a propensión de que o edificio colapsara a velocidade de caída libre e que houbese suficiente enerxía para pulverizar o formigón tería sido máis alta.

Dado que os edificios efectivamente caeron a velocidade aproximada de caída libre e había enerxía dabondo para converter o formigón en po fino, o soporte de evidencia para esta alternativa é moi alto. Sería moi facilmente confirmada por un estudo metalúrxico dos restos da estrutura de aceiro, mais foron rapidamente retirados e enviados a China por unha compañía extremadamente eficiente chamada “Controlled Demolition Inc.”

(...)

Un novo documental, “Loose Change”, inclúe un rexistro fotográfico que ofrece unha moi poderosa defensa da alternativa da demolición controlada do WTC1 e WTC2 ao proporcionar evidencia adicional de que se usaron explosivos para demolelos. O vídeo inclúe comentarios de testemuñas oculares de bombeiros e outros dos primeiros en responder, que escoitaron o que identifican como sons de secuencias de explosións en rápida secuencia (“Boom! Boom! Boom!”).

Mostra os efectos de explosións masivas que ocorreron a nivel do subsolo xusto antes dos impactos das aeronaves, rexistradas a 0.9 e 0.7 na escala de Richter, e eventos de magnitudes de 2.1 e 2.3 de 10 e 8 segundos de duración respectivamente, concorrentes co seu colapso. E tamén explora unha estraña e notábel serie de interrupcións “relacionadas coa seguridade” das cámaras de seguridade, que posibilitaron deixar sen cubrir varios grandes sectores do WTC1 e WTC2 por intervalos que permitirían a colocación de explosivos. Este notábel documental contradí dramaticamente a versión do goberno.

(...)

Debería darse por obvio que ningunha “teoría conspirativa” debería ser aceptada ou rexeitada sen investigación. Cada caso dunha posíbel conspiración debe ser avaliado independentemente en base aos principios da lóxica e a evidencia relevante dispoñíbel. As conspiracións florecen e o tempo é escaso. Carecemos dos recursos para confrontar todas. Mais necesitamos a intelixencia e o valor para promover a verdade en asuntos da máis alta importancia para o noso país e o mundo enteiro. Debemos facer todo o posíbel para descubrir e publicar a verdade e expoñer as técnicas tan habilmente despregadas para enganarnos. A historia non pode ser entendida –sequera remotamente!- sen comprender a prevaleza das conspiracións. E a historia norteamericana non é a excepción.

Pd. Segundo a versión oficial, o Voo Nº 77 pasou rozando o chan a máis de 500 millas por hora antes de chocar contra o Pentágono a nivel da planta baixa. Isto é aerodinamicamente imposíbel, porque a esa velocidade un contedor de gas comprimido debaixo da fuselaxe impediría que o avión baixara a menos de 60 pes do chan.

*James Fetzer é un investigador estadounidense con máis de 20 libros publicados de filosofía das ciencias e da fundamentación teórica da ciencia computacional, intelixencia artificial e ciencias cognitivas.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com