Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nova lei sobre o traballo en China. Entrevista a Peter Franssen
25/11/2006
China prepara unha nova lei sobre o traballo. As empresas ocidentais ameazan con tomar contramedidas. Pol De Vos, no portal da revista electrónica Solidaire, entrevista ao especialista en China, Peter Franssen.

Pol de Vos: Cal é o contido desta lei?

Peter Franssen: A lei estipula que os donos e os sindicatos deven negociar convénios de traballo en pe de igualdade. No momento da contratación dun traballador, o periodo de proba non pode exceder un mes, despois do cal ten direito a un contratro fixo. O despido colectivo precisa o acordo do sindicato. Esta lei impón, ademais, un severo controlo do respeito á lexislación existente en matéria laboral, como a semana laboral das 44 horas, a semana de cinco dias, o salário mínimo, o pago das horas extras. No caso de infracción, o dono deverá pagar unha multa ou, incluso, pode ser encacerado.

Como reaccionaron os donos?

Para os patróns americanos e europeus ocidentais que investiron en China, esta lei "pon en perigo os valores tradicionais do mercado", sobreentendendo que os patróns van perder unha grande parte do seu poder de decisión. Tamén tratan de facer chantaxe. Keyong Wu, da Cámara de Comércio británica, dixo textualmente: "viñemos a China polos reducidos custes salariais e a flexibilidade laboral. De desaparecer, iremos á Índia, Paquistán ou a Bangladesh."

Como reaccionaron os chineses ante a chantaxe?

Con calma. Posívelmente introduzan algunhas pequenas modificacións na lei, mais o fondo non mudará.

A finais dos 70, cando comezou a política de reformas, eles estaban nunha posición de inferioridade. Necesitaban absolutamente os investimentos americanos, xaponeses e europeus, así como os seus capitáis, tecnoloxias e técnicas de xestión. Querian progresar. Hoxe a situación é un pouco máis equilibrada.

En outubro, o grupo francés Alstom asinou un contrato cunha empresa do Estado para a construcción de 500 locomotoras ultramodernas. A dirección de Alstom teme que China a expulse cedo, e non se converta nun exportador de locomotoras, senón tan só nun importador. Ainda que engade, "non temos eleizón, de non aceitar a transferéncia de tecnoloxia, nunca obteremos nengún contrato con China."

No último mes, China lanzou unha producción en série de computadores con procesadores chineses que non teñen nada que envexar aos xaponeses ou americanos. Estes computadores serán vendidos ao prezo de 100 euros. Oito veces menos que aquí.

Até agora, China sempre mercou os seus avións a Airbus en Europa e a Boeing nos Estados Unidos, mais en 2008, o país producirá os seus próprios avións de pasaxeiros.

Os chineses poden agora impoñer condicións aos inversionistas estranxeiros. Ainda que non poden ainda impoñer todo o que quixeran, a sua posición e cada dia máis forte. O revolucionário ruso Lenin dixo un dia: "os capitalistas estranxeiros fan todo polo diñeiro. Tentan vender-nos até a corda coa que os colgaremos." Isto foi o que pasou en China os últimos anos.

Esta nova lei, non proba que a lexislación social existente non é boa?

A lexislación existente vai moito menos lonxe. Ainda que os chinese son conscientes dos erros cometidos nos anos 80 e 90. Nesa época as suas únicas preocupacións eran o crecimento económico e a elevación dos níveis de vida. Non se preocuparon das condicións de traballo, particularmente dos emigrantes nacionais, dos campesiños que emigraron ás cidades para traballaren na indústria. Son 150 millóns, a quinta parte da povoación activa. Máis da metade son forzados para facer horas extras, moi pouco ou nada remuneradas. Máis da metade traballa seis dias á semana. A sua renda é inferior ás dos outros traballadores. "Se a nova lei sobre o traballo se cumpre, o salário destes emigrantes medrará cando menos nun 50%", explica Anita Chan, especialista en convénios colectivos da Universidade Nacional de Austrália.

Para rectificar os erros do pasado, o governo dirixe-se aos próprios traballadores. O governo recebeu 190.000 correos electrónicos e cartas con proposicións. O parlamento está ocupado no seu estudo. Isto é unha forma de mobilización. As autoridades queren dar novos meios legais aos traballadores.

Sen o sindicato, isto non sairá adiante

Este ano, o sindicato afiliou xa perto de 6 millóns de novos membros, emigrantes na sua maioria. Hai algúns meses, o sindicato criou seccións nas 62 tendas da cadea americana Wal-Mart. Un duro golpe para Wal-Mart que proibe toda representación sindical nas suas tendas nos Estados Unidos. Podemos ler na imprensa chinesa dúcias de artigos sobre estes temas, sobre os meios clandestinos que o sindicato tivo que empregar e tamén sobre a explotación dos emigrantes, os salários impagados, a inseguridade laboral, a auséncia de hixiene nas fábricas e nas minas, as horas extras obrigatórias... Todo acompañado de testemuños, reportaxes, fotografias. Tamén podemos ler o chamamento aos traballadores para obrigar aos patróns a respeitar a lei.


Ler entrevista

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com