Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Por que a riqueza cria pobreza no mundo?
07/11/2006
Por Michael Parenti




Hai un "mistério" que temos que explicar: Como é posível que se as corporacións realizaron investimentos, e a axuda estranxeira e os empréstimos internacionais aos países pobres creceron de xeito extraordinário por todo o mundo na última metade do século, tamén o fixera a pobreza? O número de persoas vivendo na pobreza está crecendo nunha porcentaxe máis rápida que a povoación mundial. Que conclusión podemos tirar disto?

Na última metade do século, as indústrias e os bancos dos Estados Unidos (e outras corporacións ocidentais) investiron grandes cantidades nas rexións pobres de Ásia, África e América Latina, coñecidas como "o terceiro mundo". As transnacionais están unidas polos ricos recursos naturais, as altas gañanzas que veñen de salários baixos e a case total auséncia de impostos, regulacións meioambientáis e gastos para a seguridade no traballo.

O governo dos Estados Unidos subvencionou esta fuxida de capitais outorgando ás corporacións isencións nos impostos sobre os seus investimentos no estranxeiro e incluso pagando algúns dos seus gastos de reubicación, para indignación dos sindicatos aquí na casa que ven voar os seus traballos. As transnacionais botaron do terceiro mundo aos negócios locais e controlan os seus mercados. O cartel estadounidense do comércio agrário, subsidiado de xeito extraordinário polos contribuintes, envia os seus produtos excedentes a outros países a baixo prezo e afundo aos agricultores locais. Como Christopher Cook descrebe na sua "Dieta para un planeta morto", exproprian as mellores terras para o cultivo nestes países por diñeiro (cash-crop) para a exportación, normalmente monocultivos que demandan grande cantidade de pesticidas, deixando cada vez menos superfície para o cultivo dos centenares de variedades de cultivos orgánicos que alimentan á povoación local. Desprazando á povoación local das suas terras e roubando-lles a sua autosuficiéncia, as corporacións crian uns mercados laborais superpovoados de xente desesperada obrigada a viver en condicións miseráveis e a traballar por un salário tamén miserável (cando pode atopar traballo), a miúdo violando as próprias leis do país sobre salários mínimos.
En Haití, por exemplo, corporacións xigantes como Disney, Wal-Mart e J.C. Penny pagan aos seus traballadores 11 centavos por hora. Os Estados Unidos é un dos poucos países que se negou a asinar unha convención internacional para a abolición do traballo infantil e forzado. Esta postura ven dada polas práticas das grandes corporacións estadounidenses no que respeita ao traballo infantil no terceiro mundo, e incluso no seo dos próprios Estados Unidos, onde nenos de só 12 anos padecen unha alta proporción de accidentes e falecimentos mentres receben un salário a miúdo inferior ao mínimo.

Os aforros que os grandes negócios obteñen dunha man de obra barata no estranxeiro non se traducen en prezos máis baixos para os consumidores doutros sítios. As corporacións non contratan man de obra na rexións afastadas para que os consumidores nos Estados Unidos podan aforrar cartos. Contratan-nos para incrementar a sua marxe de benefícios. En 1990, os zapatos que facian en Indonésia nenos que traballaban doce horas diárias por 13 centavos á hora, costaban só dous dólares sesenta centavos, mais se vendian nos Estados Unidos por cen dólares ou máis.

A axuda exterior dos Estados Unidos vai unida ao investimento transnacional. Subvenciona a construcción das infraestruturas que ncesitan as corporacións no Terceiro Mundo: portos, autoestradas e refinerias. A axuda que se entrega aos governos do Terceiro Mundo ven con moitas ataduras. Polo xeral, as nacións que a receben deven gastar en produtos estadounidenses e dar preferéncia aos investimentos de compañias dos Estados Unidos, substituindo o consumo de mercadorias e alimentos locais polos importados, criando dependéncia, fame e déveda. Unha boa parte da axuda monetária nunca aparece, pasando directamente ás mans dos funcionários corruptos dos países que a receben.

Axuda, ou algo semellante, chega tamén doutras fontes. En 1944, as Nacións Unidas criaron o Banco Mundial e o Fondo Monetário Internacional (FMI). O poder de voto nas duas organizacións está determinado polas contribucións financeiras de cada país. Estados Unidos, ao ser o maior "doante", ten prioridade, seguido de Alemaña, Xapón, Franza e Gran Bretaña. O FMI opera en secreto cun selecto grupo de banqueiros e funcionários dos ministérios de economia seleccionados, na sua maioria, nas nacións maís ricas. Supons-e que o Banco Mundial e o FMI axudan ao desenvolvimento das nacións. O que realmente acontece é outra história. Un país pobre solicita un empréstimo do Banco Mundial para mellorar algúns aspectos da sua economia. Se non fose capaz de pagar os grandes intereses por mor dun descenso nas vendas de exportación ou por calquer outra motivo, estará obrigado a peder outro empréstimo, mais esta vez ao FMI.

Mais o FMI impón un "Programa de axuste estrutural" (SAP nas suas siglas en inglés) que requere que os países devedores outorguen benefícios fiscais ás corporacións transnacionais, reduzan salários e non fagan nengún intento para protexer ás compañias locais dos importadores estranxeiros e das adquisicións estranxeiras. Presiona ás nacións devedoras para que privaticen as suas economias, vendendo a compañias privadas e a prezos escandalosamente baixos as suas minas, os camiños de ferro e os servizos públicos pertencentes ao estado. Ven-se forzados a abrir os seus bosques á tala e as suas terras para minas a ceo aberto sen nengunha consideración polo dano ecolóxico causado. As nacións devedoras tamén deven recortar as suas subvencións á saúde, á educación, ao transporte e aos alimentos básicos, gastando menos na sua povoación para ter máis diñeiro co que poder pagar a déveda. Como se lles obriga a desenvolver unha agricultura orientada á exportación, ven-se cada vez menos capacitados para alimentar á sua própria povoación.

Eis a razón pola que por todo o terceiro mundo os salários reais diminuiron e a déveda nacional creceu até un ponto no que os pagos á déveda acaparan case todos os benefícios das exportacións dos países máis pobres, o que cria un maior empobrecimento ao deixar ao país devedor menos capacitado para prover á povoación das suas necesidades.

Polo tanto, xa explicamos un "mistério". Por suposto,este mistério non existe se non te unes á mistificadora teoria do "gotexamento" (teoria liberal que nos di que a acumulación de riqueza nas capas altas da pirámide da povoación acaba provocando o "gotexamento" de riqueza cara ás capas inferiores. A imaxe típica é a da pirámide de copas na que, após enchida a superior, soborda e vai enchendo as inferiores. N.d T.). Por que se incrementou a pobreza mentres que as axudas estranxeira, empréstimos e investimentos creceron? Resposta: Os empréstimos, investimentos e a meirande parte das axudas están deseñadas non para loitar contra a pobreza senón para aumentar a riqueza dos inversores transnacionais a expensas da povoación local.

Non hai un gotexo senón un sifón ascendente desde a maioria que traballa duro cara á minoria rica.

Na sua perpétua confusión, algúns críticos liberais concluen que a axuda exterior e os axustes estruturais do FMI e do Banco Mundial "non funcionan"; o resultado final é menos autosuficiéncia e máis pobreza para as nacións que os receben, sinalan estes críticos. Por que entón os estados membros ricos continuan financiando ao FMI e ao Banco Mundial? Son os seus líderes menos intelixentes que os críticos que continuan sinalando que a sua política está producindo o efecto contrário? Non, son os críticos os que son estúpidos e non os líderes e os inversores ocidentais, que posuen tanto deste mundo e gozan das suas riquezas e do seu éxito. Continuan cos seus programas de empréstimos e axuda estranxeira porque estes programas funcionan. A pergunta é, para quen funcionan?

As intencións detrás dos seus programas de investimentos, empréstimos e axudas non son mellorar ás masas noutros países. Iste non é o negócio. O propósito é servir aos intereses da acumulación globar de capital, apropriar-se das terras e das economias locais da xente do terceiro mundo, monopolizar os seus mercado, diminuir os seus salários, escravizar o seu traballo con dévedas enormes, privatizar o seu sector público e impedir que estas nacións emerxan como competidores comerciais non permitindo que se desenvolvan normalmente.

Con respeito a isto, os investimentos, a axuda estranxeira e os axustes estruturais funcionan realmente ben.

O verdadeiro mistério é: Por que algunhas persoas pensan que esta análise é moi improbável, unha conspiración inventada? Por que son tan escépticos en pensar que os governantes dos Estados Unidos, con coñecimento e deliberadamente, exercen esta política despiadada no terceiro mundo? Estes governantes están facendo exactamente a mesma política aquí no noso país! Non pensan que chegou a hora de que estes críticos liberais deixen de pensar que a xente que posue gran parte do mundo son "incompetentes" ou "desacertados" ou que "non ven as consecuéncias non intencionadas da sua política"?

Non estás sendo moi intelixente se coidas que os teus inimigos son tan listos coma ti. Eles saben onde están os seus intereses e tamén nós devemos sabé-lo.
Ler máis

Etiquetas:

1 Comments:
  • At 11/07/2006 09:37:00 da manhã, Blogger Xosé Manuel Carreira said…

    Nun documental que leva bastante tempo na rede, Con ánimo de lucro, explícase cunha visita ao Perú e ao Ecuador cómo e por qué os cartos axudan pero non resolven a pobreza dos países e por qué as ONGs son un grande fracaso. Non é tanto unha cuestión de cartos ou de colonialismo (anos atrás Hong Kong era pobre e colonial, a Arxentina era rica e libre) como de actitude (limpeza, orde, respeito pola lei, amor ao traballo).

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com