Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Che Guevara e o Partido marxista-leninista
11/08/2006


O PARTIDO MARXISTA-LENINISTA
Ernesto "Che" Guevara

Este pequeno livro está destinado a iniciar aos militantes do Partido no amplo e caudaloso acervo das ideas marxistas-leninistas.

A eleizón dos temas é simples e efectiva.Trata-se dun capítulo do Manual de marxismo-leninismo de Otto V. Kuusinen e dunha série de discursos de Fidel Castro. A seleczón é boa porque é o capítulo do Manual de marxismo-leninismo no que se sintetiza a experiéncia dos partidos irmáns ao tempo que se oferece un esquema xeral do que deve ser e como deve actuar un partido marxista-leninista, e nos discursos do compañeiro Fidel desfila a história política dos nosos países através das verbas, nalgúns casos autobiográficas, do dirixente da Revolución.

As duas cousas están íntimamente ligadas, a teoria xeral como expresión das experiéncias do Partido Comunista da Unión Soviética e dos partidos marxista-leninistas de toda a humanidade e a aplicación prática destas ideas xerais ás nosas especiais características. Das peculiaridades que o marco dá ao desenvolvimento dos acontecimentos sociais nesta rexión do mundo non deve inferir-se que existan excepcións históricas; simplesmente, no marco xeral da teoria, filla da experiéncia, cabe o caso específico da situación cubana que engade novas experiéncias ao movimento obreiro mundial.

O manual aprende-nos con claridade que é un partido marxista-leninista: "persoas fundidas por unha comunidade de ideas que se agrupan para dar vida ás concepcións marxistas, é dicer, para levar a cabo a misión histórica da clase obreira". Explica tamén ocmo un partido pode viver illado da masa, como deve estar en permanente contacto con ela, como deve exercer a crítica e a autocrítica e ser moi severo cos seus próprios erros, como non debe basear-se só en conceitos negativos de loita contra algo, senón tamén en conceitos positivos de loita por algo, como os partidos marxista non poden ficar de brazos cruzados agardando que as condicións obxectivas e subxectivas, formadas através do complexo mecanismo da loita de clases, acaden todos os requisitos necesários para que o poder caia nas mans do povo como froita madura. Ensina o papel dirixente e catalizador deste partido, avangarda da clase obreira, dirixente da sua clase, que sabe amosar-lle o camiño ao trunfo e acelerar o paso cara a novas situacións sociais. Insiste en que ainda nos momentos de refluxo social, é necesário saber retroceder e manter firmes os cadros para se apoiar na próxima onda e avanzar alén, cara ao fin fundamental do partido na primeira época revolucionária, que é a obtención do poder.

E é lóxico que este partido sexa de clase. Un partido marxista-leninista mal poderia ser doutro xeito; a sua misión é procurar o camiño máis curto para acadar a ditadura do proletariado e os seus militantes máis valiosos, os seus cadros dirixentes e a sua táctica saen da clase obreira.

Non se pode pensar que a construcción do socialismo escomece cun partido da clase burguesa, cun partido que tivera entre os seus integrantes unha boa cantidade de explotadores e estes fosen os encarregados de fixar a liña política. Lóxicamente, unha agrupación dese tipo só pode dirixir a loita nunha etapa de liberación nacional, até certos níveis e en determinadas circunstáncias. No seguinte momento, a clase revolucionária pasaria a ser clase reaccionária, estabelecendo novas condicións que obrigarán á aparición do partido marxista-leninista como dirixente da loita revolucionária. E xa, cando menos en América, é práticamente imposível falar de movimentos de liberación dirixidos pola burguesia. A Revolución cubana polarizou forzas; frente ao dilema povo ou imperialismo, as febles burguesias nacionais elixen o imperialismo e traicionan definitivamente ao seu país. Perde-se case totalmente a posibilidade de que nesta parte do mundo se produza unh tránsito pacífico ao socialismo.

Se o partido marxista-leninista é quen de prever as etapas históricas venideiras e é capaz de se converter en bandeira e avangarda dun povo antes ainda de liquidar a etapa de liberación nacional -tratándo-se dos nosos países colonizados- entón ese partido terá cumprido unha dobre misión histórica e poderá pular pola construcción do socialismo con maís forza, con máis prestíxio entre as masas.

Despois ven a experiéncia cubana; experiéncia rica por todo o que ten de novo, por todo o que ten de vigoroso nesta época de desenvolvimento da revolución americana e tamén pola riqueza na comprensión dos seus erros, analisados e corrixidos públicamente, en contacto coas masas e ante o xuizo da opinión pública.

Particularmente importantes son os dircursos do comparñeiro Fidel referidos ao Partido Unido da Revolución Socialista e aos métodos de traballo empregados nas ORI que marcan duas etapas fundamentais do noso desenvolvimento. Na primeira expresa-se a confusión franca dun revolucionário cabal que chegou ao cume do camiño ascendente da evolución do seu pensamento e proclama sen dúvidas, ante o mundo, a sua profisión marxista-leninista. Mais non como unha simples afirmación verbal, senón amosando os rasgos, os feitos máis salientáveis da evolución do dirixente, da evolución do movimento e do Partido cara a unha conxugación destinada a integrar o Partido Unido da Revolución Socialista.

Analisando-se a si próprio, o compañeiro Fidel recoñece a cantidade de conceizóns regresivas que o méio inculcara nel; conta como instintivamente foi loitando contra esas conceizóns e forzando-se unha loita, fala das suas dúvidas e explica a causa desas dúvidas e como se resolveron.

Nesta etapa o Movimento 26 de Xullo constituia algo novo, moi difícil de definir; Fidel Castro, heroe do Moncada, prisioneiro de Isla de Pinos, adestra un grupo de expedicionários que ten como misión chegar ás costas de Oriente, principiar o incéndio revolucionário da província e separá-la do resto da illa nun primeiro momento ou avanzar sen pausa, de acordo coas condicións obxectivas, até a própria Habana, nunha sucesión de vitórias máis ou menos sanguentas.

A realidade golpeu-nos, non estaban dadas todas as condicións subxectivas necesárias para que a tentativa cristalizara, non se seguiran todas as reglas da guerra revolucionária que despois aprenderiamos co noso sangue e o dos nosos irmáns en dous anos de dura loita. Fomos derrotados e alí comezou a máis importante história do noso movimento. Amosou alí a sua verdadeira forza, o seu verdadeiro mérito histórico; decatamo-nos dos erros tácticos cometidos e de que faltaban algúns factores subxectivos importantes; o povo tiña conciéncia da necesidade dun cámbio, faltaba a certeza da sua posibilidade. Cre-la era a tarefa, e en Sierra Maestra empeza o longo proceso que catalizará o movimento enteiro da illa e que provocará furacáns ininterrumpidos, incéndios revolucionários en todo o território.

Os feitos empezan a demostrar que o Exército Revolucionário, coa fe e o entusiamo do povo correctamente encamiñados, en condicións favoráveis para a loita, pode ir medrando en forza através do axeitado uso das armas e destruir un dia o exército inimigo. Isa é unha grande lizón na nosa história. Antes de acadar o trunfo, foi trocando a correlación de forzas até se converter en imensamente favorável ao movimento revolucionário; criaron-se as condicións subxectivas necesárias para realizar o cámbio e provocar a crise de poder esencial para o mesmo. Dá-se unha nova experiéncia revolucionária a América, demostra-se como as grandes verdades do marxismo-leninismo se cumpren sempre; neste caso, que a misión dos dirixentes e dos partidos é a de criar todas as condicións necesárias para a toma do poder e non ficar en meros espectadores da onda revolucionária que vai agromando no seo do povo.

Asemade, ao amosar a necesidade de que os núcleos armados que defenden a soberania popular estén a cuberto de surpreas, de ataques, de aniquilamentos, indica a importáncia de que a loita armada teña por cenário os terrenos máis favoráveis á guerra de guerrillas, é dicer, os lugares máis accidentados das zonas rurais. Ese é outro aporte da Revolución á nosa loita de emancipación americana; do campo vai-se á cidade, de menos a máis, criando o movimento revolucionário que culmina en La Habana.

Noutra parte Fidel expresa claramente que a condición esencial do revolucionário é saber interpretar a realidade. Referindo-se á folga de abril, explica como non soubemos interpretá-la nese momento e por iso padecimos unha catástrofe. Por que se delcara a folga en abril? Porque existia no seo do movimento unha série de contradiccións que nos chamamos da "Sierra" e do "Llano" e que se facian patentes através de análises dos elementos considerados fundamentais para decidir a loita armada, que eran diferentes en cada unha das partes.

A "Serra" estaba disposta a derrotar ao exército cantas veces fose mester, ir gañando batalla tras batalla, conquistando o seu armamento e chegar algún dia á toma do poder sobre a base do seu Exército Rebelde. O "Llano" era partidário da loita armada xeral en todo o país cun epílogo de folga xeral revolucionária que expulsara á ditadura batistiana e sentara a autoridade dos "civís" como governantes convertindo ao novo exército "apolítico".

O embate destas teses é contínuo e non é o máis acaido para a unidade de mando que se require en momentos así. A folga de abril é preparada e decretado polo "Llano" coa anuéncia da dirección da "Sierra" que non se sinte quen de impedí-la, ainda que ten fortes dúvidas sobre o seu resultado e coas expresas reservas do PSP que advirte do perigo a tempo. Os comandantes revolucionários van ao "Llano" para axular e asi Camilo Cienfuegos, o noso inesquecível Xefe do Exército, comeza a facer as suas primeira incursións na zona de Bayamo.

Estas contradiccións son máis importantes que as discrepáncias tácticas: o Exército Rebelde xa é ideolóxicamente proletário e pensa en función de clase deposuida; o "Llano" ainda continua pequeno-burgués, con futuros traidores na sua dirección e moi influenciado polo meio no que se move.

Era unha loita menor polo controlo interno, no marco da grande loita revolucionária polo poder. Os recentes acontecimentos de Arxélia explican-se por analoxias coa Revolución cubana: a liña revolucionária non se deixa desprazar do poder e loita até conquistá-lo íntegramente, o Exército de Liberación é o representante da revolución que trunfa.

Os choques suceden-se a cotio e só se acada a unidade de mando (ainda non aceitada por todos) cando Fidel é nomeado Primeiro Ministro, algúns meses após o trunfo da revolución. Até entón, que fixeramos?; adquiríramos, como dixera Fidel, o direito a comezar. Só culmináramos unha etapa que se baseaba na loita a morte contra o sistema estabelecido en Cuba, representado no ditador Batista, mais o feito de continuar consecuentemente unha loita revolucionária tendente a mellorar o estado da nosa sociedade e liberá-la o máis posível de todas as eivas económicas, levaba-nos, á forza, a unha loita frontal co imperialismo.

Para o desenvolvimento da nosa ideoloxia o imperialismo foi un factor moi importante; cada golpe que nos daba precisaba unha resposta; cada vez que reaccionaban os ianquis, coa sua soberba acostumada, tomando algunha medida contra Cuba, tiñamos que tomar a contramedida acaida que ia aprofundando a Revolución.

O Partido Socialista Popular entraba nesta frente e os compañeiros de vella militáncia revolucionária e os que chegaban ao poder através das loitas na serra empezaban unha tarefa de fusión. Xa nese momento Fidel advertia contra dalgúns perigos do seitarismo e criticaba a quen botara en cara a outro os 15 ou 20 anos de militáncia e o seitarismo das barbas na serra e do tiratiros da cidade.

Na época da loita armada habia un grupo de compañeiros que tentaban defender ao movimento do aparente caudillismo do compañeiro Fidel e cometeron o mesmo erro, que se repetira despois na época do seitarismo: confundir os grandes méritos do dirixente, os grandes méritos do líder da Revolución e as suas grandes dotes de mando, co indivíduo cuxa única preocupación era asegurar-se o apoio incondicional dos seus e estabelecer un sistema de caudillamento. Foi unha loita de princípios falsos levada por unha gavela de compañeiros, loita que non rematou o primeiro de xaneiro ou cando Fidel asumira o cárrego de Primeiro Ministro, senón moito despois, cando o grupo direitista do 26 de Julio foi destrozado. Así cairon, por opor-se á vontade popular, Urrutia, Miró Cardona, Ray, Hubert Matos, David Salvador e tantos outros traidores.

Xurde, após a vitória total contra a liña de direitas, a necesidade de estruturar un partido: o Partido Unido da Revolución, exponente do marxismo-leninismo nas condicións de Cuba. Teria que ser un organismo ligado ás masas e por cadros coidadosamente seleccionados, cunha organización centralizada e, ao mesmo tempo, elástica e, para todo iso, cofiábamos cegamente na autoridade gañada en moitos anos de loita polo Partido Socialista Popular, delegando case todos os critérios organizativos. Foron-se así criando unha série de condicións para que madurara o froito do seitarismo.

No proceso de estruturación, o compañeiro Aníbal Escalante encarregaba-se da organización e comezaba unha etapa negra ainda que, por sorte, moi curta do noso desenvolvimento. Erraba-se nos métodos de dirección; o Partido perdia as suas cualidades esenciais de ligazón ás maas, do exercício do centralismo democrático e do espírito de sacrifício. Colocaba-se xente sen experiéncia e sen méritos en lugares dirixentes pola situación imperante de acomodo.

As ORI perden a sua función de motor ideolóxico -e de controlo de todo o aparello produtivo através desta función- e pasan a ser un aparello administrativo; nesta condicións, os chamamentos de alerta que tiñan que vir das províncias, explicando os problemas que alí existian, se perdian, porque quen devian analisar o traballo dos funcionários administrativos eran precisamente os dirixentes do núcleo que cumpria unha dobre función de partido e de administración pública.

A etapa de conceitos errados e dos trasplantes mecánicos finou, afortunadamente. As vellas bases nas que se fundara este enxendro seitário racharon.

Fronte aos interrogantes, a decisión da Dirección Nacional presidida por Fidel foi volver ás masas, estabelecendo así o sistema de consulta de todos os centros de traballo para a eleizón dos obreiros exemplares pola masa, a posibilidade de ser seleccionado para integrar os Núcleos do Partido, dun partido íntimamente unido ás masas.

Como parte dos cámbios do Partido o sistema de educación mudou, premiando non aos amigos, aos "licenciados do marxismo", senón aos mellores traballadores, aos homes que demostraron co seu traballo diário e co seu entusiasmo e espírito de sacrifício dotes de membros do partido dirixente.

Mudaron-se todos os critérios e comeza unha época de vigorización do Partido e dos métodos. Abre-se un amplo e luminoso camiño de construcción socialista no que o Partido ten a tarefa de conducción. Esa conducción non será mecánica e burocrática, de controlo estreito e seitário, do consello que hai que seguir en canto a expresión verbal e non por constituir un exemplo vivo, a do priviléxio das ideas ou da história pasada.

O partido do futuro estará íntimamente unido ás masas e delas extrairá as grandes ideas que despois se plasmarán en directivas concretas; un partido que aplicará ríxidamente a sua disciplina de acordo co centralismo democrático e, asemade, onde existan, permanentes, a discusión, a crítica e a autocrítica abertas, para mellorar o traballo continuamente. Será nesta etapa un partido de cadros, dos mellores, e estes deven cumprir a sua tarefa dinámica de estar con contacto co povo, transmitir as experiéncias a esferas superiores, transmitir ás masas as directivas concretas e por-se en marcha na avangarda destas. Primeiros no estudo, primeiros no traballo, primeiros no estusiasmo revolucionário, primeiros no sacrifício; sempre os maís bons, os máis puros, os máis humanos; así deven ser os cadros do noso partido.

Porque hai que lembrar sempre que o marxista non é unha máquina automática e fanática dirixida, como un torpedo, através dun servomecanismo cara a un obexectivo determinado. Deste problema ocupa-se expresamente Fidel nunha das suas intervencións: "Quen dixo que o marxismo é a renúncia dos sentimentos humanos, ao compañeirismo, ao amor ao compañeiro, ao respeito ao compañeiro, á consideración ao compañeiro? Quen dixo que o marxismo é non ter alma, non ter sentimentos? Se precisamente foi o amor ao home o que fixo xermolar o marxismo, foi o amor á humanidade, o desexo de combater a desventura do proletariado, o desexo de combater a miséria, a inxustiza, o calvário e toda a explotación padecida polo proletariado, o que fai que a mente da Carlos Marx xurda o marxismo cando precisamente podia xurdir o marxismo, cando precisamente podia xurdir unha posibilidade real e máis que unha posibilidade real, a necesidade histórica da Revolución social da que foi intérprete Carlos Marx. Mais, que o fixo ser ese intérprete senón o caudal de sentimentos humanos de homes como el, como Engels, como Lenin?"

Esta apreciación de Fidel é fundalmental para o militante do novo partido, lembren-no sempre, compañeiros, graven-no na memória como a sua arma eficaz contra todas as desviacións. O marxista deve ser o mellor, o máis cabal, o máis completo dos seres humanos mais, sempre, por riba de todo, un ser humano; un militante dun partido que vive e vibra en contacto coas masas; un orientador que plasma en directivas concretas os desexos, ás veces escuros, da masa; un traballador incansável que entrega todo ao seu povo; un traballador sufrido que entrega as suas horas de descanso, a sua tranquilidade persoal, a sua família ou a sua vida á Revolución, mais nunca é alleo á calor do contacto humano.

No terreno internacional o noso Partido terá tarefas importantes; como o primeiro país socialista de América, un exemplo a seguir por outros países, unha experiéncia viva para ser captada polos demáis partidos irmáns; unha experiéncia vivinte, repetida e cambiante, que amose á luz do coñecimento público todos os seus acertos e os seus erros. Deste xeito o seu exemplo é máis didáctico e non ten a aspiración de ser elevado só ante quen fixera profesión de fe do marxismo-leninismo, senón ante as masas populares de América.

A Segunda Declaración de la Habana é unha guia para o proletariado, o campesiñado e os intelectuais revolucionários de América; a nosa própria atitude será guia permanente. Devemos ser dignos dese lugar que temos, devemos traballar todos os dias pensando na nosa América e fortalecer cada dia máis as bases do noso estado, a sua organización económica e o seu desenvolvimento político, para poder tamén, ao tempo que nos superamos internamente, convencer máis e máis aos povos de América da posibilidade prática de encetar o camiño do desenvolvimento socialista, na etapa actual de correlación de forzas internacionais.

E isto sen esquecer que a nosa capacidade emocional diante dos abusos dos agresores e os padecimentos dos povos, non pode ficar no marco de América, nen sequer no marco de América e os países socialistas xuntos; temos que praticar o verdadeiro internacionalismo proletário, receber como afrenta própria toda agresión, todo acto que vaia contra a dignidade do home, contra a sua felicidade en calquer lugar do mundo.

Nós, militantes dun partido novo, devemos manter sempre en alto a mesma bandeira de dignidade humana que erguera o noso Martí, guia de moitas xerazóns, presente hoxe na realidade de Cuba: "Todo home verdadeiro deve sentir na sua meixela o golpe dado a calquer meixela de home".



Prólogo ao livro El partido marxista-leninista, publicado pola Direccion Nacional do Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba, La Habana, 1963.

Ler máis

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com