Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Perú: o MRTA resposta ao MRTA-V
30/11/2006



Nun correo que nos fai chegar Voz Rebelde, órgao oficial do Movimento Revolucionário Túpac Amaru, esta organización resposta ao comunicado do grupo MRTA-Venceremos, supostamente formado por militantes escindidos do MRTA. A organización fai unha análise da situación peruana, da sua táctica e da sua estratéxia. Entre outras moitas cousas adica unhas palavras ao Partido Comunista do Perú, ao que denomina "fundamentalismo gonzalista". O último ponto é no que fala esplícitamente do MRTA-V, do que duvida que os seus militantes, de existir o grupo, militasen algunha vez no MRTA.



Estimados compañeiros e compañeiras:

Através da web cedema.org e do correo electrónico mart-venceremos@yahoo.com deu-se a coñecer un comunicado que informa sobre a formación dunha nova organización que proclama o seu "distanciamento coas políticas claudicantes, pacifistas, eleitorais e oportunistas no interior do MRTA..." (sic)

Fronte a difusión pública deste comunicado, como VOZ REBELDE, órgao oficial do Movimento Revolucionário Túpac Amaru, temos a obriga de respostar a este comunicado que surpendeu e indignou á nosa militáncia e, obxectivamente, criou confusión entre o noso povo e organizacións irmás e de solidariedade, quen nos escreberon para solicitar-nos información sobre este tema e sobre a nosa situación actual como organización política revolucionária.

SITUACIÓN POLÍTICA ACTUAL

En princípio, a esquerda peruana, en xeral e a nosa organización en particular, atravesa por un periodo moi difícil, após máis de 20 anos de guerra interna, de terrorismo de estado e dunha política psicosocial cuxo obxectivo foi desprestixiar a loita armada, como método de loita, vinculando-a ao terrorismo puro e duro que impulsou o fundamentalismo gonzalista.

Por outro lado, a política represiva do estado peruano, sob pretexto de combater á subversión, encarcerou, torturou e fixo desaparecer non só aos guerrilleiros, supostos "delincuentes terroristas", senón tamén ao movimento obreiro e popular, aos dirixentes gremiais, sindicais e populares por todo o país, co claro obxectivo de impedir toda forma de mobilización e protesta organizada contra a política neoliberal que se implementou na década dos 90, baixo o rexime ditatorial do corrupto e xenocida Alberto Fujimori.

Nese contexto, temos que sinalar a atitude "prudente" da esquerda tradicional, que adoptou unha clara e firme posición contra o "terrorismo", após as declaracións do ditador que instaba á esquerda a "definir-se entre democrácia ou o terrorismo" ... o que na linguaxe actual do xendarme imperialista, George Bush, traduce-se como "ou estás comigo ou contra min".

Tamén debemos sinalar que a esta toma de posicións, axudou o accionar irracional do fundamentalismo gonzalista, que co argumento de "combater o sindicalismo "amarelo" e o reformismo revisionista da esquerda", iniciou unha campaña de asasinatos selectivos de dirixentes gremiais e militantes das organizacións de esquerda, así como de combatentes e militantes tupacamaristas. Estas circunstáncias e os erros cometidos polo movimento guerrilleiro, deron a posibilidade ao estado peruano de derrotar militarmente aos grupos subversivos, así como desmobilizar e descabezar o movimento obreiro e popular; o que obxectivamente propiciou unha eventual e coxuntural vitória da burguesia, que conseguiron retrasar o proceso revolucionário peruano, o que no impedirá a sua continuidade e moito menos a conquista dunha nova sociedade xusta, digna e livre da opresión e da explotación do capitalismo neoliberal.

A REVOLUCIÓN, UNHA NECESIDADE HISTÓRICA

Para nós, os explotados e vilipendiados polo sistema capitalista neoliberal, a revolución socialista máis que un ideal teórico ou utópico é unha necesidade histórica que construiremos con convicción, decisión e, sobretodo, con organización.

Xa que logo, para os tupacamaristas, a revolución é un proceso político consciente que nada ten a ver co voluntarismo ou o caudillismo da pequena burguesia.

ACUMULACIÓN DE FORZAS PARA A REVOLUCIÓN

Unha revolución é un permanente proceso de acumulación de forzas para acadar o obxectivo estratéxico: a toma do poder político polo proletariado; como acumulemos forzas para acadar o obxectivo estratéxico dependerá da "análise concreta da realidade concreta", do periodo e da coxuntura política que atravesa o país.

A ESTRATÉXIA, A TÁCTICA E OS MÉTODOS DE LOITA

A revolución é esencialmente unha acción política que para a consecución dos seus obxectivos, o poder político, implementa diversas formas e métodos de loita, segundo as circunstáncias e necesidades do periodo e a coxuntura política.

No referente ao obxectivo estratéxico, a toma do poder político polo proletariado, debemos ser inflexíveis, mais no referente a como lograrmos ese obxectivo, a forma e o método, é dicer, a táctica que empreguemos, deben ser o suficientemente amplos e flexíveis como para ir incorporando a todo o povo ao proceso revolucionário.

ANÁLISE DA SITUACIÓN POLÍTICA

Nunha breve análise da situación política, podemos dicer que o periodo político polo que atravesa o continente Latinoamericano e a nosa pátria, está marcado por unha ofensiva contrarrevolucionária con claro predomínio do imperialismo ianqui, que após a queda do campo socialista converteu-se no xendarme mundial que impón as suas políticas de rapina pola forza. Mais no meio desta hexemonia imperialista, hai indícios xa de que os povos van lentamente retomando as suas mobilización e loitas, ao tempo que instintivamente asumen posicións de esquerda e socialistas, tras máis de 30 anos de fracaso do modelo neoliberal.

Esta viraxe cara á esquerda deu como resultado a existéncia de governos "democráticos de esquerda" na Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Chile, Bolívia e últimamente Nicarágua.

América Latina é hoxe o cenário de novas xornadas de mobilización e loita nun espazo que até hai pouco era considerado exclusivo e hexemónico polas clases dominantes: os procesos eleitorais e a democrácia burguesa; instáncias ou espazos políticos que moitos revolucionários menosprezamos. Esta "democrácia" que o imperialismo fixo sua, como símbolo da sua sociedade de consumo e livre mercado, e que, porén, por mor do seu carácter agresivo e rapaz, nega na prática asoballando os máis elementais direitos dos povos, o que nas actuais circunstáncias posibilita que a "democrácia", como demanda dos povos, constitua-se hoxe en elemento desestabilizador e subversivo para o imperialismo; polo que a loita pola "democrácia" e a defensa dos direitos civís e cidadáns é hoxe unha bandeira de loita que cumpre ondear como unha forma de mobilizar e organizar o movimento obreiro e popular.

O PERÚ DE HOXE

O povo peruano non é alleo á realidade que vive o mundo, o que se expresa no seguinte:

1. En primeiro lugar, no Perú, a ofensiva contrarrevolucionária tivo na ditadura fujimorista a sua máis alta expresión que por mor do terrorismo de estado, da sua capacidade para aproveitar os erros do fundamentalismo senderista e os nosos, derrotou ao movimento guerrilleiro e impuxo o modelo neoliberal.

2. A acción do comando Edgar Sánchez, como resposta organizada e armada ao capitalismo selvaxe e á ditadura fujimorista, evidenciou o nefasto e brutal do modelo neoliberal e a política de terrorismo de estado que o rexime fujimorista implementou para impor o modelo neoliberal, modelo económico que o povo peruano rexeitara maioritáriamente no proceso eleitoral de 1990.

3. Embora ser certo que ao aniquilar ao comando Edgar Sánchez, o rexime fujimorista obtivo unha vitória militar, no político significou unha vitória pírrica, xa que a acción do comando demostrou ao noso povo que a ditadura non era invencível e podia ser derrotada con decisión e organización; por outra banda, esta acción abre un novo cenário político que o povo no seu accionar foi enchendo por todo o país e que tivo a sua máis alta expresión na Marcha dos 4, proposta política da nosa organización, que de xeito oportunista foi asumida polo toledismo, ante a nosa debilidade orgánica e caréncia de cadros públicos que comandasen o movimento de masas.

4. A evidente corrupción do rexime fujimorista fixo posível a caída do ditador e a chegada dun governo de transición co posterior retorno á democrácia.

5. Co retorno da democrácia formal, a situación de opresión e explotación, de crecente pobreza e desemprego xeralizado non mudou, mais si que se dan as condicións necesárias para implementar tarefas tendentes a reorganizar o movimento obreiro e popular, centralizar as suas disperas loitas e facé-las trascender de loitas reivindicativas a verdadeiras loitas políticas; tarefas que lamentávelmente foron abandonadas pola esquerda tradicional e que nós non realizamos coa contundéncia necesário por mor das nosas debilidades orgánicas; xerando-se así un espazo para o xurdimento de posicións nacionalistas pequeno burguesas, que coa sua linguaxe populista e pseudoradicalismo, pretenderon arrastrar a vastos sectores da poboación e a un sector da "esquerda" para quen a "democrácia burguesa" cosntitue un fin en si mesmo.

Desta sucinta análise da situación política nacional, podemos cocluir que ,en termos xerais e sen temor a equivocar-nos, existen condicións obxectivas para o desenvolvimento dun verdadeiro proceso revolucionário; por un lado, a crise do capitlaismo agravou-se polo fracaso do seu modelo neoliberal; modelo económico que propiciou o saqueo e depredación dos nosos recusos naturais e humanos a favor das transnacionais; e pésie a que os governos de turno louvan os seus logros e "éxitos macroeconómicos", isto non benefícia en nada ao noso povo, aprofundando cada dia máis as desigualdades sociais; por outra banda, mália a vitória da burguesia sobre o movimento guerrilleiro, desartellando o movimento obreiro e popular, e ao recente e estrepitoso fracaso da esquerda institucional no pasado proceso eleitoral, non pode manter baixo o seu controlo e influéncia ao conxunto do povo, que, pésie ao repregue, non cede á influéncia ideolóxica da burguesia e aspira, de maneira instintiva, a un necesário cámbio nas suas condicións de vida.

En termos marxistas, estas constituen as chamadas condicións obxectivas para un proceso revolucionário. Mais un proceso revolucionário non se desenvole só pola existéncia de condicións obxectivas. Deben existir e desenvolver-se as condicións subxectivas: a organización consciente do proletariado e o partido revolucionário.

A TAREFA DOS REVOLUCIONÁRIOS

Hoxe, as masas están virando instintivamente cara a posicións de esquerda, ainda que non teñen unha organización forte e coesionada nen a consciéncia e independéncia política de clase e, por iso, poden ser confundidas e arrastradas fácilmente cara a posicións nacionalistas pequeno burguesas e reformistas que nata teñen a ver coas aspiracións socialistas do proletariado revolucionário.

Fronte a esta realidade de confusión e dispersión, debemos perguntar-nos: cal é o papel dos revolucionários e do partido no proceso da loita de clases? A esta pergunta só podemos respostar que o papel dos revolucionários e do partido é o de contribuir a criar conciéncia e organización, incorporar ao proceso revolucionário a amplos sectores do povo e desenvolver a máis ampla unidade e influéncia política e ideolóxica nos seo do povo, combatendo as posicións confusionistas e oportunistas; derrotando o escepticismo e a dispersión; fortalecendo a sua moral e convertendo as suas loitas illadas e reivindicativas en loitas centralizadas e, sobretodo, políticas. Estas son hoxe as tarefas máis importantes dos revolucionários.

A ESPONTANEIDADE DAS LOITAS POPULARES

Na nosa esquerda hai camaradas que afirman que "só o povo salvará ao povo", mais un povo sen organización e conciéncia será presa fácil para os que pretenden manté-los atados ao xugo da opresión e explotación capitalista. Como revolucionários asumimos que son os povos organizados e con clara conciéncia da necesidade das transformacións sociais, os que fan a história.

Na história da loita de clases, podemos atopar exemplos de como povos sen a suficiente conciéncia política e con unha alta dose de espontaneidade, en determinadas condicións poden acadar níveis moi altos de mobilización e violéncia, até o ponto de botar abaixo reximes ditatoriais ou governos que non teñen en conta as necesidades e aspiracións populares.

Un exemplo disto pasou na década dos 70 no noso país, cando o segundo domingo de maio do 79, dia da mai, o entón ministro de economia da Xunta Militar de Governo, Javier Silva Ruede, descarregou sobre o povo as medidas económicas impostas polo Fodo Monetário Internacional; ao dia seguinte, desde as primeiras horas da mañá e de maneira espontánea, as ruas e prazas de todo o país foron invadidas por miles e millóns de homes e mulleres que protestaban contra a Xunta Militar de Governo, estas mobilizacións de protesta obrigaron á CGTP a convocar un paro nacional o 19 de xullo de 1979, no marco do comezo da derrota do ditador Morales Bermúdez, quen despois desta exitosa xornada de loita popular, tivo que convocar eleizóns xerais para unha asemblea constituinte ao remate da cal comprometeu-se a convocar eleizóns xerais presidencias e o retorno das forzas armadas aos seus cuarteis, nun tácito recoñecimento da sua derrota política.

Nos últimos anos, os povos irmáns da Arxentina e do Ecuador tamén botaron abaixo aos seus governos, nunha mostra máis dos níveis de mobilización e radicalización espontánea que poden acadar os povos; mais por moita radicalización, mobilización e incluso violéncia á que poidan chegar os Povos, a falla dunha organización consciente e dunha dirección revolucionária, fará imposível verdadeiros procesos revolucionários, sendo moi pronto superados estes movimentos por posicións reformistas e reaccionárias que cambiarán algo para que nada cámbie, tal como sucedeu no Perú baixo os reximes ditatoriais de Morales Bermúdez e de Alberto Fujimori, que cederon o paso a governos democrático burgueses.

GOVERNO E PODER

Xa dixemos que na nosa América, xurdiron diversos governos "democráticos de esquerda"; governos progresistas, uns máis que outros, que podemos e debemos apoiar sen perder de vista a diferenza fundamental que existe entre ser governo e ter o poder. O poder político implica a capacidade de decidir o rumo do estado, a forma de administrar os recursos naturais e humanos, decidir o rumo económico que favoreza o noso desenvolvimento e definir con plena independéncia a nosa política exterior; mentres que ser governo implica administrar o estado coas limitacións que determinen os organismos internacionais financeiros e aqueles empresários nativos ligados aos intereses imperialistas.

Nesas condicións, os partidos governamentais non teñen outra opción que aplicar políticas económicas dentro das marxes que o actual sistema capitalista impón, ou rachar co sistema. Neste último caso, a burguesia botará man do seu poder económico para tentar sabotar a política económica e social do governo progresista e así derrocá-lo, e se ainda así, o governo progresista, co apoio do povo, mantén a administración do estado a favor dos intereses populares, utilizará as forzas armadas para preservar o status quo, como o fixeron en Guatemala con Jacobo Arbénz ou no Chile de Allende.

Por iso, alén da posibilidade de exitiren condicións para "conquistar o governo", os revolucionários debemos loitar por conquistar o poder político para o proletariado e, xunto ao noso povo, construir unha sociedade xusta, digna e solidária; noutras verbas, os tupacamaristas aspiramos a construir o Socialismo peruano, "sen calco nen cópia" a dicer do noso Amauta José Carlos Mariátegui.

AS TAREFAS ACTUAIS

A análise da situación política nacional, apresenta-nos un cadro de desorganización, confusión e dispersión do movimento obreiro e popular, situación que tamén afecta á esquerda no seu conxunto. Agora ben, se da análise do periodo político concluimos que as tarefas uxentes do noso movimento, son as de impulsar o proceso de reorganización e centralización do movimento obreiro e popular, impulsar e fortalecer todas as formas de organización do povo, contribuir ao desenvolvimento da toma de conciéncia política dos máis amplos sectores do noso povo e forxar a máis ampla unidade das forzas de esquerda para xuntos recriar o socialismo peruano, xurde a pergunta de: cal debe ser o eixo sobre o que desenvolvamos as tarefas que axudan á reorganización, centralización e formación política e ideolóxica do conxunto do movimento obreiro e popular, que nos permitan ir acumulando forzas para a toma do poder político? Algúns dirán que como organización político militar, deberiamos respostar que o eixo sobre o cal se deben desenvolver estas tarefas, debe ser a loita armada, mais esta resposta, ademais de simplista e subxectiva, non corresponde á actual correlación de forzas, nen ten en conta a dispersión e confusión do conxunto do povo. Xa dixemos que as formas e métodos de loita deben corresponder á análise do periodo e a coxuntura política así como a correlación de forzas; apartir desta premisa, consideramos que nas actuais circunstáncias a loita política e as tarefas de organización están á orde do dia, para reconstituir o tecido social, polo que a loita armada non é o eixo de acumulación de forzas; o que non significa que renunciemos a ela, senón que afirmamos que hoxe o labor político é o eixo principal sobre o que desenvolver as tarefas que nos permitan acumular forzas.

O PARTO DOS MONTES

Fixemos unha apretada exposición das nosas conceizóns sobre as formas e métodos de loita, de como entendemos a táctica e a estratéxia e a razón pola que loitamos para conquistar o poder político; estas conceizóns políticas nada teñen de claudicantes, ou pacifistas, nen elitoralistas e moito menos oportunistas, como afirma o comunicado do suposto grupo Venceremos.

Alén das frases comúns e das acusacións sen fundamento que lanzan contra a nosa organización, temos o interrogante de se na realidade o grupo Venceremos existe e cais son os obxectivos polos que loitan quen din ser a sua "dirección nacional"; só agardamos que non rematen como "parvos" favorecedores da política represiva do actual governo.

Non estamos certos da existéncia deste grupo nen de quen o integran; do que si estamos seguros, é de que calquer que fago unha avaliación dialéctica do periodo e da coxuntura política, é dicer, sen subxectivismos ou voluntarismo, e das formas ou métodos de loita que corresponden á actual correlación de forzas, dos pasos ou tarefas que se deriven delas, permitirán criar condicións favoráveis para avanzar no proceso de acumulación de forzas, que contribuan a cambiar a etapa actual de dispersión pola que atravesa o movimento obreiro e popular.

Moitas veces, a incapacidade para entender os elementos básicos da loita de clases ou da dialéctica como ferramentas de análise, suple-se co esquematismo e dogmatismo, que polo xeral conduce a asumir posicións "principistas" e pseudo revolucionárias para agachar un certo desprezo pola loita política e ideolóxica que temos que desenfvolver de xeito permanente en todos os espazos políticos, incluso no terreno legal e eleitora, para criar conciéncia política de clase, organizar e mobilizar ao povo no único obxectivo de acumular forzas para a toma do poder.

Finalmente, dicer que asumir a criazón dun novo grupo e difundir públicamente críticas sen fundamento algún, e sen que levaran o debate á militáncia tupacamaristas, dá-nos a certeza de que os supostos integrantes deste grupo non militaron na nosa organización ou que, no mellor dos casos, deixaron de militar hai xa moito tempo, arrogando-se hoxe o direito de se proclamar tupacamaristas e tomar o nome dos nosos heroes e mártires, nunha atitude que só se pode cualificar de oportunismo político de quen, consciente ou inconscientemente, contribuen a criar máis dispersión e confusión no movimento obreiro e popular, nun momento no que o actual governo está criando condicións para reprimir toda forma de protesta organizada.

Non por casualidade, nos últimos meses, xornalistas acólitos do Alanismo, lanzaron diversas campañas de persecución política contra ex presos políticos que militaron na nosa organización, acosaron a familiares dos nosos presos políticos e de camaradas asasinados polas forzas represivas.

Tampouco é casualidade que a embaixada dos Estados Unidos receba información confidencial, que imediatamente fai chegar á imprensa, sobre un suposto plano do MRTA para asasinar ao presidente Alan Garcia. Quen, por outro lado, está presionando para que os membros das forzas armadas e policiais implicados en casos de violacións de direitos humanos, receban todo o apoio do estado peruano, mentres que as vítimas do terrorismo de estado non merecen nen respeito nen moito menos apoio deste governo. Namentres busca a forma de garantir a impunidade dos crimes das forzas armadas e policiais, promove unha lei que sancione coa pena de morte aos chamados terroristas.

Se realmente existe o grupo Venceremos, o tempo e a sua práctica dirá o que realmente son.

Tupac Amaru... Vive!!
Sementa no seu povo... Rebelión!!
Xunto ao seu povo... Revolución!!
Co seu exemplo... Venceremos!!



Ler o comunicado

Etiquetas:

1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com