Os camaradas alemáns do círculo de amigos do Monumento a Ernst Thälmann en Ziegenhals (no Estado federado de Brandeburgo, a 45 km de Berlín) acaban de encetar unha campaña a nivel internacional para impedir o seu derrubo. Max Renkl, o presidente desta asociación amiga, está facendo un chamamento a todos os antifascistas para que se unan a esta loita pola defensa da memoria de Thälmann e de todos os que se opuxeron aos nazis.
O Monumento a Ernst Thälmann foi construído polo Goberno da República Democrático Alemá nos anos 50, como merecida homenaxe ao dirixente comunista Thälmann, máis non só a el, senón aos primeiros resistentes antifascistas. Levantouse o monumento onde o 7 de febreiro de 1933, só unha semana despois da chegara ao poder dos nazis, se reuniu o Comité Central do Partido Comunista de Alemaña (KPD), liderado por Ernst Thälmann. Foi a primeira xuntanza dun partido alemán para organizar a resistencia antifascista. Thälmann pronunciou aí o famoso Discurso de Ziegenhals, onde chamou a todos os antifascistas a unirse e loitar contra o réxime fascistas. O Partido Comunista de Alemaña tardou unha semana en comezar a súa resistencia. Outros loados pola burguesía, como o militar Stauffenberg, tiveron que agardar 11 anos e que a guerra estivera case perdida, para intentar algo contra Hitler (que non contra o fascismo).
En 1990, a Treuhandanstalt, empresa estatal alemá encargada de privatizar o patrimonio da República Democrática Alemá, incluído o patrimonio do Partido Socialista Unificado da Alemaña, converteuse na propietaria do Monumento, do edificio adxacente e do chan. En 2003, a Treuhandanstalt vendeu o monumento e toda a propiedade a un militar de Brandeburgo. O novo dono, ademais de impedir o acceso ao monumento, leva 6 anos intentando derruílo.
Os comunistas alemáns teñen que incrementar os seus esforzos, porque o propietario está disposto a destruílo xa, e as autoridades de Brandeburgo apoian o seu proxecto. Esta é a razón da importancia desta campaña. É deber de todo comunista, de todo antifascista, colaborar na medida do posíbel nesta campaña. Difunda esta campaña e asine a
petición on-line para impedir o derrubo. Tamén pode acceder á petición a través desta páxina
http://www.etg-ziegenhals.de/Aktuelles.html.
Hoxe máis que nunca, longa vida a Thälmann, ao histórico KPD e aos loitadores antifascistas!
Manteñamos viva a memoria da Resistencia Antifascista!!
Vivan o heróis da clase obreira!!