Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cabodano da morte do comunista mexicano Sérgio Bárrios
24/09/2006



Vanguardia Proletária, nº 208. Órgao Central do Partido Comunista de México (M-L)

Sérgio Bárrios: guia e constructor do Partido Comunista de México (marxista-leninista)

Este 24 de setembro cumpre-se un ano máis do falecimento do camarada Sérgio Bárrios, constructor e guia do Partido Comunista de México (marxista-leninista), a teoria e prática do noso camarada Sérgio Bárrios continuan presentes e respirando en cada unha das ideas e obxectivos da liña política do P.C. de M. (m-l), o seu pensamento bañou de vermello ao Partido da clase obreira, na sua loita sen concesións por defender o marxismo-leninismo contra o oportunismo e o revisionismo. Militantes de primeira liña como Sérgio Bárrios, sen reflectores, desde a clandestinidade, realizaron non só un esforzo senón que entregaron a sua via até o último alento, para construir o Partido que temos. Non poderemos entender a táctica e estratéxia do Partido sen as bases dadas por Sérgio Bárrios.

Dentro do noso Partido non se entende un "pensamento guia" ao estilo maoista, combate-se o culto á personalidade e ao caudillismo como conceizóns pequeno-burguesas alleas a un partido proletário marxista-leninista, mais tamén temos claro o papel dos homes na história e, sen dúvida, o noso camarada Sérgio Bárrios é dos homes que destacan pola sua actividade política e social, que non determinan un proceso social, mais si o influen, porque os comunistas como Sérgio Bárrios, que son exemplo da máis viva disciplina proletária, visión teórica comunista e temple bolchevique que non teme as dificuldades que ergue a burguesia a diário, son homes que representan e condensan na sua perosa as demandas, o sentir e a conceizón dunha determinada clase, no noso caso o da clase obreira.

Neste sentido, Sérgio Bárrios frágua na sua persoa a loita do proletariado mexicano pola sua emancipación. Cando mencionamos isto, temos claro que o principal instrumento de emancipación da clase obreira é o Partido e nos momentos claves da construcción do partido a conceizón teórica marxista-leninista e prática revolucionária de Sérgio Bárrios axudaron a forxar o perfil proletário do P. C. de M. (m-l). En vários aspectos, ainda que podemos destacar catro: a conceizón do Partido marxista-leninista feito para a revolución e non para a conciliación aplicando a terocia xeral de Marx, Engels, Lenin e Stalin ás condicións de México; o papel do Partido Comunista no traballo de masas; a táctica xeral do proletariado rumo á revolución proletária; e a aplicación consecuente do internacionalismo proletário pola revolución comunista mundial.

Na conceizón do partido, a tarefa non foi sinxela porque tivo que enfrontar posicións revisionistas que tentaban destruir o carácter marxista-leninista do Partido. Sérgio Bárrios tivo que loitar contra o fraccionalismo maoista, contra as conceizóns militaristas que buscaban transformar o partido nunha organización foquista político-militar, contra o obreirismo entendido como teoria e prática de culto ao espontaneismo e á loita económica que desvirtuaban o carácter de avangarda do partido, contra os pro-albaneses como seguidores dogmáticos da liña do Partido do Traballo de Albánia, incluso cando era evidente que o revisionismo se encontraba no poder estando á cabeza Ramiz Alia. A nível externo do Partido, loitou contra todo tipo de posicións revisionistas que entendian o Partido como a "unidade" de todos os revolucionários, nun partido-frente sen unidade monolítica na liña, argumentar contra teses erróneas como as defendidas por José Revueltas no seu "Ensaio dun proletariado sen cabeza" e contra aqueles que argumentaban que o Partido da clase obreira só podia ser fundado cando se encontrara á cabeza dun poderoso movimento de masas. Tamén combateu a teoria e prática do foco guerrilleiro que se afasta de raiz da conceizón marxista-leninista de Partido.

Na construcción cotiá do partido no traballo de masas, sempre destacou o papel que tiña que xogar o partido no seo das mesmas, como representante dos intereses históricos e estratéxicos do proletariado pola revolución socialista. Combatendo o cretinismo parlamentar que se expresou na aplicación das teses eurocomunistas sostidas polo Partido Comunista Mexicano, o Partido Socialista Unificado de México e o Partido Mexicano Socialista, até a sua conversión socialdemócrata no PRD. Combatendo igualmente o niilismo anarquista no tocanto ao traballo no parlamento burgués, defendendo a liña xeral do parlamentarismo revolucionário. Loitando no seo do movimento de masas contra o economicismo, o espontaneismo e o seguidismo, como práticas e expresións da pequena-burguesia que rebaixan o papel do proletariado na conceizón leninista do partido como destacamento organizado e de avangarda do proletariado, situando nun primeiro plano a tarefa ineludível de construir o partido no seo do movimento de masas como única garantia de continuidade revolucionária. Defendendo a necesidade da planificación, o estabelecimento de tarefas e obxectivos políticos e de organización que eleven o nível da loita politica das masas contra a burguesia pola revolución e o socialismo.

No tocante á táctica xeral, axudou a cementar o que hoxe é a nosa táctica xeral, condensada na Converxéncia Nacional de Oposición Popular ao Rexime, a Asemblea Nacional Constituinte Democrática e Popular, a Frente Popular Revolucionária e a República Democrático Popular, sobre a base de que a táctica está subordinada á estratéxia, e a táctica pode cambiar en función do desenvolvimento da loita de clases, porque finalmente a táctica é para abrir o camiño á revolución socialista e o comunismo mundial.

A nível internacional empurrar ao Partido a cumprir cos seus deveres internacionalistas, impulsando na mocidade as tarefas emandas dos Encontros Internacionais da Xuventude Antifascista e Anti-imperialista e, xunto a outros comunistas a nível mundial, pular pola construcción do partido proletário mundial, a Internacional Comunista marxista-leninista, cuxo xerme está na Conferéncia Internacional de Partidos e Organizacións marxista-leninistas.



Ler máis

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com