Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Conferencia Internacional de Solidariedade cos Prisioneiros Políticos
03/06/2008


Colonia, Alemaña, 24 e 25 de maio de 2008.

Principais acordos:

- A cuestión dos cárceres non é unha cuestión local, rexional ou nacional, senón unha cuestión internacional. As prisións en illas, agachadas, situadas en avións, etc., é algo que se está consolidando.

- Os cárceres forman parte da loita de clases internacional.

- Aínda que os países, as cidades ou os nomes dos cárceres sexan distintos, a política de illamento levada a cabo en diferentes cárceres é unha política internacional do imperialismo.

- A política de illamento forma parte da autorreconstrución dos conceptos dos imperialistas.

- Os novos cárceres de illamento defínense en todo o mundo como “cárceres de máxima seguridade” polo poder. Exemplos destes cárceres son os de Stammheim, Meza, Evin, Guantánamo, Libertet, Nafa, Imrali.

- A cuestión dos cárceres e os problemas dos prisioneiros non só é un problema dos que están dentro das prisións, tamén dos que están fora. Este problema recae sobre os que están dentro, mais a loita contra a política de illamento, represión e opresión nos cárceres non debe ser exclusiva dos prisioneiros.

- A cuestión dos cárceres e os problemas dos prisioneiros non debe limitarse aos familiares destes.

- Os prisioneiros de todo o mundo teñen problemas semellantes. Están converténdose en similares cada día máis.

- Estes problemas pertencen a toda a sociedade, aos traballadores.

- Ademais do aspecto político, os cárceres e os problemas dos prisioneiros afectan tamén á familia, á saúde e ao ámbito xurídico.

- A solidariedade cos prisioneiros políticos é importante. Polo tanto, a solidariedade debe consistir en accións políticas e non ficar nun tema para o debate.

- O interese e a solidariedade para cos problemas dos cárceres e os prisioneiros debe ser tratado a nivel internacional.

- Os problemas dos prisioneiros políticos e as súas familias son un aspecto importante e especial na loita polo socialismo e a liberdade.

- É importante a creación dunha organización dedicada a este traballo.

- As relacións entre as organizacións que traballan neste campo nos distintos países debe fortalecerse.

- Debemos darlle toda a importancia a estabelecer relacións internacional entre estas organizacións, a colaborar e organizar campañas conxuntas. Hai que estabelecer as bases que permitan unha coordinación internacional.

- Nesta perspectiva, e como primeiro paso, debe crearse unha “Rede de Información”.

- A creación dunha rede de intervención de emerxencia para os casos onde se producen ataques contra prisioneiros fará que esta loita sexa máis potente.

- As organizacións que estean de acordo con este punto de vista poden publicar un Boletín Internacional.

- A celebración de eventos como este congreso debe ser considerado como algo importante. Serven para crear perspectivas para o debate da colaboración e a loita pola unidade.

- A solidariedade cos presos políticos deberá concretar e responder á chamada de solidariedade. Debe consistir en accións. Estas poden incrementar a capacidade de colaboración.

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com